VIII Encontros Milpedras: recital simultáneo de poesía, música e artes plásticas

Venres VIII Encontro Milpedras24
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

A VIII edición dos "Encontros en Milpedras" contará coa participación poética de Celso Álvarez Cáccamo, Estíbaliz Espinosa e Branca Novoneyra, en paralelo á intervención musical de Karlos Barral e Alberto Laso, e a intervención dos artistas plásticos Carlos Botana e Nando Lestón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Lois Pereiro. Unha persecución”, recital poético e musical e sardiñada

Xoves 23
Bar Patachim (Rúa Beiramar, 16)
22:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Lois Pereiro. Unha persecución", de Mario Regueira, publicado en 2.0 Editora. Posteriormente participarán, coa lectura de poemas de Lois e música en directo, Ataque Escampe, David Pobra, Arsenio Iglesias Pazos, Haizea Barzenilla, Fayez Khalaf e Andrea Nunes Brións, nunha homenaxe a Lois Pereiro aberta á participación do público asistente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MACUF: presentación do suplemento “Chorima atlántica”

Martes MACUF21
MACUF (Avenida de Arteixo, 171)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do suplemento "Chorima atlántica. Pétalos culturales", coa intervención de Isaac Díaz Pardo, Jane Joyd, Manuel González e Amabel González Troncoso, cun recital poético-musical a cargo de Isaac Díaz-Pardo e Jane Joyd.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Repichoca: recital poético con Estíbaliz Espinosa, Andrea Nunes, María Rosendo e Calros Solla

Xoves 16
A Repichoca (Rúa Orillamar, 13)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Recital poético organizado por Tinta de Lura, que contará coa participación de Estíbaliz Espinosa, Andrea Nunes Brións, María Rosendo e Calros Solla.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”: actividades do venres 10 de xuño

Continúan Xornadas Cárcereas "Xornadas do Cárcere" na Antiga Prisión Provincial, promovidas polo Proxecto Cárcere, cun amplo programa de actividades que chegará até o sábado 11 de xuño.

As actividades do venres 10 son as seguintes:
- 16:50 h. Feira de troco de obxectos. Rede Troco Coruña e Cooperativa Zocamiñoca.
- 17:00 h. Charla-obradoiro: "Embarazo, maternidade e porteo respetuoso". Ser Doulas.
- 18:00 h. Coloquio sobre feminismo e a lei da familia. Cafés Feministas.
- 19:00 h. Debate aberto: "O futuro do cárcere. E ti que vas facer aquí?".
- 20:30 h. Presentación mundial do Grupo Surrealista Galego.
- 20:30 h. Performance: "Xénero Escea. Área de descanso". Compañía Gayo Pinheiro.
- 21:30 h. Música: "Fados de Lisboa". Gonçalo Guerreiro.
- 22:00 h. Danza: "Bótoche unha man?". Compañía Catro no metro.
Actividades continuas:
- "Da horta á mesa! Consumo consciente e responsábel". Elaboración de petiscos de produción local e ecolóxica seguindo princípios de consumo consciente e responsábel. Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca.
- Actividade participativa: Mural feminista. Colectivo Nomepisesofreghao.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe, recital de Ana Romaní e Carlos Marzal no Ciclo Poetas Di(n)versos

Luns 23
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

O Ciclo Poetas Di(n)versos, baixo a dirección de Yolanda Castaño, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña interrompe a súa actividade durante os meses estivais celebrando este luns 23 de maio o último dos seus recitais poéticos, dirixido a todos aqueles que queiran achegarse a escoitar poesía galega e non galega de balde. O broche de ouro desta programación poética mensual estable poñerano dous poetas nacidos nos primeiros anos 60:

- Ana Romaní naceu en Noia en 1962. Escritora e xornalista, dende 1990 dirixe o programa "Diario Cultural" da Radio Galega, unha completa e puntual axenda cultural diaria con máis de 20 anos de traxectoria, recoñecido xa con diversos galardóns. É autora dos poemarios "Palabra de Mar" (1987), "Das últimas mareas" (1994), "Arden" (1998), "Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música" (2005) e o aínda recente "Estremas" (2010), co que conseguiu o Premio AELG 2011 de poesía. A súa obra está ademais recollida en diversos libros colectivos e antoloxías. Creou e participou en distintos proxectos artísticos interdisciplinares, entre eles "Son Delas" coordinado por Uxía Senlle, "O outro extremo do paraíso" e "Lob*s" (1998) con Antón Lopo, "Estalactitas" (2002) con Anxos Romeo e Lupe Gómez, "Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade" (2002) en solitario, e "A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos" (2003) con Anxo Quintela. Todos eles supoñían novas maneiras de achegar a palabra ao público a través da música ou da escena. Realizou a "Antoloxía de Antón Avilés de Taramancos" (2003). Ademais, cooordina e promove o volume de relatos "Narradio. 56 historias no ar" (2003) do "Diario Cultural" da Radio Galega e o "Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico" organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego dende o ano 2006.

- Carlos Marzal naceu en 1961 en Valencia e licenciouse en Filoloxía Hispánica –sección de Literatura- pola universidade da mesma cidade. Ademais de poeta é narrador, ensaísta e tradutor. O seu primeiro libro de poemas foi "El último de la fiesta" (1987), logo virían "La vida de frontera" (1991) e "Los países nocturnos" (1996). A consagración chegaría da man de "Metales pesados" (2001) –Premio da Crítica Española e Premio Nacional de Poesía- seguidos máis tarde por "Fuera de mí" (2004) –galardoado co Premio Loewe de Poesía- e "Ánima mía" (2009). "El corazón perplejo" reunira a súa poesía en 2005. Do mesmo xeito, en 2002 e 2003 editáronse dúas antoloxías da súa obra poética: "Poesía a contratiempo (Poéticas y prosas)" e "Sin porqué ni a dónde". Coa súa primeira novela, "Los reinos de la casualidad" (2005) obtivo o Premio da Crítica Valenciana, o pasado ano publicou tamén un libro de relatos: "Los pobres desgraciados hijos de perra", e proximamente verá a luz un volume de aforismos, "La arquitectura del aire". Ademais, é autor de dous libros de ensaio, "El cuaderno del polizón (Apuntes sobre arte)" (2007) e "Los otros de uno mismo" (2009). Conta tamén cunha traxectoria como tradutor de autores de lingua catalá, tales como Enric Sòria, Pere Rovira, Miquel de Palol, Joan Vinyoli ou Màrius Torres, para varias editoriais de prestixio. Foi co-director da revista de literatura e touros "Quites" durante a súa primeira década de existencia, e hoxe é colaborador habitual de revistas literarias tanto como columnista ou crítico literario en diarios como ABC, Levante ou El Mundo.

