Xoves
15
Normal (Paseo de Ronda, 47, antigo Maxisterio)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
O ciclo de música contemporánea que Normal programará nos vindeiros meses comeza cun concerto que traza un percorrido a través da música francesa: desde a xestación do impresionismo, que institucionalizou unha cor harmónica e tímbrica característica que impregnaría practicamente a totalidade de compositores desta nacionalidade, pasando polo Grupo dos Seis, á individualidade de Olivier Messiaen. O programa é o seguinte:
- Olivier Messiaen (1908-1992): "L´abisme des oiseaux" (1940).
- Claude Debussy (1862-1918): "Sonata para frauta, viola e arpa" (1915).
- Maurice Ravel (1875-1937): "Introduction et allegro para frauta, clarinete, arpa e cordas" (1905).
- Olivier Messiaen (1908-1992): "Louange à l´immortalité de Jésus" (1940).
- Albert Roussel (1869-1937): "Trío para frauta, viola e violonchelo" (1929).
- André Jolivet (1905-1974): "Chant de Linos, para frauta, arpa e cordas" (1944).
O Ensemble Belle Epoque xorde en 2010 da inquietude de músicos afincados en A Coruña por cultivar o repertorio do século XX. Tocaron concertos para a Universidade da Coruña e no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña. Para a presente temporada foron invitados por Rosa Calvo Manzano para ilustrar un concerto con música francesa no Auditorio Manuel de Falla do Conservatorio Superior de Música de Madrid. Próximos compromisos levaranlles á Universidade de Valladolid e ao Museo Arte Contemporánea de A Coruña. Integrantes: Javier Cedrón (violín), Isabel Sanjuán (violín), Diego Segade (viola), Juan A Almarza (violonchelo), César Concheiro (frauta), María Fraile (clarinete), Irantzu Agirre (arpa), Uxía Vilar (piano).