Fórum: Exposición de carteis do alumnado da “Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso”

Do Picassoluns 31 de xaneiro ao luns 14 de febreiro
Fórum Metropolitano
De 09:00 a 21:00 h.
Entrada libre.

O luns 31 de xaneiro inaugurouse no Fórum unha exposición de carteis do alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. Un proxecto de colaboración entre a Concellaría de Cultura e a propia Escola arredor da campaña de lectura "A Coruña 2010, unha cidade que le". Igual que outras entidades e institucións, a Escola Pablo Picasso sumouse á campaña traballando co alumnado durante varios meses, facendo unha selección final daqueles deseños que mellor poden animar e a difundir o valor da lectura. Con esta exposición ponse punto final a campaña lectora do 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A cidade que le: visita guiada á Biblioteca do Consulado

martes, 14 decembro 2010, 11:49 | Category : bibliotecas
Tags : ,

Xoves 16
Biblioteca da Casa do Consulado (rúa Panadeiras, 58)
18:00
Entrada libre con inscrición previa.

Dentro das actividades d'A cidade que le, o xoves 16 de decembro celébrase unha nova visita guiada á Biblioteca do Consulado deténdose especialmente nas xoias da Ilustración tardía, onde se amosa á cidadanía a biblioteca pública máis antiga do estado e os seus fondos, onde se encontran verdadeiras xoias da Literatura Universal como un manuscrito inédito de Quevedo ou a primeira edición holandesa de El Quijote. Inaugurada o 15 de agosto de 1806, agocha verdadeiros tesouros, entre libros, manuscritos, carpetas que gardan documentos e cartas que formaron parte da Biblioteca de Juana de Vega. Os grupos son reducidos, sendo preciso anotarse no número telefónico 981-206274 ou por correo electrónico ( bibliocasaconsulado at gmail.com).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Visitas guiadas á Real Academia Galega

martes, 23 novembro 2010, 13:01 | Category : divulgación, exposicións
Tags : ,

Todos os mércores de novembro
Real Academia Galega (rúa Tabernas, nº 11)
17:30
Entrada libre previa inscrición no teléfono 981-189830 begin_of_the_skype_highlighting              981-189830      end_of_the_skype_highlighting (extensión 12026) ou no correo electrónico:  cultura at coruna.es.

Dentro das actividades de A Cidade que le, e realizadas pola propia institución, visitas guiadas á Real Academia Galega, que inclúen unha breve explicación sobre a historia da Academia e a orixe dos fondos que custodia, visita das pezas do arquivo como o pergameo asinado pola raíña dona Urraca, outros pergameos galegos medievais, copia da Crónica Troiana, manuscritos autógrafos de Pondal, de Murguía e outros escritores e intelectuais galegos. Sen esquecer as actas fundacionais da Academia e da correspondencia coa Asociación Iniciadora da Habana. Na Biblioteca poderanse observar as primeiras edicións dos principais escritores galegos do século XIX: Rosalía, Curros, Pondal, Pintos e algunha obra dos séculos escuros. Da hemeroteca amósanse exemplares do século XIX escritos en galego ou relacionados con Galicia: desde o primeiro, O vello do Pico Sagro ata a revista Nós. Durante o percorrido observanse ademais algúns óleos (Seoane, Souto…) e esculturas (Curros por Asorey).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A cidade que le: visita guiada á Biblioteca do Consulado

xoves, 11 novembro 2010, 12:02 | Category : bibliotecas
Tags : ,

Xoves 11
Biblioteca da Casa do Consulado (rúa Panadeiras, 58)
18:00
Entrada libre con inscrición previa.

Dentro das actividades d'A cidade que le, este xoves celébrase unha nova visita guiada á Biblioteca do Consulado deténdose especialmente nas xoias da Ilustración tardía, onde se amosa á cidadanía a biblioteca pública máis antiga do estado e os seus fondos, onde se encontran verdadeiras xoias da Literatura Universal como un manuscrito inédito de Quevedo ou a primeira edición holandesa de El Quijote. Inaugurada o 15 de agosto de 1806, agocha verdadeiros tesouros, entre libros, manuscritos, carpetas que gardan documentos e cartas que formaron parte da Biblioteca de Juana de Vega. Os grupos son reducidos, sendo preciso anotarse no número telefónico 981-206274 ou por correo electrónico ( bibliocasaconsulado at gmail.com).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña 2010. A cidade que le: actividades do cuarto trimestre

