Domus: presentación multimedia sobre o rape, “O rei pescador”, de Antonio Pérez Cribeiro

Xoves mc22
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00
Entrada libre até completar aforamento.

Presentación multimedia sobre o rape, "O rei pescador", con motivo do 60 aniversario do restaurante "Casa Pardo", que ten un dos seus establecementos na Domus. Esta presentación multimedia é un documento inédito realizado polo xefe de bioloxía mariña do Aquarium Finisterrae, Antonio Pérez Cribeiro, no que mostrará imaxes e información sobre a bioloxía do rape.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Inauguración dun monolito en honra a María Wonenburger no Paseo das Ciencias

Mércores MUSEOS CIENTIFICOS CORUÑESES1
Paseo das Ciencias (Parque de Santa Margarita)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Inauguración dun monolito en honra á matemática galega María Wonenburger no Paseo das Ciencias do Parque de Santa Margarita. A iniciativa, que se celebra con motivo do XXVI aniversario da Casa das Ciencias, dá continuidade á colocación hai un ano dun monolito homenaxe a Isidro Parga Pondal, co ánimo de establecer esa data como celebración anual de recoñecemento aos científicos galegos relevantes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “A obesidade, o buraco negro metabólico”, de Fernando Cordido

Luns 30
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que continúa a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Fernando Cordido, especialista en Endocrinoloxía e Nutrición do CHUAC, que falará sobre "A obesidade, o buraco negro metabólico". O O Dr. Cordido é catedrático de Endocrinoloxía e Nutrición do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación fundamentais son a obesidade e a neuroendocrinoloxía. Foi galardoado con 12 premios científicos, e é autor de numerosas publicacións, moitas das cales se citan en textos médicos de prestixio, como o Harrison Principles of Internal Medicine, ou o Williams Textbook of Endcrinology. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mañá xoves, 26 de maio, remata a exposición ‘World Press Photo 2011′, no Aquarium Finisterrae

A exposición "World Press Photo 2011", estreada no Aquarium Finisterreae o xoves 28 de abril, e que foi visitada por 23.005 persoas, remata mañá xoves, 26 de maio.
Trátase da exposición das mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo. Son as imaxes premiadas no maior e máis prestixioso concurso de fotografía de prensa, World Press Photo. A fotografía gañadora desta edición é unha instantánea de Jodi Bieber mostra a unha muller de 18 anos, Aisha Bibi, da provincia de Oruzgan, en Afganistán, que fuxiu da casa do seu marido á casa da súa familia, queixándose do trato violento recibido. Os talibáns chegaron unha noite, esixindo que Bibi fose axustizada. Pouco despois, un comandante talibán pronunciou o seu veredicto, e mentres o seu cuñado a agarraba, o marido cortoulle as orellas e o nariz. Aisha foi abandonada, pero máis tarde foi rescatada por cooperantes e militares estadounidenses. Despois dun tempo nun refuxio para mulleres en Kabul, foi levada a Estados Unidos, onde foi tratada das súas feridas e sometida a cirurxía reconstructiva. Aisha Bibi vive hoxe nos EUA. O xurado concedeu ademáis premios en nove categorías temáticas a 55 fotógrafos de Australia, Bangla Desh, Brasil, Canadá, China, Dinamarca, Francia, Alemaña, Haití, Hong Kong, Hungría, India, Indonesia, Irlanda, Israel, Italia, México, Países Baixos, Polonia, Somalia, Sudáfrica, España e Estados Unidos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “Do home primitivo ao home obeso”, de Ovidio Vidal

Luns 23
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que continúa a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Ovidio Vidal, que falará sobre "Do home primitivo ao home obeso". O Dr. Vidal, xefe do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC, ten unha longa e recoñecida traxectoria como endocrinólogo, na que acadou catro premios de investigación en congresos nacionais, foi presidente da Federación Española de Asociaciones de Educadores en Diabetes e do Comité de Expertos para o tratamento optimizado da diabetes tipo I do Ministerio de Sanidad, entre moitas outras actividades desempeñadas. Ademais, actualmente é membro da Comisión Asesora de Diabetes da Xunta de Galicia. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Aquarium Finisterrae participará o proxecto europeo “Sea for Society”

