O vindeiro luns comeza a segunda edición de Luns con ciencia, ciclo de divulgación científica sobre as alternativas enerxéticas e a biodiversidade que ofrecerá unha interesante serie de conferencias e coloquios os luns de xaneiro a abril na Sala Leonardo da Vinci da Domus.
Luns con ciencia está organizado polos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña, e conta coa colaboración do Centro Ocenográfico da Coruña e o patrocinio de Caixanova. O acceso é público e gratuito. Os alumnos da Universidade da Coruña matriculados accederán a 2 créditos de libre configuración desta Universidade (teléfono de inscrición 981 189 840). Teñen máis información na web dos Museos Científicos.
Programa "Luns con ciencia":
18 de xaneiro: Facemos todos como os franceses? O espellismo nuclear, por Marcel Coderch (doutor en enxeñería Eléctrica e Informática polo Instituto Tecnológico de Massachusetts)
25 xaneiro: AHORA, unha alternativa á crise enerxética, por Juan José Gómez Cadenas (físico e novelista, Director do Grupo de Física de Neutrinos do Instituto de Física Corpuscular, CSIC, Valencia)
1 de febreiro: Cambio climático ou cambio de modelo de sociedade?, por Emilio Fernández (Profesor titular de Ecoloxía da Universidade de Vigo, ex- Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Xunta de Galicia).
8 de febreiro: Evidencias do Cambio Climático en Galicia. Introductor-moderador: Dr. Manuel Ruiz Villarreal (Centro Oceanográfico da Coruña, IEO). Ponentes Juan José Taboada (meteorólogo de Meteogalicia, Xunta de Galicia); Antonio Bode Riestra (Centro Oceanográfico da Coruña, IEO)
22 de febreiro: Nucleares, non grazas?, por Josep Puig (enxeñeiro nuclear, profesor de técnicas enerxéticas na Universidade Autónoma de Barcelona e histórico do movemento ecoloxista)
1 de marzo: A conservación dos bosque tropicais, por William Laurance (Distinguished Research Professor School of Marine and Tropical Biology James Cook University Cairns, Queensland 4870 Australia)
8 de marzo: Papel da educación ambiental na conservación da biodiversidade, por Marcos Sorrentino (Ex Director de Educación Ambiental do Ministerio del Medio Ambiente do Brasil. Profesor da Universidade de Sao Paulo)
15 de marzo: A paisaxe e a perda de biodiversidade, por Francisco Javier López (Universidade de Santiago de Compostela)
22 de marzo: O estado da conservación da biodiversidade en Galicia, por Pablo Ramil (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, Universidade de Santiago de Compostela)
29 de marzo: Os bosques galegos e a biodiversidade, por Antonio Rigueiro (Universidade de Santiago de Compostela)
5 de abril: Efectos do Prestige sobre os ecosistemas mariños, por Victoriano Urgorri (Estación de Bioloxía mariña da Graña, Universidade de Santiago de Compostela)
12 de abril: Áreas Marinas Protegidas (AMPs), unha estratexia para a conservación da biodiversidade mariña. Introductor-moderador: Santiago Parra Descalzo (Centro Oceanográfico da Coruña). Ponentes José Luis Vargas Poncini (IEO Madrid); Francisco Sánchez Delgado (Centro Oceanográfico de Santander, IEO)
19 abril: A biodiversidade no medio mariño, por Juan Freire (Universidade da Coruña)