Forumfolk 2010: Tátara trío

TÁTARA TRÍO é unha formación composta por tres músicos de formacións xa asentadas no eido da música galega: RUOTE, DONAIRE e TIRULEQUE.

Levan cinco anos percorrendo locais e pubs de música folk así como diversos festivais no verán (Matamá folk, fetival folk festas de San Pedro en Compostela, festa do marisco de O Grove). Participaron tamén no programa de tarde da Radio Galega As Quimbambas, onde foron entrevistados e tocaron cinco temas en directo, ou no programa da TVG Mundo Verbena.

A música de Tátara Trío vai dende a música tradicional ao folk, e máis do 70% do seu repertorio é de composición propia. O trío está composto por Alex Fente (acordeón, piano), Fernado Docampo (violín, pecusións e voz) e Pablo Díaz (clarinete, gaita, percusións e voz).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
This post does not allow comments