Biblioteca do Fórum no Parque Europa
Do 2 ao 31 de
agosto
De 12:00 a 14:00 e de 18:30 a 20:30
Parque Europa
Durante o mes de agosto os bibliotecarios do Fórum Metropolitano collen o carriño, éncheno de libros e lévano ao parque Europa. Durante catro horas ao día (12:00-14:00 e 18:30-20:30) preténdese que o usuario poida seguir levando libros para a súa casa ou tumbarse na herba e disfrutar da lectura.
39 Feira do Libro da Coruña: programa do domingo 1 agosto
O 1 de agosto inaugúrase
a 39 edición da Feira do Libro da Coruña, que manterá até o martes 10 de agosto un horario de 11:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. ás tardes. Como novidade, todos os días, ás 21.45 horas, terá lugar un sorteo de dous vales de 30 euros para mercar libros en galego entre o público que teña mercado libros galegos na feira. Tamén se celebrará, á mesma hora, o tradicional sorteo dun lote de libros.
O programa para o primeiro día da Feira é o seguinte:
11.00 h. Apertura da feira.
12.30 h. Inauguración oficial. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña e pregón a cargo do escritor coruñés Cesar Antonio Molina.
19.00 h. Sinatura de libros de Cesar Antonio Molina.
19.00 h. Presentación do libro "Proxecto Terra", de José Manuel Rosales, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Manuel de la Iglesia, presidente da delegación coruñesa do COAG e o decano do colexio Celestino García Braña.
20.00 h. Tim Bowley, autor dos textos e Oscar Villán, autor das ilustracións asinarán exemplares do seu libro "O rei Oso Branco", publicado por Kalandraka Editora.
20.00 h. A Asociación Ponte nas Ondas presenta o libro disco "Cores do Atlántico", con textos de Ria Lemaire, músicas de Socorro Lira e ilustracións de Quique Bordell, editado por PAI – música. Participan no acto Socorro Lira, Uxía Senlle e o presidente da Asociación, Santiago Veloso.
20.30 h. O escritor Pablo Núñez asinará exemplares do seu libro "Ladrones de Historia", publicado pola Editorial Alrevés.
21.00 h. Presentación e sinatura dos libros "Este circo es un desastre", "El bazar de los sueños" e "Las preguntas de Nair", de Miguel Ángel Villar Pinto (textos), María Seoane (ilustradora) e Mar del Valle (ilustradora), publicados pola Editorial Edimáter. Asistirán ao acto o autor e ilustradoras dos libros e Marina Seoane Pascual, en representación da editorial.
Horarios da Feira do Libro 2010 da Coruña
A Feira do Libro da Coruña deste ano será inaugurada oficialmente o domingo 1 de agosto, ás 12:30 h. Os horarios serán: polas mañás, de 11.00 a 14.00, e polas tardes, de 18.00 a 22.00 (de 19.00 a 21.00 desenvolveranse as actividades de cada día, das que informaremos detalladamente aquí).
Este ano, como novidade para todos os días, ás 21:45 terá lugar un sorteo de dous vales de 30 euros, para mercar libros en galego, entre o público que teña mercado libros galegos na Feira.
Mostras bibliográficas nas Bibliotecas Municipais
Pódense ver as seguintes mostras bibliográficas nas Bibliotecas Municipais:
Na Biblioteca de Estudos Locais (Durán Loriga, 10, 1º): "Tempo de viaxar", durante os meses de xullo e agosto. Máis información aquí.
Na Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga, 10, baixo): "Ultreia: mostra arredor do Camiño de Santiago", até o 16 de setembro.
Na Biblioteca do Fórum Metropolitano (Río de Monelos, s/n): mostra bibliográfica sobre viaxes "Que me piro" durante o mes de xullo.
Na Biblioteca do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n): mostras do verán “Aprende idiomas”, “Contos animados” e “Mergúllate lendo”.
E na Biblioteca da Sagrada Familia (Antonio Pereira 1, baixo): segue a exposición de fotografía "Galicia, a noite, a maxia, os contos", de David Salgado, e comezan a mostra "Verán de cine", durante o mes de xullo, e o obradoiro "Verán de cine", do 5 ao 9 de xullo.
Máis información das Bibliotecas Municipais pódese consultar aquí.
Presentación do “Dicionario Seoane” e o documental “Luís Seoane: visualidade, recordo e síntese”
Mércores 30
19:00
Fundación Luís Seoane (San Francisco, s/n)
Entrada: libre até completar capacidade
Máis información aquí.
Presentación do libro “Organoloxía”, de Eva Moreda
Martes 29
20:30
A. C. Alexandre Bóveda (Olmos, 16-18, 1º)
Entrada libre até completar capacidade.
Preséntase o libro "Organoloxía", de Eva Moreda, publicado en Edicións Positivas, recente gañador da V edición do premio Narrativas quentes. Máis información aquí.
Presentación do libro “Desaprenda a falar galego en 15 días”, de Henrique Harguindey
Actividades de verán da A. C. Xacarandaina
Do 1 ao 30 de xullo, de luns a venres
De 09:30 a 13:30
A. C. Xacarandaina
Prezos: socios 6 euros por día ou 100 euros todo o mes; non socios 8 euros por día ou 150 euros todo o mes.
Durante todo o mes de xullo, nas mañás de luns a venres, a A. C. Xacarandaina organiza a Ludoteca de Xaca, con cinema de animación en pantalla xigante, xogos tradicionais, obradoiros, lectura e cultura tradicional. Está destinada a nenos entre 3 e 10 anos. Máis información aquí.

Exposición: “Libros para ver: a presenza de Luís Seoane, Rosalía de Castro e Uxío Novoneyra nos fondos da Biblioteca Municipal de Estudos Locais”
Conferencia de Víctor F. Freixanes sobre o futuro do libro galego
Presentación do libro Níxer, de Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco, Alfonso Costa, Moustapha Bello Marka
Presentación do libro Lingua de calidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato
Luns 24
20:30
Salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Entrada libre
Este luns 24 de maio terá lugar a presentación do libro Lingua de calidade. Vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro e a posterior charla de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
Lingua de calidade, editado por Edicións Xerais de Galicia, pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro. Aínda que boa parte desas receitas son de natureza lingüístico-gramatical (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas ou pragmáticas), tamén se inclúen algunhas reflexións que pretenden contribuír para o fortalecemento da nosa autoestima lingüística, tentando desfacer de paso algunhas ideas preconceptuosas sobre a súa historia e situación actual. Un galego de calidade utilizado oralmente e por escrito por persoas orgullosas e conscientes da importancia do seu idioma é a fórmula máis acaída para garantirmos o seu futuro.
O arxentino Alberto Manguel no II Encontro Cidade da Coruña
Martes 11
20:00
Real Academia Galega (Tabernas 11)
Entrada: libre até completar capacidade
Dentro do III Encontro Cidade da Coruña, baixo o título este ano de "Literatura e viaxe", Alberto Manguel ofrecerá unha disertación titulada "O camiño da lectura".
"Necesito a literatura para comprender o mundo."
"Una de las cosas esenciales que proporciona la lectura es aprender a pensar, y no hay nada más peligroso para el poder que un pueblo pensante."
"La lectura queda finalmente como un acto de rebeldía? Siempre lo ha sido."
"El amor por la lectura es algo que se aprende pero no se enseña."
Alberto Manguel




















