14 pelis para os peques: Os osos amorosos no País das Marabillas

venres, 19 febreiro 2010, 10:45 | Category : cinema, infantil
Tags :

O ciclo de cine para nenos 14 PELIS PARA OS PEQUES, que se celebra todos os sábados de xaneiro a abril ás 18:00 horas, tráenos mañá sábado 20 de febreiro o filme Os osos amorosos no País das Marabillas. Na película hai un malvado bruxo que quere coroarse Rei do País das Marabillas tras a misteriosa desaparición da princesa, mais os osos amorosos dedicarán todo o seu esforzo para evitalo.

O ciclo desenvólvese no MACUF coa colaboración da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Linguística do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

14 pelis para os peques: Doraemon e o Reino de Kino

venres, 12 febreiro 2010, 11:00 | Category : cinema, infantil
Tags : ,

14 pelis para os pequesProsegue no MACUF o ciclo de cinema 14 PELIS PARA OS PEQUES, todos os sábados de xaneiro a abril ás 18:00 horas, con entrada libre. Mañá sábado 13 de febreiro, Doraemon e o Reino de Kibo. Nesta aventura, Nobita ten que protexer a Terra do Señor do Planeta Verde que pretende levar todas as plantas a outra galaxia. Vai contar coa axuda de Kibo, unha planta máxica que encontra na montaña que está preto da súa escola.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google