Nota de prensa da Concellaría de Cultura sobre a non celebración na Coruña do Cultur.gal 2010

martes, 28 setembro 2010, 12:29 | Category : anuncios oficiais, culturgal
Tags : , ,

A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña lamenta a decisión adoptada pola comisión organizadora da próxima edición da Feira Galega das Industrias Culturais CULTUR.GAL de abandonar A Coruña como sede deste evento. A ubicación do CULTUR.GAL na cidade da Coruña, a partir do ano 2008, supuxo un salto cualitativo na repercusión pública e social desta feira, chamada a ocupar un papel protagonista na difusión da cultura galega. A Coruña ofrece, por traxectoria, por peso poboacional e por centralidade cultural unhas magníficas condicións para garantir o éxito dun evento destas características. O certo é que cando en 2009 a Consellaría de Cultura decide non facer o Culturgal o Concello da Coruña apoiado por ducias de voluntarios e por todos os sectores da Cultura fai unha feira, o Achegarte, cunha resposta de toda a cidadanía verdadeiramente importante. Por iso, o traslado da sede da feira supón unha perda para a cidade, pero tamén unha perda para a cultura galega.
A Concellaría de Cultura respecta a lexítima decisión adoptada polos organizadores do CULTUR.GAL, pero considera inaceptables as presións realizadas pola Xunta de Galicia para forzar o traslado da sede da feira. Non é admisible que desde a Consellaría de Cultura se condicione a aprobación dunha parte importante do financiamento do evento (mais do 40% do total) a súa realización fóra da cidade da Coruña. A actuación da Consellaría de Cultura en relación co CULTUR.GAL reflicte a continuidade dunha política de marxinación da cidade da Coruña de calquera programación, colaboración ou evento cultural patrocinado pola administración autonómica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Confírmase a realización na Coruña do Culturgal 2010

mércores, 28 xullo 2010, 9:18 | Category : culturgal
Tags : , , ,

Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, vaise celebrar do 10 ao 12 de decembro na Coruña. A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, e o presidente da recentemente creada Asociación Culturgal, Xulio Amigo, acompañado por tres membros da executiva: o vicepresidente da asociación, Ernesto Chao, o secretario, Cándido Meixide e a tesoureira, Beatriz Sieira, reuníronse esta semana para comezar a andaina da que vai ser a grande cita referencial da cultura galega. Polo de agora, a Concellaría de Cultura da Coruña (que destinará a este evento un orzamento similar ao adicado o ano pasado ao AchegArte), e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) son os únicos apoios económicos garantidos a día de hoxe. O obxectivo fundamental é traer de volta o Culturgal, que desaparecera despois de dúas exitosas edicións. No ano 2008, estimouse que uns 35.000 visitantes pasaron polo Palexco coruñés. Tras esa edición, o novo titular de Cultura tras o cambio de goberno na Xunta deixou de financiar a feira alegando “falta de cartos e de tempo”. A Deputación e a Concellaría de Cultura da Coruña decidiron entón organizar unha feira alternativa, nacendo así AchegArte, que supuxo un rotundo éxito de público con 40.000 visitantes no 2009. Os sectores implicados amosan, deste xeito, a súa vontade de non deixar pasar un ano máis sen a grande Feira da cultura galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Concelleira de Cultura lamenta o desprezo da Xunta coa cidade da Coruña ao negarlle unha vez máis a celebración do Culturgal

venres, 12 marzo 2010, 11:00 | Category : comunicados
Tags : ,

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, lamentou a actitude de desprezo que continúa a manter a Xunta de Galiza coa cidade da Coruña ao negarse a aceptar A Coruña como sede para a celebración do vindeiro Culturgal ao mesmo tempo que negou comprometer fondos para a celebración deste evento que tivo unha importante acollida no sector e convertiuse nun apoio para á cultura galega.

A portavoz de cultura do BNG, Ana Pontón, defendeu onte no Parlamento galego unha Proposición non de Lei sobre a organización da Feira das Industrias Culturais “CULTURGAL” no ano 2010 que foi rexeitada polo grupo parlamentario do Partido popular. A deputada do BNG, lamentou igual que a Concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, que o Partido Popular non aceptara a cidade de A Coruña para a celebración do próximo “CULTURGAL” e a falta de compromiso orzamentario para un evento que cualificou de “grande éxito” en edicións anteriores.

