Forumfolk 2010: Riobó
Quinteto acústico formado no verán do 2008 por músicos cunha sólida trayectoria desenvolvida durante anos en diversos proxectos e
formacións: Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campo (gaita, acordeón
e frautas), Xosé Liz (bouzouki), Begoña Riobó (violín) e Fernando Pérez (frautas e requinta). Xuntan a experiencia de múltiples traballos discográficos con outras agrupacións e centos de actuacións ao vivo nos escenarios máis importantes de todo o mundo.
O obxectivo deste novo proxecto é o directo, sendo fieis á orixe da música tradicional galega, que é servir ao baile. Riobó céntrase na interpretación de melodías tradicionais galegas xa ben recollidas nos cancioneiros ou do repertorio dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas. Riobó recrea un modo clásico de facer música folk, que fusiona o estilo dos vellos gaiteiros co carácter dos grupos folk europeos dos anos 70 e 80.














