A. C. Alexandre Bóveda: mesa redonda “O xogo das cadeiras e outras invisibilizacións”

Xoves A. C. Alexandre Bóveda1
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

En conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, terá lugar unha mesa redonda baixo o título "O xogo das cadeiras e outras invisibilizacións", en que participarán Mercedes Queixas, Ana Pontón, Pilar García Negro e Ana Rúa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: mesa redonda e proxección de “Grbavica”, de Jasmila Sbanic

xoves, 24 novembro 2011, 9:30 | Category : cinema, mesas redondas
Tags : , ,

Venres Grbavica25
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Por unha nova mirada. O cine ante a Violencia de Xénero", mesa redonda sobre "O cine, unha mirada cómplice na violencia contra as mulleres?", coa presenza de Pilar Aguilar e Chelo Loureiro; e, ás 20:45 horas, "Grbavica" (Alemaña-Austria-Bosnia-Croacia, 2006, 101 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Jasmila Sbanic. Tempo despois da Guerra da Iugoslavia. Esma vive coa súa filla Sara no barrio de Grbavica (Sarajevo). Organízase unha viaxe no colexio e Esma quere que a súa filla Sara, de doce anos, participe. Sara precisa presentar un certificado que acredite que o seu pai morreu como un mártir na guerra para conseguir un desconto. A situación económica de Esma fai que traballe polas noites de camareira nunha discoteca. Sara quere saber as circunstancias da morte do seu pai e mesmo sofre as burlas dos compañeiros. Esma, perseguida polos violentos acontecementos do seu pasado, asiste a unha terapia de grupo no Centro de Mulleres do barrio. Que feitos terribles garda na súa memoria?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: “Tour de Lecturas do Oeste”

Martes 8
Normal (Paseo de Ronda, 47)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das "IV Xornadas sobre Normalización da Lingua e a Cultura no Ámbito da Educación", ten lugar o "Tour de Lecturas do Oeste", con este programa:
- 16:30 h. Mesa redonda "Xestionando a lectura pública [BoasPrácticas]", con Catuxa Seoane, da Rede de bibliotecas do Concello da Coruña, Marcos Lorenzo, Cristina Novoa e Albino Alonso, moderados por Héctor Pose.
- 18:15 h. Mesa redonda "Iniciativas empresariais ao redor do libro", con Iria Sobrino (Estaleiro editora), Begoña Varela (Nova Colón), Manel Cráneo (Demo Editorial) e Antón Lado (2.0 Editora), moderados por Héctor Pose.
- 19:30 h. Lois Pereiro segundo Marcos Calveiro. Presenta: Neves Arza.
- 20:30 h. Espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao, presentadas por Eva Espido.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: VI “Encontro de Escritoras/es Novas/os: Da tinta á pegada dixital”

SábadoESCRITORESNOVOS6_prog1-723x1024 17
Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
Entrada libre até completar capacidade.

A VI edición do Encontro de Escritoras/es Novas/os, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, situaranos ao redor da palabra á escoita das ideas e proxectos dos nosos autores e autoras máis nov@s. Unha oportunidade de achegarnos ás novas linguaxes, tecnoloxías e pegadas dixitais que os tempos nos presentan, abríndonos outras posibilidades na comunicación e no diálogo necesario. O programa é o seguinte:
- 10:30 h. Conferencial inaugural: "As revistas literarias na era dixital. Alternativas", por Tati Mancebo.
- 12:00 h. Mesa 1: "Crear desde a ventá", coordinada por Antía Otero. Relatoras/es: Estíbaliz Espinosa, Leo Fernández Campos e Ana Cibeira.
- 16:30 h. Mesa 2: "As revistas dixitais en Galiza: pasado, presente e futuro", coordinada por Elvira Riveiro. Relatoras/es: María Xesús Nogueira, Montserrat Pena Presas e Gaspar Domínguez.
- 19:00 h. Recital poético con Andrea Nunes Brións, Berta Dávila e María Rosendo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

