Convocado o II Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2011 da Deputación da Coruña

venres, 4 marzo 2011, 12:44 | Category : lingua, premios
Tags :

"Para darlle continuidade ao premio creado o ano pasado en memoria de Rosalía de Castro, coa fin de recoñecer a promoción e dignificación do noso patrimonio lingüístico de forma desinteresada, a Deputación da Coruña convoca a II edición do premio de acordo coas seguintes bases:
- Primeira. Obxectivos:
* Darlle continuidade á convocatoria do Premio "Rosalía de Castro" iniciada o ano pasado, destinado a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias, de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico, ben no ámbito da provincia, autonómico, exterior ou global, que apostan decididamente de forma desinteresada ou cun apoio insignificante.
* Manter viva a memoria de "Rosalía de Castro".
- Segunda. Destinatarios:
Calquera persoa individualmente, colectivo, asociación ou entidade asentada en Galicia, coa súa residencia ou sede social no territorio da comunidade autónoma e aquelas que teñan unha especial incidencia ou desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña.
- Terceira. Méritos que se valoran. Para conceder os premios o xurado terá en conta os seguintes criterios:
* Tarefa continuada desenvolvida en favor da normalización lingüística do galego.
* Actuacións concretas en favor da dignificación social da lingua galega.
* Uso habitual e digno do galego nas súas actividades e nos seus servizos.
* Campañas de información e/ou publicitarias en galego.
* Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.
O xurado poderá valorar outros méritos, que dará a coñecer, das persoas ou entidades que se propoñan.
- Cuarta. Premio:
O premio concederáselle á persoa, colectivo, asociación ou entidade de ámbito galego en xeral e na provincia da Coruña en particular, que destaque pola súa traxectoria na promoción e dignificación da lingua galega ou que saliente por actividades que impliquen o espallamento da lingua galega no ano en curso. O Premio "Rosalía de Castro" de Lingua 2011 non ten dotación económica. O galardón consistirá nun recoñecemento honorífico acreditativo desta distinción.
- Quinta. Prazo:
O prazo de presentación das candidaturas comezará o día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 31 de marzo de 2011, a proposta de candidaturas será libre e non se poderá autocandidatar. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, tomando como modelo o que figura como anexo a estas bases. Indicarase no sobre II Premio "Rosalía de Castro" de Lingua 2011, ou no enderezo electrónico  normalizacion.linguistica at dicoruna.es. O xurado poderá propor candidaturas no transcurso da súa reunión.
- Sexta. Xurado:
O xurado estará presidido polo presidente da Deputación, e formarán parte del: o deputado presidente da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, unha persoa representante de:
* Secretaría Xeral de Política Lingüística,
* Movemento asociativo da provincia da Coruña,
* Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino da provincia da Coruña,
* Universidade da Coruña ou Santiago de Compostela,
* Medios de comunicación, nomeado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia,
* Unha persoa de recoñecido prestixio pola súa contribución a prol da lingua galega.
Será nomeado polo presidente da Deputación, e actuará como secretario o da corporación ou o funcionario no que delegue. A composición farase pública, con anterioridade á súa reunión, no taboleiro e na páxina web da Deputación, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes. O xurado reunirase en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 26.1 da Lei 30/1992 do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O xurado poderá declarar deserto o premio. A decisión do xurado terá lugar no mes de abril de 2011 e darase a coñecer no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación, e a través dos distintos medios de comunicación. O xurado queda facultado para interpretar estas bases.
- Sétima. Entrega do premio:
A entrega do premio realizarase o 7 de maio na IV Festa da Lingua que esta Deputación prevé realizar na Casa de Cultura de Carballo.
- Oitava. Candidaturas non seleccionadas:
Poderanas recoller ata finais de maio logo da presentación dun escrito asinado por algunha das persoas que formalmente presentaron a proposta no Servizo de Fomento-Unidade Técnica de Normalización Lingüística. Pasado este tempo entenderase que renuncian á súa propiedade.
- Novena. A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Entrega de “O Facho de Ouro” a Bernardino Graña