Dende que botara a andar en outono de 2009, este ciclo achegou ao público coruñés e galego un total de 26 dos máis salientables poetas nas 5 literaturas da Península: castelán, catalán, éuscaro, galego e portugués. Os actos, que sempre superaron o centenar de asistentes, significaron un xeito directo de achegar a escrita contemporánea máis diversa e de calidade a un constatable público interesado na poesía. Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa Poetas Di(n)versos maio 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Ana Romaní e Carlos Marzal

Hoxe, sábado 14, “Baixo as estrelas”, no Día Internacional dos Museos

O Baixo as estrelassábado 14 de maio celebraremos BAIXO AS ESTRELAS o Día Internacional dos Museos: un día de festa cun amplo conxunto de actividades: teatro, música, obradoiros, xogos, visitas guiadas... Entre as 18:00 e as 24:00 horas. Este é o programa previsto: BAIXO AS ESTRELAS 14 DE MAIO 2011:

* BRANCAS: ITINERARIO ESCÉNICO URBANO NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS:
Un equipo multidisciplinar de profesionais da danza, do mimo, da performance, do teatro, do cabaré ou do teatro de rúa crearán un espazo imaxinario en branco no medio da cidade que irá percorrendo diferentes prazas e Casas Museo. Formarán o elenco Bea Bravo, Cristina Casas Pou, Fabiana Gastaldello, Greta Mari Rodríguez, Inés Barcia, Iván Villar, María Polo, María Manero, Uxía Vázquez ou Yolanda Paz, de compañías como Femme Fatale, Contra2, A Pie Alzado, entre outras, nunha proposta coordenada por Nélson Quinteiro:
- 18:00 h. Xardíns de Méndez Núñez (25 minutos).
- 19:00 h. Praza de Pontevedra (25 minutos).
- 20:00 h. Casa Museo Emilia Pardo Bazán (25 minutos).
- 21:00 h. Casa Museo María Pita (25 minutos).
- 22:00 h. Casa Museo Casares Quiroga (25 minutos).

* UN ENCONTRO ESPECIAL COAS PERSONAXES DAS CASAS-MUSEO:
Visitas dramatizadas ás catro Casas Museo realizadas por Crearte Servizos Culturais:
- CASA MUSEO PICASSO:
18:00 h. "María Picasso fai memoria". A nai de Picasso, Dona María, simpática andaluza, lévanos de viaxe ao tempo no que a familia vivía na cidade e cóntanos as aventuras do seu fillo. Familias e público xeral.
- CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN:
18:00 h. "Dona Emilia é moita Emilia". Dramatización lúdica sobre a escritora. A Sra. Condesa convídanos a particiar da súa paixón polos contos na súa ilustre casa.
"Esa chapa é moita chapa"... Obradoiro de chapas durante toda a xornada dos museos.
20:45- 21:00 h. Audiovisual "Autobiografía" de Ana Domínguez. A proxección será en bucle durante toda a xornada.
21:00-21:50 h. Obradoiro de Tammorriata, baile tradicional do sur de Italia (Rexión de Campania). Irene Gonzalez.
22:00-22:30 h. "Cidades de Vento e de Mar". Ruta temática sobre Xénova e A Coruña a través das imaxes, da literatura e da música. Irene Gonzalez y Rellero e Nadia Pilsinelli.
- CASA MUSEO MARÍA PITA:
18:00 h. "Coñece a María Pita e axúdaa a vencer ao alférez abandeirado!". María Pita, aguerrida coruñesa, amósanos a súa casa e convídanos a participar na emocionante persecución e loita contra os ingleses. (Familias e público xeral).
- CASA MUSEO CASARES QUIROGA:
19:30 h. "I Encontro de personaxes históricos da Coruña". María Picasso, María Pita e Dona Emilia viaxan no tempo para acudir ao convite de Casares Quiroga na súa casa. Cada un trae consigo a súa memoria da cidade e todos comparten co público divertidas vivencias. Todos os públicos.

* MÚSICA:
- 19:00 h. Concerto do grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña. Xardíns de Méndez Núñez (Diante do Kiosco).
- 23:00 h. Concerto de Melanie Marañón e Amaia Garrido (Conservatorio Superior de Música): "Dúos do repertorio de violoncello dos séculos XVIII, XIX e XX)". No xardín da Casa Museo Casares Quiroga.

* TEATRO:
- 19:00 h. Número de clown "Total training chair", de Marta Iglesias Martín. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- 19:30 h. Extracto da obra "In-comunicando", da Compañía Mequetrefes: Patricia Coucheiro, Estevo Azañón e Lucía Abarrategui. Na Casa Emilia Pardo Bazán (20 minutos).
- 21:00 h. Fragmento de "A noite vai como un río", de Álvaro Cunqueiro, pola Aula de Teatro do Forum Metropolitano. Casa Museo Casares Quiroga.
- 22:45 h. Número de clown "Desclowntrol", de Mónica Suárez e Marta Iglesias. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).

* CINEMA (en colaboración co CGAI):
De 22:00 a 24:00 h. "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero" (Ramón Sáiz de la Hoya, 1965). Diante do Kiosco Alfonso.

* DANZA:
- "Fragmentos", unha obra composta por diferentes pezas coreográficas. Centro Coreográfico Galego. Diante do Kiosco Alfonso ás 20:00 h. (30 minutos).
- "Trop...PeZ...eime". Performance Danza-Teatro. Lía Pichel Garrido. Ás 23:00 h. na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- "Eu=x + (o resto)". Danza Contemporánea. Compañía Ciacisma Danza: Isabel Sánchez e Fiona B. McCuden. Ás 23:30 h. na Casa Emilia Pardo Bazán. (10 minutos).

* SALAS DE EXPOSICIÓNS:
- Kiosko Alfonso: "Quintana Martelo, escultor e pintor". Un dos nosos autores máis profundos cunha linguaxe moi persoal e moderno. Visita guiada por Tonecho Otero ás 18:00 h.
- Sala de exposicións do Concello: "Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna" (Homenaxe a Lois Pereiro). Visita guiada por Xurxo Taxes ás 19:00 h.
- Casa da Cultura Salvador de Madariaga: "Elos". As visións fotográficas de Paula Gómez del Valle, fusiónanse con textos de distintos autores. Ven ler con nós ás 22:00 h. Lectura poética "Poesía e Nocturnidade".
- Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio): exposición "Action/Reaction: O Universo Creativo de David Lynch".

* VISITAS GUIADAS A OUTROS ESPAZOS:
- Casa do Concello / María Pita: Visitas guiadas á Pinacoteca e ao Museo dos Reloxos. Ás 20:00 e as 22:00 h.
- Teatro Rosalía de Castro: Ven coñecer o teatro por dentro: visita guiada ás 23:00 h.
- Museo Arqueolóxico de San Antón. Visita guiada ás 22:00 h.
- Torre de Hércules: entrada de balde a partires das 18:00 h.
- Museos Científicos Coruñeses: o Aquarium abrirá o día 14 até as 24:00 h. A entrada é de balde desde ás 18:00 h. Exposición "World Press Photo 2011".

