Catálogo de Cartografías quebradas, Outonarte#2010

venres, 21 xaneiro 2011, 11:59 | Category : Arte, outonarte
Tags : , ,

Xa Cartografias_Quebradas_Outonarte#2010_cubierta-catalogoestá disponible o catálogo de "Cartografías quebradas, Outonarte#2010", co que se busca dar visibilidade a obra dos artistas emerxentes que nesta edición incluiu nomes como Fruela Alonso, Alejandro Castro "Nano", Arturo Fuentes, Christian García Bello, Borxa Guerrero, Sofía Grandío Barrio, María Marticorena, Holga Méndez, OQO Filmes (Editora e Produtora Audiovisual), Martín Pena, Andrés Pinal, Pisando Ovos (Rut Balbis) Compañía de Danza Contemporánea, Damián Ucieda, e Mar Vicente. Baixo o título "Cartografías quebradas", esta edición de Outonarte ofreceu un itinerario expositivo por propostas de actualidade das artes visuais en Galicia, ao través dunha xeira de xoves artistas que traballan con diferentes contidos, linguaxes e soportes técnicos: pintura, fotografía, vídeo, cortos de animación en stop-motion, instalacións, performances e rexistros de accións, intervencións no espazo público, danza contemporánea, etc., acompañados dun programa de actividades paralelas -desenvoltos ao longo do mes de outubro e a primeira semana de novembro-, entre as que se inclúen proxeccións, obradoiros, charlas, videolecturas e accións poéticas, presentación do catálogo da exposición, e outras iniciativas. Faros, vistas áereas de cidades, paisaxes enredadas en terra de ninguén, labirintos, ambientes sonoros e proxeccións orgánicas, estruturas cromáticas e lumínicas, pinturas murais, intervencións na escenografía urbana, mapeados e inventarios da cidade, restitucións e desprazamentos de estatuaria pública e relectura monumental, animacións de contos e relatos de diversas tradicións, épocas e culturas, pezas de danza contemporánea, e outras fabulacións... todo un convite á cidadanía para o coñecemento e disfrute da arte actual en Galicia.
O catálogo servirá para dar a coñecer a obra destes artistas ademais de servir de ferramenta de traballo para a propia Concellaría. A publicación estará nas distintas bibliotecas da cidade a disposición da cidadanía e todos aqueles interesados en conseguir un exemplar poden solicitalo poñéndose en contacto coa Concellaría de Cultura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cartografías quebradas, Outonarte#2010

luns, 1 novembro 2010, 9:06 | Category : Arte, outonarte
Tags : , ,

Deixamos á disposición de toda a cidadanía este arquivo .pdf onde se pode consultar un extenso resumo, con imaxes e textos, das exposicións que este ano conforman "Cartografías quebradas", a edición de Outonarte#2010 na Coruña: Cartografias quebradas Outonarte 2010. Agradecemos enormemente ao seu coordinador, Seve Penelas, e a todos os participantes o seu magnífico e intenso traballo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Inauguración de Outonarte#2010

sábado, 2 outubro 2010, 9:59 | Category : outonarte
Tags :

A Outonarte 2010edición OUTONARTE#2010, promovida pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, preséntase este ano baixo o título global de "CARTOGRAFÍAS QUEBRADAS", un proxecto comisariado por Seve Penelas, no que participan un total de 14 artistas e colectivos. A inauguración será o sábado 2 de outubro ás 12:00 na Sala Municipal de Exposicións do Palexco, onde haberá unha interpretación de danza contemporánea, a cargo da Compañía PISANDO OVOS, e, posteriormente, un percorrido polas dúas sedes expositivas e os traballos de intervención en espazos públicos, no eixo entre o Palexco e a Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
Esta edición de Outonarte#2010 ofrecerá un itinerario expositivo por propostas de actualidade das artes visuais en Galicia, a través dunha xeira de xoves artistas que traballan con diferentes contidos, linguaxes e soportes técnicos: pintura, fotografía, vídeo, cortos de animación en stop-motion, instalacións, performances e rexistros de accións, intervencións no espazo público, danza contemporánea, etc., acompañados dun programa de actividades paralelas -a desenvolver ao longo do mes de outubro e a primeira semana de novembro -, entre as que se incluirán proxeccións, obradoiros, charlas, videolecturas e accións poéticas, presentación do catálogo da exposición, e outras iniciativas. As sedes fixas distribuense entre a Sala Municipal de Exposicións do PALEXCO (Palacio de Exposicións e Congresos) –Avda. da Asociación da Prensa, s/n-, e a Casa da Cultura Salvador de Madariaga –Rúa Durán Loriga, 10- (onde se atopan a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil e o CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe).
O percorrido entre ambos espazos transita tamén entre fitos sinalados de intervencións públicas: comezando no entorno do propio Palexco (Avda. da Asociación da Prensa), pasando polos Xardíns de Méndez Núñez, Obelisco, Cantón Grande, ate a arco-pasaxe na esquina entre as rúas Durán Loriga e Huertas, para rematar cunha gran pintura mural na Travesía da rúa Huertas, ou á inversa. Un itinerario de ida e volta con todos os seus quebros, propios das olladas dunha escolla de artistas representativos da actualidade artística en Galicia que vertebran esta exposición entre as revisións de poéticas clásicas e modernas, e cunha especial atención á cidade, ao lugar, ao corpo e o relato, como escenarios e territorios cargados de simbolismos, cruces, significados e significantes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Intervencións de Outonarte#2010, “Cartografías quebradas”, en espazos públicos

sábado, 2 outubro 2010, 9:58 | Category : outonarte
Tags :

DoOutonarte 2010 sábado 2 de outubro ao domingo 7 de novembro
Acceso libre.

