A. C. Alexandre Bóveda: exposición “Formas de ver a Bóveda”

Do xoves 7 de xullo ao mércores 31 de agosto
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
Entre 16:30 e 19:30 horas de luns a xoves.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición multidisciplinar "Formas de ver a Bóveda" está composta por obra gráfica, pintura, escultura e manuscritos de artistas, escritores e escritoras de todo o país (estes últimos en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que acudiron á chamada da Asociación Cultural para expresar como ven eles, 75 anos despois do seu asasinato, a figura de Alexandre Bóveda. Os artistas participantes son: Ánxeles Penas, Sonia Esturao, Magaly, Deli Sánchez, Jose Luis Busto, Berta Ares, Ana Martínez, Sara Garrote (Chuca), Sabela Baña, Alfredo Constela, Nito Davila, Óscar Carballo, Maria Braxe, Nando Pereiro, Maribel dos Anxos, Iglesias Diz e Nolo Suárez. A listaxe dos autores dos manuscritos está conformada por: Xavier Queipo, Francisco Castro, Olga Patiño, Ana Arias Saavedra, Alberto Suárez Figueiras, Xosé Vázquez Pintor, Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Piñeiro González, Xosé Neira Vilas, Rafael Lema, Afonso Álvarez Cáccamo, Fina Casalderrey, Concha Blanco Blanco, Felipe Senén, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Salvador García-Bodaño, Xoán Xosé Fernández Abella, Lucía Novas e Adolfo Caamaño Vázquez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Curso de verán “Literatura e espazo urbano: ‘Os libros arden mal’, de Manuel Rivas”, do 11 ao 15 de xullo

O curso "Literatura e espazo urbano: 'Os libros arden mal' de Manuel Rivas", celébrase do luns 11 ao venres 15 de xullo na Reitoría da Universidade da Coruña, Casa Museo Casares Quiroga e Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, organizado pola Universidade da Coruña, a Fundación Vicente Risco e a colaboración do Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, centrándose na análise da presenza da cidade da Coruña a partir dunha obra literaria, neste caso: "Os libros arden mal", de Manuel Rivas. Como obxectivo final do curso, o alumnado terá que elaborar propostas para roteiros e/ou unidades didácticas que teñan esa obra como referente e punto de partida. Estas propostas serán presentadas ao Concello da Coruña para a súa publicación e difusión. No primeiro día, despois dunha breve introdución á obra realizada polo propio autor, Manuel Rivas, explicarase o plano de traballo para o que se distribuirá o alumnado en catro grupos pequenos (máximo 10 persoas). Cada grupo estará tutorizado por un/unha profesor/a que será quen lle dea as indicacións pertinentes para guiar o seu traballo durante o curso. Este traballo terá unha primeira fase a partir das sesións (teóricas e prácticas) que se levarán a cabo nos talleres multidisciplinares, cada un deles dirixido por un/unha docente pertencente a diferentes ámbitos do coñecemento (arquitectura, urbanismo, socioloxía e arte); a segunda fase do traballo consistirá na elaboración, sempre guiada polos/as profesores/as tutores/as, de materiais didácticos sobre a cidade da Coruña creados a partir da novela de Manuel Rivas, que serán entregados á Concellaría de Cultura para a súa difusión e utilización no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
Nota: Sería necesario que o alumnado lese a obra antes do comezo do curso, polo que a obra se entregará (na Oficina de cursos da UDC) como agasallo ao formalizar a matrícula -para un máximo de 36 alumnos- (toda a información sobre este proceso aquí).
* RELACIÓN DE TUTORAS/ES:
- 2 profesoras-tutoras: María dos Anxos González Refoxo e Mercedes Queixas Zas.
- 2 profesores-tutores: José Alfeirán e Luis Martínez-Risco Daviña.
Os/as catro son profesores/as de Ensino Secundario, con recoñecida experiencia na elaboración de unidades didácticas e outros materiais para o ensino e a difusión do noso patrimonio cultural.
* RELACIÓN DE PROFESORES/AS DOS OBRADOIROS MULTIDISCIPLINARES:
- Arquitectura: Pablo Gallego Picard (Arquitecto e profesor da UDC).
- Arte: Xosefa Cerviño Lago (Catedrática de Historia e prof. Asociada na UDC).
- Socioloxía: Xosé Leira López (Profesor Titular de Socioloxía na UDC).
- Urbanismo: María José Piñeira (Profesora Asociada na USC).