Detallamos A cidade que lea continuación as actividades deste cuarto trimestre da campaña A cidade que le. Nesta última fase da campaña de lectura participan as Bibliotecas da cidade pero tamén outras entidades: Universidade da Coruña,  Fundación Manuel María, Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega e Real Academia Galega:

- A BIBLIOTECA DO CONSULADO E AS XOIAS DA ILUSTRACIÓN TARDÍA. Unha visita guiada o 2º xoves de cada mes, ás 18:00 h. para amosar á cidadanía a biblioteca da fundación pública máis antiga do estado e os seus fondos. É preciso anotarse no número de teléfono 981 206 274 begin_of_the_skype_highlighting              981 206 274      end_of_the_skype_highlighting ou no correo electrónico  bibliocasaconsulado at gmail.com.

- VISITAS GUIADAS Á REAL ACADEMIA GALEGA. Para coñecer os fondos e pezas senlleiras que acolle esta institución, realízanse visitas guiadas todos os mércores de novembro ás 17:30 h. É preciso anotarse no teléfono 981 189 830, ext. 12026 ou no correo electrónico  cultura at coruna.es. Realizadas pola propia Real Academia Galega.

- OS XOVES NA SAGRADA. O encontro con culturas doutros países a través da súa música. Neste caso música do Brasil con Bernando Tonasse, músicas e bailes do Senegal con Gal Sene, de Cabo Verde, Angola, Portugal e Galiza con Aline Frazão e César Herrans, Huayras do Ecuador, músicas do leste, Rusia, Ucraína...con Nadia Nikitina e reggae con Pinnaacle Roots Reggae Band. Lugar: Biblioteca Sagrada Familia os días 21, 28 de outubro, 4 e 18 de novembro, 2 e 16 de decembro ás 19:30 h. Os concertos complétanse co obradoiro "Desde a sabana africana á música máis occidental" no que se fará un percorrido desde os tambores ancestrais da sabana até a música occidental dos nosos días, o jazz, blues, rock, música latina... os días 13, 20 e 27 de novembro de 11:30 a 13:30 h.

- OUTONARTE: Eu tamén animo! O conto non remata na marxe dos libros e podemos facer que cobren vida de moitas maneiras. Unha delas é convertelo nun filme, e iso imos facer. A partir dun conto de OQO editora, os pequenos desenvolverán coa técnica stop motion a animación da obra, imaxe, voz e música. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil os días 15, 22 e 29 de outubro.

- TEATRO: Casa de muñecas de Henrik Ibsen. No Teatro Rosalía de Castro, representación o 29 e 30 de outubro. Farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero. O día 6 de novembro no Fórum.

- CUN LIBRO DEBAIXO DO BRAZO. As Bibliotecas Municipais visitarán o Hospital Materno Infantil para agasallar o primeiro libro a nenos e nenas que nazan entre o 15 de novembro e o 15 de decembro e entregarlles o carné de asociado.

- LETRAS NO MERCADO. No mes de outubro as Bibliotecas Municipais, sairán aos mercados promovendo a lectura, ofrecendo "canapés de lectura", distribuíndo polos postos do mercado libros e guías con recensións de obras, recomendacións de lecturas, etc. Do 21 ao 23 de outubro.

- "RUTA DO BACALLAU". Con motivo da celebración do Ano do Libro e da Lectura, as Bibliotecas Municipais saen aos Mercados Municipais. Unha compra diferente, alternativa, onde os libros e a literatura serán os grandes protagonistas. Un percorrido animado e divertido por todo o mercado coa xente das bibliotecas, con parada en todos os postos, descubrindo sorpresas, xogando na sección téxtil, probando os mellores cafés, deixando voar a imaxinación entre as froitas e verduras, gozando coas riquísimas carnes, navegando entre os sosegados peixes, deixando para o final a mellor das reposterías. Unha boa mestura para pasar un anaquiño coa máis saborosa das compañías: OS NOSOS LIBROS. Datas: do 25 ao 29 de outubro de 11:00 a 11:45 h. nos mercados de Elviña, As Conchiñas, Monte Alto, San Agustín e Praza de Lugo. Sorteo: Participa nesta actividade e entrarás no sorteo dun lote de libros!!! Inscrición: do 21 ao 23 de outubro nos Mercados Municipais, nos postos dos libros.

- ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS.
Obradoiros de arrolos: cantar e contar desde o principio. Para pais e nais que esperan bebé e queren recibilo con arrolos, nanas e contiños, organízase un obradoiro nas Biblioteca Municipais para aprender a cantarlles e contarlles aos máis pequenos. Con Gloria, do grupo musical "Mamá Cabra". No mes de decembro.
Obradoiro de debuxo e/ou cómic. Santy Gutiérrez desenvolverá divertidos exercicios para que rapaces e rapazas aprendan como ilustrar un conto infantil. Na Biblioteca do Castrillón, o día 20 de outubro.
Obradoiro de banda deseñada. Repaso e posta en prácticas de elementos da linguaxe do cómic. Con Jacobo Fernández Serrano. Na Biblioteca Municipal de Monte Alto, o día 28 de outubro.
Obradoiro de escrita creativa. A través de xogos de prestidixitación literaria, achegarémonos ás claves do proceso da escrita. Con Estíbaliz Espinosa. Na Biblioteca de Estudos Locais os días 9, 11, 16 e 18 de novembro.
Obradoiro de aproximación á ilustración gráfica. Dun xeito lúdico, seguiremos os pasos para a ilustración dun libro infantil. Con Óscar Villán Seoane. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil, o día 26 de novembro.
Clubs de Lectura. Para gozar da lectura compartida, grupos de persoas afeccionadas á lectura reúnense periodicamente para comentar e valorar un libro escollido das Bibliotecas Municipais, co apoio dun coordinador/a. Biblioteca do Castrillón, todos os mércores de mes. Fórum, todos os martes de mañá e mércores pola tarde. Biblioteca de Monte Alto, todos os martes de mes.
Escribir é xogar. Obradoiro de escrita creativa para adolescentes. Coordinado por Pedro Ramos, será na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, todos os martes a partir do 19 de 18:00 a 20:00h.
Merendas con Contos. Non esquezas que Fuco, Ratapón e a súa familia convídannos a degustar unha suculenta merenda nas Bibliotecas Municipais. O menú, como non, CONTOS...de aquí e de alá, de antes e de agora. Non faltes á cita.
Concurso de Biblioclips. A entrega de premios aos gañadores deste concurso, será na Biblioteca da Sagrada Familia, o día 28 de outubro ás 19:30h.

- CANTOS DE REIS. Obradoiros nas Bibliotecas Municipais para recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal que perviviu ao longo dos séculos, para aprender os Cantos de Reis e seguirlles transmitindo parte do noso patrimonio ás vindeiras xeracións. Finalizan cun concerto participativo no Fórum.

- PROGRAMA DE LECER NO FÓRUM. No amplo abano de actividades que ofrece o programa de LECER no Fórum, aínda podes participar no obradoiro “As nosas letras”. Unha proposta de Dores Tembrás de explorar os distintos xeitos de ler, os modos con que nos enfrontamos á obra literaria desde a nosa propia literatura. Os mércores de 17:00 a 18:00 h.

- EXPOSICIÓN “ARS LIGATORIA”. ELABORACIÓN DE LIBROS ARTESANAIS. do 17 de novembro ao 9 de xaneiro na Sala de Exposición de Durán Loriga. Pór en valor o traballo artesanal no deseño e encadernación de libros. Faranse obradoiros de encadernación na Biblioteca Infantil e Xuvenil para o alumnado dos centros de primaria os días 22, 23, 25 e 26; para usuarios das bibliotecas o día 30 pola tarde.

- EXPOSICIÓN “A CORUÑA NA CREACIÓN DO LIBRO GALEGO”. Neste 2010 celebramos o bicentenario da edición do primeiro libro escrito en galego: "Proezas de Galicia". Do 13 de outubro ao 21 de novembro na sala de exposicións do Pazo Municipal. En colaboración coa Real Academia Galega.

- EXPOSICIÓN “ROSALÍA SEMPRE VIVA. VIVA ROSALÍA”. Realizada pola Fundación Manuel María, fai un percorrido pola vida e obra da autora máis importante das nosas letras. Do día 8 ao 18 de decembro na Biblioteca do Castrillón.

- EXPOSICIÓN “CARVALHO CALERO. DE PUÑO E LETRA”. Realizada pola AS-PG con motivo do centenario do seu nacemento. É unha homenaxe ao autor da primeira historia da literatura galega. Casa Museo Casares Quiroga do 30 de outubro ao 30 de novembro.

