Presentada a páxina web oficial de Lois Pereiro

luns, 28 febreiro 2011, 8:30 | Category : internet, lingua
Tags : ,

LoisPereiro.blogaliza.org é a páxina web oficial de Lois Pereiro, que "pretende servir de plataforma de difusión das publicacións e actos que se están a celebrar sobre o poeta monfortino ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas, e tamén un lugar de encontro para todos aqueles queiran afondar na traxectoria do autor. A web non soamente recolle con detalle as noticias xeradas arredor do poeta, senón que ofrece unha serie de contidos sobre a súa figura, tanto literarios como gráficos e audiovisuais (poemas, fotos e gravacións de audio e vídeo), boa parte deles de utilización libre para usos non lucrativos. Igualmente, permite subir os contidos elaborados aproveitando ese material libre, para poder ser logo descargados e difundidos. Tamén inclúe un calendario dos actos que se están a organizar en todo o país, e mesmo materiais que se poden empregar naquelas convocatorias pensadas para a participación da xente. Lois Pereiro está xa presente nas redes sociais. O seu grupo de Facebook conta xa con case un milleiro de seguidores, e tamén ten unha forte presenza en Twitter, onde as mensaxes sobre o poeta se agrupan co hashtag ou etiqueta #pereiro".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Xabier Lago Mestre: “A cultura galega na Rexión do Bierzo”

Martes 1
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Xabier Lago Mestre falará, dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación", organizado pola A. C. O Facho, sobre "A cultura galega na Rexión do Bierzo-Os procesos de resistencia lingüística estremeira".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Por um galego extenso e útil”, con Carlos Garrido

Xoves 10
C. S. Gomes Gaioso (R. Marconi, 9, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Por um galego extenso e útil. Leituras da língua de aquém e de além", publicado por Através Editora. No acto participa un dos seus autores, Carlos Garrido.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Xosé Henrique Costas González sobre “Situación actual da lingua”

luns, 17 xaneiro 2011, 11:55 | Category : conferencias, lingua
Tags : , ,

Martes 18
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

O Profesor Doutor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas González, falará, dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación", organizado pola A. C. O Facho, sobre "Situación actual da lingua”.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Agasallo. Propostas de regalos en galego”, publicado pola Deputación da Coruña

luns, 20 decembro 2010, 8:49 | Category : Nadal, lingua
Tags : , ,

A Deputación da Coruña e a CTNL publica "Agasallo. Propostas de regalos en galego", unha guía que inclúe unha pequena selección de novas creacións e produtos, de libros, discos, filmes, aparellos, camisolas, xogos... cun mesmo fío en común: a lingua galega. Con ela preténdese contribuír a visibilizar a lingua galega e recomendar os agasallos que a usan.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia sobre “O galego e os medios de comunicación”, por Xavier Cea

luns, 22 novembro 2010, 12:29 | Category : conferencias, lingua
Tags : , ,

Martes 23
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

O xornalista Xavier Cea Outeiro, subdirector de do xornal Galicia Hoxe, falará, dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación" organizado pola A. C. O Facho, sobre "O galego e os medios de comunicación".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 de novembro, Día da Ciencia en Galego

O Día da Ciencia en Galego é unha xornada dirixida ao mundo do ensino e a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua axeitada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias escolares pensadas e desenvolvidas en galego. O Día da Ciencia en Galego está adicado a Ramón Mª Aller Ulloa, Afonso X e James Clerk Maxwell. A xornada terá lugar o día 4 de novembro de 2010 e o profesorado, xunto co alumnado, pode participar organizando libremente unha actividade de divulgación adaptada a cada realidade e aos diferentes niveis educativos. A AS-PG, que participa nesta convocatoria, convoca un Campionato de Trivial sob as seguintes bases.
Os Museos Científicos Coruñeses únense tamén a está celebración agasallando aos visitantes separadores onde se recolle a publicación do primeiro artigo de investigación científica en galego por Isidro Parga Pondal en 1927.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Os nosos apelidos galego-portugueses”, conferencia de José-Maria Monterroso Devesa

Venres 29
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación" da A. C. O Facho, o escritor José-Maria Monterroso Devesa falará sobre "Os nosos apelidos galego-portugueses". Ten dictado conferéncias aquén e alén mar, no Brasil (con motivo do irmanamento Coruña-Recife), no Uruguai, na Arxentina (Buenos Aires, La Plata, Rosario) e en Santiago de Chile nas últimas décadas acerca da matéria xenealóxica e onomástica (froito dos seus estudos sobre antepasados galegos de familias rioplatenses e máis centrándose nos apelidos galaico-portugueses espallados polo mundo).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña 2010. A cidade que le: actividades do cuarto trimestre