O mc2obxectivo do proxecto europeo "Sea for Society", programa financiado con cargo aos fondos do FP7 e xestionado pola Dirección Xeral de Investigación e Innovación da Comisión Europea, é organizar e pór en práctica actividades que permitan a diferentes axentes e ao público dialogar sobre os problemas e cuestións claves do uso do océano como fonte de recursos. Investigadores, profesionais do medio mariño, e cidadáns en xeral serán convidados a participar nun diálogo aberto e accións conxuntas para extraer conclusións e propor solucións.
Participan 21 institucións (institutos de investigación mariña, acuarios e museos de ciencia, ONGs, empresas, centros de educación superior) de 11 países europeos. En España, ademais do Aquarium Finisterrae, participa o Instituto Español de Oceanografía (co seu Centro da Coruña). O Aquarium Finisterrae desenvolverá os obxectivos deste proxecto a través do seu programa de actividades educativas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aquarium Finisterrae: concerto do Salón Filharmónico: “Mozart e Beethoven”, no Festival Mozart 2011

Venres BANNER_festival_mozart_castellano215px20
Aquarium Finisterrae
21:00
Entradas: 5 euros (consultar aquí).

Prosegue o Festival Mozart 2011 co concerto do Salón Filharmónico, que interpretará un programa composto polo Quinteto con dúas violas en sol menor, K516, de Wolfgang A. Mozart e a Sinfonía nº 1 en dó maior (transcrición para quinteto de corda depositada no arquivo da Biblioteca musical Marcial del Adalid) de Ludwig van Beethoven. O Salón Filharmónico está formado por Massimo Spadano e Caroline Bournaud (violíns); Francisco Regozo, Luigi Mazzucato (violas); David Ethève (violonchelo) e Todd Williamson (contrabaixo).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Proposta colaborativa dos Museos Científicos Coruñeses

xoves, 19 maio 2011, 11:27 | Category : ciencia, internet, museos científicos
Tags : ,

Conmc2 motivo do Día Internacional dos Museos, desde os Museos Científicos Coruñeses lánzase esta proposta de construír entre todos un interactivo online colaborativo, "Cegos ante o cambio". Entra e participa!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?”, polo Dr. Lorenzo Monserrat

Luns 9
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que continúa a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Lorenzo Monserrat, que falará sobre "Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?". O Dr. Monserrat desenvolve un salientable labor investigador no Servizo Galego de Saúde, centrado sobre todo na clínica e xenética de alteracións relacionadas co corazón, realizando estudos e seguimento en máis de 800 familias nas que aparecen este tipo de problemas xeración tras xeración. É ademais fundador e director científico de "Health in Code", compañía dedicada ao diagnóstico e consello xenético de cardiopatías. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Baixo as estrelas”, o sábado 14 de maio, Día Internacional dos Museos

O Baixo as estrelassábado 14 de maio celebraremos  BAIXO AS ESTRELAS o Día Internacional dos Museos: un día de festa cun amplo conxunto de actividades: teatro, música, obradoiros, xogos, visitas guiadas... Entre as 18:00 e as 24:00 horas. Este é o programa previsto: BAIXO AS ESTRELAS 14 DE MAIO 2011:

* BRANCAS: ITINERARIO ESCÉNICO URBANO NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS:
Un equipo multidisciplinar de profesionais da danza, do mimo, da performance, do teatro, do cabaré ou do teatro de rúa crearán un espazo imaxinario en branco no medio da cidade que irá percorrendo diferentes prazas e Casas Museo. Formarán o elenco Bea Bravo, Cristina Casas Pou, Fabiana Gastaldello, Greta Mari Rodríguez, Inés Barcia, Iván Villar, María Polo, María Manero, Uxía Vázquez ou Yolanda Paz, de compañías como Femme Fatale, Contra2, A Pie Alzado, entre outras, nunha proposta coordenada por Nélson Quinteiro:
- 18:00 h. Xardíns de Méndez Núñez (25 minutos).
- 19:00 h. Praza de Pontevedra (25 minutos).
- 20:00 h. Casa Museo Emilia Pardo Bazán (25 minutos).
- 21:00 h. Casa Museo María Pita (25 minutos).
- 22:00 h. Casa Museo Casares Quiroga (25 minutos).