PROGRAMA DO CURSO

Luns 11 de xullo
MAÑÁ [Reitoría: sala de xuntas do Consello de Goberno]
- 10:00 h. Recepción de asistentes.
- 10:30-11:00 h. Inauguración polas autoridades académicas e institucionais.
- 11:15-12:15 h. Conferencia inaugural a cargo de Manuel Rivas: "O autor fala da súa obra [título por definir]".
- 12:30-13:30 h. Presentación do plano de traballo e organización dos grupos.
TARDE
- 16:30-20:30 h. Traballo de campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña].

Martes 12 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Posta en común co/a tutor/a.

Mércores 13 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de Campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Posta en común co/a tutor/a.

Xoves 14 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de Campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Traballo co/a tutor/a. Posta en común con correccións.

Venres 15 xullo
MAÑÁ [Filoloxía]
- 10:00-14:00 h. Posta a punto das propostas co/a tutor/a. Elaboración final das diversas propostas de materiais didácticos para seren entregadas a Concellaría de Cultura para o seu uso no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
TARDE [Casa Casares Quiroga]
- 17:00-19:00 h. Presentación pública das diversas propostas de publicación elaboradas para seren entregadas a Concellaría de Cultura para o seu uso no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
- 19:00-20:00 h: Conferencia de clausura a cargo de Javier Gómez Montero: "O conxuro anamnésico de 'Os libros arden mal'".
- 20:00-20:15 h. Clausura do curso polas autoridades académicas e institucionais.
- 20:30-22:00 h. Concerto de clausura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Caixa Galicia: presentación de “Nas profundas augas do esquecemento”, de Sergio Vences

Mércores 29
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación da novela "Nas profundas augas do esquecemento", de Sergio Vences, publicada en Toxosoutos. No acto acompañará ao autor Xesús Alonso Montero.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca dos Rosales: actos de entrega de premios do “Concurso de contos do barrio”

Luns Bibliotecas Municipais30
Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Con motivo da entrega de premios do "Concurso de contos do Barrio dos Rosales", terá lugar un programa de actos composto por unha pequena presentación, a actuación musical dos rapaces da Escola de Música e, posteriormente, a entrega de premios.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fallos dos xurados do “Concurso de contos de nenos para nenos Carlos Casares” e do “Concurso de Teatro Infantil”, da A. C. O Facho

CONCURSO LITERARIO DE CONTOS DE NENOS PARA NENOS CARLOS CASARES:

"A Agrupaçom Cultural O Facho tem a honra de comunicar-lhes o falho do concurso literário Contos de nenos para nenos Carlos Casares na convocatória ano 2011, segundo acordo do jurado formado polos escritores Xabier P. DoCampo, Breogán Riveiro Vázquez, Xosé Manuel Martínez Oca, e Soledad González Maside, directiva d'O Facho (sem voto):

1º.- Prémios da categoria A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos):
- Primeiro prémio: Pesadelo, de Ignacio Mañá Mesas, aluno do IES Europa (Ponferrada, O Berzo).
- Segundo prémio: Un día feliz na vida de Xoán de Alva Pensado Ferreiro, aluna do CEIP San Xosé Obreiro (Meicende, A Corunha).

2º.- Prémios da categoria B. (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos):
- Primeiro prémio: Folga xeral, de Matías Núñez Gil, aluno do IES Celanova (Ourense).
- Segundo prémio: Amor e maltrato, de Ana María Gil Rey, aluna do C.P.I. de Zás (A Corunha).

Agradecemos a participaçom de todos os concursantes e felicitamos mui especialmente aos ganhadores. Também queremos recordar que o acto de entrega de diplomas e prémios será o dia 21 de Maio as 20 horas, na sala de conferencias do Centro Social Nova Caixa Galicia (Avenida da Marinha, s/n.) da cidade da Corunha.

Parabéns e cumprimentos.

A Corunha, Maio de 2011.

Assinado: Soledade González Maside, da Agrupaçom O Facho e Secretária do Júri."