As intervencións en espazos públicos de Outonarte#2010, "Cartografías quebradas", está composta por:
- Mar Vicente (Lugo, 1979). Vive e traballa en Wolfsberg, Graz, Austria. Intervención no entorno, accesos e fachadas frontais e lateral da sala do Palexco, abordando o acceso e as fachadas frontal e lateral do edificio cunha fragmentación e desprazamento da súa retícula acristalada, ao través de vinilos que semellan reivindicar unha marca branca diante do caos de cores do consumismo comercial. Esta primeira intervención contrastará, cromáticamente sen dúbida, cos seus outros traballos na sala interior, na caixa branca, onde impón as cores puras e primarias xunto á vibración óptica dos efectos lumínicos. Un xeito subtil de alterar unha aparente orde xeométrica.
- Martín Pena (A Coruña, 1974). Vive e traballa entre A Coruña e Valencia. Aborda unha relectura e desprazamentos da estatuaria pública e monumental. Unha primeira restitución xorde coa revisión e atención aos oito bustos de ilustres escritores e xornalistas que coroan -a máis de 15 metros de altura, afastados da máis obvia función dun retrato: poder ollalo cara a cara-, as fachadas laterais do edificio La Terraza, ¬sede da RTVE. Enriba quedan: Murguía, Pardo Bazán, Fernández Latorre, Madariaga, Pérez Lugín e Fernández Flórez; mentres, abaixo, a altura dos ollos, aparecen Julio Camba e Antón Vilar Ponte, dous clásicos e dous extremos opostos dunha maneira de vivir e sentir Galicia: desde o rigor do fundador de A Nosa Terra ate o humor e ludismo do experto en gastronomía e bon vivir. Un xesto subtil para coñecemento ou redescubrimento da cidadanía. Outra acción de restitución temporal presenta tres grandes aneis de pedra, estriados como os dun fuste de columna, tres tambores achados no almacén municipal da Grela, que voltan como compaña histórica a un dos enclaves por excelencia da Coruña: diante do Obelisco.
- María Marticorena (A Coruña, 1977). Vive e traballa en Houston (Texas), Estados Unidos. No Cantón Grande, un contáiner acolle os rexistros de vídeo das performances da autora, poñéndose a proba a través da resistencia do seu corpo, da sensualidade, do son, ou invertendo alegorías sobre o botafumeiro, os prototipos de homes duros que forxaron lendas no Oeste americano, tan coñecido agora para ela desde que marchou para Houston, Texas.
- Christian García Bello (A Coruña, 1986). Vive e traballa entre A Coruña e Pontevedra. Noutro contáiner tamén ubicado no Cantón Grande, a instalación deste autor pulsa memorias poéticas e mapeados da cidade con documentación e alusión ás súas mitoloxías máis persoais, desde o cineasta ruso Andréi Tarkovski ate os autores soviéticos de ciencia ficción Arkadi e Borís Strugatski.
- Mar Vicente (Lugo, 1979). Vive e traballa en Wolfsberg, Graz, Austria. Intervención no arco-túnel-pasaxe da rúa Huertas / esquina edificio Casa da Cultura Salvador de Madariaga, nunha nova intervención desta autora, que retoma o xogo cromático e lumínico cunha montaxe de lonas de cor que penduran deste lugar. Recursos elementais para transformacións urbanas.
- Alejandro Castro, "Nano" (Carballo, A Coruña, 1986). Vive e traballa entre Carballo (A Coruña) e Barcelona. Pintura mural "Todos los caminos llevan a Roma" en paredes medianeiras-traseiras da Travesía da rúa Huertas, configurando a estructura dun retablo eclesiástico-urbano, que acolle unha moi persoal revisión iconográfica a partir do bico de Xudas a Xesús, franqueado polas alegorías da morte -La Catrina, na súa versión mexicana-, e da vida -cunha muller preñada de futuro, pero tamén enmascarada no pecado-.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposicións de Outonarte#2010, “Cartografías quebradas”, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga

venres, 1 outubro 2010, 12:36 | Category : outonarte
Tags : , , ,

DoOutonarte 2010 sábado 2 de outubro ao domingo 7 de novembro
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga, 10).
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Neste espazo poderanse visitar as seguintes exposicións:
- Arturo Fuentes (Ourense, 1975). Vive e traballa en Vigo. Instalación dun "labirinto" de 12 caixas de cartón penduradas, como prismas solteiros, xirando sobre os seus picos, apoiadas sobre 12 banquetas cun libro en cada unha delas, no patio central da Planta Baixa, un auténtico labirinto de low tech, dinamismos e sons motorizados. Rotación, traslación, e os eixos seguen quebrando.
- Damián Ucieda (A Coruña, 1980). Vive e traballa entre Sada (A Coruña), Londres e Nova York. Fotografías. Escolma de once imaxes da serie "Los Invisibles, serie Before Blue" (2009-2010), no primeiro andar, co que abre unha nova liña máis emocional fronte ao seu traballo anterior. Rúas, edificios, solares perirubanos, podiums e cadeiras absurdas na súa soidade de abandonos, campos con redes, árbores quebradas, bosques e troncos estruturados como alicerces, raigames, toda unha sensación de derivas na procura dun lugar nas eternas dualidades do ser humano, do natural e do cultural.
- OQO Filmes (Pontevedra). Editora de libros ilustrados e produtora audiovisual radicada en Pontevedra. Proxeccións de entre 10-25 curtametraxes -de 10 minutos de duración media-, de animación en stop-motion. Proxeccións repartidas entre a Sala do CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe, e a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil. A partir dos libros ilustrados que publican na súa outra faceta como editores, dan un paso máis alá levándoos á produción audiovisual, cuns procesos laboriosos de equipo, pero cuns resultados que acadan a sorpresa e o sorriso dos máis pequenos, ademáis do recoñecemento dos adultos pola calidade e singularidade no tratamento estético de contos, relatos e fabulacións de diferentes tradicións, épocas e culturas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposicións de Outonarte#2010, “Cartografías quebradas”, no Palexco

DoOutonarte 2010 sábado 2 de outubro ao domingo 7 de novembro
Sala Municipal de Exposicións do Palexco
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Neste espazo poderanse visitar as seguintes exposicións:
- Fruela Alonso (Lloro, Asturias, 1974). Vive e traballa en Pontevedra. Pintura. Momentos e fragmentos da paisaxe capturada polo ollo inquedo, e as vistas aéreas de cidades en grandes e pequenos formatos, que evidencian a ollada dun pintor na procura de imaxes ate esgotar tentativas para ubicarse no visual e no mental. A súa obstinación nas diferentes series, convida ao feito de ollar como un anxo, entre nubes e alturas, atravesar o aire ate agotar un lugar na memoria ou mesmo reinventalo.
- Christian García Bello (A Coruña, 1986). Vive e traballa entre A Coruña e Pontevedra. En soportes sobre parede ás súas obras son transferencias, fotografías, serigrafías e debuxos ao redor da idea da terra de ninguén, dun non-lugar entre poéticas de paseante ilustrado, urbanismos e arquitecturas, as utopías dos lugares nunca visitados, a forza da natureza selvaxe por riba da domesticación humana e urbana. Derivas situacionistas na procura dunha entropía que atopará máis adiante
- Sofía Grandío (Vilalba, Lugo, 1986). Vive e traballa entre Vilalba (Lugo) e Bilbao. "Acción en 3 partes" (2009), proxección de vídeo (15 min. en bucle), nunha sala pechada e acondicionada dentro do Palexco, amósanos a imaxe da propia artista, progresivamente, encintando de negro o seu corpo, embarrándoo, e retirando a cinta ate deixar un labirinto de pegadas brancas sobre o pel. Unha dobre lectura que combina conceptualmente os principios do positivo-negativo do gravado, pero que, máis alá, con forza visual, tensiona a reflexión sobre a violencia corporal, e en particular a exercida sobre as mulleres.
- Borxa Guerrero (Feás, Cariño, A Coruña, 1983). Vive e traballa en Pontevedra. "Cosmogonías" (2008) tamén nos amosa outra maneira de alterar espazos cunha montaxe de caixas de luz que superpoñen interiormente acuarelas de perfís montañosos e liñas orográficas, cotas e códigos, transparencias encadradas na construción dunhas Cosmogonías metade ficción, metade realidade
- Holga Méndez (Pontevedra, 1971). Vive e traballa en Teruel. "Velocidad + Sentimiento = Luz" (2010) combina dúas proxeccións de diapositivas de mica cunha paisaxe sonora de 60 minutos, para crear un espazo de tránsito ou quietude, aberto ás reaccións emocionais do espectador, dun xeito máis ambiental, leve pero intenso, orgánico, mesmo mineral.
- Andrés Pinal (Vigo, 1969). Vive e traballa entre Vigo e Pontevedra. Fotografía. Serie Faros. 28 Fotos de 130x130 cm c/u con vinilos con mapa do litoral de Galicia e a liña de costa para ubicación xeográfica dos faros e as súas alturas. Todo un perfil metafórico de entradas e saídas dunha terra que mira ao mar.
- Pisando Ovos. Compañía de Danza Contemporánea. Rut Balbis (Ourense, 1979). Vive e traballa en Oleiros. Peza de danza contemporánea, “MENOS 1”, para o Sábado 2 Outubro, día da inauguración, no interior da Sala de Exposicións do Palexco. (Duración aprox. 15-20 min.)
- Mar Vicente (Lugo, 1979). Vive e traballa en Wolfsberg, Graz, Austria. Pintura, obxeto, instalación. Estructuras cromáticas de cores primarias e secundarias, xogos de complementarios, con branco. Un xeito subtil de alterar unha aparente orde xeométrica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte 2010: “Cartografías quebradas”

martes, 28 setembro 2010, 12:30 | Category : Arte, danza, espectáculos nas rúas, outonarte
Tags : ,

