Conclusións do Achegarte 2011

luns, 4 abril 2011, 11:39 | Category : achegarte
Tags :

Entendemos que a cultura galega é a que facemos entre todas as persoas que creamos, vehiculamos e desfrutamos os bens culturais do noso país na nosa lingua. A única en Galiza que crea estilos e redes e público interesado en seguir o seu percurso. A cultura en español é cultura española e a súa incidencia na sociedade galega non é propia, senón que lle vén prestada de Madrid, onde loxicamente desexan triunfar os seus creadores e creadoras.

A cultura galega, por estar nunha situación de desvantaxe con respecto á española, debe ser claramente apoiada desde a administración autonómica, como ben entenden desde hai moito tempo os nosos irmáns de Euskadi e de Cataluña.

Esiximos da administración autonómica o apoio sen reservas á produción, á distribución, á promoción, á internacionalización e á construción de redes, mais tamén ao cultivo do tecido cultural de base, como garantía de continuidade.

A cultura galega está a vivir un momento de efervescencia creativa, en rápida adaptación á era dixital. Nunca tanto e tan bo houbo, mais nunca a situación das industrias culturais foi tan precaria como a actual.

Como parte significativa da cidadanía que somos, esiximos un contorno amábel e sustentábel para todas as persoas que queremos vivir e educar os nosos fillos e as nosas fillas en galego: ir ao teatro en galego, ler literatura en galego ou escoitar música en galego, e até facer da cultura a nosa profesión, no noso país.

A forza do noso amor non pode ser inútil.

Organicémonos e esixamos o que en xustiza nos corresponde.

Pódeste unir ao grupo de Manifesto Achegarte 2011 en facebook aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Retransmisións ao vivo desde o Achegarte

sábado, 2 abril 2011, 18:01 | Category : achegarte, audiovisual
Tags :

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Chat ao vivo, Cara a Cara, Mesas de Debate e Encontros Sectoriais no Achegarte 2011

venres, 1 abril 2011, 11:39 | Category : achegarte, coloquios, encontros e xornadas, mesas redondas
Tags :

O programa definitivo das actividades de Chat ao vivo, Cara a Cara, Mesas de Debate e Encontros Sectoriais do Achegarte 2011 será o seguinte:

- Chat ao vivo. Sala de audiovisuais:
* Sábado 2:
* 20:30 - 21:15 h. Ataque Escampe.

* Domingo 3:
* 11:30 - 12:15 h. Manolo González.
* 19:15 - 20:00 h. Lino Braxe.

Poderás seguir o streaming de vídeo en directo desde este blogue e no perfil de Achegarte en Facebook.
Para participares podes desde agora enviar as túas preguntas a través da etiqueta #chataovivo especificando se é para Lino, para Ataque ou para Manolo. Tamén poderás facer preguntas en directo a través deste blogue.

- Cara a Cara. Dous creadores e un xornalista conversan sobre os seus últimos traballos, sobre o proceso e o contexto da creación, os públicos, os medios, ...
* Sábado 2:
* 20:00 h. Daniel Salgado fala con Emilio José e Oliver Laxe.

* Domingo 3:
* 12:00 h. Alberto Ramos fala con Manuel Rivas e Mercedes Peón.
* 13:00 h. Iolanda Casal fala con Uxía e Xurxo Souto.

- Mesas de Debate. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2:
* 11:30 - 13:00 h. "Situación do teatro infantil en Galiza".

* Domingo 3:
* 12:00 - 14:00 h. "A escrita de guión audiovisual en Galiza".

- Encontros Sectoriais. No Kiosko Alfonso:
* Sábado 2:
* 11:30 - 14:00 h. Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Xestión e xestores culturais en Galiza.

