Fundación Luís Seoane: recital poético “Os libros de Caldeirón”, con Eli Ríos, Emma Pedreira e Lino Braxe

xoves, 29 decembro 2011, 10:32 | Category : poesía, recitais
Tags : , , , ,

Venres Carteis A Coruña dec 1130
Fundación Luís Seoane
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Recital poético de "Os libros de Caldeirón", coa participación de Eli Ríos, Emma Pedreira e Lino Braxe.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: presentación de “Leopardo son”, de Pilar Pallarés

Pilar Pallarés

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Acción Urbano”, no “Día Lugrís”, o sábado 17 de decembro

"A Urbano LugrisCoruña e Vigo son a mesma cidade. Así nolo di co seu talento a pintura de Urbano Lugrís. Dous pontóns de amarre no mesmo océano. Para significar unha vez máis esta revelación, o vindeiro sábado 17 de decembro celebrarase –simultaneamente- en Vigo e na Coruña a Acción Urbano. Xornada cívico-bohemia, en honra do gran mestre. O Orzán, o Berbés e un único manifesto en botella polos camiños do mar a prol da creatividade e da arte galega. Sábado 17 de decembro. Percalinópolys e Xouba City (isto é A Coruña e Vigo na terminoloxía do pintor) unidas outra vez pola vida, pola bohemia, polo talento abisal de Urbano Lugrís, profeta do atlantismo. O fato de enxarmantes da Coruña autedonimámonos "IN NAVE CIVITAS" (por suposto ti es membro de honra). Imaxinamos un acto en catro tempos:
1. Ás 20:00 horas: "Obradoiro submarino". Xuntanza no palco da música de Méndez Núñez para decorar paraugas con debuxos de peixes. Así, se chove, facemos da necesidade virtude. Saída da manifestación atlántica presidida, con toda pompa e esplendor, polo son dos gaiteiros "Os Vicentes de Elviña".
2. "Camarote Lugrís". Intervención pictórica rápida na rúa Mantelería, diante do recanto que ocupaba o estudo de Lugrís.
3. "Balada do Porto de Os". Estrea no Borrazás (Rúa Orzán, 165), café moi querido por Lugrís, dunha rapsodia inspirada no poema do mesmo nome, composta por Marcos Aboal e Lourenzo Castro.
4. Na Coiraza do Orzán, lectura e lanzamento -en botella- do manifesto, dirección ribeira do Berbés."
Texto de Xurxo Souto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Taller de Litografía Milpedras: presentación de “Versos fatídicos”, de Alfredo Ferreiro

Venres Alfredo Ferreiro16
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do poemario "Versos fatídicos (1994-2010)", de Alfredo Ferreiro, publicado en Edicións Positivas. No contexto deste acto terá lugar unha intervención do Grupo Surrealista Galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aberta a inscrición para o obradoiro de escrita poética “Eu é un outro”, impartido por Xoán Abeleira

xoves, 15 decembro 2011, 0:12 | Category : obradoiros, poesía
Tags : ,

Todos Xoán Abeleiraos xoves 2 de febreiro ó 19 de abril do 2012.
Centro Psicosom (Rúa Federico Tapia, 43, 2º esquerda)
De 19:30 a 21:00 horas ou de 20:00 a 21:30 horas (consonte a conveniencia da maioría da xente interesada no obradoiro)
Prezo: 150 euros en total -50 euros ó mes -a pagar consonte as posibilidades de cada quen.

Obradoiro de escrita poética "Eu é un outro. Introdución á poesía moderna. A creación como método de coñecemento e de (pro)cura interior", impartido por Xoán Abeleira. O número máximo de prazas é de 15, cunha duración de tres meses (unha clase á semana, dunha hora e media de duración), con posibilidade de prolongar o curso. Máis información e reservas no teléfono 686397847 e/ou no correo xabeleira@mundo-r.com
Programa: "No obradoiro mesturaremos a teoría coa práctica poética. Por unha banda, e tomando o poeta francés Charles Baudelaire como punto de partida, percorreremos o desenvolvemento da poesía moderna universal, dende o simbolismo ata as vangardas de principios do século XX, lendo, analizando e comentando os textos claves das súas principais figuras: Charles Baudelaire, Arthur Rimbaud, Jules Laforgue, Walt Whitman, Emily Dickinson, Stéphane Mallarmé, Guillaume Apollinaire, T. S. Eliot, Ezra Pound, os poetas expresionistas alemáns, os poetas cubistas, os poetas futuristas, os poetas superrealistas, etc, ocupándonos especialmente da influencia de todos eses autores e movementos na poesía galega e española daquelas épocas. Por outra, e partindo de exemplos concretos dos tipos de técnicas, estruturas, ritmos, recursos... poéticos inventados e/ou desenvolvidos polos autores estudados, os e as participantes no obradoiro escribirán e comentarán os seus propios textos, realizados consonte os modelos analizados en clase: poemas en verso medido, poemas en verso libre, poemas en prosa, poemas cubistas, poemas expresionistas, poetas superrealistas, etc. Así mesmo, e ó fío de cada un dos autores estudados, abordaremos distintos temas vencellados co feito da creación en si (coma, por exemplo, a relación entre a arte e a meditación, a arte e o xamanismo, a arte e a psicoloxía, a arte e a indagación no inconsciente colectivo e persoal, etc), facendo especial fincapé nas distintas vías en que a creación poética, como método de coñecemento e de sanación, nos axuda a medrar no camiño da sabedoría, revelándonos a realidade última das cousas e, xa que logo, de nós."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hotel Hesperia: IV “Feira da Arte Galega”

Do venres 9 de decembro ao xoves 5 de xaneiro
De 11:00 a 14:00 h. e de 16:30 a 21:30 horas
Hotel Hesperia (Rúa Juan Flórez, 16)
Entrada libre até completar capacidade.