40 Feira do Libro: actividades do martes 9 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o martes 9 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 12:00 h. Feira infantil. "Mariscando cuentos". Xornada de contos para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera, arredor do libro "La vuelta al mundo de Gota de Agua", de Rafael Ortega de la Cruz, publicado por S.L. Nívola Libros y Ediciones.
- 19:00 h. Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro de poesía, en edición bilingüe (galego e castelán) "Golpear de sombras", publicado pola editorial Huerga y Fierro. Xunto co autor, participarán no acto a poeta Eva Veiga e a profesora e traductora Teresa Seara.
- 19:30 h. O profesor de filosofía e historiador, Luis Gorrochategui Santos, asinará exemplares do seu libro "Contra Armada. La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra", publicada pola editorial E-Lector.
- 20:00 h. Presentación de "Lume de cobiza", de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, coa participación, acompañando ao autor, de Víctor F. Freixanes e Ángel de la Cruz.
- 20:30 h. Sinatura de exemplares do poemario "La hora de los relojes", de Fran Nuño, poblicado no selo da Faktoría K.
- 21:00 h. "A aventura de publicar romántica". Mesa redonda de escritoras coruñesas, autoras de novelas románticas. Participarán no acto Patricia Sutherland ("Princesa", autoedición), Teresa Cameselle ("No todo fue mentira". Ed. El Maquinista), Kelly Dreams ("Amante & felino", autoedición), Encarnación Alcalde Brotóns ("Lo que el corazón esconde", Ed. Círculo Rojo), Ángeles Ibirika ("Antes y después de odiarte", Ediciones B) e Lydia Leyte Costello ("El fuego envuelve tu nombre", Editorial La Máquina China). Modera o acto Trinidad Palacios Raposo (do programa radiofónico "El diván cultural") Ao remate do acto, as escritoras asinarán exemplares dos seus libros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

40 edición da Feira do Libro da Coruña

A Federación de Libreiros de Galicia40º edición da Feira do Libro desenvolverase, como todos os anos, do luns 1 ao mércores 10 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez, con horarios entre as 11:00 e as 14:00 horas polas mañás, e de 18:00 a 22:00 horas polas tardes. O programa previsto é o seguinte:

Luns 1:
- 11:00 h. Apertura da feira.
- 12:45 h. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.
- 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón a cargo de Alfonso García Sanmartín, presidente do Cluster do Libro de Galicia.
- 19:00 h. Charla presentación da exposición fotográfica "Tiempo de recreo", patrocinada pola Fundación Telefónica. Participan no acto Fernando Marías, Carlos Spottorno, Marta Rivera de la Cruz e Lola Beccaría.
- 19:30 h. O escritor e académico Xosé Neira Vilas, asinará exemplares dos seus libros.
- 20:00 h. Presentación do libro "Un dedo manchado de tinta", de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da Editorial e actuación de Clara Pino.
- 20:30 h. O profesor Jorge Mira asinará exemplares do seu libro "A ciencia no punto de Mira", publicado por Auga Editora.
- 20:45 h. Presentación dos libros "Penúltimo dietario", de Xosé Neira Vilas e "Aníbal Otero. Lingüística e política en España na guerra civil e no franquismo", de Xesús Alonso Montero, publicados por Edicións Xerais de Galicia. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.

Martes 2:
- 12:00 h. Feira infantil. Obradoiro de marca páxinas a cargo de Brétema Animación.
- 19:00 h. O escritor Francisco Castro presentará o seu libro "In vino veritas", publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Mercedes Queixas.
- 19:30 h. O escritor Manuel Fuentes González asinará exemplares do seu libro "Ecos del camino" (ensaio), publicado polo Instituto Cepedano de Cultura.
- 20:00 h. Conversa con Agustín Fernández Paz, Óscar Sánchez e Iago Martínez arredor da novela "Non hai noite tan longa", publicada en Xerais.
- 20:00 h. O escritor e fiscal Luis Anguita Juega asinará exemplares do seu libro "Mi lugar. Mi pequeño sueño", publicado por Ed. Vitrubio (sello Nostrum).
- 20:30 h. O ilustrador David Pintor e o autor Carlos López (Pinto & Chinto), asinarán exemplares das súas obras.
- 21:00 h. "A nova literatura de terror". Charla coloquio do escritor e piloto de aviación Francisco Narla, autor da novela "Caja negra", publicada por Alberto Santos. Imágica Ediciones.