* Domingo 3:
* 11:30 - 14:00 h. Federación de Asociacións Galiza Cultura. Encontro Nacional de Asociacións Culturais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades audiovisuais no Achegarte 2011

venres, 1 abril 2011, 10:53 | Category : Libro e lectura, achegarte, audiovisual, cinema, infantil, premios, presentacións
Tags :

O programa definitivo das actividades audiovisuais do Achegarte 2011 será o seguinte:

* Sábado 2:
* 11:30 - 12:15 h. Programación da Academia Galega do Audiovisual: proxección de curtas de animación finalistas dos Premios Mestre Mateo, "Checkout", de Ficción Producciones e Audiovisual de Servicios Kairos, "Cribba, o vampiro", de Matriuska Producciones e "Gato encerrado", de María Helena Varela Sánchez e Silvina Cornillón.
* 17:00 h. "A escola das areas" de Algarabía Animación e Lúa Films; "A Xaguarana" de Algarabía Animación e Lúa Films; "Alistán, o demo oveiro" de Algarabía Animación e Lúa Films; "O Soldadiño de Chumbo" de Algarabía Animación e Continental Producciones.
* 18:00 h. Curtas de animación de OQO Editora: "Corre corre, cabaciña"; "A princesa do Caurel"; "A bruxa regañadentes"; "Os sete cabritos" e "Un gato na árbore".
* 19:30 h. Entrega de premios e proxeccións "Curtas para Rosalía". AS-PG.

* Domingo 3:
* 12:30 h. Proxección de "Contra a morte". Documental sobre Lois Pereiro. IBCinema.
* 17:00 - 19:00 h. Proxección de curtas de Mr. Misto Films: "Cousiñas", "O castelo da meiga", "A nena que tiña unha soa orella", "Neggy coñece a Sammy", "A flor máis grande do mundo"; "O pintor de ceos".
* 17:30 h. Pase promocional da película "A casa da Luz" (esta última no Teatro Rosalía [con convite]).
* 20:15 - 21:00 h. Presentación do guión de "O divino ferrete". Reverso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentacións, Lecturas Compartidas e Espazos Vertebrados no Achegarte 2011

venres, 1 abril 2011, 10:40 | Category : Libro e lectura, achegarte, cinema, internet, maxia, presentacións
Tags :

O programa definitivo das actividades de Presentacións, Lecturas Compartidas e Espazos Vertebrados do Achegarte 2011 será o seguinte:

- Presentacións:
* Sábado 2:
* 12:00 h. Entrega do premio "Meiga Moira". Baía.
* 12:30 h. Presentación da Normal. Luís Caparrós, vicerreitor da Universidade da Coruña.
* 13:00 h. "Noente Paradise". Ugia Pedreira.
* 13:45 h. Presentación das novidades de Demo Editorial. Manel Cráneo.
* 17:00 h. 25 aniversario de "O misterio das badaladas" de Xabier P. DoCampo. Conversa co autor e co ilustrador (Xosé Cobas), Xerais.
* 17:30 h. Animación "Abrapalabra!", con Antón Cortizas e o mago Carlos Coira. Galaxia.
* 18:00 h. Presentación do Boletín da Real Academia Galega "Xosé María Álvarez Blázquez", con presidente Xosé Luís Méndez Ferrín e o secretario Xosé Luís Axeitos.
* 18:30 h. "Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación", con Pilar García Negro. Laiovento.
* 19:30 h. Presentación de MEUBOOK.
* 21:00 h. Colección de ensaio "Supertextos". 2.0 Editora.

* Domingo 3:
* 11:30 h. "Páxinas de Carricanta". Ana Mª Fernández. Ilustrador D.N.L.
* 14:00 h. Lectura dramatizada de "Collage", de Esther F. Carrodeguas. Edicións Barbantesa. Con Raquel Nogueira como Alicia e a colaboración especial de Antonio Mourelos como Alberto.
* 17:00 h. "Planeta Mincha". Manel Cráneo.
* 17:30 h. "Divírtete co paxaro Rodribico". Baía.
* 18:00 h. Presentación do programa "E-ducando". AS-PG.
* 18:30 h. Conclusións do foro sobre o estado da cultura. Tati Mancebo.
* 19:00 h. "Antoloxías Poéticas Sonoras". Xosé María Álvarez Cáccamo e Chus Pato. Cumio.
* 19:30 h. "Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935", Federica Montseny. Trifolium.
* 20:00 h. Presentación de "S8 Mostra de cinema periférico", 2ª edición. Ángel Rueda.
* 20:30 h. Presentación de "Señardade da luz: a obra poética de Manuel María", de Miguel Mato.