* OBRADOIROS NA RÚA:
- Obradoiro de caligrafía artística, pola Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. Na Praza das Bárbaras de 18:00 a 19:00 h.
- Encaixas: Artefacto plástico. Obradoiro didáctico para nenos e nenas de 1 a 10 anos nun espazo artístico e dinámico. Diante do Kiosco Alfonso. Unha proposta de Aula de Ideas desenvolvida por Anxela Caramés, Eva Alfonso e Adriana Pazos.

* MUSEO DE BELAS ARTES (Rúa Zalaeta, s/n). Aberto até as 23:30 h.
- Visita guiada ao Museo "O Museo en torno á memoria". Ás 20:30 h.
- Concerto de jazz de Quinito Mourelle-Roberto Somoza Dúo. De 21:30 a 22:30 h.
- Visita guiada "O que contan os cadros". Ás 22:30 h.

* FUNDACIÓN BARRIÉ (Cantón Grande). Aberto até as 02:00 h.:
- "A Cultura está máis cerca do que cres" é o lema baixo o cal a Fundación Barrié se suma o sábado 14 de maio á celebración da Noite dos Museos 2011 coa apertura especial do seu vestíbulo, no que amosará en imaxes a historia das exposicións da Fundación desde 2005 até a actualidade, para facer memoria e recordar as exposicións máis destacadas nas sedes da Coruña e Vigo, sobre arquitectura, deseño, fotografía e patrimonio. Ademais, a Fundación instalará un gran painel no que o público poderá deixar as súas mensaxe de apoio á cultura e a cambio levarse unha chapa commemorativa da celebración.

* FUNDACIÓN LUÍS SEOANE (Rúa San Francisco, s/n):
- Exposicións "Cabanas para pensar" e "Arquitectura escrita".
- Obradoiro para rapaces e rapazas sobre a figura de Luís Seoane: "Un edificio, un mar, un artista" (para maiores de 4 anos) ás 19:00 h.

* MACUF Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (Avenida de Arteixo, 171):
- Presentación da actividade "Académicos sen barba". A partir das 22:00 h. Nenos e nenas de 7 a 10 anos de idade descobren a Colección de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa aos nosos visitantes, a través de comentarios gravados en dispositivos portátiles de vídeo.
- Visita guiada á exposición "Frecuencias", de Eugènia Balcells, de Eugenia Ballcels.

* Sede Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24). Aberta até as 22:00h.:
- "Descubrindo outras culturas a través da arte". Obradoiros para rapaces e rapazas. Das 11:00 ás 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
- Exposición "Amelia Pérez, unha mirada retrospectiva".

* GALERÍAS DE ARTE. Anímate a visitar as súas exposicións:
- Galería 981 Style: "Pintura en directo" (Óscar Cabana). "Fotografía e retoque en directo" (Pablo Mella). "Proxección dun filme sobre arquitectura". (As actividades comezan a partir das 21:30 h.). Rúa Marqués de Pontejos 7.  981style at 981style.com
- Galería 9THE13: Inauguración ás 18:00 h. da exposición "Prometeo y la caja de Pandora", de Yolanda Relinque. Rúa Tabernas, 9-baixo.  9the13 at 9the13.com
- Galería A botica das artes: Horario ininterrompido de 11:00 a 24:00 h. "Exposición de pintura e escultura de Guada". Obradoiros para todo tipo de público a partir de 6 anos: "Actividade de pintado e esmaltado sobre pezas de cerámica" polo Obradoiro Androx de Tomiño (artistas: Patricia Cardoso e María Teresa Iglesias) de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. "Obradoiro de pintura pola artista Guada": realización dunha obra en acrílico de 18:00 a 20:00 h. Obradoiro de arte realizado por Emilio Celeiro de 20:00 a 21:30 h. Actuación de Xurxo Mares ás 21:00. Avenida da Pasaxe, Estrada do Burgo 37 - Parking privado Farmacia Rilo.  info at boticaarte.com
- Galería Alen Klass (aberta até ás 23:00 h.): "Exposición da artista Serra Sanabra". "Obradoiro en directo de creación artística" a cargo de dous pintores. (Para todos os públicos. De 18:00 a 21:00). Realización do mural de creación libre "Pezas da Memoria" entre todos os visitantes da galería. De 18:00 a 23:00. Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9 – Zona Santa Margarida.  Alenklass at yahoo.es
- Galería Ana Vilaseco (aberta até ás 22:00 h): Exposición "Frame", de Nico Munuera. "Obradoiro para nenos e nenas" ás 18:00 h. Rúa Padre Feijoó, 5 1ª.  galeria at anavilaseco.com
- Galería ARGA: "Exposición Colectiva de ARGA" e "Mural colectivo" realizado coa participación dos visitantes. Horario especial de 10:00 a 13:30 h. e 17:30 a 24:00 horas. Rúa Real 34. Primeira Planta.
- Galería Arte-Imagen: Exposición "Músicos y vida cotidiana", de Juan Galdo. Rúa Ramón y Cajal, 5 baixo.  Arimagen at ozu.es
- Galería Atlántica Centro de Arte: Aberta até ás 22:00 h. Rúa Federico Tapia 15 – baixo.  Atlantica at atlantica-arte.com
- Galería de Arte COLECCIONan: Inauguración ás 21:00 h da mostra colectiva de 15 artistas que leva por título "De libros y de artistas". Travesía do Orzán, s/n.  coleccionan at gmail.com
- Galería de Arte Julia Ares: "Exposición permanente". "Tertulia con artistas da cidade". Rúa Curros Enríquez 5, baixo.  info at elreflejo.com;  juliares at live.com
- Galería de Arte Xerión: Exposición "Jordi Isern". Rúa Modesta Goicouría 7.  Galeriaxerion at hotmail.com
- Galería Monty4arte: Inauguración da exposición: "Obra seleccionada, Os nosos artistas" (Abelenda, Caruncho, Caneda, Benito Freire, Yolanda Dorda, Victoriano Fernández...). Obradoiros, Artistas na rúa (dirixidas a público de 7 a 13 anos. Precísase previa inscrición no 881-968519 begin_of_the_skype_highlighting 881-968519 end_of_the_skype_highlighting begin_of_the_skype_highlighting 881-968519 end_of_the_skype_highlighting). De 18:00 a 20:30. Santiago Caneda, Victoriano Fernández (pintura); Colectivo Mano Izquierda (intevencións en cabezas de manequín); Mariola Romero (escultura en barro); Jorge Vázquez Carmona (xogos de pintura e luz). Montroig 4.  Info at monty4.com. Actuación do grupo ÁNAGA.
- Galería Moret Art (aberto até as 20:00). Obradoiro didáctico "Unha viaxe a través da escultura: modela en Moret Art". De 12:00 a 13:30 h. (de 4 a 8 anos- inscrición previa en 981 927 376 –  moretart at moretart.com). Rúa Olmos 12-14, 1º B.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe, VENTO LOIS na Coruña

A Concerto_Carcere_A3seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde: lectura de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro… Se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar –bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición: "quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)". Na web de Lois Pereiro está habilitado este espazo onde se recollen todas as iniciativas.

