2010, ano do libro e a lectura
Con motivo da celebración do Día Internaciónal do Libro Infantil, data en que se homenaxea e conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen, a Concellaría de Cultura quere avanzar algunhas das actividades da ampla programación que ao longo do ano se vai desenvolver dentro da campaña A Coruña 2010. A cidade que le. Unha campaña pensada para visibilizar na comunidade os libros e a lectura como unha actividade interesante e útil, para conseguir unha valoración social da lectura. Queremos situar os libros e a lectura en contextos cotiás e non habituais para chegar a novos “públicos”. Porque acreditamos na lectura como elemento esencial de progreso e avance social.
Para conseguir estes obxectivos, contamos co apoio imprescindible de moitas entidades e persoas da vida cultural de cidade: Bibliotecas públicas, Asociación de Libreiros, RAG, Universidade da Coruña, AELG, AS-PG, ACAB, Fundación Manuel María, clubs de lectura, escritores e escritoras… Só así, sumando esforzos, tecendo redes, seremos capaces de lograr a complicidade e implicar á cidadanía nestas propostas. Estas son algunhas das actividades que estamos preparando; para máis información, permanecede atentos ao sitio web de A cidade que le.
A ESMORGA: Sarabela Teatro achéganos ao Teatro Rosalía o 9 e de 10 abril a obra de Eduardo Blanco Amor. E o 26 de abril no Forum Metropolitano, estrea do audivisual “Herdanzas”, realizado polo alumnado da Escola de Imaxe e Son da Coruña sobre esta obra do escritor ourensá.
CONCURSO BIBLIO-CLIP: Realización de curtas (dun máximo de 35 segundos) inspirados nas bibliotecas e na lectura. Consulta aquí as bases (PDF).
CANTO DE PERMANENCIA - HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA: Música, audiovisuais e poesía. Actuación de Uxía Senlle sobre poemas de Uxío Novoneyra. No Teatro Rosalía o 15 de abril, ás 20:30. Entrada libre até completar capacidade. En colaboración coa Fundación Manuel María e a AS-PG
PASEA COA LITERATURA: Itinerarios virtuais. Podes gozar cos roteiros literarios pola cidade: As figuras literarias de Méndez Núñez, Rosalía na Coruña, Jenaro Marinhas del Valle.
A BIBLIOTECA DO CONSULADO E AS XOIAS DA ILUSTRACIÓN TARDÍA - VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA DO CONSULADO: Unha visita ao mes (2º xoves de cada mes, ás 18:00h) desde abril para amosar á cidadanía a biblioteca pública máis antiga do estado e os seus fondos. Grupos reducidos. Preciso anotarse no número de teléfono 981 206274 ou por correo electrónico.
FESTA DO LIBRO: As librerías ubícanse nos Xardíns de Méndez Núnez do 21 ao 25 de abril. En colaboración coa Agrupación de Libreiros da Coruña
CASETA DE ATENCIÓN PRIMARIA - CONSULTORIO DE LECTURA: Na Festa do Libro dos Xardíns de Méndez Núnez tamén estarán “bibliotecarios/as-mediadores-especialistas” para “receitar” e “recomendar” libros que se poden atopar nas bibliotecas e nas casetas da “festa-feira”.
Visitas guiadas á Biblioteca da Casa do Consulado

No número 58 da rúa Panadeiras agóchanse verdadeiras xoias da Literatura Universal como un manuscrito inédito de Quevedo ou a primeira edición holandesa de El Quijote. A Biblioteca do Consulado é a biblioteca pública máis antiga do Estado. Inaugurada o 15 de agosto de 1806, agocha verdadeiros tesouros, entre libros, manuscritos, carpetas que gardan documentos e cartas que formaron parte da Biblioteca de Juana de Vega.
Para dar a coñecer a toda a cidadanía esta Institución, organízanse visitas guiadas os segundos xoves de cada mes, ás 18:00, desde o mes de abril até decembro. Os que desexen asistir deberán anotarse previamente no teléfono 981 206274 ou escribindo un correo electrónico. A primeira visita será o xoves 8 de abril.