* UN ENCONTRO ESPECIAL COAS PERSONAXES DAS CASAS-MUSEO:
Visitas dramatizadas ás catro Casas Museo realizadas por Crearte Servizos Culturais:
- CASA MUSEO PICASSO:
18:00 h. "María Picasso fai memoria". A nai de Picasso, Dona María, simpática andaluza, lévanos de viaxe ao tempo no que a familia vivía na cidade e cóntanos as aventuras do seu fillo. Familias e público xeral.
- CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN:
18:00 h. "Dona Emilia é moita Emilia". Dramatización lúdica sobre a escritora. A Sra. Condesa convídanos a particiar da súa paixón polos contos na súa ilustre casa.
"Esa chapa é moita chapa"... Obradoiro de chapas durante toda a xornada dos museos.
20:45- 21:00 h. Audiovisual "Autobiografía" de Ana Domínguez. A proxección será en bucle durante toda a xornada.
21:00-21:50 h. Obradoiro de Tammorriata, baile tradicional do sur de Italia (Rexión de Campania). Irene Gonzalez.
22:00-22:30 h. "Cidades de Vento e de Mar". Ruta temática sobre Xénova e A Coruña a través das imaxes, da literatura e da música. Irene Gonzalez y Rellero e Nadia Pilsinelli.
- CASA MUSEO MARÍA PITA:
18:00 h. "Coñece a María Pita e axúdaa a vencer ao alférez abandeirado!". María Pita, aguerrida coruñesa, amósanos a súa casa e convídanos a participar na emocionante persecución e loita contra os ingleses. (Familias e público xeral).
- CASA MUSEO CASARES QUIROGA:
19:30 h. "I Encontro de personaxes históricos da Coruña". María Picasso, María Pita e Dona Emilia viaxan no tempo para acudir ao convite de Casares Quiroga na súa casa. Cada un trae consigo a súa memoria da cidade e todos comparten co público divertidas vivencias. Todos os públicos.

* MÚSICA:
- 19:00 h. Concerto do grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña. Xardíns de Méndez Núñez (Diante do Kiosco).
- 23:00 h. Concerto de Melanie Marañón e Amaia Garrido (Conservatorio Superior de Música): "Dúos do repertorio de violoncello dos séculos XVIII, XIX e XX)". No xardín da Casa Museo Casares Quiroga.

* TEATRO:
- 19:00 h. Número de clown "Total training chair", de Marta Iglesias Martín. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- 19:30 h. Extracto da obra "In-comunicando", da Compañía Mequetrefes: Patricia Coucheiro, Estevo Azañón e Lucía Abarrategui. Na Casa Emilia Pardo Bazán (20 minutos).
- 21:00 h. Fragmento de "A noite vai como un río", de Álvaro Cunqueiro, pola Aula de Teatro do Forum Metropolitano. Casa Museo Casares Quiroga.
- 22:45 h. Número de clown "Desclowntrol", de Mónica Suárez e Marta Iglesias. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).

* CINEMA (en colaboración co CGAI):
De 22:00 a 24:00 h. "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero" (Ramón Sáiz de la Hoya, 1965). Diante do Kiosco Alfonso.

* DANZA:
- "Fragmentos", unha obra composta por diferentes pezas coreográficas. Centro Coreográfico Galego. Diante do Kiosco Alfonso ás 20:00 h. (30 minutos).
- "Trop...PeZ...eime". Performance Danza-Teatro. Lía Pichel Garrido. Ás 23:00 h. na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- "Eu=x + (o resto)". Danza Contemporánea. Compañía Ciacisma Danza: Isabel Sánchez e Fiona B. McCuden. Ás 23:30 h. na Casa Emilia Pardo Bazán. (10 minutos).

