CGAI: Seminario “Quen teme a Jean-Luc Godard?”

mércores, 27 abril 2011, 11:19 | Category : cinema, seminario
Tags : , , , ,

Venres 29
CGAI (Rúa Durán Loriga 10, baixo)
De 17:00 a 20:15
Entrada con matrícula de balde e prazas limitadas. Información en:  info at cgai.org

A revolución constante que representa o cine de Jean-Luc Godard e o entusiasmo espertado polo seu último traballo, "Film: Socialisme" (2010), estreado en España, permite organizar un seminario en torno a este filme e a propia evolución do autor nos últimos anos. O seminario "Quen teme a Jean Luc Godard?" terá lugar na tarde do venres 29 de abril coa coordinación de Ángel Quintana e a intervención dun lendario estudoso da obra de Godard, o francés Alain Bergala –aproveitamos para proxectar o documental que realizou sobre Víctor Erice para a serie -, Gonzalo de Lucas e o propio Quintana.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

II Seminario “A conservación en acción. Desafíos da conservación”

Venres 10 de decembro – Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA.
Sábado 11 de decembro de 2010 – Domus
Domingo 12 de decembro de 2010 – Aquarium Finisterrae
Xoves 16 e Venres 17 de decembro de 2010 – Obradoiro on line

Dentro das actividades promovidas polo CEIDA, polos Museos Científicos Coruñeses e a Concellaría de Cultura en relación coa conmemoración no 2010 do Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, organízase este Seminario no que se mostran experiencias de planificación, xestión, divulgación, participación e investigación, útiles para a conservación da biodiversidade. As experiencias e propostas seleccionadas permiten coñecer contidos, reflexións e exemplos de boas prácticas aplicables tanto no ámbito local como no rexional e o internacional. A matrícula é de 20 euros, e a inscrición pódese facer chamando ao teléfono 981-630618, enviando un correo electrónico ao enderezo  formacion at ceida.org, ou neste enlace. Neste arquivo pódese descargar toda a información: Seminario Desafios Decembro 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Seminario “A mirada de Michelangelo Antonioni”, na Fundación Luís Seoane

luns, 19 xullo 2010, 9:36 | Category : cinema, seminario
Tags : ,

Do martes 20 ao venres 23
Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco, s/n).
Entrada para os previamente matriculados.

Baixo a dirección de Alberto Ruiz de Samaniego, e coa participación de Daniela Aronica, Juan Barja, Fernando Castro Flórez, Domènec Font, Jesús González Requena, José Manuel Mouriño, Jaime Pena, Alberto Ruiz de Samaniego, Daniel Sánchez Salas e José Manuel Sande.
Michelangelo Antonioni (Ferrara 1912-Roma, 2007) foi, xunto a Jean-Luc Godard, un dos últimos representantes da vangarda cinematográfica europea. Neste seminario profundizarase nos distintos postulados estéticos e creativos do director italiano, así como a recepción das súas películas en España, a imaxe da muller na súa obra, as relacións de parexa na súa obra, a intersección desta coa arte e a estética contemporáneas... resumindo, todos aqueles aspectos que fan que aínda hoxe en día se lle considere á vangarda dun xeito de entender o cine e, sobre todo, do concepto de modernidad na súa máis ampla acepción.
Pódese descargar o programa aquí. Máis información na páxina web da Fundación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

III Seminario internacional pola abolición da tauromaquia (venres 9)

Venres 9
De 18:00 a 21:00
Kiosko Alfonso
Entrada libre até completar capacidade.

Organiza: Galicia Mellor sen Touradas e CAS-Internacional. Colaboran: Concellaría de Cultura e Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Durante este día desenvolverase o seguinte programa:

-Proxección: “Billy debe ganar”.
-Charla “Historia e simboloxía do touro”, por Helena Escoda, licenciada en Historia, experta en simboloxía do touro e membro da Comisión Promotora da ILP catalana contra a tauromaquia.
-Charla “The Worldwide fight against bullfightin”, por Marius Knoff, director de CAS-International, a maior organización abolicionista de Europa, e co fundadora da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas
-Proxección do documental “Animal”.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

III Seminario internacional pola abolición da tauromaquia (sábado 10)

Sábado 10
De 18:00 a 21:00
Kiosko Alfonso
Entrada libre até completar capacidade.

Organiza: Galicia Mellor sen Touradas e CAS-Internacional. Colaboran: Concellaría de Cultura e Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Neste día desenvolverase o seguinte programa:

-Charla de Julio Ortega Fraile, activista animalista e autor do blogue Fin del Maltrato Animal.
-Entrevista gravada de Raül Romeva, eurodeputado do grupo Verdes/Alianza Libre Europea e vicepresidente dos Verdes no Parlamento Europeo.
-Charla “Tauromaquia e antropoloxía”, por Mercedes Cano-Herrera, profesora de Antropoloxía da Universidad de Valladolid e poñente durante o debate da ILP abolicionista no Parlament de Catalunya.
-Mesa redonda con representantes de partidos políticos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A conservación dos océanos a debate en decembro na Domus

martes, 17 novembro 2009, 14:00 | Category : ciencia, natureza, seminario
Tags : , , ,

seminarioOs días 10 e 11 de decembro terá lugar na Coruña e en Santa Cruz o seminario A conservación en acción. O desafío de conservar os océanos, organizado polo CEIDA e os Museos Científicos Coruñeses. Podedes descargar o programa completo e a ficha de inscrición premendo nesta ligazón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte 09: Son e poder, seminario de Chiu Longina

martes, 29 setembro 2009, 11:20 | Category : Arte, obradoiros, seminario
Tags :

escoitar-outonarte

Dentro da programación de Outonarte do 5 ao 9 de outubro terá lugar un taller/seminario co título Son e poder. Tecnoloxías sonoras de control social. Armas acústicas, impartido por Chiu Longina, Escoitar.org. O taller trata de mostrar unha panorámica actual dos diferentes usos, desenvolvementos e implementacións tecnolóxicas baseadas en tecnoloxía sonora cuxa utilización ten como obxectivo exercer control social e poder ou atacar e defenderse (o caso das armas acústicas).

DIRIXIDO A: Artistas, músicos, científicos sociales, activistas sonoros e creadores nas áreas da imaxe, o son ou a produción multimedia interesados na experiencia acústica. Maiores de 16 anos.

INFORMACIÓN E MATRÍCULA: picar aquí

Dossier informativo: [descargar]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google