Obradoiro “Como debuxar o manga” na Biblioteca Infantil e Xuvenil

Venres 3
Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10, baixo)
18:30
Entrada libre (información no número 981-184388 ou na web www.coruna.es/bibliotecas).

Obradoiro: “Como debuxar o manga”, por Marisa Irimia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

39 Feira do Libro: programa do luns 2 de agosto

luns, 2 agosto 2010, 9:47 | Category : obradoiros, presentacións
Tags :

12.00 Obradoiro de marcapáxinas, a cargo de Esther Fernández Cabaleiro.
19.00 h. A escritora Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros Sol de inverno (Premio Xerais de novela 2009), Ás de bolboreta (Premio Fundación Caixa Galicia 2009), e do resto da súa obra.
19.00 h. A Fundación Luís Seoane presenta o Dicionario Seoane, de Xosé Luis Axeitos, Antón Patiño, Xosé Díaz, Mª Antonia Pérez, Xavier Seoane e Ramón Villares. Participarán no acto Xosé Díaz e Alberto Ruiz de Samaniego.
19.30 h. Alfonso Costa, Francisco Fernández Naval e Camilo Franco, coautores de Níxer (libro solidario a favor da ONG Acción Contra a Fame), asinarán exemplares do libro, publicado por Xerais.
20.00 O escritor Francisco Castro presentará o seu libro O segredo de Marco Polo, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes e Dores Tembrás.
20.30 O escritor Jesús María Reiriz Rey asinará exemplares do seu libro Galicia oculta y negra, editado por Publicaciones Arenas.
21.00 Presentación do libro El árbol ausente, de Catherine François, publicado pola editorial Demipage. Presentará o acto Santiago Auserón, traductor do libro, Tati Mancebo e a propia autora.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Charca das Caricias” no Aquarium Finisterrae

xoves, 8 xullo 2010, 9:15 | Category : Aquarium Finisterrae, obradoiros
Tags : ,

A “Charca das Caricias” é a nova instalación na sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae que combina diferentes 2010 07 Aquarium Charcarecursos: un acuario con animais vivos que os visitantes poden tocar, unha pantalla xigante, un ordenador, microscopios e lupas binoculares.
Nesa instalación realizase unha actividade: “Bioloxía con-tacto”. Todos os días obradoiros de bioloxía mariña para coñecer en vivo e en directo aos inquilinos do Aquarium Finisterrae:
- “Tiburóns en familia”: ás 12.30 e 18 horas.
- “Proxecto Santiaguiño”: ás 13.30 e 19 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades de verán da A. C. Xacarandaina

sábado, 26 xuño 2010, 0:10 | Category : Libro e lectura, actividades educativas, cinema, obradoiros, xogos
Tags : ,

Do 1 ao 30 de xullo, de luns a venres
De 09:30 a 13:30
A. C. Xacarandaina
Prezos: socios 6 euros por día ou 100 euros todo o mes; non socios 8 euros por día ou 150 euros todo o mes.

Durante todo o mes de xullo, nas mañás de luns a venres, a A. C. Xacarandaina organiza a Ludoteca de Xaca, con cinema de animación en pantalla xigante, xogos tradicionais, obradoiros, lectura e cultura tradicional. Está destinada a nenos entre 3 e 10 anos. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Obradoiro de hip-hop na Biblioteca Os Rosales

xoves, 24 xuño 2010, 9:40 | Category : bibliotecas, cursos, música, obradoiros
Tags : ,

Na Biblioteca de Os Rosales levarase a cabo un obradoiro de introdución ao mundo do hip-hop en catro sesións para mocidade de 12 anos en diante:
- Produción musical. Sábado 26/06/2010, de 17 h a 19 h.
- Produción de instrumentais. Composición de letras. Mércores 30/06/2010, de 19 h a 21 h, relacionando o rap coa poesía.
- Introdución ao Djing. Sábado 3/07/2010, de 17 h a 19 h. Iniciación á arte do Scratch, turntable...
- Directo privado-demostración. Sábado 10/07/2010 a partir das 17 h. Concerto en pequeno formato da banda Overgrounz, aberto á participación dos mozos e mozas que asistiron ao taller para mostrar os seus traballos.
Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O galego medra

venres, 28 maio 2010, 17:15 | Category : literatura oral, música, obradoiros
Tags :

Sábado 29

Asociación Xuvenil Arestora (2ª Fase de Elviña, urbanización O Cruceiro):
11:30.- Obradoiro lúdico das palabras

Centro Cívico Novo Mesoiro (Os Ancares):
17:00.- Contacontos: Paula e as palabras que levou o vento. Bululú Teatro
17:30.- Pablo Díaz: "Tic-tac"

Organiza: Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

The blog: obradoiro de inglés de 9 a 12 anos

venres, 21 maio 2010, 11:39 | Category : obradoiros
Tags :

