Roteiro “Rosalía na Coruña”

Convidámosvos a participar no roteiro Rosalía na Coruña, organizado pola Concellaría de Cultura e guiado por Diego Pardo Amado, profesor e especialista na figura de Rosalía. Será este domingo pola mañá, cunha duración aproximada de 1 hora, e co seguinte percorrido:
1. Casa de Rosalía (ás 12.00h)
2. Xardín de San Carlos
3. Peirao
4. Estatua de Curros
5. Casa de M. Murguía
6. Teatro Rosalía Castro
Descargar folleto do roteiro Rosalía na Coruña: PDF, 7,0 MB
O sábado 16 de maio celebramos o Día Internacional dos Museos
Recordámosvos que mañá sábado 16 de maio celebramos o Día Internacional dos Museos cun amplo programa de actividades en toda a cidade.
Deixámosvos aquí algunhas ligazóns interesantes:
-A Programación do Día Internacional dos Museos
-O Cartaz do Día Internacional dos Museos
-As Bases do I Premio Certame de Pintura Cidade Vella
Programación do Día Internacional dos Museos
Música, teatro, proxeccións, visitas guiadas, happening... son algunhas das moitas propostas para celebrar na cidade o Día Internacional dos Museos, o sábado 16 de maio de 17.30 ás 24.00 h. Este é o programa completo de actividades:
Praza de Azcárraga (Praza da Fariña)
Ás 17.30 h a Escola Municipal de Música da Coruña dará un concerto do grupo de jazz.
CASAS MUSEO
Gozaremos con dous divertidos roteiros con animación de rúa e fin de festa musical co dúo de gaita e acordeón de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero para descubrir e visitar as casas-museo da cidade.
Ás 18.00 e ás 19.45 h. Roteiro Picasso e Casares Quiroga. Comezará na Casa Museo Picasso.
Ás 18.00 e ás 19.45 h. Roteiro María Pita e Dona Emilia Pardo Bazán: Comeza na Casa Museo María Pita.
SALAS DE EXPOSICIÓNS
Sala Palexco
Exposición A Escola da Haia: trátase dunha mostra integrada por 74 pezas pertencentes ao prestixioso Rijksmuseum de Ámsterdam, un dos museos máis importantes do mundo. Haberá visitas guiadas á exposición ás 18.30, 20.00 e 22.00 h. Concerto do cuarteto Scherzo da OSG ás 21.30 h.
Kiosco Alfonso
Exposición antolóxica de Julio Pujales.
Concerto do cuarteto Scherzo da OSG ás 22.30 h.
Espectáculo de danza Ver fondo do envase diante do Kiosco ás 19.00 h da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña. Dirixe: Rut Balbís.
Pazo Municipal
Visitas guiadas á Planta Nobre ás 20.00 e 22.00 h.
Sala de Exposicións do Pazo Municipal
O Traballo Visible das Coruñesas nos Documentos do Arquivo Municipal
Casa da Cultura Salvador de Madariaga
Deshoras: obras de Mª Martín Carmona.
Museo Arqueolóxico-Castelo de San Antón
Visitas guiadas ás 12.30, 18.30 e 20.00 horas.
Concerto de Pepe Vaamonde Grupo ás 23.30 h. no patio do Castelo.
Torre de Hércules
Aberta até as 00.00 h. Entrada de balde a partires das 18.00 h.
Museos Científicos da Coruña
Entrada de balde a partires das 18.00 h. A Casa das Ciencias estará aberta até as 00.00 h. Despois das 20.00 h haberá pases cada hora para ver o audiovisual Evolución no Planetario. O día 18 a entrada aos museos científicos é de balde.
I Certame de Pintura Cidade Vella
Terá lugar o día 16 de maio. Está organizado coa colaboración da Asociación de Veciños da Cidade Vella e a Asociación de Artistas Plásticos Galegos. Será de temática libre, relativa á Cidade Vella. Ler bases
Arquivo do Reino de Galicia
Estará aberto das 21.30 ás 00.00 h. Exporanse as obras presentadas ao I Certame de Pintura Cidade Vella (Xardín de San Carlos, s/n)
Obelisco
Proxectarase O Pulso Artístico da Cidade con obras de artistas plásticos da cidade: será das 22.00 ás 00.00 h.
Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF)
Festival ArtEx Sonora II, actuación de Stephen Cornford ás 22 horas. Despois do concerto realizarase una visita nocturna guiada á exposición: Antes de ayer y pasado mañana; o lo que puede ser pintura hoy. O museo permanecerá aberto até as 00.30 do día 17 de maio.
Fundación Barrié
Nunha instalación especial, a Fundación mostrará obras da colección de Pintura Internacional da Fundación, baixo o título Puntos de Luz. Nove obras de gran formato de Imi Knoebel, Pedro Calapez, Sandra Cinto, Ángela de la Cruz, Jason Martin, Álvaro Negro, Adrian Schiess, Fiona Rae e Peter Zimmermann serán os puntos que proxectarán a arte cara a rúa. No Cantón Grande, até as 02.00 h.
