Exposición “Prometeo y la caja de Pandora”, de Yolanda Relinque, en 9the13

venres, 13 maio 2011, 10:30 | Category : exposicións
Tags : , ,

Do PROMESA-150x150sábado 14 de maio ao sábado 18 de xuño
Galería 9the13 (Rúa Tabernas, 9)
De martes a venres de 17:00 a 21:00.
Sábados de 11:00 a 14:00
Entrada libre.

Exposición "Prometeo y la caja de Pandora", de Yolanda Relinque (Pamplona, 1976). Esteticamente, a súa creación fundaméntase na liña, no movemento, e na contemplación intuitiva das combinacións entre debuxo, gravado, pintura e fotografía unindo o pensamento crítico á posibilidade do soño. 9the13 modifica o seu horario de apertura o sábado 14 de maio (desde as 18:13 até as 22:00 h.), convidando ao público a acompañar á artista durante os procesos de xeración final de tres instalacións escultóricas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Gym, the other Gym”, acción artística efémera en 9the13

luns, 9 maio 2011, 7:42 | Category : Arte
Tags : ,

Do Gymmartes 10 ao xoves 12
Galería 9the13 (Rúa Tabernas, 9)
De 17:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A acción efémera "Gym, the other Gym" é a recreación do proxecto artístico de Segismundo Barallobre Tourette segundo notas autobiográficas tras a súa breve estancia na prisión de Saint-Brieuc (Bretaña, Francia). Produción de "9the13 Lab" para o espazo de acción artística aleatoria KNOCKOUTsites!.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Melatonina”, de Marta Alvim, en 9the13

xoves, 13 xaneiro 2011, 11:32 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

Do venres 14 de xaneiro ao luns 28 de febreiro
Galería 9the13 (Rúa Tabernas, 9)
De martes a venres de 17:00 a 21:00 h.
Sábados de 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre.

Exposición da obra fotográfica e audiovisual de Marta Alvim (Porto, 1979), na súa primeira exposición individual fóra de Portugal. A inauguración terá lugar o venres 14 ás 20:20 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Ohayô (Buenos días)”, de José Andrés Santiago

xoves, 18 novembro 2010, 12:38 | Category : Arte, exposicións
Tags : , ,

Do venres 19 de novembro ao xoves 23 de decembro
Galería 9the13 (Rúa Tabernas, 9)
De martes a venres de 17:00 a 21:00.
Sábados de 11:00 a 14:00
Entrada libre.

Exposición da obra de José Andrés Santiago, na que se poderán ver varias pezas das series "Origami" e "Princesas (Deluxe)". A inauguración terá lugar o venres 19 de novembro a partir das 20:15 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición fotográfica “Once días de invierno”, de Christian Domínguez

xoves, 9 setembro 2010, 8:45 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

Do venres 10 de setembro ao sábado 30 de outubro
Galería 9the13 (Rúa Tabernas, 9)
De martes a venres de 17:00 a 21:00.
Sábados de 11:00 a 14:00
Entrada libre.

Esta é a terceira exposición individual de Christian Domínguez (Barcelona, 1975), asturiano de adopción, mestre de música e profesor de piano, despois das celebradas en Xixón e Langreo. Unha das súas fotografías foi escollida como contraportada do disco do grupo estadounidense The Dynamites "Burn it down", tamén utilizada como imaxe promocional da súa xira europea de 2009. A sensibilidade da súa obra artística, a dozura e exquisitez das súas imaxes, a xenialidade evocadora e poética do seu traballo, substancial na introspección e na vulnerabilidade do tempo detido, retratan en "Once días de invierno" o tempo san da memoria e a transmisión da elegancia na mirada e no sentimento. Un alén do inmediato e un aquí do ensoñado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico: exposición da “Obra pictórica” de David Pintor

venres, 13 agosto 2010, 9:56 | Category : exposicións, pintura
Tags : , , ,

Do 17 ao 31 de agosto
Galería 9the13 (rúa Tabernas, 9, baixo)
De martes a venres: de 18:00 a 21:00,
Sábados: de 11:00 a 14:00
Entrada libre.

Exposición da "Obra pictórica" de David Pintor (A Coruña, 1975), ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor, premio da Society of News Design (SND) polos seus traballos en La Voz de Galicia, Grand Prix International na Bienal de cadernos de viaxe Clermont Ferrand (2009), Premio Haxtur ao humor (2008), Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración 2009, Premio Curuxa do humor 2007 do Museo do Humor de Fene, Premio do Salón da Caricatura de Vila Real (Portugal), Premio literario Frei Martin Sarmiento, Premio no VIII Concurso de humor gráfico de Barakaldo (2008), e o de mellor ilustrador en Galicia nos anos 2007 e 2009 elexido pola web Fervenzas Literarias. Tamén foi seleccionado en 2007 e 2010 para a mostra de ilustradores da Feira de Boloña (Italia), e en 2009 para a Bienal de Ilustración de Bratislava (Eslovaquia).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de ilustracións de David Pintor

xoves, 29 xullo 2010, 9:04 | Category : exposicións, ilustración
Tags : ,

Do 30 de xullo2010 07 30 David Pintor ao 16 de agosto
De martes a venres de 17:00 a 21:00 e sábados de 11:00 a 14:00
Galería 9the13 (rúa Tabernas, 9, baixo)
Entrada libre.

Inaugúrase o 30 de xullo ás 20:30 h. a exposición de ilustracións de David Pintor (A Coruña, 1975), ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor, premio da Society of News Design (SND) polos seus traballos en La Voz de Galicia, Grand Prix International na Bienal de cadernos de viaxe Clermont Ferrand (2009), Premio Haxtur ao humor (2008), Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración 2009, Premio Curuxa do humor 2007 do Museo do Humor de Fene, Premio do Salón da Caricatura de Vila Real (Portugal), Premio literario Frei Martin Sarmiento, Premio no VIII Concurso de humor gráfico de Barakaldo (2008), e o de mellor ilustrador en Galicia nos anos 2007 e 2009 elexido pola web Fervenzas Literarias. Tamén foi seleccionado en 2007 e 2010 para a mostra de ilustradores da Feira de Boloña (Italia), e en 2009 para a Bienal de Ilustración de Bratislava (Eslovaquia).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google