Teatro del Andamio: “Contos do cestiño”, por Raquel Queizás
Teatro
del Andamio (Alcalde Suárez Ferrín 10)
Sábado 17 ás 18:00 h.
Domingo 18 ás 12:30 e 18:00 h.
Entradas: 5 euros.
Representación de "Contos do cestiño", por Raquel Queizás. Había unha vez un cesto que dende pequerrecho esperaba que alguén o enchese de soños, de contos, de estrelas, de risos. Iso pensaba o coitadiño mentras levaba peixe, cebolas e pementos de feira en feira. Ata que comezou a escoitar as historias que a xente contaba. Eu atopei ese cestiño... Dirixido a nenos e nenas maiores de 3 anos.



