A cidade que le, campaña de animación á lectura

Hoxe presentouse a campaña A cidade que le, que desenvolverá actividades ao longo dos meses de abril, maio e xuño. Nesta páxina do noso blog iremos descubrindo pouco a pouco os contidos deste proxecto de animación á lectura. Convidámosvos a usar libremente as imaxes e o cartaz da campaña en calquera acción que teña que ver coa promoción do libro e a lectura.
Promoción da lectura: actividades do Día do Libro
Co gallo do Día do Libro, hoxe xoves 23 de abril nos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña terá lugar unha lectura colectiva de A Esmorga, obra de Eduardo Blanco Amor cuxos primeiros cincuenta anos celebramos hai unhas semanas. A seguir haberá un Concerto ourensán, un concerto de voz e acordeón pensado para, por, sobre Ourense. Dende cantares de cego que falan de afiadores e paragueiros a temas populares e tradicionais de Ourense e arredores. Voz, acordeón e percusión para poñer banda sonora a unha obra como A Esmorga xuntando o acordeón de Moncho do Orzán e a voz de Nelson Quinteiro. Será entre as cinco e as sete desta tarde.
Hoxe ademais as bibliotecas municipais instálanse por un día na Estación de Trens e Autobuses, desde ás dez da mañá até as sete da tarde. Haberá tamén animación de rúa a cargo da Compañía Femme Fatale.
Promoción da lectura: actividades desta semana
Forum Metropolitano
Martes 21: As cidades asulagadas na pintura de Urbano Lugrís, por Clara Porta Soler. Ás 18:30
Mércores 22: A illa descoñecida. Gonçalo Guerreiro dramatizará o conto de J. Saramago. Ás 18:30
Xardíns de Méndez Núñez
Mércores 22: Inauguración da Feira do Libro. Ás 12:00.
Xoves 23: Lectura colectiva de A Esmorga e concerto ourensán. De 17:00 a 19:00. Entrega dos premios do certame de fotografía “Amósanos o que les”. Ás 19:30.
Sábado 25: Concerto da Banda Municipal. Ás 12:00
Estación de Trens e Autobuses
Xoves 23: As bibliotecas instálanse por un día na Estación de Trens e Autobuses (desde ás 10:00 até as 19:00). Animación de rúa pola Compañía Femme Fatale.
Campaña de lectura: Ratiña linda de Compostela
Programa da campaña de promoción da lectura
Do 13 ao 30 de abril: o Fórum vestirá de xeito especial e se convertirá no centro da lectura na cidade con actividades para que pequenos e maiores gocen rodeados de libros. Todos os días ás 18.00 h. Haberá unha visita guiada á exposición e actividades de animación.
Luns 13 de abril: ás 13.00 inauguración da exposición de libros no hall do Forum. Pola tarde ás 18.30 Casa Hamlet representa “Ratiña linda de Compostela”.
Mércores 15 de abril: ás 18.30 obradoiro de banda deseñada con Xosé Tomás.
Xoves 16 de abril: ás 18.30 Versos que descubrir e sementar con Clara Porta Soler.
Venres 17 de abril: ás 18.30 A Primavera de Botticelli para todos os sentidos con Clara Porta Soler.
Sábado 18 de abril: ás 18.30 Consellos prácticos para facer maxia co mago Martín Camiña.
Luns 20 de abril: ás 18.30 Lía, a exploradora de cidades con María Torres.
Martes 21 de abril: ás 18.30 As cidades asulagadas na pintura de Urbano Lugrís con Clara Porta Soler.
Mércores 22 de abril: ás 12.00 inauguración da Feira do Libro nos Xardíns de Méndez Núñez. Ás 18.30 A illa descoñecida, dramatización do conto de José Saramago a cargo de Gonçalo Guerreiro (Fórum Metropolitano).
Xoves 23 de abril “Día do libro”: As bibliotecas instálanse por un día na estación de ferrocarril e autobuses. Animación de rúa “A escritora e as musas” coa Compañía Femme Fatal. De 17.00 a 19.00 h. Lectura colectiva da Esmorga nos Xardíns Méndez Núñez e concerto ourensán. Ás 19.30, entrega de premios do certame de fotografía “Amósanos o que les”.