Fundación Luís Seoane
Exposición de Alberto Datas (1935-2007) e Andrei Tarkovski (Rúa San Francisco, s/n).
Sede Fundación Caixa Galicia
Miradas. Desde o Informalismo ao Multicolor, da Colección Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24)
Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia
Exposición Auga. O sangue da terra (Rúa Médico Rodríguez)
GALERÍAS DE ARTE
A partir das 18.00 h un happening a cargo dos artistas Tabo Ayala e Ricardo Morente percorrerá as galerías de arte da Coruña.
Galería Ana Vilaseco
Exposición de Jose Pedro Croft (Rúa Padre Feijoo, 5, 1º)
Galería Atlántica Centro de Arte
Exposición de Luís Caruncho
Atlántica Novo Espazo
Exposición de Blanca Silva (Rúa Federico Tapia, 15, baixo)
Arte – Imagen
Exposición de Vanessa Lodeiro (Rúa Ramón y Cajal, 5, baixo)
Galería Teresa Taxes
Lugrís Vadillo, Fernández Pera, José Bellosillo, Miguel Galano, Chema Peralta e Javier Victorero exporán baixo o título En la Pintura (Praza de María Pita, 25, baixo)
Galería de Arte Xerión
Exposición de Ramón Generó (Rúa Modesta Goicouría, 7, baixo)
Galería de Arte COLECCIONan
Obras de Francisco Escudero (Rúa do Orzán, 22, baixo)
Galería de Arte Julia Ares
Ás 20.00 h haberá unha tertulia con motivo do Día Internacional dos Museos (Rúa Curros Enríquez, 5, baixo)
Isadora ART DECÓ
Exposición colectiva de Alfonso Abelenda, A. Datas, Xaquin Chaves, Rosa Úbeda, Alfonso Costa, Valbueno, Julio Sanjurjo, Baldo Ramos, Jorge Cabezas, Alberto Gulias e F. Pazos (Rúa Alfredo Vicenti, 26)
Coarte. Galería de Arte
Obras de María José Filella Muset (Rúa Paio Gómez, 18-baixo)
Galería Moret Art
Exposición de Xurxo Gómez Chao. Das 22.00 ás 23.30 h terá lugar unha actividade literaria titulada Noite, Luz e Sombra con Manuel Rivas, Eva Veiga, Yolanda Castaño, Liño Braxe e Xulio Valcárcel entre outros, acompañados pola música de Rómulo (Rúa Olmos, 12-14, 1.º C)
Galería Matt Concept (Music + Art)
Exposición de Alfonso Sicilia Sobrino (Avda. Porta de Aires, 15, baixo). Ás 20.00 h Os nenos cantores e o Coro da OSG darán un concerto na Colexiata.
Roteiros culturais pola cidade
O ciclo Historias da cidade ofrece esta semana unha maneira diferente de revisar o pasado da Coruña en forma de roteiros culturais de enorme interese. Hoxe mércores 26 de 18 a 21 horas o director dos Museos Científicos da Coruña será quen nos descubra A presenza da Ciencia na cidade nun paseo que se iniciará na Praza da Palloza. E mañá Xoves 27, tamén de 18 a 21 horas, Espazos identitarios da cidade, a cargo de Xosé Luís Martínez, arquitecto e Vicerreitor da Universidade da Coruña. A saída terá lugar en Porta Real. En caso de que o tempo non permita facer os roteiros desenvolverase unha charla na Casa Museo Casares Quiroga.
Centenario Curros Enríquez

A Concellaría de Cultura segue a desenvolver o programa de actividades con motivo do centenario da morte do poeta Manuel Curros Enríquez.
Queremos incidir no ámbito do ensino para divulgar a figura de Curros porque o coñecemento dos nosos escritores e escritoras entre a poboación escolar non só é necesario, senón que é inaprazable por formar parte da realidade máis próxima e da que o sistema educativo é portavoz fundamental.
Convidámosvos a participar nas actividades máis inmediatas e facer extensiva a información a toda a comunidade escolar.
- EXPOSICIÓN “NA FRENTE UNHA ESTRELA”. Na Sala de exposicións do Pazo Municipal (Casa do Concello, María Pita). Até o 23 de novembro. Horario: de luns a domingo, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
- Domingo 19, ás 12:00. ROTEIRO “AO PÉ DE CURROS”: Visita guiada ao cemiterio de San Amaro con Xulio Cuba, profesor de ensino secundario.
- Martes, 21, ás 19:30. “CURROS EN CUBA”: Conferencia impartida por Elisardo Varela, profesor e inspector de ensino secundario. Na Biblioteca de Estudos Locais, en Durán Loriga
- Luns, 27, ás 19:30. “VIXENCIA E MODERNIDADE NA OBRA DE CURROS”. Conferencia impartida por María Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña e Xosé Luís Axeitos, profesor de ensino secundario e membro da Real Academia Galega. Na Biblioteca de Estudos Locais, en Durán Loriga




















