Presentación (tamén) na Coruña do libro 55 mentiras sobre a lingua galega

O libro 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinado por Xosé-Henrique Costas, preséntase hoxe venres 5 de febreiro ás 20:30 na Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande (a entrada é pola Rúa da Estrela). Participarán Pancho Pillado, Martin Pawley, Mercedes Queixas e Alfredo Ferreiro. O acto forma parte da multipresentación organizada por ProLingua para dar a coñecer o libro. Haberá presentacións en 69 localidades de todo o mundo, en Galicia e fóra de Galicia: ao tempo que o libro se presenta na Coruña, en Vigo, en Guitiriz ou en Verín haberá tamén actos en Madrid, Barcelona, Vitoria-Gasteiz, Trintxerpe, París, Londres, Copenhague, Tübingen, Nova York, Madison, Bos Aires, Saraievo, Belén e Nablús. A presentación de Vigo poderá verse ademais online a través de Internet.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google