A celebración do “CULTURGAL” durante os anos 2007 e 2008 tivo unha acollida moi favorable entre as industrias culturais e foi un importante apoio para as asociacións do sector pero “no ano 2009 a actual Consellaría de Cultura e Turismo decidiu suspendelo alegando falta de recursos para a súa organización”. No pasado período de sesións o BNG presentou unha iniciativa na que se instaba á Xunta de Galicia a que no ano 2009 se celebrara o CULTURGAL, baseándose nos anos 2007 e 2008 como “fito importante” na política de promoción, proxección das industrias culturais e elemento dinamizador da cultura galega. Con este evento celebrado no ano 2007 co Goberno bipartito, “a Xunta apostaba por visibilizar as industrias culturais galegas dándolle pulo no ano 2008 cunha gran afluencia de público”.

A Concelleira de Cultura María Xosé Bravo lembrou que foi en decembro de 2008 cando a anterior Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, fixara A Coruña como sede permanente de Cultur.gal despois de avaliar a moi boa presenza de público na feira celebrada ese mesmo ano na cidade herculina que superou as 37.000 persoas, o que significou cuadriplicar a asistencia á primeira edición (nova que continúa a ser a última entrada da web oficial do Cultur.gal).

A Concelleira de Cultura da Coruña considera que a Consellería dirixida por Roberto Varela cometeu un importante “un erro” no ano 2009 por non seguir apostando por esta iniciativa sendo a cidade da Coruña en solitario a que impulsou a celebración da Feira o pasado ano. O Partido Popular argumentou no ano 2009 non contar con recursos nin tempo para organizalo, mais a concellaría de Cultura de A Coruña que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo foi quen de poñer en marcha unha iniciativa semellante baixo o lema Achegarte que foi outro “rotundo éxito” con máis de 40.000 visitantes.

Por todo isto, a Concelleira de Cultura -igual que fixo a representante do BNG no Parlamento- exise unha rectificación da política da Xunta por considerar que as industrias culturais galegas son “un elemento dinamizador que dá traballo a máis de 26.000 persoas e representa case o 2% do PIB, ademais de contar cun gran potencial de creación”. Na actualidade, e en plena crise económica, “a Xunta de Galicia edita libros con editoriais foráneas”, cando existen en Galicia empresas que realizan esta actividade .

Na súa intervención de onte no Parlamento Ana Pontón acusou ao portavoz de cultura do PP, Ignacio López Chaves, de “manter unha postura belixerante co idioma galego e coa anterior conselleira, Ánxela Bugallo, promotora do CULTURGAL. Pontón reiterou as súas criticas ao actual Conselleiro de Cultura por non apoiar as industrias culturais nin aos artistas galegos e seguir ofendéndonos –dixo- cando se refire á cultura galega como “unha cultura acomplexada” ou ao “desván de los monjes”
A deputada do BNG afirmou que o Partido Popular “segue obsesionado” cos éxitos do bipartito e que esa foi a razón pola que decidiu suspender a celebración do CULTUGAL e agora pretenden cambiar tamén a sede sen ter en conta que “ter unha sede dimensiona este evento”.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Achegarte, mellor iniciativa de 2009 para os lectores de Fervenzas Literarias

luns, 18 xaneiro 2010, 22:00 | Category : feiras, noticias
Tags : ,

Achegarte foi para os lectores de Fervenzas Literarias a mellor iniciativa literaria de 2009. O ciclo de recitais Poetas di(n)versos ocupou ademais a quinta praza nesa mesma votación. Moitas grazas a todas as persoas que nos apoiaron antes, durante e despois da celebración da gran feira da cultura que facemos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Vídeos en directo de AchegArte

domingo, 29 novembro 2009, 12:37 | Category : audiovisual, feiras
Tags :

Vídeos en directo da Feira AchegArte en actualización permanente a través de Blogaliza.tv

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte na prensa galega

domingo, 29 novembro 2009, 12:34 | Category : feiras
Tags : , , , , , ,

El Ideal Gallego: Máis de 20.000 visitantes sacan da crise ao sector cultural o primeiro día de Achegarte!

El País: Brillo cultural sin Xunta

La Opinión A Coruña: La gran fiesta de las artes de Galicia

La Voz de Galicia: A feira das industrias culturais Achegarte iniciouse reclamando a celebración de Culturgal en A Coruña

Vieiros: Último día para AchegArte á Coruña

Xornal de Galicia: Cando a Xunta acordou, a cultura seguía alí

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Inaugurada a Feira AchegArte

sábado, 28 novembro 2009, 11:12 | Category : feiras
Tags :

A Feira AchegArte abriu esta mañá as súas portas nos dous espazos do Palexco e o Kiosco Alfonso. O horario de apertura da Feira hoxe sábado pola mañá é de 10:30 a 14:30. A música, a literatura, o audiovisual, as artes plásticas... todas as manifestacións da cultura que facemos están representadas no AchegArte. Proxeccións de curtas e documentais na sala Azimut; teatro e música nos escenarios do segundo andar; actividades de animación e obradoiros por todo o Palexco; danza e galerías de arte no Kiosco Alfonso... Agardamos por vós esta fin de semana no AchegArte!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte, a cultura que facemos, a cultura que queremos

venres, 27 novembro 2009, 13:05 | Category : feiras
Tags :