Venres 21
Castrillón (Praza Pablo Iglesias, s/n- tfno.: 981 184 390)

'The blog' consiste nun obradoiro de inglés para idades de 9 a 12 anos. Máis información nas BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Baixo as estrelas”: o programa do Día Internacional dos Museos

martes, 18 maio 2010, 18:11 | Category : museos, música, obradoiros, teatro, xogos
Tags : ,

anverso A3_1Sábado 22

Presentouse xa o programa ‘Baixo as estrelas’ (baixa aquí o programa en PDF) con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, no que se inclúen multitude de propostas con teatro, música, obradoiros, xogos, visitas guiadas e moitas actividades máis co obxetivo de que os cidadáns coñezan máis sobre os museos e sobre a nosa propia cidade.

Deste xeito, o vindeiro sábado 22 de maio os museos, galerías e as propias rúas e prazas da cidade uniranse a esta celebración cun amplio programa que abarcará todo o día e continuará na madrugada do domingo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Obradoiros didácticos sobre a exposición Atapuerca e a evolución humana

venres, 12 marzo 2010, 15:00 | Category : obradoiros
Tags :

Palexco continúa a acoller os obradoiros didácticos organizados pola Concellaría de Cultura sobre a exposición Atapuerca e a evolución humana. As propostas están dirixidas a escolares de entre 8 e 12 anos e desenvolveranse entre o 13 de marzo e 25 de abril. A inscrición nos talleres será gratuíta, logo de reserva no teléfono 981 189 840, ata un máximo de 25 nenos por taller. Os talleres terán lugar na sede da exposición (Avda. da Prensa, s/n).

TALLER DE ARQUEOLOXÍA: Detectives do Pasado
Escavar baixo os nosos pés pode darnos moito "xogo". Durante estes depósitos-taller serán os nenos os que irán percorrendo estas etapas ata chegar a coñecer as historias que alí mesmo aconteceron atrás no tempo.
Días: Sábados 13 e 27 de marzo, e 24 de abril. Horario: ás 12h.

TALLER DE PALEONTOLOXÍA: Coñeceremos os vertebrados
Compararemos os seus esqueletos e dentes cos nosos e reconstruiremos as súas cabezas con plastilina, bólas, perrucas, etc.
Días: Sábados 13 e 27 de marzo, e 24 de abril. Horario: ás 18h.

TALLER DE ARTE RUPESTRE: Queres coñecer que pintaban os nosos antepasados e por que o facían?
O taller mostrará aos participantes os temas principais das pinturas rupestres e os pigmentos, ramas e pedras que os nosos antecesores utilizaban como ferramentas para reproducir o seu ámbito. Bisontes, cabalos salvaxes, osos, xentes e enigmáticos símbolos... O chamán ensinarate a realizar debuxos e gravados utilizando pigmentos, ramas, pedras e os teus propios dedos como ferramentas.
Días: Domingos 14 e 28 de marzo, e 25 de abril. Horario: ás 12h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cursos e obradoiros de teatro e danza

mércores, 3 febreiro 2010, 10:00 | Category : danza, obradoiros, teatro
Tags : ,

A Universidade da Coruña abre a inscrición dos obradoiros da Aula de Teatro e Danza para o segundo cuadrimestre do curso 2009-2010. A preinscrición pode facerse na oficina de Cultura da UDC ou enviando por correo electrónico os datos persoais (nome, número de teléfono e enderezo de correo) e indicando cal é o curso no que se desexa participar. Tedes máis información neste PDF.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Obradoiros da Área de Cultura da Universidade da Coruña

mércores, 3 febreiro 2010, 9:00 | Category : obradoiros
Tags :

Neste PDF tedes información de cursos e obradoiros da Área de Cultura da UDC para o segundo cuadrimestre do curso 2009-2010. A preinscrición pode facerse na oficina de Cultura da UDC (Casa do Lagar, Campus de Elviña), chamando por teléfono ó número 981167000 extensións 1954 e 1962, ou ben enviando un correo electrónico cos datos persoais, número de teléfono e obradoiro no que se quere facer a preinscrición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programación infantil de Nadal na Biblioteca González Garcés

venres, 18 decembro 2009, 10:30 | Category : Nadal, infantil, obradoiros, presentacións, teatro
Tags :

Mércores 23 de decembro ás 18 h: Presentación do libro Chrystyan Magic atrapado na torre. Estarán presentes os autores, Xoán Babarro e Ana María Fernández; a ilustradora, Marta Rivera Ferrer e o mago Chrystyan Magic.