IV edición da "Feira de Arte Galega", coa participación de máis de 50 artistas con máis de 1500 obras orixinais. A inauguración terá lugar o venres 9 de decembro, ás 20:00 horas, cunha homenaxe poética a Alfonso Abelenda, na que participan Pablo Bouza, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Dores Tembrás, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela e Eva Veiga. Posteriormente, terá lugar a actuación en directo do músico Pablo Bicho.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pub Garufa: presentación do novo libro-disco “Haberá Primavera”, de César Morán

mércores, 7 decembro 2011, 9:27 | Category : Libro e lectura, música, poesía
Tags : , , ,

cartel presentación garufa 6

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: presentación de “Na intimidade do azougue”, de Pablo Bouza

Mércores 23
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do poemario "Na intimidade do azougue", de Pablo Bouza, publicado por Espiral Maior. No acto estará acompañado por Miguel Anxo Fernán-Vello, Luís G. Soto e Xulio López Valcárcel.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: presentación de “Átonos”, de Rosalía Fernández Rial

Venres 18
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do poemario "Átonos" de Rosalía Fernández Rial. No acto estará acompañada polo músico Serxio Moreira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: recital coordinado por Emma Pedreira e Teresa Seara

xoves, 10 novembro 2011, 9:31 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

Venres A. C. Alexandre Bóveda11
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Recital coa participación de 11 poetas, coordinado por Emma Pedreira e Teresa Seara.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono fotográfico 2011: exposición “Le monde habité”, de Gustavo García Roig e François Davo

DoLe monde habité mércores 9 ao venres 30 de decembro
Casa Museo María Pita (Rúa Herrerías, 28).
De martes a sábado, de 10:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:00 h.
Domingo, de 10:30 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Outono fotográfico 2011, exposición "Le monde habité", coa fotografía de Gustavo García Roig e a poesía de François Davo. A inauguración terá lugar o mércores 9 de novembro, ás 20:00 horas, e, dentro dela, terá lugar un recital poético do propio autor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: “Tour de Lecturas do Oeste”

Martes 8
Normal (Paseo de Ronda, 47)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das "IV Xornadas sobre Normalización da Lingua e a Cultura no Ámbito da Educación", ten lugar o "Tour de Lecturas do Oeste", con este programa:
- 16:30 h. Mesa redonda "Xestionando a lectura pública [BoasPrácticas]", con Catuxa Seoane, da Rede de bibliotecas do Concello da Coruña, Marcos Lorenzo, Cristina Novoa e Albino Alonso, moderados por Héctor Pose.
- 18:15 h. Mesa redonda "Iniciativas empresariais ao redor do libro", con Iria Sobrino (Estaleiro editora), Begoña Varela (Nova Colón), Manel Cráneo (Demo Editorial) e Antón Lado (2.0 Editora), moderados por Héctor Pose.
- 19:30 h. Lois Pereiro segundo Marcos Calveiro. Presenta: Neves Arza.
- 20:30 h. Espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao, presentadas por Eva Espido.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Caixa Galicia: “Homenaxe á guerrilla antifranquista. Manuel Ponte Pedreira (1911-2011)”

Xoves CRMH-300x1973
Auditorio da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Homenaxe á guerrilla antifranquista. Manuel Ponte Pedreira (1911-2011)", organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, cos seguintes actos:
- Estrea do documental "Miracielo, vida e morte de Manuel Ponte Pedreira", de Pablo Ces, presentado por Aurora Marco.
- Mesa-coloquio coa participación de Maruchi Ponte (filla de Manuel Ponte), Bernardo Máiz, Manuel Pazos e Rubén Afonso Lobato.
- Recital de poesía.
- Actuación musical de Mini e Mero (do grupo A Quenlla) e de Miro Casabella.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IX edición dos “Encontros Milpedras”, recital conxunto de poesía, música e fotografía

Venres 28
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

A IX edición dos "Encontros Milpedras" contará coa participación poética de Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval e Ramiro Vidal Alvarinho, en paralelo á intervención musical de Mou e a proxección da obra fotográfica de Maribel Longueira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Novacaixagalicia: presentación do libro “Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación”

Xoves 20
Sala de prensa da Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande, 21-24)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación", publicado na editorial Bubela, baixo a coordinación de Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño. Ademais dos coordinadores, intervirá Mariña Pérez Rei e proxectarase unha videocreación poética de catro minutos de duración, obra de de Cristina Ferreiro Real. O acompañamento musical corre a cargo de Brais Morán (guitarra).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google