Forumfolk 2010: BellónMaceiras

bellonmaceirasDaniel Bellón & Diego Maceiras, gañadores da sétima edición do concurso folk de Radio Obradoiro que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela en marzo do 2006 e do Concurso Runas do mesmo ano, do Festival de Ortigueira, preséntannos o seu primeiro traballo chamado Unión das Terras, con composicións propias mesturadas cunha visión moi persoal de temas de diversas culturas adaptadas a gaita e acordeón. Este dúo está formado por músicos que actualmente constitúen un referente para o mundo da gaita e o acordeón en Galiza.

Unión das Terras, proxecto no que participaron músicos de renome como Xosé Lois Romero tocando a pandeira, Alex Blanco coa guitarra acústica e Xabier Díaz aportando a voz, constitúe, deste xeito, unha viaxe de case sesenta minutos a través do mundo que traspasa fronteiras de todo tipo, amosándonos o mellor de cada lugar e cultura, pero sen esquecer o carácter e o sabor galegos que sempre caracterizan ás súas melodías.

Libertango: Libertango

Licantropía: Licantropía

Descargar máis información: PDF, 643 KB

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
This post does not allow comments