Librería Cascanueces: pintada do mural e actividades especiais o sábado 28 de maio

venres, 27 maio 2011, 10:50 | Category : infantil, obradoiros, pintura
Tags : ,

Sábado Cascanueces28
Librería Cascanueces (Rúa Cordonería, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

O sábado 28 de maio, durante todo o día, terá lugar a pintada do mural da Librería Cascanueces, por parte de David Pintor e amigos. Ademais, a partir das 12:30 horas, para os máis pequenos, terá lugar un contacontos e un obradoiro de globoflexia, e desde as 18:00 horas, máis contacontos e obradoiro de pintura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa do Libro: actividades do martes 17, último día

FinalizaFesta do libro esta nova edición da FESTA DO LIBRO, aberta desde o venres 13 nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o seu último día: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

* Martes 17:
- 12:00 h.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
- De 17:30 a 19:30 h.- "Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato". Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
- 18:00 h.- Presentación da serie de novelas "Suso Espada", de Francisco X. Fernández Naval (Ed. Everest). Lectura de fragmentos da última entrega "Suso Espada. Nota Roja". Participan Irene Penas, directora de Everest Galicia e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
- 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
- 19:00 h.- Actuación de Nova Galega de Danza: "Tradicción". Diante do Kiosco Alfonso.
- 20:00 h.- "Declaración audiovisual: Lois Pereiro", por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
- 20:30 h.- "Moita poesía, pouca diversión". Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“III Certame de Pintura Cidade Vella”

ACidade Vella Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, coa colaboración da Asociación de Veciños da Cidade Vella "María Pita" e a Asociación de Artistas Plásticos Galegos, convoca o "III Certame de Pintura Cidade Vella", suxeito aos seguintes requisitos:
O día 15 de maio de 2011, entre as 9:00 e as 12:00 horas, os participantes deberán presentarse no local da Asociación de veciños da Cidade Vella "María Pita" (Rúa Santa María 10. Esquina Sinagoga) para cumprimentar a autorización e selado do soporte da obra. A partir dese instante pódese comezar a pintar. De 19:00 a 20:00 horas procederase á entrega da obra sen asinar. O xurado reunirase de seguido e o fallo farase público a partir das 21.00 horas. A organización non se responsabiliza das posibles perdas ou danos que poideran sufrir as obras. As bases son as seguintes:
- 1. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES: Persoas de calquera nacionalidade, de 16 anos en adiante, provistas de DNI ou pasaporte.
- 2. TEMÁTICA: Interpretación libre, relativa á Cidade Vella da Coruña.
- 3. TÉCNICA: Libre.
- 4. SOPORTE: Cada participante presentará un único soporte a concurso, debidamente selado. Asimesmo levará o material necesario para o desenvolvemento da súa obra.
- 5. DIMENSIÓNS DA OBRA: Tanto a lonxitude como a anchura estarán comprendidas no intervalo de 40 cm. (mínimo) a 100 cm. (máximo).
- 6. COMPOSICIÓN DO XURADO: O xurado, cuxa composición se dará a coñecer antes da data do certame, estará formado por profesionais das artes plásticas, e de secretario exercerá unha persoa designada pola Asociación de veciños da Cidade Vella "María Pita".
- 7. A PARTICIPACIÓN NO CERTAME SUPÓN A ACEPTACIÓN DAS SÚAS BASES.
- 8. PREMIOS:
• Primeiro premio: 1.300 euros.
• Segundo premio: 500 euros.
Estes premios, que estarán suxeitos á retención fiscal que legalmente corresponda, poderán declararse desertos. A decisión do xurado é inapelábel, reservándose a Concellaría de Cultura o dereito de publicar o resultado desta convocatoria na maneira e polos medios que estime máis acaídos.
- 9. PROPIEDADE DAS OBRAS. As obras presentadas ao certame serán propiedade dos seus autores, se ben, ao participaren, autorizan ao Concello da Coruña a reproducilas e utilizalas con fins de promoción e difusión da cultura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: exposición de pintura “H2O”, de Raúl Álvarez

xoves, 5 maio 2011, 11:42 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

Do xoves 5 ao domingo 29 de maio
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12, baixo)
De martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00 h.
Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición de pintura "H2O", de Raúl Álvarez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galería Sargadelos: exposición “Carpinturías”, de Branda

xoves, 5 maio 2011, 10:30 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

Do xoves Branda5 de maio ao domingo 5 de xuño
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Carpinturías", de Branda.

