C. C. 4 Camiños: presentación e actuación de Inacio, autor de “Fábula Galénica”
Xoves
10
Centro Comercial 4 Camiños
19:30
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Fábula galénica", gañador do VIII Premio Barriga Verde de teatro para monicreques na modalidade infantil, na que o seu autor, Inacio Vilariño, actuará co seu espectáculo de narración oral "Burromaquia", dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos, onde se contan algunhas das historias contidas no libro.
A. C. Alexandre Bóveda: presentación do libro-disco “Haberá primavera”, de César Morán
Xoves
27
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro-disco "Haberá primavera", de César Morán, na que o escritor e músico canta a Álvaro Cunqueiro, publicada en Galaxia. A obra, na que participou Uxía, vai acompañada de dous cd's, un coa música e outro coa derradeira entrevista concedida en vida polo autor de Mondoñedo, precisamente, a César Morán.
A. C. Alexandre Bóveda: presentación de “Lingua galega e variación dialectal”, de Xosé Manuel Sánchez Rei
Venres
21
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Lingua galega e variación dialectal", do profesor da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei, publicado en Laiovento. No acto estará acompañado por Francisco Pillado e Xosé Ramón Freixeiro.
Fundación Novacaixagalicia: presentación do libro “Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación”
Xoves
20
Sala de prensa da Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande, 21-24)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación", publicado na editorial Bubela, baixo a coordinación de Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño. Ademais dos coordinadores, intervirá Mariña Pérez Rei e proxectarase unha videocreación poética de catro minutos de duración, obra de de Cristina Ferreiro Real. O acompañamento musical corre a cargo de Brais Morán (guitarra).
A. C. Alexandre Bóveda: presentación de “Gratas e boas novas”, de Celso Fernández Sanmartín
Venres
14
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Gratas e boas novas", de Celso Fernández Sanmartín. No acto, acompañando ao autor, participan Dores Tembrás e Eva Veiga, e os músicos Benxamín Otero (oboe) e Carlos Quintá (acordeón diatónico).
Inauguración de “Libros para soñar” e exposición de Pablo Otero
Venres
30
Libros para soñar (Avenida de Fisterra, 64)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.
"Libros para soñar" é unha libraría especializada en Literatura Infantil e Xuvenil que esta semana abre as súas portas na cidade da Coruña. O acto de inauguración, no que vai participar o equipo de animación á lectura de Kalandraka, xunto con varios autores e ilustradores, consistirá nunha sesión especial de contos e música, aberta ao público. O ilustrador Pablo Otero -ourensán afincado na Coruña- protagoniza a primeira mostra do novo espazo: as imaxes do álbum "Contos por teléfono", un libro de relatos do escritor italiano Gianni Rodari, e que se poderá visitar até finais do vindeiro mes de outubro.
Portas Ártabras: presentación de “Madeira de mulher”, de Adela Figueroa
Xoves
29
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro de relatos "Madeira de mulher", de Adela Figueroa, publicado en Edicións do Castro. No acto, acompañando á autora, participan Felipe Senén López e Pilar García Negro, xunto á actuación musical de Xurxo Souto.
Fundación Barrié: presentación do número 190 da revista Grial
Mércores
28
Fundación Pedro Barrié de la Maza (Cantón Grande, 9)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do número 190 da revista Grial. No acto participan Ana J. Varela, Víctor F. Freixanes, Antonio García, Begoña Graña e Javier López Martínez.
Normal: VI “Encontro de Escritoras/es Novas/os: Da tinta á pegada dixital”
Sábado
17
Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
Entrada libre até completar capacidade.
A VI edición do Encontro de Escritoras/es Novas/os, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, situaranos ao redor da palabra á escoita das ideas e proxectos dos nosos autores e autoras máis nov@s. Unha oportunidade de achegarnos ás novas linguaxes, tecnoloxías e pegadas dixitais que os tempos nos presentan, abríndonos outras posibilidades na comunicación e no diálogo necesario. O programa é o seguinte:
- 10:30 h. Conferencial inaugural: "As revistas literarias na era dixital. Alternativas", por Tati Mancebo.
- 12:00 h. Mesa 1: "Crear desde a ventá", coordinada por Antía Otero. Relatoras/es: Estíbaliz Espinosa, Leo Fernández Campos e Ana Cibeira.
- 16:30 h. Mesa 2: "As revistas dixitais en Galiza: pasado, presente e futuro", coordinada por Elvira Riveiro. Relatoras/es: María Xesús Nogueira, Montserrat Pena Presas e Gaspar Domínguez.
- 19:00 h. Recital poético con Andrea Nunes Brións, Berta Dávila e María Rosendo.
Alita Comics: presentación de “A man do diaño”, de Brais Rodríguez
Venres
16
Librería Alita Comics (Rúa do Orzán, 110 B)
17:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación de "A man do diaño", de Brais Rodríguez, obra gañadora do VI "Premio de Banda Deseñada Castelao", publicada en Demo Editorial.
Conferencia de Alberte Suras: “Dezasete letras na brétema”, na A. C. Alexandre Bóveda
Xoves
15
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Conferencia "Dezasete letras na brétema (unha ollada arredor de Manuel María)", a cargo do escritor e profesor Alberte Suras.
Normal: presentación do e-book “As trovas de Midas”, de Diana Varela Puñal
Mércores
14
Normal (Paseo de Ronda, 47, antigo Maxisterio)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación de "As trovas de Midas", de Diana Varela Puñal, libro electrónico de poesía infantil publicado en Galebook, novo proxecto editorial que tamén será presentado no mesmo acto.
Fórum Metropolitano: presentación de “Contos que nunca tal foron”, de Brais de Castro
Venres 9
Fórum Metropolitano
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Contos que nunca tal foron", de Brais de Castro, publicado en Ollo Crítico (2011). Trátase dun conxunto de relatos que abranguen todo tipo de suxestións, se ben ás veces ata poden parecer reais.
