* SALAS DE EXPOSICIÓNS:
- Kiosko Alfonso: "Quintana Martelo, escultor e pintor". Un dos nosos autores máis profundos cunha linguaxe moi persoal e moderno. Visita guiada por Tonecho Otero ás 18:00 h.
- Sala de exposicións do Concello: "Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna" (Homenaxe a Lois Pereiro). Visita guiada por Xurxo Taxes ás 19:00 h.
- Casa da Cultura Salvador de Madariaga: "Elos". As visións fotográficas de Paula Gómez del Valle, fusiónanse con textos de distintos autores. Ven ler con nós ás 22:00 h. Lectura poética "Poesía e Nocturnidade".
- Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio): exposición "Action/Reaction: O Universo Creativo de David Lynch".

* VISITAS GUIADAS A OUTROS ESPAZOS:
- Casa do Concello / María Pita: Visitas guiadas á Pinacoteca e ao Museo dos Reloxos. Ás 20:00 e as 22:00 h.
- Teatro Rosalía de Castro: Ven coñecer o teatro por dentro: visita guiada ás 23:00 h.
- Museo Arqueolóxico de San Antón. Visita guiada ás 22:00 h.
- Torre de Hércules: entrada de balde a partires das 18:00 h.
- Museos Científicos Coruñeses: o Aquarium abrirá o día 14 até as 24:00 h. A entrada é de balde desde ás 18:00 h. Exposición "World Press Photo 2011".

* OBRADOIROS NA RÚA:
- Obradoiro de caligrafía artística, pola Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. Na Praza das Bárbaras de 18:00 a 19:00 h.
- Encaixas: Artefacto plástico. Obradoiro didáctico para nenos e nenas de 1 a 10 anos nun espazo artístico e dinámico. Diante do Kiosco Alfonso. Unha proposta de Aula de Ideas desenvolvida por Anxela Caramés, Eva Alfonso e Adriana Pazos.

* MUSEO DE BELAS ARTES (Rúa Zalaeta, s/n). Aberto até as 23:30 h.
- Visita guiada ao Museo "O Museo en torno á memoria". Ás 20:30 h.
- Concerto de jazz de Quinito Mourelle-Roberto Somoza Dúo. De 21:30 a 22:30 h.
- Visita guiada "O que contan os cadros". Ás 22:30 h.

* FUNDACIÓN BARRIÉ (Cantón Grande). Aberto até as 02:00 h.:
- "A Cultura está máis cerca do que cres" é o lema baixo o cal a Fundación Barrié se suma o sábado 14 de maio á celebración da Noite dos Museos 2011 coa apertura especial do seu vestíbulo, no que amosará en imaxes a historia das exposicións da Fundación desde 2005 até a actualidade, para facer memoria e recordar as exposicións máis destacadas nas sedes da Coruña e Vigo, sobre arquitectura, deseño, fotografía e patrimonio. Ademais, a Fundación instalará un gran painel no que o público poderá deixar as súas mensaxe de apoio á cultura e a cambio levarse unha chapa commemorativa da celebración.

* FUNDACIÓN LUÍS SEOANE (Rúa San Francisco, s/n):
- Exposicións "Cabanas para pensar" e "Arquitectura escrita".
- Obradoiro para rapaces e rapazas sobre a figura de Luís Seoane: "Un edificio, un mar, un artista" (para maiores de 4 anos) ás 19:00 h.

* MACUF Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (Avenida de Arteixo, 171):
- Presentación da actividade "Académicos sen barba". A partir das 22:00 h. Nenos e nenas de 7 a 10 anos de idade descobren a Colección de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa aos nosos visitantes, a través de comentarios gravados en dispositivos portátiles de vídeo.
- Visita guiada á exposición "Frecuencias", de Eugènia Balcells, de Eugenia Ballcels.

* Sede Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24). Aberta até as 22:00h.:
- "Descubrindo outras culturas a través da arte". Obradoiros para rapaces e rapazas. Das 11:00 ás 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
- Exposición "Amelia Pérez, unha mirada retrospectiva".