mércores, 26 xaneiro 2011, 12:30 | Category : homenaxes, premios
Tags : , , ,

O sábado 29 de xaneiro terá lugar a entrega do "Facho de Ouro", concedido pola Directiva da Agrupaçom Cultural O Facho a Bernardino Graña Villar, como testemuña e recoñecimento á súa longa traxectoria na defensa da dignidade e da cultura do País. O acto cívico será acompañado dunha cea homenaxe que se celebrará ás 21:00 horas no Hotel Riazor da Coruña. O prezo por persoa é de 30 euros, podendo facerse as reservas nos teléfonos 981.269.663 (tardes) e 698.147.851, ou ben no correo electrónico  lobezan at yahoo.es. No mesmo día, e na lembranza dos Precursores e Mártires, celebrarase a tradicional ofrenda floral nos xardíns de Méndez Núñez, diante do monumento a Curros Henríquez ás 12:30 h. Na cerimonia haberá música de gaiteiros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acto de entrega dos “Premios Apalpador para Actividades Escolares e Extraescolares”

martes, 25 xaneiro 2011, 11:48 | Category : música, premios
Tags : , ,

Venres Apalpador premio28
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Acto de entrega dos "Premios Apalpador para Actividades Escolares e Extraescolares", ao que seguirá a actuación en directo de Miro Casabella.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A A. C. O Facho convoca o “Concurso de Teatro Infantil”

martes, 25 xaneiro 2011, 11:39 | Category : Libro e lectura, infantil, premios, teatro
Tags : ,

"Assumindo como próprias as palavras de Juan Ramón Jiménez quando afirmava que "Teatro infantil é aquele que também lhe gosta aos nenos", a Junta Directiva da Associaçom Cultural O Facho acordou convocar de novo o "Concurso de Teatro Infantil", que, nesta nova etapa, se regerá polas seguintes

BASES:

1º) Poderám optar ao devandito prémio todas as pessoas que pressentem obras inéditas –em qualquer tipo de suporte- nom representadas, nem premiadas noutros certames e que esteiam escritas em língua galega.
2º) Estabelece-se como prémio único, a ediçom da obra ganhadora, da que o autor ou autora receberá 500,.- € e como mínimo o 40% da ediçom..
3º) A obra, que nom poderá exceder os 80 fólios, será presenteada por quintuplicado, em formato DIN A4, a dobre espaço e mecanografados por umha soa cara.
4º) Os originais para o Concurso enviaram-se por correio á sé da Associaçom Cultural O FACHO. R/ Frederico Tápia n.º 12-1º A Corunha (15005) ou a Caixa de Correios n.º 46, Oficina Principal de A Corunha. Apresentarám-se sob um lema, que figurará na portada dos textos enviados, e virám acompanhados de um envelope fechado que contenha no exterior o lema da obra e, no interior, o nome, apelidos e telefone do autor ou autora.
5º) O prazo de admissom de originais finaliza o dia 31 de Março de 2011 às doce da noite. O falho do prémio fará-se público no mês de Maio.
6º) Os ganhadores serám elegidos por um júri nomeado pola Associaçom Cultural O FACHO. O mesmo está composto por pessoas de reconhecido prestigio no âmbito teatral galego: Xosé Manuel Rabón, director teatral; Susana Longueira, actriz; Francisco Pillado Maior, director de Edicoes Laiovento.
7º) O júri poderá declarar deserto um ou vários dos prémios do concurso e será o que deverá resolver aquelas situaçons que se pressentem e que nom esteiam contempladas nestas bases, assim como as duvidas que podam existir na sua interpretaçom.
8º) A participaçom neste Certame implica assumir as bases do mesmo.
9º) Os originais nom premiados poderám ser retirados, no prazo de 30 dias, no local de O Facho, prévio correio dirigido ao endereço postal da Agrupaçom. No caso de que o autor o autora nom resida na Corunha poderá solicitar que lhe sejam enviados por correio postal.
10º) Esta convocatória entrará em vigor ao dia seguinte da sua publicaçom nos médios.

J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d’O Facho

Na cidade d’A Corunha, Janeiro 2011."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A A. C. O Facho convoca o “Concurso de contos de nenos para nenos Carlos Casares”

martes, 25 xaneiro 2011, 11:37 | Category : infantil, narrativa, premios
Tags : ,

"Recuperados em 2008 os prémios literários que desde os anos sessenta convocou O Facho e nos que participarem ou ganharem muitos dos escritores e escritoras que hoje fam possível com a sua obra umha literatura galega de qualidade e de grande importância nas letras universais, fai-se a convocatória para 2011 do "Concurso de contos de nenos para nenos Carlos Casares" e em afectuosa homenagem ao primeiro ganhador do "Certame de Literatura Infantil" no ano 1968 com a sua formosa obra "A galiña azul" que acadaria a honra de ter sido o fito fundacional da bem viçosa Literatura Infantil e Juvenil Galega contemporânea.