Mércores 3:
- 12:00 h. Feira infantil. Obradoiro de decoración de lapiseiros, impartido por Brétema Animación.
- 19:00 h. Presentación do libro "Todo é silencio", de Manuel Rivas, publicado en Xerais. No acto acompañará ao autor Rómulo Sanjurjo.
- 19:30 h. O escritor Manuel Sánchez Dalama asinará exemplares do seu libro "La mancha negra", publicado por Algaida.
- 20:00 h. Presentación da novela negra titulada "Pegadas nun labirinto baleiro", da autoría de Xosé Manuel García López, publicado por Baía Edicións.
- 20:30 h. O poeta Miguel Anxo Fernán Vello asina exemplares do libro "Territorio de la desaparición" (edición bilingüe castelán e galego), publicado por Huerga y Fierro Editores.
- 21:00 h. Presentación do libro "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos", de Carlos Callón, publicado en Xerais, coa participación do autor, acompañado por Xabier P. DoCampo, Fran Rei e Manuel Bragado.

Xoves 4:
- 12:00 h. Feira infantil. Un mundo diferente. Espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
- 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada "Fábula galénica", obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
- 19:00 h. O escritor Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro "Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI", publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
- 19:30 h. Presentación da novela "Noah Barleywater escapa da casa", de John Boyne, publicada no selo editorial Factoría K. Participará no acto o traductor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
- 20:00 h. O escritor e xornalista Gabriel García Enríquez asinará exemplares do seu libro "Sir Francis Drake, villano en España, héroe en Inglaterra", Premio de Literatura y Ensayo Fernando Arenas Quintela 2011, editado por Publicaciones Arenas.
- 20:30 h. Editorial Galaxia presenta o libro "Cociñando ao pé da letra". Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas, coordinadoras, Víctor F. Freixanes, en representación da editorial, máis dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
- 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro "A vida fóra", publicado en Galaxia.

Venres 5:
- 12:00 h. Feira infantil. Un mundo de contos. Divertido contacontos realizado por Fátima
- 18:30 h. Presentación do libro infantil "O espantallo", de Xosé Agrelo, publicado pola editorial Toxosoutos.
- 19:00 h. José Manuel Otero Lastres, escritor, avogado e catedrático de dereito, asinará exemplares da súa novela "El campo de Bucéfalo", publicado por Pigmalión – Sial Ediciones.
- 19:30 h. Presentación do libro "Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España", de Federico Cocho, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto ao autor, participan Carlos Reigosa e Manuel Bragado.
- 20:00 h. O escritor Nonito Pereira Revuelta asinará exemplares do seu libro "Historias, histerias y andanzas musicales".
- 20:30 h. Charla coloquio arredor do libro "La melancolía de los hombres pájaro", de Juan Bolea (Premio Abogados de Novela e finalista dos Premios Hammet), publicado pola editorial Martínez Roca. Xunto co autor, participará no acto Fernando Marías.
- 21:00 h. O escritor José Luis Alvite asinará exemplares do seu libro "Humo en la recámara", publicado pola Editorial Ézaro.
- 21:15 h. Presentación do libro "El final del amor" (Premio Rivera del Duero), de Marcos Giralt Torrente, publicado pola editorial Páginas de Espuma. Xunto co autor, participará no acto o editor Juan Casamayor.
- 22:30 h. Recital no Handicap Café (Rúa Salgado Somoza, esquina Curros Enríquez) "A noite de poesía: Os fillos de Mary Shelley", coa participación de Yolanda Castaño, Luis Alberto de Cuenca, Luisa Castro, Pedro Ramos e Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Sábado 6:
- 12:00 h. Feira infantil. "Como nace un personaxe". Obradoiro de ilustración realizado por Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración do GALIX.
- 18:30 h. Presentación de "O señor Don Nicanor", un texto infantil de Ana Fernández - Abascal, ilustrado por Flavio Morais e publicado no selo Factoría K, coa participación da autora e un representante da editorial.
- 19:00 h. A pintora e ilustradora Isabel Pintado asina exemplares dos libros de poesía para nenos "Parece unha rosa", de Rosalía de Castro e "Cantiga do Mazarico", de Emilio Pita, ambos publicados por Edicións Espiral Maior na colección Lúa Lueira.
- 19:30 h. O poeta e videoartista Antonio Nieto Rodríguez, presentará o seu libro "La voz del escorpión", publicado por Sial Ediciones. Xunto co autor, participarán no acto José María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña, Olga Patiño, poeta, profesora do I.E.S. Fernando Wirth, da Coruña, e Basilio Rodríguez Cañadas, editor e presidente do Pen Clube de España.
- 20:00 h. O escritor Mario Regueira asinará exemplares do seu libro "Lois Pereiro. Unha persecución", publicado por 2.0 Editora, na colección Folcsonomías.
- 20:30 h. Presentación do libro "El viajero del tiempo", publicado por Imagine Ediciones. Participarán no mesmo José Carlos Somoza, Patricia Esteban Erlés e Félix Palma Macías, coordinados por Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Domingo 7:
- 12:00 h. Feira infantil. "A caixa de Pandora". Sorprendente espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
- 13:00 h. Sinatura de exemplares do libro "Webos fritos. Recetas y momentos", publicado por Ciudadela Libros. Participarán Susana Pérez, autora dos textos e Jesús Cerezo, autor das fotografías.
- 19:00 h. Presentación do libro "Guía das libélulas de Galicia", do investigador e naturalista vigués Miguel Ángel Fernández Martínez, que estará acompañado polos investigadores de zonas húmidas de Galicia e naturistas galegos Anxo Rajou e Alberto Gil.
- 19:30 h. O escritor José María Paz Gago, catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña, asinará exemplares do seu libro de poemas "Guía de lugares inexistentes", publicado por Sial Ediciones.
- 20:00 h. Presentación do libro "Contos e descontos. Narrativa completa de Claudio Rodríguez Fer" publicado por Toxosoutos. Xunto co autor, participará no acto Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega e David González Couso, director de publicacións da editorial.
- 20:30 h. O escritor Manuel Mourelle de Lema asinará exemplares dos seus libros, editados polo Grupo Cultural Galicia en Madrid.
- 21:00 h. Presentación do libro "213 aforismos para el siglo 21", de Xavier Vila-Coia, publicado por La Pinga Ediciones.