- EXPOSICIÓN “M100guel”. (1910 – 2010) 100 anos de Miguel Hernández. Mostra bibliográfica que recorrerá todas as Bibliotecas Municipais ao longo do último trimestre do ano.

- XORNADAS “RICARDO CARVALHO CALERO: CIENCIA, LITERATURA E NACIÓN”. Un repaso polo miúdo á obra deste insigne ferrolán da man de recoñecidos especialistas. Organiza a Universidade da Coruña. Do 24 ao 27 de novembro, na Reitoría (Maestranza), e o sábado 27 na Casa Casares Quiroga. O día 24 espectáculo poético-musical ás 21:00 h. no Teatro Rosalía Castro con Ugia Pedreira e Fred Martins (Gratuíto)

- POETAS DI(N) VERSOS. No mes de novembro comeza de novo o ciclo de poesía que na anterior edición reuniu a poetas do Estado o tamén de Portugal. Unha vez máis, teremos oportunidade de gozar da poesía galega en comunicación e diálogo con outras voces poéticas. A cita será na Casa da Cultura Salvador de Madariaga unha vez ao mes.

- GALEUSCA. Este ano A Coruña é a sede do Encontro de escritores galegos, vascos e cataláns. Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), terá lugar do día 29 ao 31 de outubro na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga). O encontro finaliza cunha actuación de Xabier Díaz o 31 ás 19.00h. (Entrada libre)

- V ENCONTRO “NOVOS ESCRITORES”. É unha oportunidade para se encontrar e coñecer cales son as necesidades, proxectos e expectativas que dentro da nosa literatura teñen @s nov@s creador@s. Organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Día 6 de novembro no Kiosco Alfonso.

-MEMORIAL IBÁN TOXEIRO. Organizado pola A. C. Alexandre Bóveda, pretende achegar á cidadanía o teatro amador e manter viva a memoria do desaparecido mozo actor. Día 18 de novembro no Teatro Rosalía Castro. (Entrada libre).

- ELAS FALAN. Espectáculo poético-musical co grupo OURIOL. Organiza a Concellaría de Igualdade. Día 26 de novembro no Teatro Rosalía Castro.

- JAZZ+CIENCIA. Recital de textos científicos a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. Actuación musical de Abe Rábade. O día 27 de outubro no Teatro Rosalía Castro.

- AS BIBLIOTECAS NA REDE:
- Fancómic, blog de cómic.
- Ciberclub, Club de lectura.
- CCI Clube de Ciencia e investigación.
- Corto e cambio, blog de literatura.
- Galicia móvese, cultura galega.

Aquí se poden descargar todas as actividades en formato .pdf: A cidade que le 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A cidade que le: visita guiada á Biblioteca do Consulado

mércores, 13 outubro 2010, 11:45 | Category : bibliotecas
Tags : ,

Xoves 14
Biblioteca da Casa do Consulado (rúa Panadeiras, 58)
18:00
Entrada libre con inscrición previa.

Dentro das actividades d'A cidade que le, este xoves celébrase unha nova visita guiada á Biblioteca do Consulado deténdose especialmente nas xoias da Ilustración tardía, onde se amosa á cidadanía a biblioteca pública máis antiga do estado e os seus fondos, onde se encontran verdadeiras xoias da Literatura Universal como un manuscrito inédito de Quevedo ou a primeira edición holandesa de El Quijote. Inaugurada o 15 de agosto de 1806, agocha verdadeiros tesouros, entre libros, manuscritos, carpetas que gardan documentos e cartas que formaron parte da Biblioteca de Juana de Vega. Os grupos son reducidos, sendo preciso anotarse no número telefónico 981-206274 ou por correo electrónico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O 1 de setembro finaliza o prazo de envío de produccións ao CONCURSO BIBLIOCLIPS