* GALERÍAS DE ARTE. Anímate a visitar as súas exposicións:
- Galería 981 Style: "Pintura en directo" (Óscar Cabana). "Fotografía e retoque en directo" (Pablo Mella). "Proxección dun filme sobre arquitectura". (As actividades comezan a partir das 21:30 h.). Rúa Marqués de Pontejos 7.  981style at 981style.com
- Galería 9THE13: Inauguración ás 18:00 h. da exposición "Prometeo y la caja de Pandora", de Yolanda Relinque. Rúa Tabernas, 9-baixo.  9the13 at 9the13.com
- Galería A botica das artes: Horario ininterrompido de 11:00 a 24:00 h. "Exposición de pintura e escultura de Guada". Obradoiros para todo tipo de público a partir de 6 anos: "Actividade de pintado e esmaltado sobre pezas de cerámica" polo Obradoiro Androx de Tomiño (artistas: Patricia Cardoso e María Teresa Iglesias) de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. "Obradoiro de pintura pola artista Guada": realización dunha obra en acrílico de 18:00 a 20:00 h. Obradoiro de arte realizado por Emilio Celeiro de 20:00 a 21:30 h. Actuación de Xurxo Mares ás 21:00. Avenida da Pasaxe, Estrada do Burgo 37 - Parking privado Farmacia Rilo.  info at boticaarte.com
- Galería Alen Klass (aberta até ás 23:00 h.): "Exposición da artista Serra Sanabra". "Obradoiro en directo de creación artística" a cargo de dous pintores. (Para todos os públicos. De 18:00 a 21:00). Realización do mural de creación libre "Pezas da Memoria" entre todos os visitantes da galería. De 18:00 a 23:00. Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9 – Zona Santa Margarida.  Alenklass at yahoo.es
- Galería Ana Vilaseco (aberta até ás 22:00 h): Exposición "Frame", de Nico Munuera. "Obradoiro para nenos e nenas" ás 18:00 h. Rúa Padre Feijoó, 5 1ª.  galeria at anavilaseco.com
- Galería ARGA: "Exposición Colectiva de ARGA" e "Mural colectivo" realizado coa participación dos visitantes. Horario especial de 10:00 a 13:30 h. e 17:30 a 24:00 horas. Rúa Real 34. Primeira Planta.
- Galería Arte-Imagen: Exposición "Músicos y vida cotidiana", de Juan Galdo. Rúa Ramón y Cajal, 5 baixo.  Arimagen at ozu.es
- Galería Atlántica Centro de Arte: Aberta até ás 22:00 h. Rúa Federico Tapia 15 – baixo.  Atlantica at atlantica-arte.com
- Galería de Arte COLECCIONan: Inauguración ás 21:00 h da mostra colectiva de 15 artistas que leva por título "De libros y de artistas". Travesía do Orzán, s/n.  coleccionan at gmail.com
- Galería de Arte Julia Ares: "Exposición permanente". "Tertulia con artistas da cidade". Rúa Curros Enríquez 5, baixo.  info at elreflejo.com;  juliares at live.com
- Galería de Arte Xerión: Exposición "Jordi Isern". Rúa Modesta Goicouría 7.  Galeriaxerion at hotmail.com
- Galería Monty4arte: Inauguración da exposición: "Obra seleccionada, Os nosos artistas" (Abelenda, Caruncho, Caneda, Benito Freire, Yolanda Dorda, Victoriano Fernández...). Obradoiros, Artistas na rúa (dirixidas a público de 7 a 13 anos. Precísase previa inscrición no 881-968519 begin_of_the_skype_highlighting              881-968519      end_of_the_skype_highlighting). De 18:00 a 20:30. Santiago Caneda, Victoriano Fernández (pintura); Colectivo Mano Izquierda (intevencións en cabezas de manequín); Mariola Romero (escultura en barro); Jorge Vázquez Carmona (xogos de pintura e luz). Montroig 4.  Info at monty4.com. Actuación do grupo ÁNAGA.
- Galería Moret Art (aberto até as 20:00). Obradoiro didáctico "Unha viaxe a través da escultura: modela en Moret Art". De 12:00 a 13:30 h. (de 4 a 8 anos- inscrición previa en 981 927 376 –  moretart at moretart.com). Rúa Olmos 12-14, 1º B.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“XVI Día da Ciencia na Rúa”, o sábado 7 de maio