Luns 8:
- 12:00 h. Feira infantil. "De oca a oca y cuento por que me toca". Conta contos interactivo para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera.
- 19:00 h. Presentación de "Artur", un texto infantil de Xosé Manuel Gómez Barreiro "Oli", ilustrado por Marc Taeger e publicado no selo editorial Faktoría K. Participarán no acto o autor, o ilustrador e un representante da editorial.
- 19:30 h. O escritor Fernando Ontañón asinará exemplares do seu libro "Relatos invisibles", publicado por Ediciones Carena.
- 20:00 h. Presentación do libro "El baile de las lagartijas", de David de Juan Marcos. Ed. Temas de Hoy.
- 20:30 h. A escritora Eva Castro Outeiriño asinará exemplares do seu libro "Persiguiendo sueños", publicado pola editorial Hontanar.
- 21:00 h. Charla coloquio da xornalista Iara Mantiñán arredor do seu libro fotográfico "Cape Coloured", publicado por Finisterre Ediciones.

Martes 9:
- 12:00 h. Feira infantil. "Mariscando cuentos". Xornada de contos para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera, arredor do libro "La vuelta al mundo de Gota de Agua", de Rafael Ortega de la Cruz, publicado por S.L. Nívola Libros y Ediciones.
- 19:00 h. Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro de poesía, en edición bilingüe (galego e castelán) "Golpear de sombras", publicado pola editorial Huerga y Fierro. Xunto co autor, participarán no acto a poeta Eva Veiga e a profesora e traductora Teresa Seara.
- 19:30 h. O profesor de filosofía e historiador, Luis Gorrochategui Santos, asinará exemplares do seu libro "Contra Armada. La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra", publicada pola editorial E-Lector.
- 20:00 h. Presentación de "Lume de cobiza", de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, coa participación, acompañando ao autor, de Víctor F. Freixanes e Ángel de la Cruz.
- 20:30 h. Sinatura de exemplares do poemario "La hora de los relojes", de Fran Nuño, poblicado no selo da Faktoría K.
- 21:00 h. "A aventura de publicar romántica". Mesa redonda de escritoras coruñesas, autoras de novelas románticas. Participarán no acto Patricia Sutherland ("Princesa", autoedición), Teresa Cameselle ("No todo fue mentira". Ed. El Maquinista), Kelly Dreams ("Amante & felino", autoedición), Encarnación Alcalde Brotóns ("Lo que el corazón esconde", Ed. Círculo Rojo), Ángeles Ibirika ("Antes y después de odiarte", Ediciones B) e Lydia Leyte Costello ("El fuego envuelve tu nombre", Editorial La Máquina China). Modera o acto Trinidad Palacios Raposo (do programa radiofónico "El diván cultural") Ao remate do acto, as escritoras asinarán exemplares dos seus libros.