- Lecturas compartidas:
Diversos autores lerán o sábado e o domingo, de 17:00 a 21:00 h. no stand da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

- Espazos vertebrados. Experiencias e actividades de asociacións e colectivos culturais, organizados e/ou vertebrados nos últimos tempos. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2:
* 16:30 h. Fundación Manuel María.
* 17:00 h. A Central Folque.
* 17:30 h. Musiqueoh!.
* 18:00 h. Milpedras.
* 18:30 h. Teatro Resoante.
* 19:00 h. El Fracaso.
* 19:30 h. Presentación do selo "Pulp Books". Rinoceronte.
* 20:00 h. Presentación da nova colección "Alcaián". Urco.
* 20:30 h. "Casa de Manuel Antonio en Rianxo". Xosé Luís Axeitos e Grupo Revisión.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades de teatro, danza e maxia no Achegarte 2011

venres, 1 abril 2011, 9:30 | Category : achegarte, danza, maxia, teatro
Tags :

O programa definitivo das actividades de teatro, danza e maxia do Achegarte 2011 será o seguinte:

- Teatro:
* Sábado 2:
* 11:30 h. "Carlota e Marieta van en bicicleta". A Locamotora.
* 12:30 h. Recital de poesía satírica galego-portuguesa por Celso Parada, do Teatro do Morcego.
* 13:30 h. "Tristán". Elefante Elegante.
* 17:00 h. "Pa cama". Katarsis.
* 18:00 h. "Carapuchiña vermella ou o conto do lobo". Danthea Teatro.
* 19:00 h. "Formigas". CasaHamlet.
* 20:00 h. "Cabaret". Manicómicos.

* Domingo 3:
* 12:00 h. "Contos para un caldiño". Baobab Teatro.
* 13:00 h. "Historia dunha semente". Caramuxo Teatro.
* 14:00 h. Cabraret.
* 17:00 h. Viravolta Títeres.
* 18:00 h. "A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz". Teatro do Andamio.
* 19:00 h. "Os Feirantes". Ramiro Neira.
* 20:00 h. "O trolebús de Celso". Gari.

- Danza:
* Sábado 2:
* 12:30 h. "Territorio marcado", por Fran Riveiro, de Danesga.
* 13:00 h. "Rede na rede". Aula de danza da UDC.

* Domingo 3:
* 12:00 h. "IN-NOVA danza". As Dríadas.
* 16:30 h. "Blondy’s cofee", de Danesga.
* 17:00 h. Nova Galega de Danza.

- Maxia:
*Sábado 2:
* 13:30 h. Espectáculo de maxia a cargo de Magos profesionais de Galicia.
Ademais, actuacións de maxia no seu stand.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades musicais no Achegarte 2011

venres, 1 abril 2011, 9:22 | Category : achegarte, música
Tags :

O programa definitivo de actividades musicais do Achegarte 2011 será o seguinte:

* Sábado 2:
* 12:00 h. Rap Regueifa: Noe Orosa, Ninguén Melide e Senlleiro.
* 13:00 h. Marta Quintana, arpista.
* 14:00 h. Coral Follas Novas.
* 16:30 h. Manu Clavijo
* 17:00 h. Xacarandaina.
* 17:30 h. Xoán Curiel
* 18:00 h. Habelas.
* 18:30 h. Luar na Lubre.
* 19:00 h. Fuco Xabier.
* 19:30 h. Pradairo: "Pateado".
* 20:30 h. Noitarega: "Vinteún".
* 21:00 h. Silvia Penide.
* 21:30 h. Tiruleque.

