40 Feira do Libro: actividades do domingo 7 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o domingo 7 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 12:00 h. Feira infantil. "A caixa de Pandora". Sorprendente espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
- 13:00 h. Sinatura de exemplares do libro "Webos fritos. Recetas y momentos", publicado por Ciudadela Libros. Participarán Susana Pérez, autora dos textos e Jesús Cerezo, autor das fotografías.
- 19:00 h. Presentación do libro "Guía das libélulas de Galicia", do investigador e naturalista vigués Miguel Ángel Fernández Martínez, publicado en Baía Edicións. O autor estará acompañado polos investigadores de zonas húmidas de Galicia e naturistas galegos Anxo Rajou e Alberto Gil.
- 19:30 h. O escritor José María Paz Gago, catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña, asinará exemplares do seu libro de poemas "Guía de lugares inexistentes", publicado por Sial Ediciones.
- 20:00 h. Presentación do libro "Contos e descontos. Narrativa completa de Claudio Rodríguez Fer" publicado en Toxosoutos. Xunto co autor, participará no acto Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega e David González Couso, director de publicacións da editorial.
- 20:30 h. O escritor Manuel Mourelle de Lema asinará exemplares dos seus libros, editados polo Grupo Cultural Galicia en Madrid.
- 21:00 h. Presentación do libro "213 aforismos para el siglo 21", de Xavier Vila-Coia, publicado por La Pinga Ediciones.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: conferencia audiovisual “El bosque animado”, por Manuel Lemos

xoves, 26 maio 2011, 11:25 | Category : audiovisual, conferencias, natureza
Tags : , , ,

Xoves 2011-05-26 CARTEL Conferencias 3 LR26
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia audiovisual "El bosque animado", de Manuel Lemos, fotógrafo, que versará sobre o bosque atlántico e o seu mundo complexo e, á vez, delicado de vida e continuidade. Unha vez máis música e imaxes fúndense para achegarnos á maxia e singularidade dun dos mellores exemplos dos bosques primitivos: o Parque Natural das Fragas do Eume.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O cine da Domus proxectará o documental en alta definición “Aliens dos fondos mariños”

xoves, 16 setembro 2010, 11:38 | Category : audiovisual, museos científicos, natureza
Tags : ,

Do 17 de setembro ao 18 de outubro
Domus (Santa Teresa, 1)
De luns a venres ás 18:00 h (en galego)
Sábados, domingos e festivos: 12:00 e 17:00 en galego; 13:00 e 18:00 en castelán.
Entrada libre.

O cine da Domus proxecta o documental en alta definición "Aliens dos fondos mariños", que substitúe a "Monstros mariños. Unha aventura prehistórica", que deixa de proxectarse. A entrada será gratuita. "Aliens dos fondos mariños" é un documental de divulgación científica sobre diversos e inéditos aspectos da asombrosa intelixencia dos polbos; constitúen a única forma de intelixencia animal invertebrada capaz de resolver problemas e cambiar de estratexia en funcións dous resultados acadados, e que evolucionou neste planeta de xeito independente a tódalas demáis formas de intelixencia -a dos vertebrados-, a través dun camiño evolutivo propio que comezou hai máis de cincocentos millóns de anos. Esta película, de 52 minutos en alta definición, foi rodada en grande parte no Aquarium Finisterrae da Coruña; tamén se filmaron interesantes experimentos e secuencias noutros lugares do mundo, como Canadá, Italia, Mónaco ou Indonesia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Maratón fotográfico dentro do II Congreso Internacional Natureza e Imaxe

Sábado 10
De 11 a 14 h. e de 16 a 20 h.
Xardíns de Méndez Núñez.
Acceso libre. De 10 a 12 h. inscrición e entrega do percorrido do maratón fotográfico.

Máis información sobre o maratón fotográfico no CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, o seu teléfono é o 981 630 618) ou aquí.
Ás 13 e ás 18 h. poderanse ver exhibicións de voo coas aves rapaces. Aquí se pode descargar o cartaz das xornadas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Fotógrafos da natureza 2010 (WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR)”

mércores, 9 xuño 2010, 18:36 | Category : fotografía, natureza
Tags : ,

Até finais de agosto 2010

fotonatureza1

Un ano máis o Aquarium Finisterrae presenta a exposición de fotografías de natureza máis importante do mundo: "Fotógrafos da Natureza 2010". Contén as imaxes gañadoras e finalistas nas diferentes seccións do certame "Wildlife Photographer of the Year”. O concurso, considerado polos profesionais como o máis prestixioso, está promovido polo Natural History Museum de Londres e a BBC Wildlife Magazine. A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae, única no noso país dedicada en exclusiva a exposicións de Natureza, acolle unha selección das mellores fotografías do concurso.
Foron seleccionadas entre as 43.135 que se presentaron ao concurso, obra de fotógrafos profesionais e afeccionados de 94 países. Entre eles, 4 españois, un dos cales, Ana Retamero, resultou gañadora na categoría “Eloxio das plantas”.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendido o ciclo de conferencias Xente, espazos e lugares

luns, 15 febreiro 2010, 15:00 | Category : arquitectura, conferencias, divulgación, natureza
Tags : ,