Mércores 10:
- 12:00 h. Feira infantil. "Leonardo te enseña a comer". Obradoiro e conto para pais con fillos, realizado por Pepa Cuentera, baseado no libro "Leonardo da Vinci, el inventor", publicado pola editorial Rompecabezas.
- 19:00 h. O escritor Pedro Ramos presentará o seu libro "En el país de los méritos", publicado pola Editorial Noroeste.
- 19:30 h. O escritor Manuel M. Barreiro asinará exemplares do seu libro "A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa", publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
- 20:00 h. Presentación do libro "Puntos de vista (Grabaciones emitidas por Punto Radio)", de Roberto Vila Rodríguez, publicado pola Deputación provincial de Ourense. Xunto co autor, participará no acto Roberto Blanco Fortes, director de Punto Radio.
- 20:30 h. O escritor Quinito López Mourelle asinará exemplares do seu libro "Sin Ana Beatriz", publicado por Ézaro Ediciones.
- 22:00 h. Peche da Feira do Libro.

Todos os días, ás 21:45 horas, terá lugar o sorteo dun lote de libros entre o público que teña mercado libros na Feira durante o día.
Durante a Feira, todos os libros terán un 10% de desconto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galería Sargadelos: mesa redonda “O farturento vertedoiro”

Mércores Opulento vertedoiro20
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Mesa redonda "O farturento vertedoiro", con Xoán Doldán, membro de Véspera de nada, Guillermo Fernández-Obanza, fundador e secretario de Ecodesarrollo Gaia e Fermín Blanco, arquitecto, moderados por Nilo Casares, comisario de proxectos artísticos. A mesa inscríbese na exposición "Sofás", de Amador Iravedra, autor desta fotografía.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”, actividades do mércores 8 de xuño

Comezan Xornadas Cárcereas "Xornadas do Cárcere" na Antiga Prisión Provincial, promovidas polo Proxecto Cárcere, cun amplo programa de actividades que chegará até o sábado 11 de xuño.

As actividades do mércores 8 son as seguintes:
- 19:00 h. Inauguración das Xornadas: Lectura do manifesto da Plataforma Proxecto Cárcere, acompañados do saxofonista Marcos Casás.
- 19:15 h. Inauguración da exposición "Liberdad.é".
- 20:00 h. Debate aberto: "Producción e xestión cultural". Debate sobre alternativas aplicábeis ao Proxecto Cárcere de xestión e producción cultural. CSO Atochas, Culture Workers, Manicómicos…
- 21:30 h. Obradoiro a cargo de Fredi Muíños (A. C. Manicómicos).
- 22:00 h. Concerto de Manu Clavijo.
Actividade continua:
- Demostración e degustación: "Cociña solar e consumo responsábel". Juan Bello e Cooperativa Zocamiñoca.
- Mural participativo: "Cultura-Sociedade-Memoria". Plataforma Proxecto Cárcere.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”, do 8 ao 11 de xuño