* Domingo 3:
* 11:30 h. Pablo Díaz e o grupo "Tic-Tac".
* 11:30 h. Pel de noz.
* 12:00 h. Bellón Maceiras (no stand de Abada).
* 12:30 h. A nena e o grilo.
* 13:00 h. Pesdelán: "Na punta do pé".
* 13:30 h. Saltanocribo.
* 14:00 h. Luvas Verdes.
* 16:30 h. Os da Troula e Cignus.
* 17:30 h. Guillerme Fernández e Xabier Díaz: "Arrolos de Salitre".
* 17:30 h. Combo Dinamo.
* 18:00 h. Tonecho Castelos e Pablo Esqueira.
* 18:30 h. Ulträqäns.
* 19:00 h. Maghúa.
* 19:30 h. Tres Azoteas.
* 20:00 h. Doa
* 20:30 h. Duplo Son.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Obradoiros no Achegarte 2011

venres, 1 abril 2011, 9:21 | Category : Arte, Libro e lectura, achegarte, danza, fotografía, ilustración, infantil, obradoiros, pintura, teatro
Tags :

O programa definitivo dos obradoiros, dirixidos preferentemente a escolares (podes apuntarte alí ou garantir a túa praza inscribíndote previamente nas Bibliotecas Municipais), do Achegarte 2011 será o seguinte:

* Sábado 2:
* "Demostración de pintura en directo". Pedro Bueno.
* "Obradoiro de pintura (+ 6 anos)". Begoña Tojo.
* "Obradoiro de escrita creativa e reciclaxe de camisetas".
* Obradoiro "Pequenos deseñadores. Moda creativa". Proxecto GV.
* "Sesión de retrato fotográfico". A. C. Alexandre Bóveda.
* Concurso "Tinta de Lura: canto sabes de literatura?". (Agasallo de camisetas e libros aos gañadores).
* "Obradoiro de ilustración". Pablo Otero (Kalandraka).
* "Obradoiro de títeres e monicreques". Colectivo Bululú.
* "Obradoiro de formas e cor. Técnica: plantillas con ceras". Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.
* "Obradoiro de caligrafía artística". Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.
* "Obradoiro de clown". Manicómicos.
* "Exhibición de pintura dixital". Diego Ogando.
* "Obradoiro de Ilustración (+ 7 anos)". Carlos Arrojo.
* "Obradoiro de danza". Compañía Bruma.

* Domingo 3:
* "Demostración de xadrez", pola A. C. Alexandre Bóveda.
* "Demostración en directo do acuarelista Manolo Gandullo".
* "Obradoiro de pintura (+ 6 anos)". Begoña Tojo.
* "Obradoiro de baile". Xacarandaina.
* "Creación de personaxes de banda deseñada". Kiko Dasilva.
* "Obradoiro de animación á lectura". Reverso.
* "Obradoiro de baile". Donaire.
* "Mira e xoga con Luís Seoane. Obradoiro de arte para familias". Crearte.
* "Obradoiro de baile". Cántigas da Terra.
* Obradoiro "Sen novas de Gub". Reverso.
* "Obradoiro de barquiños". Músicas de Salitre.
Durante todo o día "Obradoiro Infancia creativa" no stand de Reverso e "Obradoiro de videoxogos" diante do stand de Imaxín Software.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programa de actividades do Achegarte 2011

Facemos público o programa de actividades do Achegarte 2011, que se desenvolverá no Palexco (salvo algunhas actividades que sinalamos máis abaixo) con estes horarios:
Sábado 2 de abril: de 11:30 h. a 14:30 h., e de 16:30 h. a 22:00 h.
Domingo 3 de abril: de 11:30 h. a 14:30 h., e de 16:30 h. a 21:00 h.

En total hai 114 participantes, co seguinte desglose:
- Editoriais: 20.
- Librarías: 9.
- Institucións: 6.
- Asociacións profesionais: 7.
- Entidades culturais: 11.
- Distribuidoras: 8.
- Teatro: 14.
- Danza: 6.
- Audiovisuais: 4.
- Servizos culturais: 5.
- Outros: 6.

O programa completo pódese descargar aquí: Programa Achegarte 2011:

- Música:
* Sábado 2: Rap Regueifa: Noe Orosa, Ninguén Melide e Senlleiro, Marta Quintana, Coral Follas Novas, Manu Clavijo, Xacarandaina, Xoán Curiel, Habelas, Luar na Lubre, Fuco Xabier, Pradairo: "Pateado", Noitarega: "Vinteún", Silvia Penide e Tiruleque.
* Domingo 3: Pablo Díaz e o grupo "Tic-Tac", Pel de noz, Bellón Maceiras (no stand de Abada), A nena e o grilo, Pesdelán: "Na punta do pé", Saltanocribo, Luvas Verdes, Os da Troula e Cignus, Guillerme Fernández e Xabier Díaz: "Arrolos de Salitre", Combo Dinamo, Tonecho Castelos & Pablo Esqueira, Ulträqäns, Maghúa, Tres Azoteas, Doa e Duplo Son.