Na Coruña terán lugar, o día 12 de maio, estas actividades dentro do VENTO LOIS, todas elas con entrada libre até completar capacidade:
- No Antigo Cárcere Provincial, a partir das 21:00 horas: Concerto Expansivo coa música de Ulträqäns e Loretta Martin; e un recital poético a cargo de Antía Otero, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xulio López Valcárcel. Presentan Manuel Rivas e Xurxo Souto.

- No Salón de Actos do Museo de Belas Artes, ás 20:00 horas, terá lugar a lectura do Manifesto Loisista, a proxección de varios videopoemas de Pedro Ramos sobre a obra de Lois, e un recital coa participación de Andrés Ibáñez -perfomance cos textos ¿Que é Galicia? e Narcisismo-, Olga Patiño, Tiago Acosta, Juan García e unha performance de Uxía Vázquez a partir de Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos.

- Na Biblioteca González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n), ás 20:00 h., espectáculo de teatro con música en directo "Poesía última de Lois Pereiro", por Fantoches Baj.

- No Centro de Formación Profesional "Tomás Barros" (Rúa Ramón María Aller, 10, entrechán), a partir das 12:30 horas, os alumnos e profesores súmanse ao VENTO LOIS coa ventisca do Manifesto Loisista, seguida do vendaval participativo de poemas de Lois a cargo do alumnado; para dar paso a unha breve brisa biográfica con protagonistas monfortinos; e estoupar cun furacán musical de melodías domésticas. O acto estará aberto a todo o público que queira acudir.

2011-05-12 Biblioteca González Garcés Lois Pereiro

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa do Libro nos Xardíns de Méndez Núñez, do 13 ao 17 de maio

DentroFesta do libro da programación de lectura da cidade "Eu amo ler", desenvolverase unha nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña. O horario da Festa será de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas, e os participantes son: Bibliotecas municipais, Alita Comics, Couceiro, A Libreira, Nós, Xiada, Sisargas, Queixume, Arenas, 7 Mares e Tanxencias. Este é o programa de actividades (sinaturas, presentacións, actuacións, obradoiros, lecturas colectivas, descontos...): PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

- Caseta de atención primaria: As Bibliotecas Municipais terán un consultorio de lectura, onde a súa xente "receitará" libros que se poden atopar nas bibliotecas e nas casetas da festa.

* Venres 13:
- 11:30.- Inauguración da Festa do Libro.
- 18:00.- Presentación do DVD "Lois Pereiro" realizado polo alumnado do IES Urbano Lugrís. No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Sinatura por parte de Mercedes Queixas Zas dos libros "Lois Pereiro. A Urxencia poética" e "Vivir, aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación do libro "Futuro Imperfecto", de Xulia Alonso. No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación do libro de Antón Patiño "Lois Pereiro. Radiografía do abismo", conferencia do autor e proxección de imaxes sobre a figura de Lois Pereiro. No Kiosco Alfonso.

* Sábado 14. "Baixo as estrelas. Celebración do Día Internacional dos Museos":
- 18:00.- Obradoiro didáctico Encaixas. Para nenos e nenas de 1 a 10 anos.
- 18:00.- Brancas: Itinerario Escénico Urbano.
- 18:00.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo no Kiosko Alfonso.
- 19:00.- Concerto do Grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña.
- 20:00.- Actuación do Centro Coreográfico Galego: "Fragmentos" (30 minutos).
- 22:00.- Proxección do filme "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero", de Ramón Sáiz de la Hoya. En colaboración co CGAI.

* Domingo 15:
- 12:00.- Obradoiro "Creación dunha personaxe: Golfiño", realizado por Fausto Isorna. A partir de 6 anos. Diante do Kiosco Alfonso.
- 12:30.- Presentación de "Agullas de Ironía", documental sobre Lois Pereiro feito polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. No Kiosco Alfonso.
- 13:30.- Sinatura de exemplares por parte de Fausto Isorna. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:00.- Presentación do libro de ilustración de Pinturero "Rapazas, las pin-up de Pinturero". No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Sinaturas do libro "A Frecha Azul do Teixo" por parte de Eva Veiga. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:30.- Sinaturas de Diana Varela Puñal do seu último poemario "Animalabismo". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Sinaturas dos libros do ilustrador Mariano Casas Gil "A historia xamais contada", "La mancha negra" e outras obras do autor. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación da revista "Fiz" por Kiko da Silva. No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación do libro de Miguel Mato "Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)". No Kiosco Alfonso.

* Luns 16:
- 18:00.- Sinatura do libro do ilustrador Macus Romero "Cuentos clásicos para soñar". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación do libro ilustrado de Alberto Guitián "El Circo Lorza". No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación da Guía AGPI 2011. Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. No Kiosco Alfonso.

* Martes 17:
- 12:00.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
- De 17:30 a 19:30.- "Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato". Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
- 18:00.- Presentación da serie de novelas "Suso Espada", de Francisco X. Fernández Naval e lectura de fragmentos da última entrega "Suso Espada. Nota Roja". No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Visita guiada á exposición Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
- 19:00.- Actuación de Nova Galega de Danza: "Tradicción". Diante do Kiosco Alfonso.
- 20:00.- "Declaración audiovisual: Lois Pereiro", por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
- 20:30.- "Moita poesía, pouca diversión". Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: Gala homenaxe a Lois Pereiro

Mércores Canción do náufrago 1 Lois Pereiro Apuntamentos11
Fórum Metropolitano
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, a Gala homenaxe a Lois Pereiro comporase dun recital poético de compañeiros de Lois Pereiro no grupo "De Amor e Desamor" e un concerto de Manu Clavijo versionando obras do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

VENTO LOIS na Coruña

A Concerto_Carcere_A3seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde: lectura de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro… Se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar –bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición: "quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)".
Na web de Lois Pereiro está habilitado este espazo para que anotar as iniciativas de cada localidade, e así organizar xente, propostas e esforzos. Xúntase tamén unha proposta de escaleta. As dúbidas ao enderezo oficial  loispereiro2011 at gmail.com.

Na Coruña terán lugar, o día 12 de maio, estas actividades dentro do VENTO LOIS, todas elas con entrada libre até completar capacidade:
- No Antigo Cárcere Provincial, a partir das 21:00 horas: Concerto Expansivo coa música de Ulträqäns e Loretta Martin; e un recital poético a cargo de Antía Otero, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xulio López Valcárcel. Presentan Manuel Rivas e Xurxo Souto.