A Plataforma Proxecto Cárcere convida Xornadas Cárcerea participar das Xornadas de Portas Abertas no Antigo Cárcere Provincial da Coruña que terán lugar do mércores 8 ao sábado 11 de xuño. A inauguración das xornadas está prevista para o mércores 8 de xuño ás 18:30 horas.
Durante as xornadas realizaranse actividades sociais, culturais e da memoria organizadas por diversas persoas e colectivos da nosa cidade co fin de mostrar o grande potencial que ten este edificio, noutroras símbolo da represión, como espazo de encontro e liberdade dende onde a cidadanía podamos participar activamente na construción da nosa comunidade.
As xornadas son un paso máis nun proceso que comezou a finais do 2010 cando un grupo de aproximadamente 40 persoas e colectivos decidiu constituir a Plataforma Proxecto Cárcere e traballar conxuntamente cara á recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural e da memoria. Por iso, alén de visibilizar in situ esta iniciativa enchendo o cárcere de actividades e persoas, e de promover o apoio e participación da sociedade coruñesa, pensan as xornadas como unha oportunidade de debater e reflexionar sobre a construción do proxecto xa cara a presentación futura dunha proposta firme e consensuada desde a participación e xestión cidadá. Con este fin haberá debates abertos á participación de todas as persoas e colectivos interesados en temas como: modelos de xestión e financiamento, titularidade do espazo, participación cidadá, construción de comunidade, creación e producción artistica, tecido asociativo da cidade, etc.
Alén da programación de actividades tamén se poderá visitar no mesmo cárcere de forma aberta durante os 4 días de xornadas a exposición LIBERDAD.É. Esta exposición é o resultado dun chamamento aberto para producir obras que explorasen o concepto de Liberdade como símbolo de ruptura co espazo que o cárcere ten representado historicamente no noso imaxinario. Nesta exposición participan por volta de 20 artistas con esculturas, videoarte, fotografía, pintura, instalacións, etc. A inauguración de LIBERDAD.É terá lugar o mércores 8 de xuño ás 19:15 h. despois da leitura do manifesto da "Plataforma Proxecto Cárcere".

PROGRAMA

Mércores 8:
19:00.- Inauguración das Xornadas: Lectura do manifesto Plataforma Proxecto Cárcere, acompañados do saxofonista Marcos Casás.
19:15.- Inauguración da exposición "Liberdad.é".
20:00.- Debate aberto: "Producción e xestión cultural".
21:30.- Obradoiro a cargo de Fredi Muíños do colectivo Manicómicos.
22:00.- Concerto de Manu Clavijo.
Actividade continua:
- Demostración e degustación: "Cociña solar e consumo responsábel". Juan Bello e Cooperativa Zocamiñoca.
- Mural participativo: "Cultura-Sociedade-Memoria". Plataforma Proxecto Cárcere.

Xoves 9:
19:00.- Debate aberto: "O movemento cidadán 15-M".
21:30.- Concerto de Álvaro Muras.
22:30.- "Cabaret As3": Carmen Cotelo, Noemí Miranda, Alba Fernández.

Venres 10:
16:50.- Feira de troco de obxectos. Rede Troco Coruña e Cooperativa Zocamiñoca.
17:00.- Charla-obradoiro: "Embarazo, maternidade e porteo respetuoso". Ser Doulas.
18:00.- Coloquio sobre feminismo e a lei da familia. Cafés Feministas.
19:00.- Debate aberto: "O futuro do cárcere. E ti que vas facer aquí?".
20:30.- Presentación mundial do Grupo Surrealista Galego.
20:30.- Performance: "Xénero Escea. Área de descanso". Compañía Gayo Pinheiro.
21:30.- Música: "Fados de Lisboa". Gonçalo Guerreiro.
22:00.- Danza: "Bótoche unha man?". Compañía Catro no metro.
Actividades continuas:
- "Da horta á mesa! Consumo consciente e responsabel". Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca.
- Actividade participativa: Mural feminista. Colectivo Nomepisesofreghao.

Sábado 11:
11:30.- Concentración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña coa presenza de persoas que estiveron no cárcere por motivos políticos, lectura do manifesto "Nós tamén estamos indignados" e colocación de panel conmemorativo.
17:30.- Palestra: "Represión franquista e vivencias na cadea". Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
18:30.- Proxección do documental "O segredo da Frouxeira", coa presenza de Xosé Abad.

ACTIVIDADES PERMANENTES

- Recepción: Punto de información con dípticos, camisetas, chapas.
- Ordenador con web cam para "fichar ao público e participantes" (foto de frente e perfil).
- Paneis temáticos participativos onde a xente poda participar activamente no proceso.
- Espazo de proxeccións: Lugar onde se proxecten en bucle vídeos.
- Bar: Estará aberto durante todas as xornadas. Serviremos cañas, auga, refrescos e algún pincho.
- Radio: Cuac FM.
- Cobertura fotográfica: Ollo de vidro / Lomo colectivo.