Lamentamos comunicar a suspensión do ciclo de conferencias Xente, espazos e lugares. Para máis información, contacten con calquera das entidades organizadoras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Xente, espazos e lugares

venres, 12 febreiro 2010, 14:00 | Category : arquitectura, conferencias, divulgación, natureza
Tags : ,

xentesespazoselugares

Segue aberto o prazo de inscrición para o ciclo Xente, espazos e lugares, organizado pola Concellería de Cultura en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). A serie de conferencias desenvolverase no Forum Metropolitano desde mediados de febreiro até o mes de maio, coa intención de ofrecer á cidadanía en xeral unha visión plurar e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve a nosa vida neles. Podedes ler o programa completo do ciclo neste enderezo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Fórum Metropolitano acolle o ciclo Xentes, espazos e lugares

domingo, 31 xaneiro 2010, 19:00 | Category : arquitectura, conferencias, divulgación, natureza
Tags :

Organizado pola Concellería de Cultura en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), o ciclo de conferencias Xentes, Espazos e Lugares desenvolverase no Forum Metropolitano desde mediados de febreiro até o mes de maio. O ciclo é un programa anual de divulgación e formación non regrada dirixido á cidadanía en xeral no que se pretende ofrecer unha visión plurar e complexa dos espazos e os ugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve a nosa vida neles.

Este ciclo busca ser un punto de encontro para arquitectos, urbanistas, artistas plásticos, xeógrafos, xornalistas, escritores, sociólogos... que fican convidados a compartir as súas reflexións sobre como foi e como é a nosa interacción cos espazos que habitamos ao longo do tempo. O perfil dos asistentes é de persoas de 30 a 70 anos, con interese nos temas que afectan á colectividade máis alá de compromisos profesionais específicos, polo que se busca que o ton e profundidade das intervencións teña un carácter marcadamente divulgativo e coloquial atendendo á condición de non especialistas que teñen os destinatarios do programa tal e como destacou o coordinador do curso, Xosé Manuel Rosales.

Este é o programa completo do ciclo:

18.02.2010: Felipe Senén, Os espazos da Cultura
25.02.2010: Xoan Vazquez Mao, A fronteira como ventaxa competitiva: Presente e futuro da Eurorrexión
04.03.2010: Delegación do COAG na Coruña, Iniciativas cidadás: A cidade dos Barrios
11.03.2010: Bert Wasmer, A vivenda na ecocidade de Friburgo
18.03.2010: Manolo Rúa, Urbanismo en Galicia: Do eu ao nós
25.03.2010: Belen Gesto, Habitabilidade básica
08.04.2010: Hector Pose, Por un habitar pedagógico
15.04.2010: Jose Mª Ezquiaga, Sustentabilidade e Territorio
22.04.2010: Luis Sepulveda, A literatura como memoria da paisaxe
29.04.2010: Martín Fernandez, Mobilidade e Territorio
06.05.2010: Mabel Ribera / Enrique Banet, As feridas do territorio: A Serra da Groba
13.05.2010: Joan Busquets, Habitares presentes e futuros

As inscripcións poden facerse na Conserxería do Fórum Metropolitano ou en Servinova (desde o 3 de febreiro). A cuota é de 50 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Atarnajuat

xoves, 19 novembro 2009, 15:31 | Category : cinema, natureza
Tags :

O filme Atarnajuat, a lenda do home veloz de Zacharias Kunuk, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Cine e natureza. Horario: ATENCIÓN! Debido á longa duración do filme (2h 55min) só haberá proxeccións ás 20:15. Xoves 19, 20:15. Venres 20, 20:15. Sábado 21, 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A conservación dos océanos a debate en decembro na Domus

martes, 17 novembro 2009, 14:00 | Category : ciencia, natureza, seminario
Tags : , , ,

seminarioOs días 10 e 11 de decembro terá lugar na Coruña e en Santa Cruz o seminario A conservación en acción. O desafío de conservar os océanos, organizado polo CEIDA e os Museos Científicos Coruñeses. Podedes descargar o programa completo e a ficha de inscrición premendo nesta ligazón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Novos módulos divulgativos no Aquarium Finisterrae

venres, 26 xuño 2009, 12:00 | Category : Aquarium Finisterrae, ciencia, museos científicos, natureza
Tags : ,

aquarium-2

Con ocasión do Ano Darwin 2009 e do 10º aniversario da súa apertura ao público o Aquarium Finisterrae presenta un conxunto de novos módulos sobre evolución mariña. A intervención supón a primeira renovación importante dos contidos da Sala Maremagnum, onde están instalados catro deles. Nesta ocasión, o tema elixido, Darwin e o Mar, fai homenaxe ás achegas do naturalista xurdidas das súas observacións durante a viaxe a bordo do Beagle, como é a súa teoría sobre a formación dos arrecifes de coral. Tamén fai especial fincapé nas numerosas especies de transición -os chamados popularmente elos perdidos- entre diferentes grupos de animais, moitos dos cales son mariños.