- Teatro:
* Sábado 2: "Carlota e Marieta van en bicicleta". A Locamotora; Recital de poesía satírica galego-portuguesa por Celso Parada, do Teatro do Morcego; "Tristán". Elefante Elegante; "Pa cama". Katarsis; "Carapuchiña vermella ou o conto do lobo". Danthea Teatro; "Formigas". CasaHamlet e "Cabaret". Manicómicos.
* Domingo 3: "Contos para un caldiño". Baobab Teatro; "Historia dunha semente". Caramuxo Teatro; Cabraret; Viravolta Títeres; "A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz". Teatro do Andamio; "Os Feirantes". Ramiro Neira e "O trolebús de Celso". Gari.

- Danza:
* Sábado 2: "Territorio marcado", por Fran Riveiro, de Danesga e "Rede na rede". Aula de danza da UDC.
* Domingo 3: "IN-NOVA danza". As Dríadas; "Blondy’s coffe", de Danesga e Nova Galega de Danza.

- Maxia:
* Sábado 2: espectáculo de maxia a cargo de Magos profesionais de Galicia. Ademais, actuacións de maxia no seu stand.

- Obradoiros. Para escolares. Podes apuntarte no AcheGARTE ou garantir a túa praza inscribíndote previamente nas Bibliotecas Municipais:
* Sábado 2: "Demostración de pintura en directo". Pedro Bueno; "Obradoiro de pintura (+ 6 anos)". Begoña Tojo; "Obradoiro de escrita creativa e reciclaxe de camisetas"; Obradoiro "Pequenos deseñadores. Moda creativa". Proxecto GV; "Sesión de retrato fotográfico". A. C. Alexandre Bóveda; Concurso "Tinta de Lura: canto sabes de literatura?". (Agasallo de camisetas e libros aos gañadores); "Obradoiro de ilustración". Pablo Otero (Kalandraka); "Obradoiro de títeres e monicreques". Colectivo Bululú; "Obradoiro de formas e cor. Técnica: plantillas con ceras". Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso; "Obradoiro de caligrafía artística". Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso; "Obradoiro de clown". Manicómicos; "Exhibición de pintura dixital". Diego Ogando; "Obradoiro de Ilustración (+ 7 anos)". Carlos Arrojo e "Obradoiro de danza". Compañía Bruma.
* Domingo 3: "Demostración de xadrez", pola A. C. Alexandre Bóveda; "Demostración en directo do acuarelista Manolo Gandullo"; "Obradoiro de pintura (+ 6 anos)". Begoña Tojo; "Obradoiro de baile". Xacarandaina; "Creación de personaxes de banda deseñada". Kiko Dasilva; "Obradoiro de animación á lectura". Reverso; "Obradoiro de baile". Donaire; "Mira e xoga con Luís Seoane. Obradoiro de arte para familias". Crearte; "Obradoiro de baile". Cántigas da Terra; Obradoiro "Sen novas de Gub". Reverso;  e "Obradoiro de barquiños". Músicas de Salitre. Durante todo o día "Obradoiro Infancia creativa" no stand de Reverso, "Obradoiro de videoxogos" diante do stand de Imaxín Software.