BASES DO CONCURSO:

1. Poderám participar rapazes e rapazas que pressentem as suas obras em Língua galega. Os trabalhos presenteados deveram ser originais e inéditos em toda a sua extensom.
2. O prazo de admissom de originais finaliza o dia 31 de Março de 2011 às doce da noite.
3. A apresentaçom de originais para o Concurso fará-se por correio postal dirigido à sede da Associaçom Cultural O FACHO. R/ Frederico Tápia, 12-1º 15005 A Corunha. Podendo fazer individualmente ou por médio do centro onde curse os seus estudos.
4. No caso em que sejam os centros escolares os que pressentem os originais ao Concurso, deveram fazer umha pré-selecçom dum máximo de dous trabalhos por categoria, qualquer outro terá que ser apresentado individualmente.
5. As obras haverám de serem relatos originais e nom estarem editados por nengum procedimento impresso ou electrónico, nem terem sido premiados em qualquer outro concurso ou certame literário e em condiçons para que os seus direitos de publicaçom podam ser cedidos à Associaçom Cultural O FACHO por período de três anos contados a partir do dia do falho do júri.
6. Para além da originalidade literária, o júri valorizará a riqueza lingüística e o conhecimento gramatical reflectido nas obras.
7. Estabelecem-se duas categorias:
Categoria A Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Categoria B Rapazes e rapazas de 13 a 16 anos.
8. As quantias dos prémios serám as que seguem:
Categoria A
1º: 400,.- € em efectivo.
2º: 400,.- € em efectivo.
Categoria B
1º: 500,.- € em efectivo.
2º: 400,.- € em efectivo.
9. Cada autor só poderá apresentar umha obra atendo-se aos seguintes limites de extensom:
Categoria A. Um máximo de cinco fólios.
Categoria B. Um máximo de dez fólios.
10. As obras haverem de se apresentar por duplicado, manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampeadas e levaram por detrás do último folio os seguintes dados:
Nome e apelidos do autor/a.
Endereço e telefone. Correio electrónico.
Centro onde cursa os seus estudos.
Categoria na que participa.
11. Os prémios serám escolhidos por um júri nomeado pola Associaçom Cultural O Facho em falho que se fará público no mês de Maio.
12. O júri poderá declarar deserto um ou vários dos prémios do concurso e será o que deverá resolver aquelas situaçons que se pressentem e que nom esteiam contempladas nestas bases, assim como as dúvidas na sua interpretaçom.
13. A participaçom neste Concurso implica a aceitaçom das presentes bases.

A Corunha, 10 de Janeiro 2011."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aberta a inscrición nos Premios Mestre Mateo 10

venres, 10 decembro 2010, 11:31 | Category : audiovisual, cinema, premios
Tags : ,

A novena edición dos Premios do Audiovisual Galego "Mestre Mateo" está posta en marcha. O prazo para presentar obras como candidatas aos Premios Mestre Mateo 2010 remata o venres 17 de decembro ás 14.00 h. As bases e as fichas de inscrición pódense consultar na web da Academia Galega do Audiovisual, no apartado Premios Mestre Mateo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Convocatoria do XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares (amplíase o prazo para enviar preguntas ata o 20 de decembro)

O banner-luis-freire-2011XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares está convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
O "Luis Freire" é un premio de investigación que reta aos estudantes galegos de secundaria a demostrar a súa creatividade científica. O primeiro paso que os estudantes deben dar para participar é facerse unha pregunta relacionada con feitos e procesos da vida cotiá, da súa contorna máis inmediata. Despois, co asesoramento dun profesor, deberán deseñar a investigación cientifica que lles permita obter resultados e conclusións. Naceu en 1999 como unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses para fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas. Creado en memoria do botánico galego, premia aos participantes que se distinguen pola orixinalidade e o rigor das súas investigacións, que demostran sentido crítico, curiosidade e constancia.
Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo luns 20 de decembro para enviar as súas preguntas. Posteriormente, os admitidos terán 4 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 11 de xuño de 2011 e a ela concorrerán os cinco mellores traballos seleccionados.
Na XIII edición do "Luis Freire", o primeiro premio consiste nunha viaxe a un lugar ou instalación de interese científico-cultural (nas pasadas convocatorias visitaron as excavacións de Atapuerca e o parque natural Arribes del Duero), e un cheque-agasallo de El Corte Inglés para o profesor.
Máis información, bases da convocatoria e boletín de inscrición neste enlace, ou descargando o este arquivo en .pdf: XIII Premio Luis Freire.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Convocado o I Premio Apalpador para Actividades Escolares e Extraescolares