- No Salón de Actos do Museo de Belas Artes, ás 20:00 horas, terá lugar a lectura do Manifesto Loisista, a proxección de varios videopoemas de Pedro Ramos sobre a obra de Lois, e un recital coa participación de Andrés Ibáñez -perfomance cos textos ¿Que é Galicia? e Narcisismo-, Olga Patiño, Tiago Acosta, Juan García e unha performance de Uxía Vázquez a partir de Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos.

- Na Biblioteca González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n), ás 20:00 h., espectáculo de teatro con música en directo "Poesía última de Lois Pereiro", por Fantoches Baj.

- No Centro de Formación Profesional "Tomás Barros" (Rúa Ramón María Aller, 10, entrechán), a partir das 12:30 horas, os alumnos e profesores súmanse ao VENTO LOIS coa ventisca do Manifesto Loisista, seguida do vendaval participativo de poemas de Lois a cargo do alumnado; para dar paso a unha breve brisa biográfica con protagonistas monfortinos; e estoupar cun furacán musical de melodías domésticas. O acto estará aberto a todo o público que queira acudir.

2011-05-12 Biblioteca González Garcés Lois Pereiro

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Baixo as estrelas”, o sábado 14 de maio, Día Internacional dos Museos

O Baixo as estrelassábado 14 de maio celebraremos  BAIXO AS ESTRELAS o Día Internacional dos Museos: un día de festa cun amplo conxunto de actividades: teatro, música, obradoiros, xogos, visitas guiadas... Entre as 18:00 e as 24:00 horas. Este é o programa previsto: BAIXO AS ESTRELAS 14 DE MAIO 2011:

* BRANCAS: ITINERARIO ESCÉNICO URBANO NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS:
Un equipo multidisciplinar de profesionais da danza, do mimo, da performance, do teatro, do cabaré ou do teatro de rúa crearán un espazo imaxinario en branco no medio da cidade que irá percorrendo diferentes prazas e Casas Museo. Formarán o elenco Bea Bravo, Cristina Casas Pou, Fabiana Gastaldello, Greta Mari Rodríguez, Inés Barcia, Iván Villar, María Polo, María Manero, Uxía Vázquez ou Yolanda Paz, de compañías como Femme Fatale, Contra2, A Pie Alzado, entre outras, nunha proposta coordenada por Nélson Quinteiro:
- 18:00 h. Xardíns de Méndez Núñez (25 minutos).
- 19:00 h. Praza de Pontevedra (25 minutos).
- 20:00 h. Casa Museo Emilia Pardo Bazán (25 minutos).
- 21:00 h. Casa Museo María Pita (25 minutos).
- 22:00 h. Casa Museo Casares Quiroga (25 minutos).

* UN ENCONTRO ESPECIAL COAS PERSONAXES DAS CASAS-MUSEO:
Visitas dramatizadas ás catro Casas Museo realizadas por Crearte Servizos Culturais:
- CASA MUSEO PICASSO:
18:00 h. "María Picasso fai memoria". A nai de Picasso, Dona María, simpática andaluza, lévanos de viaxe ao tempo no que a familia vivía na cidade e cóntanos as aventuras do seu fillo. Familias e público xeral.
- CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN:
18:00 h. "Dona Emilia é moita Emilia". Dramatización lúdica sobre a escritora. A Sra. Condesa convídanos a particiar da súa paixón polos contos na súa ilustre casa.
"Esa chapa é moita chapa"... Obradoiro de chapas durante toda a xornada dos museos.
20:45- 21:00 h. Audiovisual "Autobiografía" de Ana Domínguez. A proxección será en bucle durante toda a xornada.
21:00-21:50 h. Obradoiro de Tammorriata, baile tradicional do sur de Italia (Rexión de Campania). Irene Gonzalez.
22:00-22:30 h. "Cidades de Vento e de Mar". Ruta temática sobre Xénova e A Coruña a través das imaxes, da literatura e da música. Irene Gonzalez y Rellero e Nadia Pilsinelli.
- CASA MUSEO MARÍA PITA:
18:00 h. "Coñece a María Pita e axúdaa a vencer ao alférez abandeirado!". María Pita, aguerrida coruñesa, amósanos a súa casa e convídanos a participar na emocionante persecución e loita contra os ingleses. (Familias e público xeral).
- CASA MUSEO CASARES QUIROGA:
19:30 h. "I Encontro de personaxes históricos da Coruña". María Picasso, María Pita e Dona Emilia viaxan no tempo para acudir ao convite de Casares Quiroga na súa casa. Cada un trae consigo a súa memoria da cidade e todos comparten co público divertidas vivencias. Todos os públicos.

* MÚSICA:
- 19:00 h. Concerto do grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña. Xardíns de Méndez Núñez (Diante do Kiosco).
- 23:00 h. Concerto de Melanie Marañón e Amaia Garrido (Conservatorio Superior de Música): "Dúos do repertorio de violoncello dos séculos XVIII, XIX e XX)". No xardín da Casa Museo Casares Quiroga.

* TEATRO:
- 19:00 h. Número de clown "Total training chair", de Marta Iglesias Martín. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- 19:30 h. Extracto da obra "In-comunicando", da Compañía Mequetrefes: Patricia Coucheiro, Estevo Azañón e Lucía Abarrategui. Na Casa Emilia Pardo Bazán (20 minutos).
- 21:00 h. Fragmento de "A noite vai como un río", de Álvaro Cunqueiro, pola Aula de Teatro do Forum Metropolitano. Casa Museo Casares Quiroga.
- 22:45 h. Número de clown "Desclowntrol", de Mónica Suárez e Marta Iglesias. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).

* CINEMA (en colaboración co CGAI):
De 22:00 a 24:00 h. "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero" (Ramón Sáiz de la Hoya, 1965). Diante do Kiosco Alfonso.

* DANZA:
- "Fragmentos", unha obra composta por diferentes pezas coreográficas. Centro Coreográfico Galego. Diante do Kiosco Alfonso ás 20:00 h. (30 minutos).
- "Trop...PeZ...eime". Performance Danza-Teatro. Lía Pichel Garrido. Ás 23:00 h. na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- "Eu=x + (o resto)". Danza Contemporánea. Compañía Ciacisma Danza: Isabel Sánchez e Fiona B. McCuden. Ás 23:30 h. na Casa Emilia Pardo Bazán. (10 minutos).