CONCURSO DE TEATRO INFANTIL:

"Depois de ter lido as obras apresentadas ao Concurso de Teatro Infantil convocado pola Agrupaçom Cultural O Facho, o júri conformado por pessoas de reconhecido prestigio no âmbito teatral galego, Susana Alejandra Longueira Regueiro, Xosé Manuel Rabón Lamas e Francisco Pillado Maior, tomou o acordo de declará-lo Deserto como resulta da análise dos textos. Os originais nom premiados poderám ser retirados, no prazo de 30 dias, no local de O Facho, prévio correio  dirigido ao endereço postal da Agrupaçom (Rua Federico Tapia, 12-1º, 15005 A Corunha). No caso de que o autor ou autora nom resida na Corunha poderá solicitar que lhe sejam enviados por correio postal.

Na cidade d’A Corunha, 13 de Maio 2011.

Asso. J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d'O Facho."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca Infantil e Xuvenil: recital “Porque me gusta el olor de los libros”, dos participantes no Obradoiro de Escritura

Sábado 1301932457700_dGFsbGVyX2VzY3JpdHVyYS5KUEc=_175x168_100Q16
Biblioteca Infantil e Xuvenil (Rúa Durán Loriga, 10)
12:00
Entrada libre até completar capacidade.

Recital "Porque me gusta el olor de los libros", dos participantes do Obradoiro de Escritura da Biblioteca Infantil e Xuvenil. Lerán os textos escritos por eles con formas inventadas, ras poéticas e avionemas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: presentación de “A poutada do Oso”, de Lois Diéguez

Mércores 23
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación de Amigos dos Museos de Galicia e Edicións Laiovento presentan a novela de Lois Diéguez "A poutada do Oso". Esta actividade iniciarase coa proxección do DVD "De Albre de espranza á Poutada do Oso". Deseguido intervirán: Felipe Castro (axente facultativo medioambiental), Francisco Pillado (director da editorial Laiovento), Felipe-Senén López (arqueólogo e museólogo), e o autor. Desde as 19:00 h., o autor asinará exemplares dos seus libros, na compaña de Felipe Senén.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: presentación de “Todo é silencio”, de Manuel Rivas

Sábado 5
Biblioteca do Fórum Metropolitano
18:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación da novela "Todo é silencio", de Manuel Rivas, publicada en Xerais, coa participación de Rómulo Sanjurjo, dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A A. C. O Facho convoca o “Concurso de contos de nenos para nenos Carlos Casares”

martes, 25 xaneiro 2011, 11:37 | Category : infantil, narrativa, premios
Tags : ,

"Recuperados em 2008 os prémios literários que desde os anos sessenta convocou O Facho e nos que participarem ou ganharem muitos dos escritores e escritoras que hoje fam possível com a sua obra umha literatura galega de qualidade e de grande importância nas letras universais, fai-se a convocatória para 2011 do "Concurso de contos de nenos para nenos Carlos Casares" e em afectuosa homenagem ao primeiro ganhador do "Certame de Literatura Infantil" no ano 1968 com a sua formosa obra "A galiña azul" que acadaria a honra de ter sido o fito fundacional da bem viçosa Literatura Infantil e Juvenil Galega contemporânea.

BASES DO CONCURSO:

1. Poderám participar rapazes e rapazas que pressentem as suas obras em Língua galega. Os trabalhos presenteados deveram ser originais e inéditos em toda a sua extensom.
2. O prazo de admissom de originais finaliza o dia 31 de Março de 2011 às doce da noite.
3. A apresentaçom de originais para o Concurso fará-se por correio postal dirigido à sede da Associaçom Cultural O FACHO. R/ Frederico Tápia, 12-1º 15005 A Corunha. Podendo fazer individualmente ou por médio do centro onde curse os seus estudos.
4. No caso em que sejam os centros escolares os que pressentem os originais ao Concurso, deveram fazer umha pré-selecçom dum máximo de dous trabalhos por categoria, qualquer outro terá que ser apresentado individualmente.
5. As obras haverám de serem relatos originais e nom estarem editados por nengum procedimento impresso ou electrónico, nem terem sido premiados em qualquer outro concurso ou certame literário e em condiçons para que os seus direitos de publicaçom podam ser cedidos à Associaçom Cultural O FACHO por período de três anos contados a partir do dia do falho do júri.
6. Para além da originalidade literária, o júri valorizará a riqueza lingüística e o conhecimento gramatical reflectido nas obras.
7. Estabelecem-se duas categorias:
Categoria A Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Categoria B Rapazes e rapazas de 13 a 16 anos.
8. As quantias dos prémios serám as que seguem:
Categoria A
1º: 400,.- € em efectivo.
2º: 400,.- € em efectivo.
Categoria B
1º: 500,.- € em efectivo.
2º: 400,.- € em efectivo.
9. Cada autor só poderá apresentar umha obra atendo-se aos seguintes limites de extensom:
Categoria A. Um máximo de cinco fólios.
Categoria B. Um máximo de dez fólios.
10. As obras haverem de se apresentar por duplicado, manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampeadas e levaram por detrás do último folio os seguintes dados:
Nome e apelidos do autor/a.
Endereço e telefone. Correio electrónico.
Centro onde cursa os seus estudos.
Categoria na que participa.
11. Os prémios serám escolhidos por um júri nomeado pola Associaçom Cultural O Facho em falho que se fará público no mês de Maio.
12. O júri poderá declarar deserto um ou vários dos prémios do concurso e será o que deverá resolver aquelas situaçons que se pressentem e que nom esteiam contempladas nestas bases, assim como as dúvidas na sua interpretaçom.
13. A participaçom neste Concurso implica a aceitaçom das presentes bases.

