C. C. 4 Camiños: presentación e actuación de Inacio, autor de “Fábula Galénica”

Xoves Burromaquia10
Centro Comercial 4 Camiños
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Fábula galénica", gañador do VIII Premio Barriga Verde de teatro para monicreques na modalidade infantil, na que o seu autor, Inacio Vilariño, actuará co seu espectáculo de narración oral "Burromaquia", dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos, onde se contan algunhas das historias contidas no libro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Facultade de Filoloxía: concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira

Mércores Acrobata9
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
12:30
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins, onde presentarán o seu disco "Acrobata", nun acto organizado pola Comisión de Normalización de Filoloxía.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Librería Arenas: presentación da novela gráfica “Nómades”, de Xosé Tomás

Nómades A Coruña

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: presentación do libro-disco “Haberá primavera”, de César Morán

Xoves 27
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro-disco "Haberá primavera", de César Morán, na que o escritor e músico canta a Álvaro Cunqueiro, publicada en Galaxia. A obra, na que participou Uxía, vai acompañada de dous cd's, un coa música e outro coa derradeira entrevista concedida en vida polo autor de Mondoñedo, precisamente, a César Morán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: presentación de “Lingua galega e variación dialectal”, de Xosé Manuel Sánchez Rei

Venres 21
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Lingua galega e variación dialectal", do profesor da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei, publicado en Laiovento. No acto estará acompañado por Francisco Pillado e Xosé Ramón Freixeiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Novacaixagalicia: presentación do libro “Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación”

Xoves 20
Sala de prensa da Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande, 21-24)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación", publicado na editorial Bubela, baixo a coordinación de Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño. Ademais dos coordinadores, intervirá Mariña Pérez Rei e proxectarase unha videocreación poética de catro minutos de duración, obra de de Cristina Ferreiro Real. O acompañamento musical corre a cargo de Brais Morán (guitarra).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: presentación de “Gratas e boas novas”, de Celso Fernández Sanmartín

Venres A. C. Alexandre Bóveda14
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Gratas e boas novas", de Celso Fernández Sanmartín. No acto, acompañando ao autor, participan Dores Tembrás e Eva Veiga, e os músicos Benxamín Otero (oboe) e Carlos Quintá (acordeón diatónico).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Libros para soñar: presentación de “Contos por teléfono”, con Pablo Otero

Venres Invitación contos por teléfono14
Libros para soñar (Avenida de Fisterra, 64)
18:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Contos por teléfono" é unha obra maxistral do gran mestre e pedagogo italiano Gianni Rodari que contén 70 alfaias da literatura breve: relatos imaxinativos, comprometidos, humorísticos e surrealistas cun final sorprendente, ilustrados polo artista plástico galego Pablo Otero, quen a presentará este venres. As ilustracións orixinais están expostas ata finais deste mes de outubro. Esta actividade está destinada a nenas e nenos a partir de 6 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: presentación de “Madeira de mulher”, de Adela Figueroa

Xoves Adela Figueroa29
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro de relatos "Madeira de mulher", de Adela Figueroa, publicado en Edicións do Castro. No acto, acompañando á autora, participan Felipe Senén López e Pilar García Negro, xunto á actuación musical de Xurxo Souto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Barrié: presentación do número 190 da revista Grial

Mércores 28
Fundación Pedro Barrié de la Maza (Cantón Grande, 9)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do número 190 da revista Grial. No acto participan Ana J. Varela, Víctor F. Freixanes, Antonio García, Begoña Graña e Javier López Martínez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Alita Comics: presentación de “A man do diaño”, de Brais Rodríguez

xoves, 15 setembro 2011, 9:00 | Category : Libro e lectura, comic, presentacións
Tags : , , ,

Venres 16
Librería Alita Comics (Rúa do Orzán, 110 B)
17:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación de "A man do diaño", de Brais Rodríguez, obra gañadora do VI "Premio de Banda Deseñada Castelao", publicada en Demo Editorial.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: presentación do e-book “As trovas de Midas”, de Diana Varela Puñal

martes, 13 setembro 2011, 9:15 | Category : Libro e lectura, infantil, internet, presentacións
Tags : , , ,

Mércores 14
Normal (Paseo de Ronda, 47, antigo Maxisterio)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación de "As trovas de Midas", de Diana Varela Puñal, libro electrónico de poesía infantil publicado en Galebook, novo proxecto editorial que tamén será presentado no mesmo acto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: presentación de “Contos que nunca tal foron”, de Brais de Castro

Venres Cartazo-029
Fórum Metropolitano
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Contos que nunca tal foron", de Brais de Castro, publicado en Ollo Crítico (2011). Trátase dun conxunto de relatos que abranguen todo tipo de suxestións, se ben ás veces ata poden parecer reais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2011: actividades do sábado 13 de agosto

Entre Viñetas 2011o luns 8 e o domingo 14, Viñetas desde o Atlántico converte a rúa "Paseo de coches", nos Xardíns de Méndez Núñez, na "Rúa da Banda Deseñada". Nela sitúanse as casetas da feira de libreiros e editores e a Carpa do Cómic. Os horarios son: de 12:00 a 14:00 h.; e de 18:00 a 22:00 h. O acceso é libre para todo o público interesado.

O sábado 13 de agosto terán lugar as seguintes actividades:

- 12:00 h. Obradoiro de debuxo con José Domingo.
- 13:00 h. Demo Editorial presenta "Cabana de balieiros", de Tokio.
- 13:30 h. Presentación de novidades de Polaqia.
- 18:30 h. Charla coloquio sobre Tintín con Antonio Altarriba e Pedro Rey.
- 19:00 h. Obradoiro Cubeecraft.
- 20:30 h. Retransmisión en directo do programa de radio "La isla".
Serán con movemento xove: partidas abertas de iniciación a xogos de mesa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2011: actividades do venres 12 de agosto

Entre Viñetas 2011o luns 8 e o domingo 14, Viñetas desde o Atlántico converte a rúa "Paseo de coches", nos Xardíns de Méndez Núñez, na "Rúa da Banda Deseñada". Nela sitúanse as casetas da feira de libreiros e editores e a Carpa do Cómic. Os horarios son: de 12:00 a 14:00 h.; e de 18:00 a 22:00 h. O acceso é libre para todo o público interesado.

O venres 12 de agosto terán lugar as seguintes actividades:

- 12:30 h. Demo Editorial e Astiberri presentan "A man do diaño", de Brais Rodríguez.
- 13:00 h. Xerais presenta "Lois Pereiro. Breve encontro", de Jacobo Fernández Serrano.
- 18:00 h. Iniciación aos xogos de rol.
- 18:30 h. Partidas de demostración de xogos de mesa e cartas.
- 20:00 h. Partidas de demostración de xogos de estratexia e pintura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google