A edición Outonarte 2010de OUTONARTE#2010, promovida pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, preséntase este ano baixo o título global de "CARTOGRAFÍAS QUEBRADAS", un proxecto comisariado por Seve Penelas, no que participan un total de 14 artistas e colectivos. A inauguración será o sábado 2 de outubro ás 12:00 na Sala Municipal de Exposicións do Palexco, onde haberá unha interpretación de danza contemporánea, a cargo da Compañía PISANDO OVOS, e, posteriormente, un percorrido polas dúas sedes expositivas e os traballos de intervención en espazos públicos, no eixo entre o Palexco e a Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
Esta edición de Outonarte#2010 ofrecerá un itinerario expositivo por propostas de actualidade das artes visuais en Galicia, a través dunha xeira de xoves artistas que traballan con diferentes contidos, linguaxes e soportes técnicos: pintura, fotografía, vídeo, cortos de animación en stop-motion, instalacións, performances e rexistros de accións, intervencións no espazo público, danza contemporánea, etc., acompañados dun programa de actividades paralelas -a desenvolver ao longo do mes de outubro e a primeira semana de novembro -, entre as que se incluirán proxeccións, obradoiros, charlas, videolecturas e accións poéticas, presentación do catálogo da exposición, e outras iniciativas. As sedes fixas distribuense entre a Sala Municipal de Exposicións do PALEXCO (Palacio de Exposicións e Congresos) –Avda. da Asociación da Prensa, s/n-, e a Casa da Cultura Salvador de Madariaga –Rúa Durán Loriga, 10- (onde se atopan a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil e o CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe).
O percorrido entre ambos espazos transita tamén entre fitos sinalados de intervencións públicas: comezando no entorno do propio Palexco (Avda. da Asociación da Prensa), pasando polos Xardíns de Méndez Núñez, Obelisco, Cantón Grande, ate a arco-pasaxe na esquina entre as rúas Durán Loriga e Huertas, para rematar cunha gran pintura mural na Travesía da rúa Huertas, ou á inversa. Un itinerario de ida e volta con todos os seus quebros, propios das olladas dunha escolla de artistas representativos da actualidade artística en Galicia que vertebran esta exposición entre as revisións de poéticas clásicas e modernas, e cunha especial atención á cidade, ao lugar, ao corpo e o relato, como escenarios e territorios cargados de simbolismos, cruces, significados e significantes. Faros, vistas áereas de cidades, paisaxes enredadas en terra de ninguén, labirintos, ambientes sonoros e proxeccións orgánicas, estruturas cromáticas e lumínicas, pinturas murais, intervencións na escenografía urbana, mapeados e inventarios da cidade, restitucións e desprazamentos de estatuaria pública e relectura monumental, animacións de contos e relatos de diversas tradicións, épocas e culturas, pezas de danza contemporánea, e outras fabulacións... Todo un convite á cidadanía para o coñecemento e disfrute da arte actual en Galicia, a partir dun proxecto colectivo co que incidir, puntualmente, nunha das áreas máis identificativas da cartografía urbana da Coruña, entre o Sábado 2 de outubro –día da inauguración- e o Domingo 7 de novembro -día da clausura- de 2010.

A distribución de artistas, sedes e intervencións en espazos públicos é a seguinte:
SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS DO PALEXCO (Avda. da Asociación da Prensa, s/n):
- Fruela Alonso (Lloro, Asturias, 1974). Vive e traballa en Pontevedra. Pintura. (Paisaxes e vistas aéreas de cidades). Grandes e pequenos formatos.
- Christian García Bello (A Coruña, 1986). Vive e traballa entre A Coruña e Pontevedra. Debuxos, serigrafías, fotografías e transferencias de imaxes gráficas sobre diferentes soportes. Temáticas de paisaxes de terra de ninguén, arquitecturas e edificios, ruinas e outros escenarios, etc.
- Sofía Grandío (Vilalba, Lugo, 1986). Vive e traballa entre Vilalba (Lugo) e Bilbao. “Acción en 3 partes” (2009). Proxección de vídeo (15 min. en bucle), nunha sala pechada e acondicionada dentro do Palexco.
- Borxa Guerrero (Feás, Cariño, A Coruña, 1983). Vive e traballa en Pontevedra. “Cosmogonías” (2008). Debuxos-paisaxes-constelacións en caixas de luz.
- Holga Méndez (Pontevedra, 1971). Vive e traballa en Teruel. “Velocidad + Sentimiento = Luz” (2010)
Instalación (Proxección con 2 proxectores e 1 diapositiva de mica en cada un deles, e unha “paisaxe sonora” de 60 min. de audio).
- Andrés Pinal (Vigo, 1969). Vive e traballa entre Vigo e Pontevedra. Fotografía. Serie Faros. 28 Fotos de 130x130 cm c/u + Vinilos con mapa litoral de Galicia + Liña de costa para ubicación xeográfica dos faros e as súas alturas.
- Pisando Ovos. Compañía de Danza Contemporánea.
- Rut Balbis (Ourense, 1979). Vive e traballa en Oleiros. Peza de danza contemporánea, “MENOS 1”, para o Sábado 2 Outubro, día da inauguración, no interior da Sala de Exposicións do Palexco. (Duración aprox. 15-20 min.)
- Mar Vicente (Lugo, 1979). Vive e traballa en Wolfsberg, Graz, Austria. Pintura, obxeto, instalación. Estructuras cromáticas de cores primarias e secundarias, xogos de complementarios, con branco.