martes, 31 agosto 2010, 9:50 | Category : audiovisual
Tags : ,

O 1 de setembro finaliza o prazo de envío de produccións ao CONCURSO BIBLIOCLIPS, consistente na realización de curtas (dun máximo de 35 segundos) inspirados nas bibliotecas e na lectura. A publicación do nome da persoa gañadora e dous finalistas será a partires do 1 de outubro do 2010. Entrega de premios: 24 de outubro do 2010. As bases poden consultarse aquí (PDF). Animámosvos a enviar os vosos traballos entre hoxe e mañá.
As Bibliotecas Municipais da Coruña convocan o concurso de BIBLIOCLIPS para amosar o feito lector entre os cidadáns cunha visión diferente, persoal e lúdica das bibliotecas públicas. O concurso consiste na realización dun Spot Publicitario dunha duración máxima de 35 segundos de visionado, inspirados na biblioteca e a lectura. A curta poderá estar ou non gravada nun espazo bibliotecario. En calquera caso, valorarase a orixinalidade e a capacidade de expresar calquera punto de vista relacionado co tema do concurso, así como as posibilidades de emisión dos traballos presentados. Esta actividade enmárcase dentro das que se desenvolven na campaña A Cidade que le.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentada o día 10 a campaña A cidade que le

luns, 12 abril 2010, 11:36 | Category : 1
Tags :

modelo 1 castrillon_500A CIDADE QUE LE ~ A CORUÑA 2010 é unha campaña que ofrece unha programación resultado do traballo de moitas persoas desta cidade, de colectivos, de entidades convencidas do valor e da necesidade de ler e de ler máis. Algunhas das actividades que aquí apuntamos teñen un carácter de excepcionalidade porque responden ás efemérides propias do ano ou porque xorden neste momento, mais sérvennos de motivación para dedicarmos un esforzo extra para reivindicar, para celebrar, para impulsar, para chamar máis xente á lectura. E nacen, desde logo, con vocación de facerse estables e permanentes.
O certo é que a maioría das propostas son actividades permanentes ou de ciclo anual xa consolidadas nas bibliotecas, pero tamén noutros espazos, impulsadas pola Concellaría de Cultura mais tamén polas outras bibliotecas públicas da cidade e pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, pola Real Academia Galega, por asociacións culturais, pola Fundación MM, Fundación da biblioteca da Casa do Consulado, pola ASPG, pola Asociación de libreiros, por AGPI, pola Deputación, pola Universidade, pola Xunta de Galicia, por moitos coles, pola Casa Museo Emilia Pardo Bazán, pola Escola Pablo Picasso, pola Escola de Imaxe e Son, por galerías de arte, por empresas privadas....

E como a unión fai a forza así todas xuntas conforman un programa de amplo espectro en diversidade de contidos, formatos, tempos, idades. Hai oferta para todos os gustos e necesidades. Na cidade lectora que é A Coruña imos ter neste ano 2010….

Poderase ir consultando o programa na páxina específica de A CIDADE QUE LE.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2010, ano do libro e a lectura

venres, 2 abril 2010, 11:00 | Category : Libro e lectura, Promoción da lectura
Tags :

Con motivo da celebración do Día Internaciónal do Libro Infantil, data en que se homenaxea e conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen, a Concellaría de Cultura quere avanzar algunhas das actividades da ampla programación que ao longo do ano se vai desenvolver dentro da campaña A Coruña 2010. A cidade que le. Unha campaña pensada para visibilizar na comunidade os libros e a lectura como unha actividade interesante e útil, para conseguir unha valoración social da lectura. Queremos situar os libros e a lectura en contextos cotiás e non habituais para chegar a novos “públicos”. Porque acreditamos na lectura como elemento esencial de progreso e avance social.

Para conseguir estes obxectivos, contamos co apoio imprescindible de moitas entidades e persoas da vida cultural de cidade: Bibliotecas públicas, Asociación de Libreiros, RAG, Universidade da Coruña, AELG, AS-PG, ACAB, Fundación Manuel María, clubs de lectura, escritores e escritoras… Só así, sumando esforzos, tecendo redes, seremos capaces de lograr a complicidade e implicar á cidadanía nestas propostas. Estas son algunhas das actividades que estamos preparando; para máis información, permanecede atentos ao sitio web de A cidade que le.

A ESMORGA: Sarabela Teatro achéganos ao Teatro Rosalía o 9 e de 10 abril a obra de Eduardo Blanco Amor. E o 26 de abril no Forum Metropolitano, estrea do audivisual “Herdanzas”, realizado polo alumnado da Escola de Imaxe e Son da Coruña sobre esta obra do escritor ourensá.

CONCURSO BIBLIO-CLIP: Realización de curtas (dun máximo de 35 segundos) inspirados nas bibliotecas e na lectura. Consulta aquí as bases (PDF).