Seguindo a formulación museográfica da sala, os contidos dos cinco módulos responden a outras tantas preguntas elixidas entre as que formulan os escolares. Trátase, unha vez máis, de manter o compromiso expositivo dos Museos Científicos Coruñeses con aquelas cuestións que suscitan o interese dos seus visitantes:
- Cantas especies mariñas hai no mundo?
- Por que hai tantas clases diferentes de peixes?
- Cando apareceron os primeiros peixes?
- Existirán peixes que ademais de aletas tivesen patas, para poder saír do mar?
- Que clase de ser vivo é o coral?

aquarium-1

Un dos módulos máis espectaculares desta exposición é o tanque cilíndrico de gran volumen, no que se representa un ecosistema litoral, e no que o nivel de auga baixa e sobe cada catro horas simulando as mareas, un tipo de instalación acuariolóxica que é pioneira entre os acuarios españois.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programa do Congreso Natureza e Imaxe

congreso-natureza-e-imaxePica na imaxe para ampliala
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Bine, a foca de máis idade do Aquarium Finisterrae, cumpre 24 anos

venres, 22 maio 2009, 13:30 | Category : Aquarium Finisterrae, natureza
Tags : , ,

O vindeiro domingo 24 de maio o Aquarium Finisterrae celebra o vixésimo cuarto aniversario de Bine, a foca de maior idade das que viven nas súas instalacións. Bine chegou ao acuario o 17 de xullo de 2000 procedente do zoo de Bremerhaven, en Alemaña. O seu aniversario celébrase ao grande porque vinte e catro anos son moitos para unha foca: equivalen aos 75 anos dun ser humano.

Para celebrar co público o aniversario de Bine, o Aquarium Finisterrae convida a almorzar o domingo 24 de maio, entre as 10 e as 11:30 da mañá, a todas ás persoas nacidas no ano 1985. Abonda con que acrediten a súa idade mediante o Documento Nacional de Identidade para que se lles facilite a entrada e se lles invite a un almorzo na Cantina de Ultramar do Aquarium. Logo, contra as doce horas do mediodía, poderán visitar a Bine e ver como lle dan de comer e aproveitar o momento para facer algunha pregunta sobre a vida privada de Bine aos seus coidadores e aos monitores que atenden a actividade.

As focas forman parte do grupo de "animais estrela" do Aquarium Finisterrae. Son moi queridas polo público e reciben unha grande atención por parte da veterinaria e demáis persoal técnico do Aquarium. Inflúen nesta situación as fascinantes características destes animais e o feito de que os seres humanos sentímolos próximos e establecemos con eles vínculos emocionais.

Doutra banda, desempeñan un papel fundamental nos ecosistemas mariños. Quizais por iso, os mamíferos mariños en xeral, e as focas en particular, foron obxecto de numerosas campañas científicas e de conservación que nalgúns casos víronse referendadas por importantes decisións políticas, como o recente compromiso do Parlamento Europeo de prohibir a comercialización de produtos derivados das focas na Unión Europea. Estes aspectos de conservación son os que intentamos transmitir no Aquarium Finisterrae utilizando como recurso a presenza de animais como Bine.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

I Congreso Internacional Natureza e Imaxe

congresoDo 27 ao 31 de maio vaise desenvolver o I Congreso Internacional Natureza e Imaxe, organizado polo CEIDA, a International Wildlife Photography Society, a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e mais os Museos Científicos Coruñeses.

Podedes descargar o programa de actividades e proxeccións picando aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotógrafos da Natureza 2009 no Aquarium Finisterrae

luns, 22 decembro 2008, 20:30 | Category : Aquarium Finisterrae, ciencia, exposicións, fotografía, natureza
Tags :

Tino Fraga (Museos Científicos), Manuel García (Caixanova), María Xosé Bravo (Concellaría de Cultura) e Paco Franco (Museos Científicos)

Un ano máis Caixanova presenta no Aquarium Finisterrae e por primeira vez en España a exposición de fotografías de natureza máis importante do mundo: "Fotógrafos da Natureza 2009". A mostra contén as imaxes gañadoras e finalistas nas diferentes seccións do certame "Wildlife Photographer of the Year”, considerado o máis prestixioso entre os profesionais e promovido polo Natural History Museum de Londres e a BBC Wildlife Magazine. A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae, única no noso país dedicada en exclusiva a exposicións de Natureza, acolle unha selección das mellores fotografías do concurso presentadas nesta ocasión en caixas de luz, o que dá aínda máis espectacularidade ás imaxes. O horario de visitas do Aquarium Finisterrae é de luns a venres de 10 a 19 horas, e os sábados, domingos e festivos de 10 a 20 horas. Lembramos que os Museos Científicos Coruñeses abren as súas portas ao público todos os días do ano agás o 25 de decembro, o 1 de xaneiro e o 6 de xaneiro.

Manuel García (Caixanova) e María Xosé Bravo (Concellaría de Cultura)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google