CASA DA CULTURA SALVADOR DE MADARIAGA (Rúa Durán Loriga, 10).
- Arturo Fuentes (Ourense, 1975). Vive e traballa en Vigo. Instalación dun “labirinto” de 12 caixas de cartón xiratorias, apoiadas sobre 12 banquetas con un libro en cada unha delas, no patio central da Planta Baixa.
- Damián Ucieda (A Coruña, 1980). Vive e traballa entre Sada (A Coruña), Londres e Nova York. Fotografías. Escolma de 11 imaxes da serie “Los Invisibles - Before Blue” (2009-2010). Distribuidas en montaxe disperso, non lineal, polas paredes da Primeira Planta.
- OQO Filmes (Pontevedra). Editora de libros ilustrados e produtora audiovisual radicada en Pontevedra. Proxeccións de entre 10-25 curtametraxes -de 10 minutos de duración media-, de animación en stop-motion. Proxeccións repartidas entre a Sala do CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe, e a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil.

INTERVENCIÓNS EN ESPAZOS PUBLICOS
- Mar Vicente (Lugo, 1979). Vive e traballa en Wolfsberg, Graz, Austria. Intervención no entorno, accesos e fachadas frontais e lateral da sala do Palexco.
- Martín Pena (A Coruña, 1974). Vive e traballa entre A Coruña e Valencia. Intervencións no espazo público ao redor do concepto de “restitución e desprazamentos da estatuaria e os monumentos” (Obelisco e Xardíns de Méndez Núñez).
- María Marticorena (A Coruña, 1977). Vive e traballa en Houston (Texas), Estados Unidos. Proxección dentro dun contáiner, ubicado no Cantón Grande, dunha escolma retrospectiva de rexistros en vídeo das súas performances e accións. Bucle en torno a 20-25 minutos.
- Christian García Bello (A Coruña, 1986). Vive e traballa entre A Coruña e Pontevedra. Instalación de audio e imaxes (fixas e/ou animadas) dentro dun contáiner, ubicado no Cantón Grande. Mapeado e inventario revisado de lugares e monumentos da cidade.
- Mar Vicente (Lugo, 1979). Vive e traballa en Wolfsberg, Graz, Austria. Intervención no arco-túnel-pasaxe da rúa Huertas / esquina edificio Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
- Alejandro Castro, "Nano" (Carballo, A Coruña, 1986). Vive e traballa entre Carballo (A Coruña) e Barcelona. Pintura mural en paredes medianeiras-traseiras da Travesía da rúa Huertas. Configuran a estructura dun retablo eclesiástico: dous laterais en ángulo, cunha altura aprox. de 5-6 metros, e 2 metros de ancho, máis un pano central de 3-4 metros de alto por 6-7 metros de ancho.

Neste arquivo, grazas a Seve Penelas, recóllese un extenso resumo, con textos e imaxes, desta edición: Cartografias quebradas Outonarte 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Así foi o roteiro tabernario

mércores, 1 outubro 2008, 12:14 | Category : mesas redondas, outonarte, roteiros
Tags :

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

OUTONARTE 2008: balance

martes, 30 setembro 2008, 10:33 | Category : Arte, outonarte
Tags :

Ao redor de 5.000 persoas participaron nas distintas iniciativas que puxo a Mostra de Arte Contemporánea á dispor da cidadanía durante todo o mes de setembro

MARÍA XOSÉ BRAVO: “OUTONARTE REVELOUSE TAN VÁLIDO COMA NECESARIO; AGORA O PRINCIPAL OBXECTIVO É CONVERTELO NUN REFERENTE DAS ARTES PLÁSTICAS EN TODA GALICIA”

A concelleira de Cultura adiantou que na vindeira edición OUTONARTE se retrasará ata outubro e contará cunha escolma diferente de artistas; potenciará as actividades paralelas e mesmo reforzará a súa presenza nas rúas

A Coruña, martes 30 de setembro de 2008.- A aposta saíu ben. OUTONARTE, a Mostra de Arte Emerxente que organizou durante todo o mes de setembro a Concellería de Cultura da Coruña, revelouse coma unha iniciativa “tan válida coma necesaria”. É a conclusión, contrastada polos datos de afluencia e crítica, que expresou hoxe a máxima responsable da iniciativa, a concelleira María Xosé Bravo, á hora de facer balanzo. “É imprescindible seguir adiante e, daquela, converter OUTONARTE nese referente galego das Artes Plásticas que todos desexamos acadar”.

María Xosé Bravo lembrou a intención primixenia de OUTONARTE Sobre o espazo infinito. A creación ao redor do mar: abrir un debate “dinámico, crítico e plural sobre a arte, o seu consumo e mais a súa funcionalidade social”. Un mes despois, pode dicirse que o obxectivo se cumpriu. “A pesares de tratarse dunha arte difícil, pola súa modernidade, conseguimos atraer ao público coruñés, que revalidou co seu interese a participación todas as actividades que, máis aló das exposicións en si mesmas, lles ofrecemos”.