CANTO DE PERMANENCIA - HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA: Música, audiovisuais e poesía. Actuación de Uxía Senlle sobre poemas de Uxío Novoneyra. No Teatro Rosalía o 15 de abril, ás 20:30. Entrada libre até completar capacidade. En colaboración coa Fundación Manuel María e a AS-PG

PASEA COA LITERATURA: Itinerarios virtuais. Podes gozar cos roteiros literarios pola cidade: As figuras literarias de Méndez Núñez, Rosalía na Coruña, Jenaro Marinhas del Valle.

A BIBLIOTECA DO CONSULADO E AS XOIAS DA ILUSTRACIÓN TARDÍA - VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA DO CONSULADO: Unha visita ao mes (2º xoves de cada mes, ás 18:00h) desde abril para amosar á cidadanía a biblioteca pública máis antiga do estado e os seus fondos. Grupos reducidos. Preciso anotarse no número de teléfono 981 206274 ou por correo electrónico.

FESTA DO LIBRO: As librerías ubícanse nos Xardíns de Méndez Núnez do 21 ao 25 de abril. En colaboración coa Agrupación de Libreiros da Coruña

CASETA DE ATENCIÓN PRIMARIA - CONSULTORIO DE LECTURA: Na Festa do Libro dos Xardíns de Méndez Núnez tamén estarán “bibliotecarios/as-mediadores-especialistas” para “receitar” e “recomendar” libros que se poden atopar nas bibliotecas e nas casetas da “festa-feira”.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Visitas guiadas á Biblioteca da Casa do Consulado

luns, 29 marzo 2010, 11:00 | Category : Promoción da lectura, bibliotecas
Tags : ,

Bibliocasaconsulado

No número 58 da rúa Panadeiras agóchanse verdadeiras xoias da Literatura Universal como un manuscrito inédito de Quevedo ou a primeira edición holandesa de El Quijote. A Biblioteca do Consulado é a biblioteca pública máis antiga do Estado. Inaugurada o 15 de agosto de 1806, agocha verdadeiros tesouros, entre libros, manuscritos, carpetas que gardan documentos e cartas que formaron parte da Biblioteca de Juana de Vega.

Para dar a coñecer a toda a cidadanía esta Institución, organízanse visitas guiadas os segundos xoves de cada mes, ás 18:00, desde o mes de abril até decembro. Os que desexen asistir deberán anotarse previamente no teléfono 981 206274 ou escribindo un correo electrónico. A primeira visita será o xoves 8 de abril.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A cidade que le, campaña de animación á lectura

xoves, 18 marzo 2010, 18:30 | Category : Promoción da lectura
Tags :

Hoxe presentouse a campaña A cidade que le, que desenvolverá actividades ao longo dos meses de abril, maio e xuño. Nesta páxina do noso blog iremos descubrindo pouco a pouco os contidos deste proxecto de animación á lectura. Convidámosvos a usar libremente as imaxes e o cartaz da campaña en calquera acción que teña que ver coa promoción do libro e a lectura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A cidade que le

martes, 7 abril 2009, 18:00 | Category : Promoción da lectura
Tags : ,

A CIDADE QUE LE
Descubrindo espazos e tempos para a lectura.

Isto é para ti que pensas que ler abre as portas do futuro.
Para ti, disposta a descubrir entre as liñas dos libros soños, países, viaxes, aventuras ou mil posibilidades máis.
Para ti que queres contribuír á tarefa de facer lectores e lectoras que len porque si, porque lles gusta, porque lles sae de dentro, alá do fondo.
Para ti que que pensas como o sabio aquel: Levo corenta anos lendo e aínda descoñezo para que. O único que sei é que se houbera unha resposta, atoparíaa nun libro.
Aproveita e colle un libro, calquera sitio é bo para ler. Durante o día terás moitas ocasións, na consulta, no parque, no bus… agradecerás a compañía dun libro, sempre te compensará.
Para esa persoa especial, precisas un agasallo especial, na librería máis próxima seguro que teñen o que buscas.
Achégate ás bibliotecas, sempre estaremos a túa disposición, para mostrar novidades, achegar ferramentas, allanar os camiños, facilitar o contacto, impulsar o interese, motivar a curiosidade, espertar o desexo... Anímate a formar parte do gran clube de amigos e amigas da lectura que xa chegou ás 60.000 persoas.
Participa nas actividades que van convertir a cidade nunha gran biblioteca durante todo o mes de abril.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google