venres, 26 novembro 2010, 11:25 | Category : premios
Tags : ,

A "Irmandade dos Apañacastañas" convoca o primeiro Premio Apalpador para actividades lúdicas e educativas que teñan como centro a figura do Apalpador. O premio está dirixido aos responsábeis educativos, animadores culturais, alunos e calquera outra persoa física ou xurídica que teña como misión a organización de actividades para as nenas e os nenos. O Premio divídese en dous, un para actividades escolares e outro para extraescolares. Para participar haberá que inscribirse previamente na páxina web do Apalpador antes do 1 de xaneiro do 2011. A presentación dos traballos realizarase a través do mesmo sitio web e consistirá nun documento PDF de 4 páxinas como máximo, describindo a actividade e acompañado de fotografías da mesma. As bases poden descargarse aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: IX Premios Opinión de Música Folk

Venres 1
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Máis información en La Opinión A Coruña (rúa Franxa, 40-42, tlf. 981-217400).

O xornal La Opinión celebra a entrega dos seus IX Premios Opinión de Música Folk coa participación de Guadi Galego, que cantará por primeira vez no escenario temas do seu novo disco, "Benzón", Sonia Lebedinsky, quen tamén debutará como solista, e Germán Díaz e 8 Rodas en homenaxe á zanfona.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acta das reunións do Xurado da XXIII Convocatoria dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

martes, 28 setembro 2010, 9:41 | Category : comunicados, museos científicos, premios
Tags :

O Xurado dos premios Primas da Casa das Ciencias á Divulgación, cuxa presidencia, por delegación do Sr. Alcalde da Coruña, corresponde a D. Joandomenec Ros Aragonés, Catedrático de Ecoloxía (Universitat de Barcelona), está constituído ademais polos seguintes membros: Dna. Carme Prats Joaniquet, Coordinadora do Sistema territorial MNACTEC (Generalitat de Catalunya), D. Javier Medina Fernández, Director da área de Ciencia e Educación do Parque de las Ciencias de Granada, D. Mikel Goñi Santamaría, Director de innovación e divulgación de KutxaEspacio de la Ciencia (San Sebastián), D. Fernando Mugarza, Director de Comunicación Corporativa Grupo Zeltia (Madrid), D. Martí Domínguez, director da revista Mètode (Valencia), D. Xurxo Mariño, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, e D. Xosé Antón Fraga Vázquez, Director dos Museos Científicos Coruñeses, que actúa como Secretario. D. Fernando Mugarza, que non estivo presente na deliberación final delegou o seu voto no Presidente.
Tras as reunións celebradas os días 24 e 25 de setembro e sendo as 13 horas do día 25, este Xurado:
1.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor traballo multimedia destinado á divulgación científica, e o premio dotado con seis mil euros, ao documental "En busca do mexillón de río" cuxo autor é D. Federico de la Peña Santos, pola forma amena e precisa con que presenta o tema e a calidade das imaxes, alertando, asemade, sobre os riscos que sofre a biodiversidade natural.
Mesmamente, decide por unanimidade outorgar unha Mención Honorífica á páxina web www.mardeespaña.es presentada por D. José Antonio Moya, do Taller de Imaxe da Universidad de Alicante.
2.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor libro de divulgación científica editado en España en 2009, ao titulado "Evolución. El mayor espectáculo sobre la Tierra", da Editorial Espasa e orixinal de Richard Dawkins, pola decisión da editorial de trasladar á sociedade os argumentos dun autor de referencia na ciencia evolutiva.
3.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor artigo xornalístico de divulgación científica publicado durante o ano 2009, e o premio dotado con seis mil euros, ao traballo titulado "¿Cuántos años me echas? Las edades del hombre...y todo lo demás" de Elena Sanz Pérez de Guzmán, publicado en Tercer Milenio, suplemento de ciencia do Heraldo de Aragón, pola súa orixinalidade, oportunidade e diversidade de enfoques, así como pola súa claridade e concisión, apoiado nun excelente tratamento infográfico.
Asemade, decide por unanimidade outorgar unha Mención Honorífica ao artigo xornalístico "La energía que viene" de Abraham Alonso González, publicado na revista Muy Interesante.
4.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor texto orixinal e inédito de divulgación científica, dotado con seis mil euros e a publicación da primeira edición, ao que leva por título "El siglo de oro de la Biotecnología vegetal. Cien años que han cambiado nuestra visión de las plantas" do que é autor José María Seguí Simarro. O Xurado tomou en consideración a maneira de abordar, dende o rigor e a accesibilidade, un tema de interese científico, económico e social pouco tratado no ámbito divulgativo.
5.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma Especial do Xurado, e o premio dotado con nove mil euros por PharmaMar Grupo Zeltia, ao diario Público, pola súa sección de Ciencias, que constitúe unha aposta por situar á ciencia nun lugar protagonista nun medio escrito diario. Algo moi destacable no panorama periodístico actual.