Mércores 23 de decembro ás 18:30 h: espectáculo Palabras máxicas, por Chrystyan Magic. Un espectáculo baseado na maxia que se pode desprender da lectura. Mediante a sucesión de xogos de maxia, Chrystyan tentará descubrirlle aos nen@s a ilusión, fantasía e maxia que se esconde nos libros e contos, con historias máxicas baseadas precisamente en libros como "A viaxe de Vionta", "Mary Poppins", etc... e mediante os nosos propios contos, que poderemos crear grazas á participación dos nen@s. O obxectivo é despertar o torrente imaxinativo dos rapaces, descubrir o goce da lectura e presentar a maxia como un atractivo e novo xeito de animación á lectura.

Luns 28, Martes 29 e Mércores 30 de decembro, ás 18:30 h: obradoiro de títeres para nenos de + 6 anos, dirixido por Viravolta Títeres. Sinxelas técnicas de elaboración de títeres, collages, recortables para ilustrar un texto escollido. É necesaria invitación, que se facilitará na biblioteca a partir do sábado 19 de decembro.

Luns, 4 de xaneiro ás 18:30 h: A detective da Torre de Hércules viaxa polo tempo, un espectáculo interactivo con bromas, xogos e cancións relacionadas coa historia da Torre de Hércules e coa propia trama da obra de títeres. Malvadín intenta desprestixiar e destruir a Torre de Hércules ao longo da historia; a pequeña detective Elba coa axuda do profesor viaxarán polo tempo para evitalo e para mostrarlle a Malvadín a importancia da Torre de Hércules, mostrándolle cando se construiu, cando foi nomeada a A Coruña cidade en 1208, e vendo unha reconstrución moi simpática da historia de Hércules e Xerión.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte: a feira da cultura galega en 2009

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte 09: Son e poder, seminario de Chiu Longina

martes, 29 setembro 2009, 11:20 | Category : Arte, obradoiros, seminario
Tags :

escoitar-outonarte

Dentro da programación de Outonarte do 5 ao 9 de outubro terá lugar un taller/seminario co título Son e poder. Tecnoloxías sonoras de control social. Armas acústicas, impartido por Chiu Longina, Escoitar.org. O taller trata de mostrar unha panorámica actual dos diferentes usos, desenvolvementos e implementacións tecnolóxicas baseadas en tecnoloxía sonora cuxa utilización ten como obxectivo exercer control social e poder ou atacar e defenderse (o caso das armas acústicas).

DIRIXIDO A: Artistas, músicos, científicos sociales, activistas sonoros e creadores nas áreas da imaxe, o son ou a produción multimedia interesados na experiencia acústica. Maiores de 16 anos.

INFORMACIÓN E MATRÍCULA: picar aquí

Dossier informativo: [descargar]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: programa completo

martes, 30 xuño 2009, 14:00 | Category : ciencia, cinema, circo, danza, maxia, música, obradoiros
Tags :

caixanova-na-ruaMércores 1 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco.
12:30: Macadam Piano, no Obelisco
12:30: Djuggledy, na Praza de Lugo
18:00: Macadam Piano, na Rúa Real
18:30: Djuggledy, na Praza de Vigo
19:00: Os Viqueiras, na Praza de Lugo
19:30: Macadam Piano, na Praza de Vigo
23:00: Cinema, na Praza de Vigo

Xoves 2 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco
12:30: Dado, no Paseo Marítimo
18:00: Bollywood Brass Band, da Praza de Lugo á Praza de Pontevedra
18:00: Sienta la cabeza, na Rúa Real, esquina Rúa Agar
18:30: Dado, na Praza de Vigo
20:00: Bollywood Brass Band, na Praza de Vigo
23:00: Cinema, na Praza de Vigo

Venres 3 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco
18:00: Hortzmuga, no Obelisco/Cantóns
18:00: Obradoiro de pintura a cargo de Branda, na Praza de Vigo
20:00: Mr. Dixie, na Praza de Vigo
23:30: Kull d’Sac, da Praza de Mina a Correos

Sábado 4 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco
12:00: Los Chatos, no Obelisco
12:30: Maku Jarrak, na Praza de Lugo
18:00: Maku Jarrak, na Praza de Vigo
19:00: Banda de gaitas da Deputación de Pontevedra, no Paseo Marítimo
19:30: Los Chatos, na Praza de Lugo
20:00: Mr. Dixie, na Rúa Real
20:00: Cuarteto de guitarras de Lisboa, na Praza de Vigo
22:30: CatPeople, na Torre de Hércules
24:00: Krakovia, na Torre de Hércules

Domingo 5 de xullo

De 11:00 a 14:00: Cúpula Caixanova, no Obelisco
12:30: Javi Javichi, no Obelisco
12:30: Os Viqueiras, na Praza de Vigo
13:30: Roi Sixto, na Praza de Vigo
17:00: Javi Javichi, no Paseo Marítimo
18:00: Roi Sixto, no Paseo Marítimo.

Descargar dossier: PDF comprimido, 11,4 MB.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google