CCCP from MrEIDANPELIS on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“2ª Mostra de cinema periférico”: actividades do sábado 4 de xuño

Continúa Mostra de cinema periféricoaté o domingo 5 a "2ª Mostra de cinema periférico", organizada por eSe8 Cinema e a Concellaría de Cultura. Este é programa de actividades do sábado 4 de xuño:

- 10:00 h. Antigo Cárcere. Observatorio. Obradoiro Arquivos código aberto/ arquivos en tempo real, Encontros profesionais.
- 12:00 h. Antigo Cárcere. Presentación novos productos kodak. Super 8, 16 mm, 35 mm., Encontros profesionais.
- 12:30 h. Antigo Cárcere. Mesa presentación "Imaxes rodadas, películas roubadas e son panayonqui", Super 8 Contemporáneo.
- 17:00 h. Antigo Cárcere. "Imaxes rodadas, películas roubadas e son panayonqui". Super 8 music clips. Sala (8), Super 8 Contemporáneo.
- 17:15 h. Antigo Cárcere. Cine primitivo en España e Portugal. 1896-1897. Sala (S), Arquivos históricos.
- 18:00 h. CGAI. Nathaniel Dorsky. Sesión 4. Meditación (coa presenza do autor), O ceo na Terra.
- 19:00 h. Antigo Cárcere. Zoe Beloff. Sesión 1 - Mediumnidade e estados alterados. Sala (8) (coa presenza da autora), O ceo na Terra.
- 19:15 h. Antigo Cárcere. "Imaxes rodadas, películas roubadas e son panayonqui". Reciclaxes e música. Sala (8), Super 8 Contemporáneo.
- 22:00 h. Frontón do Antigo Cárcere. "Imaxes rodadas, películas roubadas e son panayonqui". Dúo Cobra Live Show, Super 8 Contemporáneo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: xornadas “Migracións transnacionais: xénero, racismo e exclusión social”, actividades do venres 3

Venres Normal3
Normal (Paseo de Ronda, 47)
Inscrición aquí.

Xornadas "Migracións transnacionais: xénero, racismo e exclusión social". O programa do día 3 de xuño é o seguinte:
- 16:00 h. Mesa redonda "Transnacionalismo, xénero e exclusión social no Sur de Europa":
* Jorge Malheiros: "Problemas de exclusión residencial dos inmigrantes en Portugal: perspectiva de xénero".
* Rosa Parisi: "Familias transnacionais e matrimonios mixtos en Italia: unha etnografía das familias marroquí-italianas".
- 17:30 h. Pausa.
- 18:00 h. "Xénero, raza e etnicidade unha mirada cruzada das migracións en África, Asia e América Latina"
* Ángeles Ramírez, Universidad Autónoma de Madrid.
* Amelia Saiz, Universidad Autónoma de Barcelona.
* Mercedes Jabardo, Universidad de Alicante.
* Ramón Grosfoguel, University of California, Berkeley.
- 20:30 h. Proxección da película "Flores doutro mundo" (Icíar Bollaín, 1999) e debate. Actividade coordinada por Laura Suárez Grimalt e Martín Vázquez Añel.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MACUF: encontro con María Dueñas

luns, 30 maio 2011, 10:40 | Category : mesas redondas
Tags : ,

Martes mesas_redondas_201131
MACUF (Avda. de Arteixo, 171)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo de Mesas Redondas, Encontro con María Dueñas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FNAC: mesa redonda sobre o cómic galego

mércores, 18 maio 2011, 11:30 | Category : comic, mesas redondas
Tags :

Xoves 19
FNAC (Mercado Eusebio da Guarda – Praza de Lugo, s/n.)
19:30
Entrada: libre até completar aforo.

Mesa redonda sobre a situación actual do cómic galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: mesa de debate “Situación, formatos e estruturas actuais da danza profesional en Galicia”

Venres Danesga6
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Mesa de debate "Situación, formatos e estruturas actuais da danza profesional en Galicia", en que participan tres profesionais galegas e unha representante da Asociación Profesional de Danza Escénica de Galicia (DANESGA), que falarán das súas experiencias, opinións e perspectivas sobre a danza profesional en Galicia, na actualidade e cara ao futuro. Coordina: Rut Balbís, coa presenza de Olga Cameselle, Cristina Montero, Natalia Balseiro e un representante de Danesga.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mesa redonda “Mulleres a debatir sobre a nova Lei da Familia”, na Casa Museo Casares Quiroga

martes, 3 maio 2011, 11:48 | Category : mesas redondas
Tags :

Mércores 203541_170907806297685_4995349_n4
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Mesa redonda "Mulleres a debatir sobre a nova Lei da Familia".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google