Detallamos A cidade que lea continuación as actividades deste cuarto trimestre da campaña A cidade que le. Nesta última fase da campaña de lectura participan as Bibliotecas da cidade pero tamén outras entidades: Universidade da Coruña,  Fundación Manuel María, Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega e Real Academia Galega:

- A BIBLIOTECA DO CONSULADO E AS XOIAS DA ILUSTRACIÓN TARDÍA. Unha visita guiada o 2º xoves de cada mes, ás 18:00 h. para amosar á cidadanía a biblioteca da fundación pública máis antiga do estado e os seus fondos. É preciso anotarse no número de teléfono 981 206 274 begin_of_the_skype_highlighting              981 206 274      end_of_the_skype_highlighting ou no correo electrónico  bibliocasaconsulado at gmail.com.

- VISITAS GUIADAS Á REAL ACADEMIA GALEGA. Para coñecer os fondos e pezas senlleiras que acolle esta institución, realízanse visitas guiadas todos os mércores de novembro ás 17:30 h. É preciso anotarse no teléfono 981 189 830, ext. 12026 ou no correo electrónico  cultura at coruna.es. Realizadas pola propia Real Academia Galega.

- OS XOVES NA SAGRADA. O encontro con culturas doutros países a través da súa música. Neste caso música do Brasil con Bernando Tonasse, músicas e bailes do Senegal con Gal Sene, de Cabo Verde, Angola, Portugal e Galiza con Aline Frazão e César Herrans, Huayras do Ecuador, músicas do leste, Rusia, Ucraína...con Nadia Nikitina e reggae con Pinnaacle Roots Reggae Band. Lugar: Biblioteca Sagrada Familia os días 21, 28 de outubro, 4 e 18 de novembro, 2 e 16 de decembro ás 19:30 h. Os concertos complétanse co obradoiro "Desde a sabana africana á música máis occidental" no que se fará un percorrido desde os tambores ancestrais da sabana até a música occidental dos nosos días, o jazz, blues, rock, música latina... os días 13, 20 e 27 de novembro de 11:30 a 13:30 h.

- OUTONARTE: Eu tamén animo! O conto non remata na marxe dos libros e podemos facer que cobren vida de moitas maneiras. Unha delas é convertelo nun filme, e iso imos facer. A partir dun conto de OQO editora, os pequenos desenvolverán coa técnica stop motion a animación da obra, imaxe, voz e música. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil os días 15, 22 e 29 de outubro.

- TEATRO: Casa de muñecas de Henrik Ibsen. No Teatro Rosalía de Castro, representación o 29 e 30 de outubro. Farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero. O día 6 de novembro no Fórum.

- CUN LIBRO DEBAIXO DO BRAZO. As Bibliotecas Municipais visitarán o Hospital Materno Infantil para agasallar o primeiro libro a nenos e nenas que nazan entre o 15 de novembro e o 15 de decembro e entregarlles o carné de asociado.

- LETRAS NO MERCADO. No mes de outubro as Bibliotecas Municipais, sairán aos mercados promovendo a lectura, ofrecendo "canapés de lectura", distribuíndo polos postos do mercado libros e guías con recensións de obras, recomendacións de lecturas, etc. Do 21 ao 23 de outubro.

- "RUTA DO BACALLAU". Con motivo da celebración do Ano do Libro e da Lectura, as Bibliotecas Municipais saen aos Mercados Municipais. Unha compra diferente, alternativa, onde os libros e a literatura serán os grandes protagonistas. Un percorrido animado e divertido por todo o mercado coa xente das bibliotecas, con parada en todos os postos, descubrindo sorpresas, xogando na sección téxtil, probando os mellores cafés, deixando voar a imaxinación entre as froitas e verduras, gozando coas riquísimas carnes, navegando entre os sosegados peixes, deixando para o final a mellor das reposterías. Unha boa mestura para pasar un anaquiño coa máis saborosa das compañías: OS NOSOS LIBROS. Datas: do 25 ao 29 de outubro de 11:00 a 11:45 h. nos mercados de Elviña, As Conchiñas, Monte Alto, San Agustín e Praza de Lugo. Sorteo: Participa nesta actividade e entrarás no sorteo dun lote de libros!!! Inscrición: do 21 ao 23 de outubro nos Mercados Municipais, nos postos dos libros.

- ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS.
Obradoiros de arrolos: cantar e contar desde o principio. Para pais e nais que esperan bebé e queren recibilo con arrolos, nanas e contiños, organízase un obradoiro nas Biblioteca Municipais para aprender a cantarlles e contarlles aos máis pequenos. Con Gloria, do grupo musical "Mamá Cabra". No mes de decembro.
Obradoiro de debuxo e/ou cómic. Santy Gutiérrez desenvolverá divertidos exercicios para que rapaces e rapazas aprendan como ilustrar un conto infantil. Na Biblioteca do Castrillón, o día 20 de outubro.
Obradoiro de banda deseñada. Repaso e posta en prácticas de elementos da linguaxe do cómic. Con Jacobo Fernández Serrano. Na Biblioteca Municipal de Monte Alto, o día 28 de outubro.
Obradoiro de escrita creativa. A través de xogos de prestidixitación literaria, achegarémonos ás claves do proceso da escrita. Con Estíbaliz Espinosa. Na Biblioteca de Estudos Locais os días 9, 11, 16 e 18 de novembro.
Obradoiro de aproximación á ilustración gráfica. Dun xeito lúdico, seguiremos os pasos para a ilustración dun libro infantil. Con Óscar Villán Seoane. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil, o día 26 de novembro.
Clubs de Lectura. Para gozar da lectura compartida, grupos de persoas afeccionadas á lectura reúnense periodicamente para comentar e valorar un libro escollido das Bibliotecas Municipais, co apoio dun coordinador/a. Biblioteca do Castrillón, todos os mércores de mes. Fórum, todos os martes de mañá e mércores pola tarde. Biblioteca de Monte Alto, todos os martes de mes.
Escribir é xogar. Obradoiro de escrita creativa para adolescentes. Coordinado por Pedro Ramos, será na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, todos os martes a partir do 19 de 18:00 a 20:00h.
Merendas con Contos. Non esquezas que Fuco, Ratapón e a súa familia convídannos a degustar unha suculenta merenda nas Bibliotecas Municipais. O menú, como non, CONTOS...de aquí e de alá, de antes e de agora. Non faltes á cita.
Concurso de Biblioclips. A entrega de premios aos gañadores deste concurso, será na Biblioteca da Sagrada Familia, o día 28 de outubro ás 19:30h.

- CANTOS DE REIS. Obradoiros nas Bibliotecas Municipais para recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal que perviviu ao longo dos séculos, para aprender os Cantos de Reis e seguirlles transmitindo parte do noso patrimonio ás vindeiras xeracións. Finalizan cun concerto participativo no Fórum.

- PROGRAMA DE LECER NO FÓRUM. No amplo abano de actividades que ofrece o programa de LECER no Fórum, aínda podes participar no obradoiro “As nosas letras”. Unha proposta de Dores Tembrás de explorar os distintos xeitos de ler, os modos con que nos enfrontamos á obra literaria desde a nosa propia literatura. Os mércores de 17:00 a 18:00 h.

- EXPOSICIÓN “ARS LIGATORIA”. ELABORACIÓN DE LIBROS ARTESANAIS. do 17 de novembro ao 9 de xaneiro na Sala de Exposición de Durán Loriga. Pór en valor o traballo artesanal no deseño e encadernación de libros. Faranse obradoiros de encadernación na Biblioteca Infantil e Xuvenil para o alumnado dos centros de primaria os días 22, 23, 25 e 26; para usuarios das bibliotecas o día 30 pola tarde.

- EXPOSICIÓN “A CORUÑA NA CREACIÓN DO LIBRO GALEGO”. Neste 2010 celebramos o bicentenario da edición do primeiro libro escrito en galego: "Proezas de Galicia". Do 13 de outubro ao 21 de novembro na sala de exposicións do Pazo Municipal. En colaboración coa Real Academia Galega.

- EXPOSICIÓN “ROSALÍA SEMPRE VIVA. VIVA ROSALÍA”. Realizada pola Fundación Manuel María, fai un percorrido pola vida e obra da autora máis importante das nosas letras. Do día 8 ao 18 de decembro na Biblioteca do Castrillón.

