“Acción Urbano”, no “Día Lugrís”, o sábado 17 de decembro

"A Urbano LugrisCoruña e Vigo son a mesma cidade. Así nolo di co seu talento a pintura de Urbano Lugrís. Dous pontóns de amarre no mesmo océano. Para significar unha vez máis esta revelación, o vindeiro sábado 17 de decembro celebrarase –simultaneamente- en Vigo e na Coruña a Acción Urbano. Xornada cívico-bohemia, en honra do gran mestre. O Orzán, o Berbés e un único manifesto en botella polos camiños do mar a prol da creatividade e da arte galega. Sábado 17 de decembro. Percalinópolys e Xouba City (isto é A Coruña e Vigo na terminoloxía do pintor) unidas outra vez pola vida, pola bohemia, polo talento abisal de Urbano Lugrís, profeta do atlantismo. O fato de enxarmantes da Coruña autedonimámonos "IN NAVE CIVITAS" (por suposto ti es membro de honra). Imaxinamos un acto en catro tempos:
1. Ás 20:00 horas: "Obradoiro submarino". Xuntanza no palco da música de Méndez Núñez para decorar paraugas con debuxos de peixes. Así, se chove, facemos da necesidade virtude. Saída da manifestación atlántica presidida, con toda pompa e esplendor, polo son dos gaiteiros "Os Vicentes de Elviña".
2. "Camarote Lugrís". Intervención pictórica rápida na rúa Mantelería, diante do recanto que ocupaba o estudo de Lugrís.
3. "Balada do Porto de Os". Estrea no Borrazás (Rúa Orzán, 165), café moi querido por Lugrís, dunha rapsodia inspirada no poema do mesmo nome, composta por Marcos Aboal e Lourenzo Castro.
4. Na Coiraza do Orzán, lectura e lanzamento -en botella- do manifesto, dirección ribeira do Berbés."
Texto de Xurxo Souto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MontyArte: exposición “Dibujos y Pinturas”, de Santiago Caneda

mércores, 14 decembro 2011, 9:15 | Category : Arte, exposicións, pintura
Tags : , ,

Santiago Caneda

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hotel Hesperia: IV “Feira da Arte Galega”

Do venres 9 de decembro ao xoves 5 de xaneiro
De 11:00 a 14:00 h. e de 16:30 a 21:30 horas
Hotel Hesperia (Rúa Juan Flórez, 16)
Entrada libre até completar capacidade.

IV edición da "Feira de Arte Galega", coa participación de máis de 50 artistas con máis de 1500 obras orixinais. A inauguración terá lugar o venres 9 de decembro, ás 20:00 horas, cunha homenaxe poética a Alfonso Abelenda, na que participan Pablo Bouza, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Dores Tembrás, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela e Eva Veiga. Posteriormente, terá lugar a actuación en directo do músico Pablo Bicho.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Moret Art: exposición “La atracción del abismo”, de Xurxo Gómez-Chao

venres, 18 novembro 2011, 9:53 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

Xurxo Gómez-Chao

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: “Codo manchado de azul turquesa”, exposición de Teo Soriano

luns, 14 novembro 2011, 10:03 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

Do Teo Sorianomartes 15 de novembro ao domingo 8 de xaneiro
Kiosko Alfonso
Horario de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

"Codo manchado de azul turquesa" permítelle a Teo Soriano (Mérida, 1963) presentarse na cidade onde reside coa exposición máis ampla das que ten realizado. Profundo investigador da pintura, dos seus límites e as súas posibilidades, a súa obra converteuno nun dos nosos máis interesantes, sólidos e innovadores creadores. A inauguración oficial da exposición terá lugar o venres 18 de novembro ás 20:00 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: exposición pictórica de Fernando Fueyo sobre Atapuerca

martes, 8 novembro 2011, 11:45 | Category : exposicións, museos científicos, pintura
Tags : , , ,

Do mc2martes 8 de novembro ao domingo 15 de xaneiro de 2012
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
Planta baixa

"Atapuerca, Arco da Vella da evolución humana" é unha selección de 19 acuarelas do pintor Fernando Fueyo nas que están presentes de forma recorrente os lugares, os achados, a actividade humana e os animais e plantas que conviven coas escavacións arqueolóxicas dos xacementos da Serra de Atapuerca.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Club del Mar: exposición “A Coruña, Santander y más. Visiones”, de Manuel Gandullo

luns, 31 outubro 2011, 9:15 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

INVITACIÓN EXPO. CLUB DEL MAR

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MontyArte: exposición “Pintar por pintar”, de Jaime Tenreiro, do 28 de outubro ao 15 de novembro

xoves, 27 outubro 2011, 9:00 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

tarjeton prensa tenreiro

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: exposición de Alberto Carpo

luns, 26 setembro 2011, 10:00 | Category : exposicións, pintura
Tags : ,

Do martes 27 de setembro ao domingo 6 de novembro
Kiosko Alfonso
Horario de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición de Alberto Carpo, quen, tras máis de corenta anos de actividade, é un dos pintores máis recoñecidos da cidade. Autor realista, a súa obra sempre destacou pola súa observación, tamén psicolóxica, da figura humana, especialmente feminina, pero sen descoidar os distintos xéneros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de pintura “Anónimas (Retratos de mulleres)”, de Mon Lendoiro