A Corunha, 10 de Janeiro 2011."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: presentación de “O imposible de desatar”, de Iván García Campos

mércores, 1 decembro 2010, 11:09 | Category : narrativa, presentacións
Tags : , ,

Xoves 2
Sala de conferencias do Kiosko Alfonso
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "O imposible de desatar", de Iván García Campos, publicado en Galaxia, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2010. No acto acompañan ao autor Carlos Lema e Camilo Franco.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro “Sombras de mariposa”, de Guillermo Galván

Luns 29
Sala Ámbito Cultural en El Corte Inglés (2ª planta) (Rúa Ramón y Cajal, 57-59).
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Sombras de mariposa", de Guillermo Galván, publicado en La Esfera de los Libros. No acto de participan Pedro Ramos, José Alfeirán e Andrés Ibáñez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Carlos Velasco Souto: “Memoria e represión na literatura galega”

Martes 2
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación", organizado pola A. C. O Facho, o profesor da Universidade da Coruña, Carlos F. Velasco Souto, falará sobre "Memoria e represión na literatura galega".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Todo é silencio”, de Manuel Rivas, na FNAC

xoves, 28 outubro 2010, 10:49 | Category : música, narrativa, presentacións
Tags : , , , ,

Venres 29
FNAC (Mercado Eusebio da Guarda – Praza de Lugo, s/n)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do novo libro de Manuel Rivas "Todo é silencio", publicado en Xerais. No acto estará acompañado por César Morán e Xosé Taboada. Ao finalizar a presentación, o autor asinará exemplares da súa obra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Onde houbo lume”, de Marica Campo

Martes 26
A. C. Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación de Onde houbo lume de Marica Campo, publicado por Biblos. No acto participan, ademais da propia autora, o editor Tucho Calvo e María Pilar García Negro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programa Lecer no outono 2010 no Fórum Metropolitano

Como cartellecer10-001en anteriores anos o Programa Lecer no Outono do 2010 ofrece á cidadanía un amplo abano de obradoiros e actividades dirixidas a todos os públicos (aquí se pode descargar en .pdf o Lecer Outono 2010):
- Cidade: Coñecer Coruña e Coruña, á túa vista, introdución ao uso das cámaras dixitais e á fotografía artística dixital.
- Música: Paixón pola música, A golpe de música, Os misterios da ópera, e Descubre o jazz.
- Literatura: Relatos creativos, As nosas letras, Cunha pluma... A Coruña, Os roteiros da literatura, e Actualidade literaria.
- Arte e Historia: Explorar as exposicións, Emociónate coas artes, O mundo da pintura, A volta ao Mundo en..., O Renacemento, e Personaxes, momentos e lugares da nosa cultura.
- Ciencias: Baixo o firmamento, para descubrir entretidamente o universo.
- Cine e teatro: A historia do cine, Filmoteca Fórum, Descubrindo o teatro. Iniciación, A escena en acción. Perfeccionamento, Xuntos ao Rosalía, onde se tratarán as postas en escena presentadas no Teatro Rosalía.
- Manualidades: Tapiz en alto lizo, Tapiz gobelino, Artesanía galega, e Domadores de coiro.
- Habilidades sociais e mentais: Pensando polo mundo, Cos cinco sentidos, Ximnastas do intelecto e A actualidade a debate.
- Monográfico: Luís Seoane, cun achegamento á súa figura en todos os seus contextos.
- Oferta específica para maiores de 65 anos: Fagamos memoria I e II e Memoria da Cidade.
- Nunca é tarde: obradoiros de iniciación á lectura e á escritura, Nivel I e Nivel II.
- Oferta específica para nenos/as: Xogando no Fórum.