- Presentacións:
* Sábado 2: Entrega do premio "Meiga Moira". Baía; Presentación da Normal. Luís Caparrós, vicerreitor da UDC; "Noente Paradise". Ugia Pedreira; Presentación das novidades de Demo Editorial. Manel Cráneo; 25 aniversario de "O misterio das badaladas" de Xabier P. DoCampo. Conversa co autor e co ilustrador (Xosé Cobas), Xerais; Animación "Abrapalabra!", con Antón Cortizas e o mago Carlos Coira. Galaxia; Presentación do Boletín da Real Academia Galega "Xosé María Álvarez Blázquez", con presidente Xosé Luís Méndez Ferrín e o secretario Xosé Luís Axeitos; "Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación", con Pilar García Negro. Laiovento; Presentación de MEUBOOK; Colección de ensaio "Supertextos". 2.0 Editora.
* Domingo 3: "Páxinas de Carricanta". Ana Mª Fernández. Ilustrador D.N.L; Lectura dramatizada de collage, de Esther F. Carrodeguas. Edicións Barbantesa. Con Raquel Nogueira como Alicia e a colaboración especial de Antonio Mourelos como Alberto; "Planeta Mincha". Manel Cráneo; "Divírtete co paxaro Rodribico". Baía; Presentación do programa "E-ducando". AS-PG; Conclusións do foro sobre o estado da cultura. Tati Mancebo; "Antoloxías Poéticas Sonoras". Xosé María Álvarez Cáccamo e Chus Pato. Cumio; "Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935", Federica Montseny. Trifolium; presentación de "S8 Mostra de cinema periférico", 2ª edición. Ángel Rueda; presentación de "Señardade da luz: a obra poética de Manuel María", de Miguel Mato.

- Audiovisuais:
* Sábado 2: Programación da Academia Galega do Audiovisual: proxección de curtas de animación finalistas dos Premios Mestre Mateo, "Checkout", de Ficción Producciones e Audiovisual de Servicios Kairos, "Cribba, o vampiro", de Matriuska Producciones e "Gato encerrado", de María Helena Varela Sánchez e Silvina Cornillón; "A escola das areas" de Algarabía Animación e Lúa Films; "A Xaguarana" de Algarabía Animación e Lúa Films; "Alistán, o demo oveiro" de Algarabía Animación e Lúa Films; "O Soldadiño de Chumbo" de Algarabía Animación e Continental Producciones; Curtas de animación de OQO Editora: "Corre corre, cabaciña"; "A princesa do Caurel"; "A bruxa regañadentes"; "Os sete cabritos" e "Un gato na árbore"; Entrega de premios e proxeccións "Curtas para Rosalía". AS-PG.
* Domingo 3: Proxección de "Contra a morte". Documental sobre Lois Pereiro. IBCinema; proxección de curtas de Mr. Misto Films: "Cousiñas", "O castelo da meiga", "A nena que tiña unha soa orella", "Neggy coñece a Sammy", "A flor máis grande do mundo"; "O pintor de ceos"; e pase promocional da película "A casa da Luz" (esta última no Teatro Rosalía [con convite]) e presentación do guión de "O divino ferrete". Reverso.

- Cara a cara. Dous creadores e un xornalista conversan sobre os seus últimos traballos, sobre o proceso e o contexto da creación, os públicos, os medios, ...
* Sábado 2: Daniel Salgado fala con Emilio José e Oliver Laxe.
* Domingo 3: Alberto Ramos fala con Manuel Rivas e Mercedes Peón; Iolanda Casal fala con Uxía e Xurxo Souto.

- Espazos vertebrados. Experiencias e actividades de asociacións e colectivos culturais, organizados e/ou vertebrados nos últimos tempos. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2: Fundación Manuel María; A Central Folque; Musiqueoh!; Milpedras; Teatro Resoante; El Fracaso; Presentación do selo "Pulp Books". Rinoceronte; Presentación da nova colección "Alcaián". Urco; e "Casa de Manuel Antonio en Rianxo". Xosé Luís Axeitos e Grupo Revisión.

- Mesas de debate. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2: Situación do teatro infantil en Galiza.
* Domingo 3: A escrita de guión audiovisual en Galiza.

- Encontros sectoriais. No Kiosko Alfonso:
* Sábado 2: Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Xestión e xestores culturais en Galiza.
* Domingo 3: Federación de Asociacións Galiza Cultura. Encontro Nacional de Asociacións Culturais.

- Chat ao vivo. Sala de audiovisuais:
* Sábado 2: Ataque Escampe.
* Domingo 3: Manolo González; Lino Braxe.

