Forumfolk 2010: Tiruleque

tirulequeEn 2002 nace como proxecto Tiruleque. Bebendo nas fontes da tradición musical galega, tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros, pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de "etiquetas" que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo "música galega" nun intento de clasificar o seu estilo. A súa máxima é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha predilección máis clara. Nos seus concertos están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, pero empregados ao xeito propio do grupo. Reinterpretan a tradición e recorren a súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais, botando man da riqueza dos instrumentos que esta música nos ofrece.

A banda coruñesa está formada actualmente por Antón Bueno (contrabaixo, gaita e coros), Álex Fente (acordeón e coros), Pablo Pintor (clarinete, gaita, pito galego, triángulo e voz), Fernando Román (saxo, clarinete, gaita e coros), Miguel Horjales (caixa, percusións e coros) e Luis García (bombo con pratos, percusións e coros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google