Do Anónimas retrato de mulleresxoves 1 ao mércores 28 de setembro
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
De luns a venres de 16:30 a 20:30 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición da obra pictórica "Anónimas (Retratos de mulleres)", de Mon Lendoiro (Carballo, 1971). A inauguración será ás 20:00 h. do xoves 1 no salón de actos da Asociación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Luís Seoane: exposición “Toporgrafías”, sobre a obra de Roland Topor

martes, 19 xullo 2011, 11:02 | Category : Arte, exposicións, ilustración, pintura
Tags : , ,

Do Roland Topormércores 20 de xullo ao domingo 25 de setembro
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.

"Toporgrafías" é una exposición que amosa parte do inabarcable universo do xenial artista francés Roland Topor (París 1938-1997). Quizais calificalo como artista a secas sexa neste caso un tanto reducionista, xa que Topor era ilustrador, debuxante, deseñador de carteis, novelista, gravador, autor de cómics, compositor de cancións, dramaturgo, actor ocasional, realizador de debuxos animados, caricaturista, escenógrafo e deseñador de vestuario, entre outras moitas actividades desenvolvidas ao longo da súa existencia. A mostra conta co patrocinio da Obra Social de Caja España e da Obra Social de Caja Duero, e é a primeira exposición que se lle dedica a Roland Topor no noso país en décadas. A incrible multiplicidade de Roland Topor como creador vese representada en "Toporgrafías", grazas a un conxunto de pezas que percorren parte da súa obra gráfica a través dunha escolla de gravados, carteis, libros e revistas, figuríns e pezas audiovisuais que ofrecen unha visión coherente dun autor que sempre suscitou a admiración tanto do público en xeral como dos máis grandes artistas da súa época. Non en van, Federico Fellini, para o que fixo unha serie de debuxos para a linterna máxica da súa película "Casanova", cría que Topor era "(...) o último representante daqueles grandes ilustradores como Blake e Daumier, Doré e Carlo Chiostri, capaces de crear un universo completo descrito ata o máis mínimo detalle".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

VIII Encontros Milpedras: recital simultáneo de poesía, música e artes plásticas

Venres VIII Encontro Milpedras24
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

A VIII edición dos "Encontros en Milpedras" contará coa participación poética de Celso Álvarez Cáccamo, Estíbaliz Espinosa e Branca Novoneyra, en paralelo á intervención musical de Karlos Barral e Alberto Laso, e a intervención dos artistas plásticos Carlos Botana e Nando Lestón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Atlántica Centro de Arte: exposición “Suleimán y Salúa”, de Ali Ali

Do Ali Alimércores 22 de xuño ao xoves 14 de xullo
Atlántica Centro de Arte (Rúa Federico Tapia, 15, baixo).
Mañás: de martes a sábado: de 11:00 a 14:00 h.
Tardes: de luns a venres: de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Suleimán y Salúa", do artista sirio Alí Alí, recolle as litografías que forman o libro de artista do mesmo nome, en diálogo cun texto de Francisco Fernández Naval. A inauguración terá lugar o mércores 22 de xuño ás 20:00 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: exposición “O corpo e o espazo”, da Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso

Do cartel_corpo_espazomartes 7 ao xoves 30 de xuño
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
De martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00 h.
Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado.
Entrada libre até completar capacidade.

"O corpo e o espazo" recolle traballos de alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, e permanecerá aberta todo o mes de xuño. A exposición terá dúas sedes, unha na Casa Museo Casares Quiroga e a outra na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (Rúa Pelamios, 2). O visitante poderá atopar intervencións de pintura mural, videoarte, cerámica artística, deseño gráfico, escultura, fotografía, maquetas, proxectos de interiorismo e obras de dourado e policromía. Todos os diversos estudos que se poden cursar na Escola Pablo Picasso están representados. O fío condutor da mostra integra as diversas lenguaxes e manifestacións artísticas. A figura humana ten sido un dos temas fundamentais da arte de todos os tempos, esta mostra vai máis aló porque coas súas instalacións intervén e dialoga cos propios espazos da exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio Municipal: exposición “Miradas dunha Torre”, de Pablo Candamio e Ánxeles Penas

Do Miradas dunha Torremartes 31 de maio ao domingo 26 de xuño
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

"Miradas dunha Torre" é un proxecto aberto e heteroxéneo da pintora poeta Ánxeles Penas e do fotógrafo Pablo Candamio, no que, cautivados pola beleza, o magnetismo e a maxia da coruñesa Torre de Hércules, buscan reflectir as súas caras ocultas e dimensións artísticas a través das súas persoais miradas. Neste mes de xuño no que se celebra o segundo aniversario do recoñecemento da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, fotografía, pintura e poesía renden homenaxe á icona da nosa cidade. A inauguración terá lugar o martes 31 de maio ás 20:00 horas. Deixamos aquí a portada: Miradas dunha Torre 2011-06 portada, e o interior:  Miradas dunha Torre 2011-06 interior, do catálogo desta exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google