Fallo do xurado do 7º "Concurso fotográfico Xurxo Lobato":
"Reunido o xurado do 7º Concurso fotográfico Xurxo Lobato no IES Monelos, presidido por Xurxo Lobato e formado por Pablo Mella, Xosé Díaz, Tino Fraga e como secretarios do Xurado Ramón Martínez e Blas Rodríguez ,expresa a súa satisfación pola mellora continua da calidade dos traballos presentados e o seu incremento con respecto a edicións anteriores (192 participantes e 500 fotografías) e decidiu otorgar os siguientes premios:
- 1º Premio, pola foto "Noite Azul" de ALEJANDRO TORRECILLA LÓPEZ, do IES Rafael Puga Ramón (A Coruña):

- 2º Premio, pola foto "Pasión" de LEIDY YULANI HOYOS URIBE, do Colexio Marcote (Vigo):

- 3º Premio, pola foto "Disfrázate conmigo esta noche, no notarán la diferencia", de SARA PÉREZ SEIJO do IES Francisco Sánchez (Tui):

* Accésits:
- "Cuento de lágrimas callejeras", de Irene Lopez Carro, do IES Virxe do Mar (Noia).
- "La cima es la mitad del camino", de Sofía Alejandra Izquierdo Ausina, do IES Fernando Wirtz Súarez (A Coruña).
- "Caballos", de Adrián Ferreira Cabado, do IES Rafael Puga Ramón (A Coruña).
- "Destino Galicia", de Sara Marcote Silva, do Colexio Marcote (Vigo).
- "Marina", de Marina Crecente López, do IES Monelos (A Coruña).
- "O mencer da mariña", de José Carlos Lorenzo García, da Escola de Imaxe e Son do Colexio Marcote (Vigo).
- "Caminante hay camino…", de Inés Fernández Borrallo, do IES Monelos (A Coruña).
- "Camino del peregrino", de Gema Ruibal Araújo, do Colexio Marcote (Vigo).
- "Gaivota no ar", de Rubén Liste Pérez do EIS de Lugo, Escola de Imaxe e Son (Lugo).
- "Rain", de Breogán Alamancos Millán, do Xelmírez I (Santiago de Compostela).
* Mencións especiais:
- Ao I.E.S. Monelos de A Coruña pola súa alta e constante participación durante as 7 edicións.
- Ao I.E.S. María Casares de Oleiros pola súa constante participación unida a unha alta calidade das obras presentadas durante as 7 edicións.
- Ao Colexio Marcote de Vigo por ser o centro con maior cantidade de participantes e fotos presentadas na presente edición.
En A Coruña, a 12 de abril de 2011."