Condicións para os obradoiros de lecer:
- Destinatarios: A oferta diríxese preferentemente ás persoas empadroadas no concello da Coruña.
- Preinscrición: Os días 13, 14 e 15 de setembro as persoas interesadas en solicitar unha reserva de prazas para os obradoiros, poderán facelo na conserxaría do Fórum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Cada solicitante poderá anotar ata catro obradoiros na ficha, tendo en conta que a adxudicación respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez realizado o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para poder fixar a orde de preferencia. Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros agás no caso de que queden prazas libres.
- Sorteo: As solicitudes ordenaranse a partir do día 16 de setembro, de forma correlativa, comezando polo número que corresponda no sorteo público que se realizará as 10:00 h. na conserxaría do Fórum Metropolitano. Unha vez adxudicado o número máximo de participantes a un obradoiro, o resto de peticións formarán parte dunha listaxe de agarda segundo a orde do sorteo.
- Inscrición: As reservas serán adxudicadas segundo a orde fixada polo sorteo. Será necesario formalizar a inscrición dos días 20 ao 22 de setembro na conserxaría do Fórum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas reservadas só poderán ser ocupadas polos gañadores do sorteo. As prazas non ocupadas durante estes tres días adxudicaranse ás persoas na listaxe de agarda.
- Listaxe de agarda e prazas vacantes: As persoas na listaxe de agarda terán preferencia en ocupar as prazas non feitas efectivas polas reservas do taller correspondente. O resto de prazas vacantes nos diferentes obradoiros poderán ser ocupadas polo público en xeral, ainda no caso de que xa lle fosen concedidas prazas en dous talleres. A partir do 23 de setembro as persoas interesadas en solicitar prazas vacantes nos obradoiros, poderán facelo na conserxaría do Fórum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas serán adxudicadas por orde de petición, agás nos obradoiros con listaxe de agarda.
- Pago de cotas: Os obradoiros teñen fixada unha cota. Os maiores de 65 anos só aboarán a metade da cota. Ao formalizar a inscrición aboarase a cota fixada. Prezo: 24 euros.
- Participación:Os/as novos/as participantes terán preferencia nos obradoiros con prioridade a novos participantes, aínda que por sorteo estean máis lonxe do número agraciado no sorteo; en caso de prazas vacantes, terán a posibilidade de se anotaren e repetiren obradoiro.
- Inicio dos obradoiros: A partir do 27 de setembro, no día e hora que lle correspondan a cada obradoiro. As persoas que falten a máis do 50% das sesións perderán todos os dereitos de matrícula.

Clubs e círculos
Clubs. Son agrupacións de persoas cun interese común que tratan de indagar en profundidade sobre a temática elixida. Desta forma, convértense en foros participativos de reunión para intercambiar ideas, experiencias e valoracións que enriquezan todos os seus integrantes.
Círculos. Son actividades dedicados a unha temática concreta que están dirixidas por unha persoa que de modo voluntario comparte os seus coñecementos cos demais.
Inscrición. As persoas que xa formaban parte destas actividades conservan a súa praza, mais deben confirmala na conserxaría do Fórum Metropolitano ata o 8 de outubro (de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h), mentres que os novos participantes poderán solicitar estas actividades anotándose nas listaxes correspondentes na conserxaría do Fórum Metropolitano a partir do 20 de setembro. No caso de existir vacantes as persoas admitidas serán avisadas telefonicamente por rigorosa orde de inscrición para iniciar a actividade a partir do 11 de outubro. Os clubs e círculos comenzarán a partir do 27 de setembro igual que os obradoiros.
Clubs: Palillos, Labores, Lectura, Canastra, Pintura, Filosofía, Tapiz no alto lizo, Sendeirismo, Tapiz gobelino, Abelorios e Comparte aficións.
Círculos: Técnicas de encaixe, Manualidades e Pintura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google