* SALAS DE EXPOSICIÓNS:
- Kiosko Alfonso: "Quintana Martelo, escultor e pintor". Un dos nosos autores máis profundos cunha linguaxe moi persoal e moderno. Visita guiada por Tonecho Otero ás 18:00 h.
- Sala de exposicións do Concello: "Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna" (Homenaxe a Lois Pereiro). Visita guiada por Xurxo Taxes ás 19:00 h.
- Casa da Cultura Salvador de Madariaga: "Elos". As visións fotográficas de Paula Gómez del Valle, fusiónanse con textos de distintos autores. Ven ler con nós ás 22:00 h. Lectura poética "Poesía e Nocturnidade".
- Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio): exposición "Action/Reaction: O Universo Creativo de David Lynch".

* VISITAS GUIADAS A OUTROS ESPAZOS:
- Casa do Concello / María Pita: Visitas guiadas á Pinacoteca e ao Museo dos Reloxos. Ás 20:00 e as 22:00 h.
- Teatro Rosalía de Castro: Ven coñecer o teatro por dentro: visita guiada ás 23:00 h.
- Museo Arqueolóxico de San Antón. Visita guiada ás 22:00 h.
- Torre de Hércules: entrada de balde a partires das 18:00 h.
- Museos Científicos Coruñeses: o Aquarium abrirá o día 14 até as 24:00 h. A entrada é de balde desde ás 18:00 h. Exposición "World Press Photo 2011".

* OBRADOIROS NA RÚA:
- Obradoiro de caligrafía artística, pola Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. Na Praza das Bárbaras de 18:00 a 19:00 h.
- Encaixas: Artefacto plástico. Obradoiro didáctico para nenos e nenas de 1 a 10 anos nun espazo artístico e dinámico. Diante do Kiosco Alfonso. Unha proposta de Aula de Ideas desenvolvida por Anxela Caramés, Eva Alfonso e Adriana Pazos.

* MUSEO DE BELAS ARTES (Rúa Zalaeta, s/n). Aberto até as 23:30 h.
- Visita guiada ao Museo "O Museo en torno á memoria". Ás 20:30 h.
- Concerto de jazz de Quinito Mourelle-Roberto Somoza Dúo. De 21:30 a 22:30 h.
- Visita guiada "O que contan os cadros". Ás 22:30 h.

* FUNDACIÓN BARRIÉ (Cantón Grande). Aberto até as 02:00 h.:
- "A Cultura está máis cerca do que cres" é o lema baixo o cal a Fundación Barrié se suma o sábado 14 de maio á celebración da Noite dos Museos 2011 coa apertura especial do seu vestíbulo, no que amosará en imaxes a historia das exposicións da Fundación desde 2005 até a actualidade, para facer memoria e recordar as exposicións máis destacadas nas sedes da Coruña e Vigo, sobre arquitectura, deseño, fotografía e patrimonio. Ademais, a Fundación instalará un gran painel no que o público poderá deixar as súas mensaxe de apoio á cultura e a cambio levarse unha chapa commemorativa da celebración.

* FUNDACIÓN LUÍS SEOANE (Rúa San Francisco, s/n):
- Exposicións "Cabanas para pensar" e "Arquitectura escrita".
- Obradoiro para rapaces e rapazas sobre a figura de Luís Seoane: "Un edificio, un mar, un artista" (para maiores de 4 anos) ás 19:00 h.

* MACUF Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (Avenida de Arteixo, 171):
- Presentación da actividade "Académicos sen barba". A partir das 22:00 h. Nenos e nenas de 7 a 10 anos de idade descobren a Colección de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa aos nosos visitantes, a través de comentarios gravados en dispositivos portátiles de vídeo.
- Visita guiada á exposición "Frecuencias", de Eugènia Balcells, de Eugenia Ballcels.

* Sede Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24). Aberta até as 22:00h.:
- "Descubrindo outras culturas a través da arte". Obradoiros para rapaces e rapazas. Das 11:00 ás 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
- Exposición "Amelia Pérez, unha mirada retrospectiva".

* GALERÍAS DE ARTE. Anímate a visitar as súas exposicións:
- Galería 981 Style: "Pintura en directo" (Óscar Cabana). "Fotografía e retoque en directo" (Pablo Mella). "Proxección dun filme sobre arquitectura". (As actividades comezan a partir das 21:30 h.). Rúa Marqués de Pontejos 7.  981style at 981style.com
- Galería 9THE13: Inauguración ás 18:00 h. da exposición "Prometeo y la caja de Pandora", de Yolanda Relinque. Rúa Tabernas, 9-baixo.  9the13 at 9the13.com
- Galería A botica das artes: Horario ininterrompido de 11:00 a 24:00 h. "Exposición de pintura e escultura de Guada". Obradoiros para todo tipo de público a partir de 6 anos: "Actividade de pintado e esmaltado sobre pezas de cerámica" polo Obradoiro Androx de Tomiño (artistas: Patricia Cardoso e María Teresa Iglesias) de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. "Obradoiro de pintura pola artista Guada": realización dunha obra en acrílico de 18:00 a 20:00 h. Obradoiro de arte realizado por Emilio Celeiro de 20:00 a 21:30 h. Actuación de Xurxo Mares ás 21:00. Avenida da Pasaxe, Estrada do Burgo 37 - Parking privado Farmacia Rilo.  info at boticaarte.com
- Galería Alen Klass (aberta até ás 23:00 h.): "Exposición da artista Serra Sanabra". "Obradoiro en directo de creación artística" a cargo de dous pintores. (Para todos os públicos. De 18:00 a 21:00). Realización do mural de creación libre "Pezas da Memoria" entre todos os visitantes da galería. De 18:00 a 23:00. Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9 – Zona Santa Margarida.  Alenklass at yahoo.es
- Galería Ana Vilaseco (aberta até ás 22:00 h): Exposición "Frame", de Nico Munuera. "Obradoiro para nenos e nenas" ás 18:00 h. Rúa Padre Feijoó, 5 1ª.  galeria at anavilaseco.com
- Galería ARGA: "Exposición Colectiva de ARGA" e "Mural colectivo" realizado coa participación dos visitantes. Horario especial de 10:00 a 13:30 h. e 17:30 a 24:00 horas. Rúa Real 34. Primeira Planta.
- Galería Arte-Imagen: Exposición "Músicos y vida cotidiana", de Juan Galdo. Rúa Ramón y Cajal, 5 baixo.  Arimagen at ozu.es
- Galería Atlántica Centro de Arte: Aberta até ás 22:00 h. Rúa Federico Tapia 15 – baixo.  Atlantica at atlantica-arte.com
- Galería de Arte COLECCIONan: Inauguración ás 21:00 h da mostra colectiva de 15 artistas que leva por título "De libros y de artistas". Travesía do Orzán, s/n.  coleccionan at gmail.com
- Galería de Arte Julia Ares: "Exposición permanente". "Tertulia con artistas da cidade". Rúa Curros Enríquez 5, baixo.  info at elreflejo.com;  juliares at live.com
- Galería de Arte Xerión: Exposición "Jordi Isern". Rúa Modesta Goicouría 7.  Galeriaxerion at hotmail.com
- Galería Monty4arte: Inauguración da exposición: "Obra seleccionada, Os nosos artistas" (Abelenda, Caruncho, Caneda, Benito Freire, Yolanda Dorda, Victoriano Fernández...). Obradoiros, Artistas na rúa (dirixidas a público de 7 a 13 anos. Precísase previa inscrición no 881-968519 begin_of_the_skype_highlighting              881-968519      end_of_the_skype_highlighting). De 18:00 a 20:30. Santiago Caneda, Victoriano Fernández (pintura); Colectivo Mano Izquierda (intevencións en cabezas de manequín); Mariola Romero (escultura en barro); Jorge Vázquez Carmona (xogos de pintura e luz). Montroig 4.  Info at monty4.com. Actuación do grupo ÁNAGA.
- Galería Moret Art (aberto até as 20:00). Obradoiro didáctico "Unha viaxe a través da escultura: modela en Moret Art". De 12:00 a 13:30 h. (de 4 a 8 anos- inscrición previa en 981 927 376 –  moretart at moretart.com). Rúa Olmos 12-14, 1º B.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Real Academia Galega: conferencia “Da natureza e a xeración do pensamento. Linguaxe poética”, de Antonio Gamoneda nos “IV Encontros Cidade da Coruña”, e entrega do Premio Escritor Galego Universal pola AELG