- EXPOSICIÓN “CARVALHO CALERO. DE PUÑO E LETRA”. Realizada pola AS-PG con motivo do centenario do seu nacemento. É unha homenaxe ao autor da primeira historia da literatura galega. Casa Museo Casares Quiroga do 30 de outubro ao 30 de novembro.

- EXPOSICIÓN “M100guel”. (1910 – 2010) 100 anos de Miguel Hernández. Mostra bibliográfica que recorrerá todas as Bibliotecas Municipais ao longo do último trimestre do ano.

- XORNADAS “RICARDO CARVALHO CALERO: CIENCIA, LITERATURA E NACIÓN”. Un repaso polo miúdo á obra deste insigne ferrolán da man de recoñecidos especialistas. Organiza a Universidade da Coruña. Do 24 ao 27 de novembro, na Reitoría (Maestranza), e o sábado 27 na Casa Casares Quiroga. O día 24 espectáculo poético-musical ás 21:00 h. no Teatro Rosalía Castro con Ugia Pedreira e Fred Martins (Gratuíto)

- POETAS DI(N) VERSOS. No mes de novembro comeza de novo o ciclo de poesía que na anterior edición reuniu a poetas do Estado o tamén de Portugal. Unha vez máis, teremos oportunidade de gozar da poesía galega en comunicación e diálogo con outras voces poéticas. A cita será na Casa da Cultura Salvador de Madariaga unha vez ao mes.

- GALEUSCA. Este ano A Coruña é a sede do Encontro de escritores galegos, vascos e cataláns. Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), terá lugar do día 29 ao 31 de outubro na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga). O encontro finaliza cunha actuación de Xabier Díaz o 31 ás 19.00h. (Entrada libre)

- V ENCONTRO “NOVOS ESCRITORES”. É unha oportunidade para se encontrar e coñecer cales son as necesidades, proxectos e expectativas que dentro da nosa literatura teñen @s nov@s creador@s. Organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Día 6 de novembro no Kiosco Alfonso.

-MEMORIAL IBÁN TOXEIRO. Organizado pola A. C. Alexandre Bóveda, pretende achegar á cidadanía o teatro amador e manter viva a memoria do desaparecido mozo actor. Día 18 de novembro no Teatro Rosalía Castro. (Entrada libre).

- ELAS FALAN. Espectáculo poético-musical co grupo OURIOL. Organiza a Concellaría de Igualdade. Día 26 de novembro no Teatro Rosalía Castro.

- JAZZ+CIENCIA. Recital de textos científicos a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. Actuación musical de Abe Rábade. O día 27 de outubro no Teatro Rosalía Castro.

- AS BIBLIOTECAS NA REDE:
- Fancómic, blog de cómic.
- Ciberclub, Club de lectura.
- CCI Clube de Ciencia e investigación.
- Corto e cambio, blog de literatura.
- Galicia móvese, cultura galega.

Aquí se poden descargar todas as actividades en formato .pdf: A cidade que le 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: presentación do libro “Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo”

Xoves 21
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 16-18).
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo", publicado por Laiovento, coa participación dos autores Luís Villares e Carlos Amoedo, acompañados por Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 de novembro, Día da Ciencia en Galego

O Día Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Unha viaxe polos nosos apelidos”: conferencia de José-Maria Monterroso Devesa

Venres 17
Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22).
20:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia de José-Maria Monterroso Devesa: "Unha viaxe polos nosos apelidos": a significación, a orixe, a historia, a distribución...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia “Lois Peña Novo, 90 aniversario da utilización do galego no Concello da Coruña”, por Manuel Roca Cendán

Xoves 8
20:00
A. C. Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 16-18)
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia de Manuel Roca Cendán: "Lois Peña Novo, 90 aniversario da utilización da lingua galega oficialmente no Concello da Coruña", no marco dos actos de homenaxe a Lois Peña Novo. Organiza a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e a A. C. Alexandre Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Lois Peña Novo

luns, 5 xullo 2010, 12:14 | Category : homenaxes, lingua
Tags : ,

Mércores 7
18:00
Rúa Lois Peña Novo (no Martinete)
Entrada libre

Acto público de homenaxe á figura de Lois Peña Novo, na celebración do 90 aniversario da primeira vez que un concelleiro utilizou a lingua galega de xeito oficial no Concello da Coruña. Organiza a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e a A. C. Alexandre Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón

Martes 29
20:00
Casa Museo Casares Quiroga
Entrada libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google