SEN TÍTULO- 17
Cantiga de escarnio, maldizer e amor amigo
Ondas martenot do gym
amor hei!
Celulites sen leixaprén
amor hei!
Táboas que non teñen fin
amor hei!
Cartiños que me ghastei
amor hei!
(Estíbaliz...Espinosa)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de pintura e gravado de Carlos Botana e cea-concerto con “Los Triguis”

xoves, 14 abril 2011, 10:48 | Category : concertos, exposicións, música, pintura
Tags : , ,

Do CASAINDIANA carlos e triguisvenres 15 de abril ao domingo 15 de maio
Casa Indiana (Rúa Gambrinus, 14)
Entrada libre.

Exposición de "Pintura e gravado" de Carlos Botana. A inauguración terá lugar o venres 15 de abril ás 20:30 h., con entrada libre até completar capacidade.
O mesmo día, venres 15 de abril, ás 22:00 h., terá lugar unha cea-concerto onde actuarán Los Triguis, con versións de músicas dos anos oitenta. A entrada desta cea-concerto será de 20 euros, e para asistir pódese chamar ao 981-257681 ou enviar un correo electrónico a:  reservas at casaindiana.es.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Monty4arte: exposición “El linaje de las hojas”, de Jorge Vázquez Carmona

Do Jorge Vázquez Carmonaxoves 7 de abril ao luns 2 de maio
Galería Monty4arte (Rúa Montroig, 4)
De luns a sábado: de 12:00 a 14:00 e 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Jorge Vázquez Carmona presenta na súa exposición "El linaje de las hojas" sorprendentes personaxes formando un remuíño de corpos, caras e acenos, que tanto se despegan da parede en releves buscando nova vida, novos planos imposíbeis de describir como nos ollan asombrados desde o seu encerro bidimensional. A inauguración terá lugar o xoves 7 de abril ás 20:30 h, coa actuación do grupo Ánaga, que porá son durante uns minutos á obra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Memoria del futuro”, de Guillermo Fernández-Díez, na Galería Alen Klass

xoves, 7 abril 2011, 9:49 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

Do alenklassxoves 7 de abril ao venres 6 de maio
Galería Alen Klass (Rúa Dolores Rodríguez Sopeña, 9. Zona Santa Margarita)
De luns a venres: de 17:30 a 20:30 h.
Sábados: de 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Memoria del futuro", do artista madrileño Guillermo Fernández-Díez (1966), na que presentará a súa obra recente de tintas sobre papel, óleos sobre lenzo, onde a abstracción é a liña condutora, e esculturas de pequeno formato, cabezas realistas de personaxes masculinas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Obradoiros no Achegarte 2011

venres, 1 abril 2011, 9:21 | Category : Arte, Libro e lectura, achegarte, danza, fotografía, ilustración, infantil, obradoiros, pintura, teatro
Tags :

O programa definitivo dos obradoiros, dirixidos preferentemente a escolares (podes apuntarte alí ou garantir a túa praza inscribíndote previamente nas Bibliotecas Municipais), do Achegarte 2011 será o seguinte:

* Sábado 2:
* "Demostración de pintura en directo". Pedro Bueno.
* "Obradoiro de pintura (+ 6 anos)". Begoña Tojo.
* "Obradoiro de escrita creativa e reciclaxe de camisetas".
* Obradoiro "Pequenos deseñadores. Moda creativa". Proxecto GV.
* "Sesión de retrato fotográfico". A. C. Alexandre Bóveda.
* Concurso "Tinta de Lura: canto sabes de literatura?". (Agasallo de camisetas e libros aos gañadores).
* "Obradoiro de ilustración". Pablo Otero (Kalandraka).
* "Obradoiro de títeres e monicreques". Colectivo Bululú.
* "Obradoiro de formas e cor. Técnica: plantillas con ceras". Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.
* "Obradoiro de caligrafía artística". Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.
* "Obradoiro de clown". Manicómicos.
* "Exhibición de pintura dixital". Diego Ogando.
* "Obradoiro de Ilustración (+ 7 anos)". Carlos Arrojo.
* "Obradoiro de danza". Compañía Bruma.