Na Coruña, a 25 de setembro de dous mil dez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Para Rosalía: entrega de premios do I Certame de Curtas para Rosalía

Luns2010 09 convite rosalia 20
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), celébrase a entrega de premios do I Certame de Curtas para Rosalía. No acto haberá un recital poético-musical con Anxo Angueira, Abe Rábade e Guadi Galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Convocada a II edición de Premio de Ensaio Curto “Alexandre Bóveda”

A A. C. Alexandre Bóveda convoca a II edición do Premio de Ensaio Curto “Alexandre Bóveda”, co obxecto de honrar a figura do insigne galeguista e premiar un traballo que signifique unha contribución ao pensamento e a reflexión sobre a Galiza actual. O tema para desenvolver na presente convocatoria será, como no seu día xa fixera Alexandre Bóveda, a análise económica de Galiza, en calquera das súas facetas. O prazo de presentación de orixinais será do día 1 de setembro ate ao día 29 de outubro.

O comité organizador está composto por:
Presidenta: Dna. María Xosé Bravo San José, Concelleira de Cultura do Concello da Coruña.
Director do Certame: D. Roberto Catoira Viñán, Presidente da A. C. Alexandre Bóveda.
Vogal: Dna. Ana Mourelle Quintáns, Vicepresidenta da A. C. Alexandre Bóveda.
Vogal: D. Miguel Mato Fondo, Vogal da A. C. Alexandre Bóveda.
O xurado, á súa vez, está formado por:
Presidente: Anxo Calvo (profesor titular e Doutor do Departamento de Economía Financieira e Contabilidade da USC).
Vogais: María do Carme Sánchez Carreira (profesora do departamento de Economía Aplicada da USC), Francisco X. Sanjiao (profesor titular de Economía Aplicada da USC) e Miguel Pardo (xornalista económico).
Como secretario da Asociación, con voz e sen voto, D. Xosé Manuel Sánchez.

Toda a información pódese descargar nas Bases do II Premio de Ensaio Curto ou consultar na web da Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concurso de audiovisuais sobre a Casa das Ciencias – XXV Aniversario

sábado, 12 xuño 2010, 0:28 | Category : premios
Tags :

Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para a elaboración de audiovisuais relacionados coa Casa das Ciencias, dentro dos actos de celebración do seu XXV aniversario. O obxectivo do concurso é promover a produción de dous proxectos audiovisuais en homenaxe a esta institución museística. Para participar hai que enviar unha memoria descritiva do proxecto antes do 9 de xullo de 2010, a seguinte dirección:

Casa das Ciencias
Concurso Leva a Cámara á Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita
15005 A Coruña

Consulta aquí as bases do concurso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Entrega de premios do 6º concurso de fotografía Xurxo Lobato

mércores, 19 maio 2010, 13:03 | Category : fotografía, premios
Tags :

Xoves 20
20:00
IES de Monelos

O certame de fotografía é organizado pola Asociación de Antigos Alumnos do Instituto de Monelos e está dirixido especialmente a alumnos e alumnas de ensino secundario de Galiza. As características técnicas do certame foron a temática libre, as fotografías en branco/negro ou cor e un máximo de tres fotos por participante.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Premios Prisma Casa das Ciencias á divulgación 2010

luns, 10 maio 2010, 10:47 | Category : ciencia, premios
Tags : ,

Xa está aberta a convocatoria 2010

O certame é una iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses, Concello da Coruña, que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballaban neste campo. Concederanse os Prismas de Bronce aos mellores traballos de divulgación científica nas modalidades de multimedia, textos inéditos, artigos xornalísticos, (dotadas cun premio de 6.000 euros), libros editados e un Prisma Especial do Xurado. Esta última modalidade está dotada cun premio de 9.000 euros, para o que se conta coa colaboración da empresa PharmaMar grupo Zeltia
Os traballos presentados deberán tratar sobre calquera tema en relación coas ciencias físicas e naturais, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos.

Máis información e bases da convocatoria na web da Casa das Ciencias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google