O "XVIcartel_ciencia rúa Día da Ciencia na Rúa" pretende ser un acto lúdico arredor da Ciencia que se desenvolve o primeiro sábado do mes de maio, neste ano o 7, nun horario ininterrompido de 11:00 a 19:00 horas. Esta romaría científica ten no Parque de Santa Margarita o núcleo fundamental da celebración, con haimas e actividades paralelas. Asemade, pódense visitar a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, que ofrecen unha xornada de portas abertas aos visitantes, e o Centro Oceanográfico da Coruña.
Neste 2011 cúmprense dezaseis anos desde que en 1995 a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses puxemos en marcha o Día da Ciencia na Rúa. Unha iniciativa que acadou un notable éxito, o que nos estimula a perseverar na súa celebración. Co mesmo ánimo co que tentamos de ofrecer, durante todo o ano, ao público dos Museos Científicos unha oferta variada e actualizada de cultura científica.
As actividades previstas nos Museos Científicos Coruñeses son as seguintes (pódese descargar a información sobre todas as actividades e participantes neste arquivo .pdf: XVI Dia da Ciencia na Rua 2011):

Casa das Ciencias: Parque de Santa Margarita. Aberto de 10:00 a 19:00 horas. Actividades:
- Maratón de Planetario: as invitacións repartiranse en recepción media hora antes do comezo de cada sesión:
* 11:00 horas: "Invasores de Marte".
* 12:00 horas: "La noche del vampiro (infantil)".
* 13:00 horas: "El día de hoy".
* 16:00 horas: "Evolución".
* 17:00 horas: "Fugaz (infantil)".
* 18:00 horas: Programa sorpresa.
- "O asombro de Mr. Darwin". Exposición temporal dedicada a divulgar o labor de Charles Darwin. Entre os módulos das once unidades expositivas da mostra destacan elementos como un globo terráqueo a grande escala no que os visitantes poden observar o percorrido que fixo arredor do mundo, acompañado dun ordenador permite deterse nalgunhas das súas escalas; uns pupitres interactivos para descubrir as características evolutivas que comparten os seres vivos, como por exemplo os ósos das extremidades de diferentes grupos de vertebrados, e pezas históricas.

Domus: R/ Santa Teresa 1. Aberto de 10:00 a 19:00 horas. Actividades:
- Campionato de Powermind. Participa neste xogo mental que che revelará como se relaxa o teu cerebro. Canto máis te relaxes, máis rápido moverás o pequeno balón que tes diante de ti e poida que consigas marcarlle un gol ao contrario. Pódeste apuntar ao campionato na recepción da Domus. Horario: 12:30 e 17:30 horas
- Exploradomus "SOS Planet". Nesta edición, os pequenos exploradores ven a película "SOS Planet 3D" e, a continuación, fan experimentos con fenómenos importantes para a vida no noso planeta, como é o caso do efecto invernadoiro. ExploraDomus é unha actividade dirixida a nenos de entre 6 e 10 anos. Na Domus ás 16:45 horas.
- "Wild Safari 3D: Aventura en Sudáfrica" é unha aventura en tres dimensións tras os pasos dos animais mais perigosos e espectaculares de Sudáfrica. É a primeira vez que unha película retrata a vida salvaxe en 3D, situando ao espectador como copiloto dun safari que recorre as diversas reservas naturais de Sudáfrica e no que se enfrontará a impresionantes elefantes, esquivos leopardos ou famentos leóns.