* Domingo 3:
* "Demostración de xadrez", pola A. C. Alexandre Bóveda.
* "Demostración en directo do acuarelista Manolo Gandullo".
* "Obradoiro de pintura (+ 6 anos)". Begoña Tojo.
* "Obradoiro de baile". Xacarandaina.
* "Creación de personaxes de banda deseñada". Kiko Dasilva.
* "Obradoiro de animación á lectura". Reverso.
* "Obradoiro de baile". Donaire.
* "Mira e xoga con Luís Seoane. Obradoiro de arte para familias". Crearte.
* "Obradoiro de baile". Cántigas da Terra.
* Obradoiro "Sen novas de Gub". Reverso.
* "Obradoiro de barquiños". Músicas de Salitre.
Durante todo o día "Obradoiro Infancia creativa" no stand de Reverso e "Obradoiro de videoxogos" diante do stand de Imaxín Software.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Botica das Artes: exposición de Emilio Celeiro

venres, 1 abril 2011, 8:00 | Category : exposicións, pintura
Tags : ,

Botica das Artes

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: exposición de pintura “A música na arte”

xoves, 31 marzo 2011, 11:36 | Category : exposicións, pintura
Tags : ,

Do invitacin_a msica na arte venres 1 ao sábado 30 de abril
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición de pintura "A música na arte". A inauguración terá lugar o venres 1 de abril ás 20:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: “Material/memoria”, exposición de Quintana Martelo

martes, 29 marzo 2011, 19:00 | Category : escultura, exposicións, pintura
Tags : , ,

Do Quintana Martelomércores 30 de marzo ao domingo 22 de maio
Kiosko Alfonso
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Material/memoria", coa obra de Manuel Quintana Martelo (Santiago, 1949). A instalación consiste nunha selección de varios centos de debuxos do artista, xunto a algún dos seus cadros máis coñecidos, instalacións e as súas últimas creacións escultóricas, que pretenden amosar en profundidade a obra deste artista. A inauguración terá lugar o martes 29 de marzo ás 20:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Frame”, exposición de Nico Munuera na Galería Ana Vilaseco

venres, 25 marzo 2011, 12:08 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

Do Nico Munueravenres 25 de marzo ao venres 27 de maio
Galería Ana Vilaseco (Rúa Padre Feijoó, 5, 1ª)
De martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h. Sábado con cita previa.
Entrada libre.

Exposición da obra pictórica de Nico Munuera: "Frame". A inauguración celébrase o venres 25 de marzo ás 20:30 h., coa presenza do propio artista.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programa de actividades do Achegarte 2011

Facemos público o programa de actividades do Achegarte 2011, que se desenvolverá no Palexco (salvo algunhas actividades que sinalamos máis abaixo) con estes horarios:
Sábado 2 de abril: de 11:30 h. a 14:30 h., e de 16:30 h. a 22:00 h.
Domingo 3 de abril: de 11:30 h. a 14:30 h., e de 16:30 h. a 21:00 h.

En total hai 114 participantes, co seguinte desglose:
- Editoriais: 20.
- Librarías: 9.
- Institucións: 6.
- Asociacións profesionais: 7.
- Entidades culturais: 11.
- Distribuidoras: 8.
- Teatro: 14.
- Danza: 6.
- Audiovisuais: 4.
- Servizos culturais: 5.
- Outros: 6.

O programa completo pódese descargar aquí: Programa Achegarte 2011:

- Música:
* Sábado 2: Rap Regueifa: Noe Orosa, Ninguén Melide e Senlleiro, Marta Quintana, Coral Follas Novas, Manu Clavijo, Xacarandaina, Xoán Curiel, Habelas, Luar na Lubre, Fuco Xabier, Pradairo: "Pateado", Noitarega: "Vinteún", Silvia Penide e Tiruleque.
* Domingo 3: Pablo Díaz e o grupo "Tic-Tac", Pel de noz, Bellón Maceiras (no stand de Abada), A nena e o grilo, Pesdelán: "Na punta do pé", Saltanocribo, Luvas Verdes, Os da Troula e Cignus, Guillerme Fernández e Xabier Díaz: "Arrolos de Salitre", Combo Dinamo, Tonecho Castelos & Pablo Esqueira, Ulträqäns, Maghúa, Tres Azoteas, Doa e Duplo Son.