De feito, a concelleira de Cultura cifrou en 5.000 las persoas que, dun xeito ou outro, se implicaron en OUTONARTE, xa fose nas visitas guiadas, obradoiros, mesas redondas, charlas ou concertos que se programaron ao longo de todo o mes. Máis dun millar de visitantes pasaron por cada unha das salas de exposición, María Pita, Palexco e Salvador de Madariaga, aínda que –tal e como subliñou María Xosé Bravo- no caso da montaxe de Durán Loriga é difícil precisar o número exacto, debido ás moitas ofertas culturais que alí coincidiron ao mesmo tempo. Foi, concluíu a concelleira, “unha experiencia moi, moi positiva” que, inda así, no futuro ten que abrirse a outros públicos.

Ás veces dise que a cidadanía non se interesa polas Artes Plásticas máis novas porque non as comprende, pero eu non estou de acordo. O que si penso é que propostas culturais como OUTONARTE son moi necesarias, porque achéganlles aos cidadáns e cidadás as novas realidades artísticas e, daquela, as obras resultan máis doadas de entender e aprezar, porque o público ten a oportunidade de coñecelas e valoralas na súa xusta dimensión”.

A titular de Cultura do Concello da Coruña amosou tamén o seu convencemento de que a marca OUTONARTE está consolidada, aínda que adiantou algúns cambios cara a vindeira edición. A “Festas das Artes Plásticas” pasará seguramente a celebrarse máis tarde, en outubro ou incluso novembro, e ofrecerá unha escolma de artistas diferente, sen que se descarte volver incluír algún dos nomes presentes este setembro. Potenciarase a programación de actividades paralelas e mellorarase a sinalización e visibilidade da sala Palexco, así como a presenza na rúa de pezas da Mostra e mesmo actuacións.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte: despedida

venres, 26 setembro 2008, 11:36 | Category : Arte, música, outonarte
Tags :

A Mostra de Arte Contemporánea da Coruña conclúe a súa andaina con dúas convocatorias de luxo, Nova Galega de Danza e o grupo de percusión Odaiko.

OUTONARTE DESPÍDESE AO GRANDE

Esta fin de semana, derradeira oportunidade de percorrer as tres salas da exposición en visita guiada

OUTONARTE, a Mostra de Arte Contemporánea Galega promovida pola Concellería de Cultura da Coruña, chega ao seu final. Mañá, sábado 27 de setembro, haberá dúas últimas actividades paralelas que, canda as visitas guiadas da fin de semana, porán punto e final a esta primeira edición do Salón, Sobre o Espazo Infinito. A creación ao redor do mar.

Así, Nova Galega de Danza ofrecerá mañá unha escolma do seu último espectáculo ás 17,30 horas na praza de María Pita mentres, xa ás 21 horas e diante de Palexco, actuará o grupo de percusión Odaiko, que representará “Galicia on the board”, unha sorte de traca final de luz e son coa que dirá deica logo OUTONARTE.

Ambas actuacións, de entrada libre e gratuíta, terán como complemento as derradeiras visitas guiadas polas tres salas que acollen a Mostra, en total, sesenta pezas de 31 artistas novos comentadas e contextualizadas por un especialista en arte de vangarda: a de mañá, sábado, coma sempre, en horario de tarde, a partires das seis con saída no pazo de María Pita. A visita do domingo, día 28, xusto a mediodía, e dende esa mesma sala do Concello.

OUTONARTE, inaugurada o pasado 5 de setembro, tivo por obxectivo, nas palabras da concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, “contribuír a estimular un debate crítico e plural, aberto, sobre a arte, o seu consumo e a súa funcionalidade social”. Arroupada por concertos, obradoiros, mesas redondas e charlas especializadas, mesmo dun Roteiro Tabernario á procura da pegada artística deixada polo pintor Urbano Lugrís na Coruña, a Mostra de Arte Contemporánea reuniu múltiples linguaxes creativas, “nunha deliberada vontade de explorar as moitas posibilidades, rexistros e tendencias que conflúen nas vangardas galegas”, segundo explicou a comisaria, Chus Martínez Domínguez.

OUTONARTE logrou facer cómplice das súas intencións a toda a cidade da Coruña: dende as salas de exposicións municipais até o estanque do Kiosco Alfonso, pasando polas augas da Dársena, o contorno do Obelisco ou o mesmísimo camarote do capitán Nemo, na Casa dos Peixes, participaron na Mostra. Outro tanto os coruñeses, quen corresponderon con interese e mesmo entusiasmo ás moitas alternativas á súa disposición ao longo do mes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O son do Mar na Coruña. Obradoiro Sonoro de Escoitar.org en Outonarte

xoves, 25 setembro 2008, 16:31 | Category : Arte, obradoiros, outonarte
Tags :

obradoiro_o_mar_a_corunha-115.jpg

www.escoitar.org

Outonarte 08

«Estoy escuchando él mundo desde la perspectiva del agua. Mi atención está unida a este sonido delicioso, tentador y táctil. Sólo a este sonido»

Hildegard Westerkamp (Canadá)

Escoitar supón tender o tímpano, descubrir o noso contorno e comprendelo desde unha perspectiva moitas veces esquecida. Escoitar empúrranos para a sonosfera que nos rodea e da que formamos parte, achegándonos tanto ás densas atmósferas das cidades industrializadas nas que se recreaban os oídos dos Futuristas a principios do século pasado, como aos contemplativos sons da natureza descritos por Henry Thoreau. O son como forma de coñecemento, como vínculo interdisciplinar, pero tamén como experiencia estética.