Aquarium Finisterrae: Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. Aberto de 10:00 a 20:00 horas. O acceso péchase unha hora antes. Actividades:
* 12:00 horas: Espectáculo de alimentación das focas no Piscinarium.
* 12:30 horas: Sesión en directo na OceanoSfera e pase do programa "Blue Planet".
* 13:00 horas: Taller de bioloxía mariña en directo na Charca das Caricias.
* 16:00 horas: Taller de bioloxía mariña en directo na Charca das Caricias.
* 17:00 horas: Espectáculo de alimentación das focas no Piscinarium.
* 18:00 horas: Sesión en directo na OceanoSfera e pase do programa "Frozen".
- Zona-i. Entéirate, Informa, Participa, Choose, Imaxina, Descubre, Actúa. Novo espazo do Aquarium no que os visitantes poden recibir información, realizar actividades, e sobre todo votar e opinar sobre cuestións científicas que afectan á súa vida cotiá. Todo iso cunha infraestrutura moderna, utilizando ferramentas tecnolóxicas e dixitais.

- Especial mención merece tamén o concerto que a Banda Municipal de Música da Coruña, dirixida por Marcel van Bree, dará na Escalinata da Casa das Ciencias a partir das 12:00 h., co seguinte programa:
* La Bella Helena (Obertura), de Carl Mª von Suppé.
* La Revoltosa (Fantasía), de Ruperto Chapí.
* La Dolorosa (Selección), de José Serrano.
* Estrasantico, de Simón Couceiro.
* El baile de Luis Alonso (Intermedio), de G. Giménez.

- Este programa complétase coas múltiples actividades que desenvolverán estudantes, profesores e membros de diversas entidades (centros educativos, Universidade, Agrupación Astronómica Ío ou as Bibliotecas Municipais da Coruña), nas 29 carpas e espazos de ocio ao aire libre instalados á beira da Casa das Ciencias, xunto ao desfile de cabezudos, a actuación de malabaristas e xogos e concursos para todas e todos.

Adxuntamos tamén o plano de situación das actividades: Plano Dia da Ciencia na Rua 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: exposición “Paisaxes neuronais”

Domc2 martes 3 de maio ao domingo 28 de agosto
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
Horarios:
Do 3 de maio ao 30 de xuño
De luns a venres, de 10:00 a 19:00 h.
Sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 19:00 h.
Do 1 de xullo ao 28 de agosto
De luns a domingo, de 11:00 a 21:00 h.
Visitas escolares: previa cita ao teléfono 981-189848.
Do 3 de maio ao 20 de xuño
De martes a venres, de 10:00 a 13:00 h.
Visitas guiadas:
Do 1 de xullo ao 28 de agosto
Venres, sábado e domingo, ás 12:30 e 17:30 h.

A exposición "Paisaxes neuronais", da Obra Social "La Caixa" e os Museos Científicos Coruñeses, rende homenaxe ao premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1906 Santiago Ramón y Cajal, considerado como o pai da neurociencia moderna, creador da teoría da neurona e da importante escola histolóxica española, cuxos estudos provocaron un cambio radical no curso da historia da neurociencia.
Na exposición móstranse, a través de 21 imaxes inéditas (seleccionadas entre 433 imaxes enviadas por 62 laboratorios de neurociencias de todo o mundo), realizadas con técnicas de vangarda por neurocientíficos de todo o mundo, a evolución do coñecemento do sistema nervioso desde tempos de Cajal até hoxe. En ocasións, estas sorprendentes e belas imaxes, que se obteñen cos métodos de tinción tradicionais e modernos para revelar a estrutura do cerebro, recordan ás obras de artistas como Renoir, Miró ou Picasso, entre outros. Cada unha destas imaxes vai acompañada por textos especialmente creados para a ocasión por pintores, escritores, filósofos e outros intelectuais.
A mostra foi organizada por Obra Social "La Caixa", baixo a dirección científica de Javier de Felipe, do Instituto de Neurobiología Ramón y Cajal, e de Henry Markram, director do Brain Mind Institute de Lausanne, contando coa colaboración do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e IBRO (Organización Internacional para a Investigación do Cerebro).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Baixo as estrelas, no Día Internacional dos Museos, o sábado 14 de maio

O sábado 14 de maio celebraremos AF DIA MUSEOS BAIXO AS ESTRELAS o Día Internacional dos Museos cun amplo conxunto de actividades: teatro, música, obradoiros, xogos, visitas guiadas... Entre as 18:00 e as 24:00 horas. Proximamente, máis información.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia de Nicolás Vázquez González e José Antonio Iglesias Vázquez: “Como se trata o paciente con infarto agudo de miocardio en Galicia?”