- Teatro:
* Sábado 2: "Carlota e Marieta van en bicicleta". A Locamotora; Recital de poesía satírica galego-portuguesa por Celso Parada, do Teatro do Morcego; "Tristán". Elefante Elegante; "Pa cama". Katarsis; "Carapuchiña vermella ou o conto do lobo". Danthea Teatro; "Formigas". CasaHamlet e "Cabaret". Manicómicos.
* Domingo 3: "Contos para un caldiño". Baobab Teatro; "Historia dunha semente". Caramuxo Teatro; Cabraret; Viravolta Títeres; "A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz". Teatro do Andamio; "Os Feirantes". Ramiro Neira e "O trolebús de Celso". Gari.

- Danza:
* Sábado 2: "Territorio marcado", por Fran Riveiro, de Danesga e "Rede na rede". Aula de danza da UDC.
* Domingo 3: "IN-NOVA danza". As Dríadas; "Blondy’s coffe", de Danesga e Nova Galega de Danza.

- Maxia:
* Sábado 2: espectáculo de maxia a cargo de Magos profesionais de Galicia. Ademais, actuacións de maxia no seu stand.

- Obradoiros. Para escolares. Podes apuntarte no AcheGARTE ou garantir a túa praza inscribíndote previamente nas Bibliotecas Municipais:
* Sábado 2: "Demostración de pintura en directo". Pedro Bueno; "Obradoiro de pintura (+ 6 anos)". Begoña Tojo; "Obradoiro de escrita creativa e reciclaxe de camisetas"; Obradoiro "Pequenos deseñadores. Moda creativa". Proxecto GV; "Sesión de retrato fotográfico". A. C. Alexandre Bóveda; Concurso "Tinta de Lura: canto sabes de literatura?". (Agasallo de camisetas e libros aos gañadores); "Obradoiro de ilustración". Pablo Otero (Kalandraka); "Obradoiro de títeres e monicreques". Colectivo Bululú; "Obradoiro de formas e cor. Técnica: plantillas con ceras". Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso; "Obradoiro de caligrafía artística". Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso; "Obradoiro de clown". Manicómicos; "Exhibición de pintura dixital". Diego Ogando; "Obradoiro de Ilustración (+ 7 anos)". Carlos Arrojo e "Obradoiro de danza". Compañía Bruma.
* Domingo 3: "Demostración de xadrez", pola A. C. Alexandre Bóveda; "Demostración en directo do acuarelista Manolo Gandullo"; "Obradoiro de pintura (+ 6 anos)". Begoña Tojo; "Obradoiro de baile". Xacarandaina; "Creación de personaxes de banda deseñada". Kiko Dasilva; "Obradoiro de animación á lectura". Reverso; "Obradoiro de baile". Donaire; "Mira e xoga con Luís Seoane. Obradoiro de arte para familias". Crearte; "Obradoiro de baile". Cántigas da Terra; Obradoiro "Sen novas de Gub". Reverso;  e "Obradoiro de barquiños". Músicas de Salitre. Durante todo o día "Obradoiro Infancia creativa" no stand de Reverso, "Obradoiro de videoxogos" diante do stand de Imaxín Software.

- Presentacións:
* Sábado 2: Entrega do premio "Meiga Moira". Baía; Presentación da Normal. Luís Caparrós, vicerreitor da UDC; "Noente Paradise". Ugia Pedreira; Presentación das novidades de Demo Editorial. Manel Cráneo; 25 aniversario de "O misterio das badaladas" de Xabier P. DoCampo. Conversa co autor e co ilustrador (Xosé Cobas), Xerais; Animación "Abrapalabra!", con Antón Cortizas e o mago Carlos Coira. Galaxia; Presentación do Boletín da Real Academia Galega "Xosé María Álvarez Blázquez", con presidente Xosé Luís Méndez Ferrín e o secretario Xosé Luís Axeitos; "Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación", con Pilar García Negro. Laiovento; Presentación de MEUBOOK; Colección de ensaio "Supertextos". 2.0 Editora.
* Domingo 3: "Páxinas de Carricanta". Ana Mª Fernández. Ilustrador D.N.L; Lectura dramatizada de collage, de Esther F. Carrodeguas. Edicións Barbantesa. Con Raquel Nogueira como Alicia e a colaboración especial de Antonio Mourelos como Alberto; "Planeta Mincha". Manel Cráneo; "Divírtete co paxaro Rodribico". Baía; Presentación do programa "E-ducando". AS-PG; Conclusións do foro sobre o estado da cultura. Tati Mancebo; "Antoloxías Poéticas Sonoras". Xosé María Álvarez Cáccamo e Chus Pato. Cumio; "Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935", Federica Montseny. Trifolium; presentación de "S8 Mostra de cinema periférico", 2ª edición. Ángel Rueda; presentación de "Señardade da luz: a obra poética de Manuel María", de Miguel Mato.