Venres CARTAZ IV ENCONTRO CIDADE DA CORUÑA29
Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Última conferencia dos "IV Encontros Cidade da Coruña", baixo o lema "Ser Escritor, Ser Escritora", organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Antonio Gamoneda falará sobre "Da natureza e a xeración do pensamento. Linguaxe poética", e a continuación ofrecerá unha lectura poética. A presentación do acto correrá a cargo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, contando tamén coa presenza do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e da Concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo.
Gamoneda recollerá neste acto o galardón "Escritor Galego Universal", concedido pola AELG, que destaca a altísima poesía e o insubornábel compromiso ético do autor, para quen o individuo, e por tanto o poeta, se realiza na poesía como forma de coñecemento.  A obra de Antonio Gamoneda (nado en Oviedo en 1931) esténdese desde o 1960 con "Sublevación inmóvil" até hoxe, marcada por unha fonda pegada ética que gaña forza nun exemplo de coherencia e verdade poética. Premio Cervantes en 2006, reivindícase como pertencente á cultura da pobreza: o sufrimento social penetra na súa conciencia lingüística, conferíndolle unha linguaxe poética e semanticamente subversiva. Combina un poderoso dominio do idioma coa permanente actualidade do seu mundo poético nacida da asunción da propia historia persoal e colectiva. O recoñecemento europeo e americano revélase na tradución da súa obra a distintas linguas. Foi tamén Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana en 2006 e Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía en 1988.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Eu amo ler: programación de lectura na nosa cidade do 25 de abril ao 30 de maio de 2011

Eu amo ler

As Bibliotecas Municipais teñen a seguinte programación de lectura na nosa cidade do 25 de abril ao 30 de maio, baixo o nome de "EU AMO LER": porque estimula a creatividade, a fantasía, agudiza o enxeño, crea pensamento e sobre todo permite soñar outros mundos...
O programa completo pódese descargar neste arquivo: Eu amo ler actividades nas Bibliotecas Municipais en abril e maio 2011, e está composto por:

ACTIVIDADES PARA ADULTOS NAS BIBLIOTECAS
- "Entre o universo e a tinta". Xoves 28 de abril. Biblioteca do Fórum. Recital e coloquio literario con proxeccións en vídeo, por Estíbaliz Espinosa.
- 17 de maio. Día das letras Galegas na Biblioteca Os Rosales. Espazo expositivo de Galicia Móvese: LOIS PEREIRO. No espazo expositivo Virtual: Unha proxección do artista e a súa obra. No espazo físico: Mostra bibliográfica (libros, documentais, etc.).
- Espazo expositivo de Galicia Móvese: MACUF. No espazo expositivo Virtual: Unha proxección a modo de documental / entrevista sobre o Macuf. No espazo expositivo físico: Unha mostra de catálogos e obra bibliográfica sobre os artistas que durante este ultimo ano expuxeron neste museo. Biblioteca dos Rosales: luns 23 de maio.
- Visita guiada á exposición "Frecuencias" do MACUF. Biblioteca: Os Rosales. Martes 31 de maio.
- Club de lectura. Reúne periodicamente a grupos de persoas amantes da lectura, para comentar e valorar un libro proporcionado polas Bibliotecas Municipais e coa axuda dun coordinador/a. Bibliotecas: Castrillón, todos os mércores de mes; Fórum: todos os martes de mañá e os mércores pola tarde; Monte Alto: todos os martes de mes.
- Obradoiro: "Érase unha vez o cine...". Ciclo de introdución á historia do cine en seis sesión, no que se levará a cabo un achegamento ao nacemento e ao desenvolvemento da súa linguaxe narrativa, a través do visionado comentado de fragmentos de películas. Biblioteca: Os Rosales, até o sábado 11 de xuño.
- Presentación do libro "Vivir, unha aventura irrepetíbel". Trátase da biografía de Mª do Carme Kruckenberg realizada por Mercedes Queixas Zas e editada por Galaxia. Participan no acto Francisco Castro, editor, a autora Mercedes Queixas e Mª do Carme Kruckenberg. Biblioteca: Estudos Locais, o luns 25 de abril.
- "Unha tarde con Lois Pereiro". Mercedes Queixas, autora do libro "Lois Pereiro, a urxencia poética dun futuro alleo" falará sobre a obra e vida do autor. Concerto de Manu Clavijo con poemas musicados de Lois. Biblioteca: Estudos Locais, o venres 20 de maio ás 20:00 h.
- Mostras bibliográficas e exposicións:
BIBLIOTECA CASTRILLÓN: "Preparados, listos, lede". ATÉ O XOVES 30 DE XUÑO.
BIBLIOTECA CASTRILLÓN: "Libros con premio". ATÉ O XOVES 30 DE XUÑO.
BIBLIOTECA ESTUDOS LOCAIS: "Lois Pereiro e o postmodernismo coruñés". MES DE MAIO.
BIBLIOTECA ESTUDOS LOCAIS: "Conmemorando a Valle Inclán e Castelao". ATÉ O XOVES 30 DE XUÑO.
BIBLIOTECA FORUM METROPOLITANO: "Tomates verdes libros". ATÉ O LUNS 9 DE MAIO.
BIBLIOTECA INFANTIL E XUVENIL: "BD A nosa banda". ATÉ O VENRES 20 DE MAIO.
BIBLIOTECA MONTE ALTO: "Xapón". ATÉ O LUNS 30 DE MAIO.
BIBLIOTECA MONTE ALTO: "Viaxa coa túa biblioteca". ATÉ O LUNS 30 DE MAIO.
BIBLIOTECA ROSALES: "En Semana Santa...atréveste?". ATÉ O LUNS 30 DE MAIO.