- Lecturas compartidas:
Diversos autores lerán o sábado e o domingo, de 17:00 a 21:00 no stand da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Imaxes do AcheGARTE 2011

xoves, 24 marzo 2011, 12:30 | Category : achegarte
Tags :

Axúdanos a difundir o AcheGARTE!! Podes descargar libremente estas imaxes:
104262592Achegarte 4104262592Achegarte 3

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O AchegARTE medra en contidos e participantes nas semanas previas á súa celebración

A Concellaría de Cultura da Coruña desenvolveu onte, xoves 10 de marzo, no Kiosco Alfonso unha xuntanza de traballo cunha trintena de colectivos e entidades culturais da cidade co obxectivo de os informar directamente do AchegARTE 2011. No encontro, a concelleira María Xosé Bravo explicou que "a edición deste ano é a que define e marca o inicio real do novo modelo de AchegARTE, que quere incorporar e dar protagonismo no seu seo aos creadores, á cultura de base e aos cidadáns, ao tempo que orienta en boa medida os seus contidos cara o público infantil e familiar".
A tres semanas da súa celebración son xa máis de 100 as empresas, entidades, colectivos e asociacións que confirmaron a súa participación no AchegARTE, e arredor de 70 os stands e postos de información e venda que reservaron espazo para a difusión do seu traballo e propostas. O programa final, que será dado a coñecer nas vindeiras semanas, contará desta maneira cun intenso calendario de presentacións de libros e discos, actuacións musicais e escénicas, proxección de curtametraxes e filmes e desenvolvemento de obradoiros e actividades lúdicas, entre outras actividades. O obxectivo final é que AchegARTE sexa "un espazo de celebración da calidade e da diversidade da nosa cultura. Dirixímonos claramente ao público xeral e queremos que o AchegARTE sexa unha festa que convide e atraia a maiores e pequenos a pasar por el nesa fin de semana para gozar da oferta de actividades que imos desenvolver".
De maneira paralela á programación para o público xeral, na xuntanza do Kiosco Alfonso a concelleira explicou tamén que desde onte está activo na Rede o Foro Achegarte, concibido como Foro aberto para a análise da situación actual e dos retos da cultura galega. A través do Foro, organizado en oito categorías, búscase que creadores, profesionais e cidadáns interesados poidan debater nas semanas previas ao AchegARTE sobre a realidade actual dos diferentes sectores, de cara á constitución de oito mesas de traballo que se reunirán finalmente no propio evento e farán públicas as súas conclusións.

- Medran o AchegARTE Conecta e o AchegARTE Debate.
Finalmente, nos espazos de debate e de interrelación orientados a creadores e profesionais, fixéronse públicas tamén novas propostas de contidos, que se suman ás xa anunciadas seccións Espazos Vertebrados e Cara a cara. Desta maneira, o AchegARTE acollerá no seu seo diferentes mesas de traballo de sectores profesionais: a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural realizará unhas xornadas de análise sobre a situación da xestión cultural en Galicia e a Asociación Galega de Guionistas unha mesa de debate sobre a situación actual da escrita de guións audiovisuais no noso país. Pola súa banda, a federación Galiza Cultura convocará un encontro de asociacións culturais de todo o país para analizar os retos e necesidades do asociacionismo cultural local. Finalmente, tanto as persoas presentes no AchegARTE como os internautas terán ocasión de preguntar directamente a diferentes creadores galegos sobre o seu traballo no espazo Chat ao vivo e de velos conversar e reflexionar sobre as súas últimas propostas artísticas no espazo Cara a cara.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

ACHEGARTE 2011: data tope de inscrición para aparecer nos programas en papel a distribuír nos centros educativos o venres 11 de marzo

xoves, 10 marzo 2011, 13:19 | Category : achegarte
Tags :

Os participantes Achegarte logoque queiran aparecer nos programas en papel que van ser distribuídos nos centros educativos deberán estar inscritos este venres 11 de marzo. Despois desta data o rexistro segue aberto, pero os participantes anotados desde esa data non aparecerán nestes programas en papel. Lembramos que xa está disponible o FORMULARIO DE INSCRICIÓN para artistas, librarías, editoras e asociacións culturais e outras organizacións e ter un espazo no ACHEGARTE 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Foro Achegarte 2011

Está aberto desde Achegarte logoxa o FORO ACHEGARTE 2011, a festa da cultura organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña o sábado 2 e domingo 3 de abril.