Luns 2
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que inicia a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Nicolás Vázquez, Coordinador da Unidade de Hemodinámica do CHUAC e o Dr. José Antonio Iglesias Vázquez, director da Fundación Urgencias Sanitarias de Galicia-061 que falarán sobre "Como se trata o paciente con infarto agudo de miocardio en Galicia?". O Dr. Nicolás Vázquez ten unha extensa traxectoria profesional vinculada á cardiología intervencionista, sendo actualmente xefe de sección de Cardioloxía e coordinador da unidade de Cardioloxía Intervencionista do CHUAC. O Dr. Iglesias Vázquez é especialista en medicina de urxencias e catástrofes, e ten unha ampla experiencia en soporte vital avanzado. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Aquarium Finisterrae acolle a presentación, por primeira vez en España, da exposición World Press Photo 2011

A 01 Jodie Bieberexposición "World Press Photo 2011" recolle as fotos gañadoras do concurso, que por terceiro ano consecutivo se estrea no Aquarium coruñés, e estará aberta do xoves 28 de abril ao xoves 26 de maio de 2011. Trátase da exposición das mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo. Son as imaxes premiadas no maior e máis prestixioso concurso de fotografía de prensa, World Press Photo.
A fotografía gañadora desta edición é unha instantánea de Jodi Bieber que mostra a unha muller de 18 anos, Aisha Bibi, da provincia de Oruzgan, en Afganistán, que fuxiu da casa do seu marido á casa da súa familia, queixándose do trato violento recibido. Os talibáns chegaron unha noite, esixindo que Bibi fose axustizada. Pouco despois, un comandante talibán pronunciou o seu veredicto, e mentres o seu cuñado a agarraba, o marido cortoulle as orellas e o nariz. Aisha foi abandonada, pero máis tarde foi rescatada por cooperantes e militares estadounidenses. Despois dun tempo nun refuxio para mulleres en Kabul, foi levada a Estados Unidos, onde foi tratada das súas feridas e sometida a cirurxía reconstructiva. Aisha Bibi vive hoxe nos EUA. Jodi Bieber xa gañou oito premios World Press Photo e é o segundo fotógrafo sudafricano en gañar o máximo galardón no concurso. Segundo un membro do Xurado, Ruth Eichhorn, "É unha imaxe incriblemente forte. Traslada ao mundo unha mensaxe dunha potencia enorme, ao redor do 50% da poboación son mulleres, moitas das cales viven aínda en condicións de miseria, sufrindo violencia. É forte porque a muller parece tan dignificada, icónica". Pola súa banda, o xurado Aidan Sullivan dixo: "Parte do que o concurso World Press Photo fai é levar fotos a unha audiencia máis ampla, unha audiencia que se pregunta Por que? E esta foto provoca que a xente se pregunte: Como é posible…?, Que está pasando…? Para min esta era a foto que provocaba as preguntas máis importantes."
Entre a lista de gañadores desta edición figuran tamén tres fotoperiodistas españois: Gustavo Cuevas, de axencia Efe, por unha foto do collida do matador Julio Aparicio na Praza das Ventas o pasado 21 de maio e os freelance Fernando Moleres, por unha foto de mozos presos nun cárcere de Serra Leona, e Guillem Val, por un retrato dun home dinka fronte á súa casa en Sudán do Sur.
O xurado concedeu premios en nove categorías temáticas a 55 fotógrafos de Australia, Bangla Desh, Brasil, Canadá, China, Dinamarca, Francia, Alemaña, Haití, Hong Kong, Hungría, India, Indonesia, Irlanda, Israel, Italia, México, Países Baixos, Polonia, Somalia, Sudáfrica, España e Estados Unidos.
Este ano alcanzouse un récord de participación, con 108.059 imaxes presentadas a concurso, realizadas por 5.847 fotógrafos de 125 nacionalidades diferentes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google