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUENOS
- Merendas con Contos. Fuco Ratapón e a súa familia convídannos a degustar unha suculenta merenda nas Bibliotecas Municipais. O menú, como non: CONTOS... de aquí e de alá, de antes e de agora, que lle contaron ou que ten lido.
BIBLIOTECAS:
INFANTIL E XUVENIL: O SÁBADO 14 DE MAIO.
SAGRADA FAMILIA: O MARTES 3 E O LUNS 16 DE MAIO.
MONTE ALTO: OS MÉRCORES 4 E 18 DE MAIO.
CASTRILLÓN: OS XOVES 5 E 19 DE MAIO.
OS ROSALES: OS VENRES 6 E 20 DE MAIO.
FORUM: OS SÁBADOS 7 E 21 DE MAIO.
- Os nosos contos
Dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 11 anos que visitan habitualmente a biblioteca do Forum Metropolitano. Biblioteca: Fórum. Venres 20 de maio.
- Bebeteca:
OS ROSALES. "BBENCONTRO": OS SÁBADOS 30 DE ABRIL E 21 DE MAIO. FORUM: "SOMOS AZUIS"; "SOMOS LILAS"; "SOMOS VERDES"; "SOMOS NEGROS". SÁBADO 30 DE ABRIL, SÁBADOS 14 E 28 DE MAIO E 4 DE XUÑO.
- Caramuxo teatro: "Glub, glub".
Unha montaxe para pequenos de seis meses a tres anos acompañados por adultos. "Glub, glub" conta a historia de amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce aos máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para gozar cos fillos e fillas da primeira viaxe polo mundo do teatro. Biblioteca: Os Rosales: o mércores 11 de maio ás 17:30 e ás 19:00 h.
- Mostras Bibliográficas e Exposicións:
Fórum: "De Dragóns e Heroes". ATÉ O SÁBADO 30 DE ABRIL. / Infantil e Xuvenil: "O libro lembra". ATÉ O LUNS 25 DE ABRIL.
- Obradoiro de escritura creativa:
Obradoiro para mozos e mozas maiores de 14 anos que se queiran introducir no mundo da creación literaria. Biblioteca: Infantil e Xuvenil: os luns 2, 9, 16, 23 e 30 de maio.
- Xuntos por Xapón:
Acto solidario con Xapón na Biblioteca dos Rosales. Ven facer grúas de papel, estas figuras de origami, e xuntos deixaremos voar os nosos desexos até Xapón. Biblioteca: Os Rosales. Xoves 5 de maio ás 18:30 h.
- Club de Ciencia e Investigación (CCI):
No CCI reúnense rapaces e rapazas de entre 9 e 13 anos que teñan espírito aventureiro e curiosidade científica. Este ano conmemoramos o Ano Internacional da Química. Biblioteca: Fórum: o sábado 7 de maio; Infantil e Xuvenil: o sábado 14 de maio.
- 3º Concurso de Contos Os Rosales:
No marco das festas do barrio e en colaboración coa Asociación de veciños, celebraremos a terceira edición do concurso de contos para nenos e nenas. Entrega de premios o luns 30 de maio na Sala Infantil. Biblioteca: Os Rosales. Xoves 5 de maio ás 18:30 h.

ESTAMOS DE FESTA!
- Festa do libro:
Organizada pola Agrupación de Libreiros da cidade do 13 ao 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez. Achégate a mercar o teu libro e gozar das actividades!
- Os libros saen á rúa:
As bibliotecas levan os libros a outros espazos, estarán o mércores 27 de abril na estación de autobuses e na estación de ferrocarril de 11:00 a 19:00 horas.
- Caseta de Atención Primaria:
As Bibliotecas Municipais terán un consultorio lector na Festa do Libro para atender todas as doenzas relacionadas coa literatura. Consellos para mercar o libro máis acaído, a importancia da lectura… e todo o que queiras preguntar.

OUTRAS ACTIVIDADES
- Salas de Exposicións:
* "O DESEMBARCO DOS 80". A actividade cultural na Coruña dos anos oitenta. A revista La Naval e Homenaxe a Lois Pereiro. Sala de exposicións da Casa do Concello.
* "ELOS". Corenta e sete fotografías en diálogo coa palabra, de Paula Gómez del Valle. Sala de exposicións Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
* "DE LIBROS E DE ARTISTAS". Inauguración: Sábado 14 de maio na Galería COLECCIONan ESPACIO DE ARTE (Travesía do Orzán, s/n.)
- Teatro:
* Teatro Rosalía Castro: "LA VIOLACIÓN DE LUCRECIA", de William Shakespeare. Do 29 de abril ao 1 de maio.
* Forum Metropolitano: "A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ". Teatro del Andamio. Día 14 de maio ás 19:00 horas.
- Concertos:
* CONCERTO EXPANSIVO EN HOMENAXE A LOIS PEREIRO. Duplo Son e Loretta Martin. Xoves 12 de maio no cárcere ás 21:00 h.
* CONTOS DO MUNDO: HISTORIA DUN HOME FELIZ (creación musical de Aram Khachaturian, Komidas e Ara Malikian). Sábado 7 de maio no Teatro Rosalía de Castro.
- IV Encontro Cidade da Coruña:
CHARLA DE ANTONIO GAMONEDA: "DA NATUREZA E A XERACIÓN DO PENSAMENTO. LINGUAXE POÉTICA". Venres 29 de abril ás 20:00 horas na Real Academia Galega. Organiza a AELG.
- Poetas di(n)versos::
Recital de peche do ciclo Poetas di(n) versos que se ven celebrando nos últimos meses na Casa da Cultura Salvador de Madariaga. Poetas: Carlos Marzal e Ana Romaní. Luns 23 de maio ás 20:30 horas.
- Cinema no Fórum:
CICLO CINE E LITERATURA. A partir do 24 de abril, na Sala Marilyn Monroe.
- Concurso de fotografía "VER UN LIBRO":
As fotografías deben reflectir unha recreación, unha impresión, unha escenificación, dun libro ou dun fragmento dun libro de ficción, dun personaxe, dunha situación, dun diálogo ou calquera outro aspecto dunha obra literaria. Escolle a túa obra preferida, popular ou non, de calquera orixe ou época, e pona en imaxes. Convocatoria do 23 ao 30 de abril. Prazo de envío das fotografías, do 1 de maio ao 5 de xuño do 2011. A publicación das persoas gañadoras farase do 13 ao 19 de xuño do 2011. Entrega de premios na semana do 20 ao 25 de xuño nunha biblioteca ou local anunciado con antelación.