Escoitar.org propuxo un obradoiro de aproximación ao son tratando diferentes aspectos relacionados con seu fisicalidade, coa escoita cultural (auralidade), a ecoloxía acústica ou a expresión sonora no campo da creación actual centrándose nas sonoridades da auga, o elemento da natureza que mellor parece ter representado a fluided e oscilación sonora. O mar, que nun perído pre e protofonográfigo, foi capturado por compositores como Wagner ou Debussy, e que contén un amplo espectro de frecuencias aproximándose ao ruído branco, foi o elemento da paisaxe sonora da Coruña sobre o que se traballou documentando as infinitas sonoridades que produce en seu movemento perpetuo.

FOTOS EN FLICKR

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte: mesa redonda sobre Lugrís

xoves, 25 setembro 2008, 10:24 | Category : Arte, mesas redondas, outonarte
Tags :

OUTONARTE
  

Hoxe xoves 25:

LUGRÍS E O MAR

Mesa redonda:
Antón Patiño
Anxeles Penas
Luís Rei Núñez
Coordina: Xabier Seoane
Sala de exposicións de Palexco
Horario: 19:30

A continuación da mesa faremos un “Roteiro Tabernario”. Xurxo Souto e Antón Patiño mostrarannos os establecementos frecuentados por Lugrís onde deixou a súa pegada artística (La Bottega, El Veccio...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mesa redonda e roteiro tabernario en homenaxe a Lugrís

mércores, 24 setembro 2008, 15:22 | Category : Arte, mesas redondas, outonarte
Tags :

A proposta forma parte das actividades paralelas da Mostra de arte contemporánea que acolle A Coruña este mes de setembro

OUTONARTE HOMENAXEA A LUGRÍS CUN ROTEIRO POLOS LUGARES DA CORUÑA QUE AGOCHAN A SÚA PEGADA

O percorrido farase despois dunha mesa redonda na que, baixo o título “Lugrís, pintor do mar”, se reflexionará sobre a obra do pintor coruñés

A Coruña, mércores 24 de setembro de 2008.- OUTONARTE, a mostra de arte contemporánea galega que se está a desenvolver na Coruña rende, na súa última semana, unha homenaxe a Urbano Lugrís. O artista Antón Patiño e mais o especialista en personaxes e lugares da Coruña, Xurxo Souto, farán de cicerones nun percorrido polos lugares que frecuentaba Lugrís, nalgúns dos cales aínda queda testemuña da súa obra, sobre todo, grandes murais; unha das vías de expresión que caracterizaba ao pintor coruñés. Bautizado como “Roteiro Tebernario”, o percorrido guiado partirá da sala Palexco as 21 horas de mañá xoves, día 25 de setembro, e visitará, entre outros, A Bottega (rúa dos Olmos), A Mundiña (rúa da Estrela), os Cantóns e por fin, o café Veccio (rúa Real).
O “Roteiro” será o complemento da mesa redonda que, previamente, a partir das 19.30 horas, terá lugar, ese mesmo día, na sala de exposicións de Palexco, na que Antón Patiño, Luís Rei Núñez, Ánxeles Penas e Xavier Seoane analizarán, baixo o título “Lugrís, pintor do mar”, a obra e a vida do artista.

 

Esta homenaxe a Lugrís forma parte das actividades paralelas de OUTONARTE, unha proposta da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, que ó longo deste mes de setembro exhibe as propostas de 31 artistas novos galegos. A mostra pódese contemplar nas salas municipais de Palexco, Durán Loriga e Pazo de María Pita. Esta semana é a última oportunidade para ver esta panorámica da expresión artística galega máis vangardista: pintura, fotografía, escultura, instalacións, vídeos...
Como peche da mostra, o sábado 27 de setembro, ás 17,30 horas, na Praza de María Pita, Nova Galega de Danza representará unha escolma do seu último espectáculo. Logo, ás 21 horas, diante de Palexco, Odaiko Percussion Group ofrecerá o concerto “Galicia on the board”, unha representación chea de luz e son. Tamén será esta fin de semana a derradeira oportunidade de facer unha visita guiada por todo o Salón. A cita é na sala María Pita, o sábado, a partir das 18 horas o domingo, das 12 do mediodía.