- Audiovisuais:
* Sábado 2: Programación da Academia Galega do Audiovisual: proxección de curtas de animación finalistas dos Premios Mestre Mateo, "Checkout", de Ficción Producciones e Audiovisual de Servicios Kairos, "Cribba, o vampiro", de Matriuska Producciones e "Gato encerrado", de María Helena Varela Sánchez e Silvina Cornillón; "A escola das areas" de Algarabía Animación e Lúa Films; "A Xaguarana" de Algarabía Animación e Lúa Films; "Alistán, o demo oveiro" de Algarabía Animación e Lúa Films; "O Soldadiño de Chumbo" de Algarabía Animación e Continental Producciones; Curtas de animación de OQO Editora: "Corre corre, cabaciña"; "A princesa do Caurel"; "A bruxa regañadentes"; "Os sete cabritos" e "Un gato na árbore"; Entrega de premios e proxeccións "Curtas para Rosalía". AS-PG.
* Domingo 3: Proxección de "Contra a morte". Documental sobre Lois Pereiro. IBCinema; proxección de curtas de Mr. Misto Films: "Cousiñas", "O castelo da meiga", "A nena que tiña unha soa orella", "Neggy coñece a Sammy", "A flor máis grande do mundo"; "O pintor de ceos"; e pase promocional da película "A casa da Luz" (esta última no Teatro Rosalía [con convite]) e presentación do guión de "O divino ferrete". Reverso.

- Cara a cara. Dous creadores e un xornalista conversan sobre os seus últimos traballos, sobre o proceso e o contexto da creación, os públicos, os medios, ...
* Sábado 2: Daniel Salgado fala con Emilio José e Oliver Laxe.
* Domingo 3: Alberto Ramos fala con Manuel Rivas e Mercedes Peón; Iolanda Casal fala con Uxía e Xurxo Souto.

- Espazos vertebrados. Experiencias e actividades de asociacións e colectivos culturais, organizados e/ou vertebrados nos últimos tempos. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2: Fundación Manuel María; A Central Folque; Musiqueoh!; Milpedras; Teatro Resoante; El Fracaso; Presentación do selo "Pulp Books". Rinoceronte; Presentación da nova colección "Alcaián". Urco; e "Casa de Manuel Antonio en Rianxo". Xosé Luís Axeitos e Grupo Revisión.

- Mesas de debate. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2: Situación do teatro infantil en Galiza.
* Domingo 3: A escrita de guión audiovisual en Galiza.

- Encontros sectoriais. No Kiosko Alfonso:
* Sábado 2: Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Xestión e xestores culturais en Galiza.
* Domingo 3: Federación de Asociacións Galiza Cultura. Encontro Nacional de Asociacións Culturais.

- Chat ao vivo. Sala de audiovisuais:
* Sábado 2: Ataque Escampe.
* Domingo 3: Manolo González; Lino Braxe.

- Lecturas compartidas:
Diversos autores lerán o sábado e o domingo, de 17:00 a 21:00 no stand da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galería Sargadelos: exposición “Cliname(s)”, de Xavier Riomao

xoves, 17 marzo 2011, 11:36 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

Do venres 18 de marzo ao luns 18 de abril
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Cliname(s). Batalla(s) do tempo", de Xavier Riomao. Propiamente expropiados pola pintura os corpos comezan propiamente a ser corpos da pintura. Suplemento dun real sempre difícil. Diríase que a pintura, mobiliza aquí os desvíos para ela, acoller a acción da man que introduce o mundo no lenzo -que no caso non é outro que- o campo onde se batalla. Primeiro aspecto, primeira visión, primeira pintura. Un corpo, para comezar, exponse... A inauguración será o venres 18 de marzo ás 20:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google