Venres 24 de abril: ás 18.30 obradoiro de ilustración con Xosé Tomás no Forum. Ás 20.00 h. María Reimóndez inicia o II Encontro Cidade da Coruña. Palabra de Muller na Real Academia Galega. Colabora a AELG.
Sábado 25 de abril: ás 12.00 concerto da Banda Municipal nos Xardíns de Méndez Núñez.
Martes 28 de abril: ás 18.30 representación teatral no Fórum.
Mércores 29 de abril: ás 18.30 contacontos no Fórum. Tamén no Fórum ás 20.00 concerto de Jazz con Pepe Doré.
Xoves 30 de abril: ás 18.30 espectáculo Librolibrame no Fórum. Lectura e xogo dramático acompañado de mundos sonoros e plásticos. Áncora Producións.
CICLO CINEMA E CIDADE NO FORUM, Abril 2009
Sala Fernando Rey: 16, 17 e 18 de abril The third man de Carol Reed. 23, 24 e 25 de abril Roma de Federico Fellini.
Sala Marilyn Monroe: 16, 17 e 18 de abril Va savoir, de Jacques Rivette. 23, 24 e 25 de abril En la ciudad de Sylvia de José Luis Guerin.
A cidade que le
A CIDADE QUE LE
Descubrindo espazos e tempos para a lectura.
Isto é para ti que pensas que ler abre as portas do futuro.
Para ti, disposta a descubrir entre as liñas dos libros soños, países, viaxes, aventuras ou mil posibilidades máis.
Para ti que queres contribuír á tarefa de facer lectores e lectoras que len porque si, porque lles gusta, porque lles sae de dentro, alá do fondo.
Para ti que que pensas como o sabio aquel: Levo corenta anos lendo e aínda descoñezo para que. O único que sei é que se houbera unha resposta, atoparíaa nun libro.
Aproveita e colle un libro, calquera sitio é bo para ler. Durante o día terás moitas ocasións, na consulta, no parque, no bus… agradecerás a compañía dun libro, sempre te compensará.
Para esa persoa especial, precisas un agasallo especial, na librería máis próxima seguro que teñen o que buscas.
Achégate ás bibliotecas, sempre estaremos a túa disposición, para mostrar novidades, achegar ferramentas, allanar os camiños, facilitar o contacto, impulsar o interese, motivar a curiosidade, espertar o desexo... Anímate a formar parte do gran clube de amigos e amigas da lectura que xa chegou ás 60.000 persoas.
Participa nas actividades que van convertir a cidade nunha gran biblioteca durante todo o mes de abril.
Inaugúrase a exposición Libros para ler
Tríptico da campaña de promoción da lectura

Acabamos de colgar o tríptico coa programación da campaña de promoción da lectura que se desenvolverá na cidade ao longo do mes de abril. Poden descargalo picando aquí.
Presentación da campaña de promoción da lectura

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou o pasado xoves 2 de abril baixo a atenta mirada dos alumnos de terceiro de primaria do CEIP Eusebio da Guarda a campaña de fomento da lectura Cidade que le que durante o mes de abril realizará unha serie de actividades orientadas a animar a pequenos e maiores a “aproveitar o tempo lendo”.
A presentación contou coa participación do grupo de cabaret Femme Fatale que ambientou a presentación. A Concelleira destacou a importancia de fomentar a lectura e aproveitar os diferentes espazos como os parques, o bus... para desfrutar dun libro.
A programación prevista nesta campaña continúa durante todo o mes de abril con diferentes actividades, entre elas a inauguración da exposición Libros para ver na biblioteca Durán Loriga, a representación da Ratiña linda de Compostela (Casa Hamlet), un obradoiro de banda deseñada con Xosé Tomas, a inauguración da feira do libro, etc.
A Concellaría editou ademais un triptico no que explica a importancia e historia das figuras literarias dos Xardíns de Méndez Núñez inclúindo unha pequena peza da súa obra en cada un deles dende Wenceslao Fernández Flórez, Ramón María de Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou Manuel Antonio Martínez Murguía.


