A iniciativa da Concellaría de Cultura que este ano ten ou mar coma fío condutor pretende ter continuidade en anos vindeiros. OUTONARTE aspira a converter a cidade nun centro da creación plástica actual e favorecer a visibilidade e a proxección das propostas da xente máis nova.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte: de que se falou na mesa redonda

luns, 22 setembro 2008, 10:39 | Category : Arte, mesas redondas, outonarte
Tags :

  • A arte galega goza dun bo momento grazas a nomes illados, pero a maioría atópase cun mecenado institucional interesado que actúa con criterios puramente mercantilistas”

  • O mercado é acoutado e conservador: só prima os nomes e valores seguros”

  • Resulta antieconómico traer unha figura de prestixio e desembolsar unha alta suma para facela participar nun só acto”

OS ARTISTAS PLÁSTICOS GALEGOS VENSE FORZADOS A MARCHAR FÓRA DO PAÍS PARA ACADAR PROXECCIÓN

 

É a principal conclusión da mesa redonda que organizou OUTONARTE estes días ao redor de “A creación hoxe, retos e oportunidades”

 

A Coruña, luns 23 de setembro de 2008.- “Os artistas plásticos galegos padecen unha situación periférica e consideran necesario instalarse nas metrópoles –Nova York ou Berlín- para que as súas obras teñan a proxección desexada”. Esta é unha das principais conclusións da mesa redonda que, dentro das actividades paralelas de OUTONARTE, tivo lugar esta semana na sala Palexco. Os participantes que asistiron ao foro estiveron de acordo en que “no lanzamento dunha obra, ademais de aspectos puramente artísticos, inflúen outros relacionados coa crítica, os intereses das galerías e mais os medios de comunicación”, en palabras do moderador do encontro, o escritor Xulio López Varcárcel. Ademais de Valcárcel, no coloquio participaron o crítico Joaquín Lens, as artistas Mar Caldas, Mirian Pérez e Neves Seara, e o director das salas de exposición municipais da Coruña, Jaime Oíza.

Os participantes confirmaron o bo momento do que goza a arte galega, con artistas de primeira orde no concerto mundial como Leiro, Murado ou Antón Lamazares. “Sen embargo, esta circunstancia non é extrapolable, xa que a maioría se atopa cun mecenado institucional moitas veces interesado, que non arrisca e que actúa desde criterios puramente mercantís, e mesmo coa dificultade inherente a un mercado acoutado e conservador, no que priman os nomes e os valores seguros, máxime nun contexto económico desfavorable como é o actual”, recalca Xulio L. Valcárcel, voceiro do coloquio.

Outra das conclusións da mesa é que resulta aconsellable o intercambio de exposicións, facéndoas, cando sexa posible, itinerantes, así como a colaboración entre as diversas institucións para optimizar esforzos e recursos. Nese sentido, os representantes dos distintos estamentos artísticos presentes na sala Palexco razonaron que resulta antieconómico traer unha figura de prestixio e desembolsar unha alta suma para participar nun só acto, cando aproveitando a viaxe, e por pouco máis, podería intervir en diversos lugares.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Queres saber como soa A Coruña?

sábado, 20 setembro 2008, 14:51 | Category : Arte, obradoiros, outonarte
Tags :

Os interesados/as en percorrer a cidade e gravar os seus sons máis enxebres teñen mañá domingo a súa oportunidade da man do grupo Escoitar.org (saída ás 11 horas, sala Palexco)

A segunda volta do Obradoiro Sonoro e as visitas guiadas ao redor da Mostra de Arte Contemporánea, propostas de OUTONARTE para a mañá deste 21 de setembro

 A Coruña, sábado 20 de setembro de 2008.- Unha caravana de cidadáns e cidadás, equipados con aparellos de gravación, percorrerá mañá domingo a zona do porto da Coruña na procura dos sons máis característicos da cidade, especialmente os que teñen que ver co mar. Esta será a segunda e última fase do Obradoiro Sonoro que, a cargo do colectivo galego Escoitar.org, estase a desenvolver esta fin de semana dentro das actividades paralelas de OUTONARTE.

A saída está prevista ás 11 horas, na sala Palexco. O colectivo cidadá tentará rexistrar como soa a cidade e, sobre todo, o mar da Coruña. “Trátase de reivindicar a escoita nun mundo tan visual como o actual”, sinala Juan-Gil, un dos compoñentes de Escoitar.org. O Obradoiro principiou hoxe sábado as 11 horas na sala de exposicións de Palexco. A primeira parte, máis teórica, é un achegamento a temas relacionados coa escoita e o son, tales coma a hexemonía do ollo fronte ao oído, a inmaterialidade do son, a fisioloxía do oído e a imaxe e o son como produtores de cultura.

A de maña domingo será unha sesión práctica: un paseo sonoro pola beira do mar. Na andaina rexistraranse os sons con sistemas de gravación propios da fonografía. O seminario rematará cunha escoita e discusión dos resultados da gravación. “Que a xente veña a ver a que soa A Coruña, sobre todo o mar”, invita a titular da Concellaría de Cultura, María Xosé Bravo.

Escoitar.org está integrado polo musicólogo, Juan-Gil López e o antropólogo, Chiu Longina. Teñen participado en festivais, encontros e xornadas en Galicia, España e países coma Alemaña, Estados Unidos e Uruguai. Actualmente traballan en varios proxectos, algúns no ámbito galego como Fonotopías de Galicia. Tratase dun rexistro dos sons en perigo de extinción, apoiado pola Xunta.
Visitas guiadas

Mañá domingo tamén haberá visita guiada polas tres salas que acollen OUTONARTE. Será a partir das 12 horas. O percorrido comezará en María Pita para, ás 12.45, achegarse ata Palexco. Rematará a partir das 13.30 en Salvador de Madariaga. O seu obxectivo é que a cidadanía coñeza de primeira man as propostas da arte emerxente actual que realizan os artistas galego máis novos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google