O contexto actual no que se desenvolve a cultura galega vén en boa medida determinado pola trepia que conforman a crise económica, a mudanza nos soportes e xeitos de produción, consumo e acceso cultural e a tensión entre a vontade de desenvolvemento da identidade galega e a tendencia homoxeneizadora que impón a globalización. Pensar que cultura e para quen, como construíla e que papel corresponde a cada un dos axentes (administracións, creadores, sectores profesionais, cultura de base, cidadáns) que nela interveñen quere ser obxectivo deste Foro que olla e analiza o contexto xeral fincado na experiencia e no compromiso concreto dos seus e das súas participantes.
Todas e todos podedes comentar unha das liñas abertas ou comezar un novo fío. As ideas serán recompiladas na rede durante todo este mes de marzo e levadas ás mesas de traballo de ACHEGARTE 2011, onde se converterán nun manifesto. Publicaremos un vídeo conxunto da lectura de todos os manifestos e recollerémolos tamén nun documento de texto que difundiremos na rede. As liñas dos foros son:

- ARTES ESCÉNICAS
- ARTES PLÁSTICAS
- AUDIOVISUAL
- LINGUA
- LITERATURA
- MÚSICA
- ORGANIZACIÓNS CULTURAIS
- SOFTWARE LIBRE

PROXIMAMENTE anunciaremos a convocatoria para participar nas mesas de traballo de ACHEGARTE 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Formularios de inscrición para Achegarte 2011

mércores, 9 marzo 2011, 11:24 | Category : achegarte
Tags : ,

Xa está Achegarte logodisponible o FORMULARIO DE INSCRICIÓN onde artistas, librarías, editoras e asociacións culturais e outras organizacións poden inscribirse para ter un espazo en ACHEGARTE 2011, a festa da cultura organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña o sábado 2 e domingo 3 de abril. Se estás interesado, agardamos a túa participación!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O 2 e 3 de abril celebrarase Achegarte 2011 no Palexco

luns, 28 febreiro 2011, 12:35 | Category : achegarte, anuncios oficiais
Tags : ,

O sábado Achegarte logo2 e o domingo 3 de abril celebrarase ACHEGARTE 2011 no Palexco.

- ACHEGARTE 2011 para gozar coa cultura que facemos: contemporánea, moderna, atractiva, chea de vitalidade, que nos fai sentir que somos unha potencia, que somos un país con moito talento. Será unha festa coral feita co entusiasmo e o traballo de moitas persoas, compañías, grupos...
- ACHEGARTE 2011 será o espazo para mimar a cultura galega, para visibilizala, para gozar das súas variadas manifestacións.
- ACHEGARTE 2011 é sobre todo un espazo aberto a todo público -aínda que preferentemente a público familiar- para dar a coñecer a cultura que facemos no noso país en todos os ámbitos: a literatura, a música galega nos seus distintos estilos, a danza, o teatro, a ilustración, a maxia, o audiovisual ou as novas tecnoloxías.

As liñas estratéxicas marcadas son:
• Maior protagonismo ao ámbito da creación e dos creadores.
• Incorporación da cultura de base, a cultura amadora e a sociocultura.
• Contribución á difusión e visibilidade dos produtos culturais galegos.
• Procura da conexión cos cidadáns e públicos.

Para desenvolvelas levaranse a cabo tres ámbitos de actuación: CREADORES, CULTURA DE BASE e CIDADANÍA, coas seguintes liñas de traballo:
DIFUNDIR produtos culturais, dar a coñecer ideas, iniciativas e proxectos de interese, axudar a visibilizar os nosos creadores.
CONECTAR experiencias, interrelacionar artistas e proxectos, relacionar creadores e públicos.
DEBATER sobre a realidade actual e os camiños de futuro da cultura galega, obter conclusións dos debates e poñelas de manifesto.

Deixamos xa a disposición de todas e todos o dossier de ACHEGARTE 2011: Achegarte 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google