O sábado 28 e o domingo 29 celebramos na Coruña a feira AchegArte, dedicada á creación e á industria cultural feita no noso país ou por xente do noso país. AchegArte ten dous escenarios principais: o Palexco e o Kiosko Alfonso. Os horarios de apertura da feira son os seguintes:

PALEXCO
Sábado, de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 22:00
Domingo, de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 2100

KIOSKO ALFONSO
Sábado e domingo: de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 21:00

A entrada é libre e de balde. Podedes descargar en PDF o programa actualizado; botádelle un ollo porque hai pequenos cambios respecto do que colgamos hai uns días.

Programa de AchegArte

Calendario Google de AchegArte

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe presentouse o programa completo de AchegArte

luns, 23 novembro 2009, 18:00 | Category : feiras
Tags :

ACHEGARTE

O vindeiro fin de semana o Palexco e o Kiosco Alfonso acollerán unha cita importante coa cultura galega, AchegARTE: A Cultura que facemos. A cultura que queremos impulsada pola Concellaría de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo.

A convocatoria partiu dun colectivo de persoas que reclamou da Consellería de Cultura a reedición do Culturgal, un acontecemento que reuniu a miles de persoas na cidade arredor das distintas manifestacións da nosa cultura.
A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña fíxose eco desta iniciativa colectiva e desinteresada, achegando o seu apoio e sumando tamén o apoio da Área de Promoción Económica da Vicepresidencia da Deputación da Coruña para facermos realidade entre todos e todas esta proposta. “Unha iniciativa importante para dar visibilidade á nosa cultura, para difundila e sobre todo para demostrar que ten un peso decisivo na economía do país” tal e como destacou a Concelleira de Cultura “porque a cultura xera riqueza e emprego e porque o investimento en cultura é sempre rendíbel a longo prazo”. Nesta feira/festa da cultura ao longo da fin de semana haberá espazo para as artes escénicas, as artes visuais, a música, o libro, o audiovisual, a danza e os servizos socioculturais.

AchegARTE está pensado como un espazo de encontro, de intercambio de experiencias e difusión da cultura que facemos. Unha oportunidade para coñecermos unha mostra da ampla oferta cultural galega. Nesta cita coa cultura galega poderase gozar do noso teatro, a música, as artes plásticas, o audiovisual, a danza, a palabra cantada e falada.... mais tamén será o lugar onde mercar o libro que buscas, a música que che gusta, a película que non viches, os agasallos do Nadal; ou a ocasión para facer un obradoiro de ilustración, de danza, de música, de teatro, de pintura ou maxia, para grandes e pequenos. Unha programación para todos os públicos.

Programa completo de AchegArte (PDF, 1042 KB)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte: información xeral

martes, 3 novembro 2009, 14:00 | Category : feiras
Tags :

AchegArte é a feira da cultura que facemos, da cultura que queremos. Terá lugar na Coruña -en Palexco e no Kiosko Alfonso- os días 28 e 29 de novembro, e ofrecerá os seguintes contidos:

-Exposición e venda: sector audiovisual, asociacións culturais, software libre e empresas de xestión cultural, editoras, librarías, produtoras discográficas e axencias de representación, galerías de arte. Queres colaborar?

-Sala de proxeccións. Queres colaborar?

-Espazo musical para actuacións de pequeno formato de escolas de música públicas e privadas. Queres colaborar?

-Espazo de música e artes escénicas. Queres colaborar?

-Espazos para actos literarios e obradoiros. Queres colaborar?
*As actuacións de música e artes escénicas alternaranse cos actos literarios e os obradoiros.

-Aula de portátiles con wifi. Queres colaborar?

-Espazos para obradoiros. Queres colaborar?

-Espazo para actuacións de danza. Queres colaborar?

-Mesas de traballo sobre o estado da cuestión da Cultura galega. Cada mesa será moderada por unha persoa e outra encargarase de recoller por escrito unhas breves conclusións tiradas ao final da sesión. As conclusións serán publicadas neste mesmo blogue na semana posterior á celebración de AchegArte.

-Mesa da música: músicos, discográficas, empresas de representación, programadores e toda persoa interesada. Queres colaborar?

-Mesa edición e literatura: autores, editores, libreiros, distribuidores e toda persoa interesada. Queres colaborar?

-Mesa artes escénicas: intérpretes, directores, autores, produtores, compañías, programadores e toda persoa interesada. Queres colaborar?

-Mesa programación cultural: programadores, salas, empresas de xestión cultural, técnicos de concellos, asociacións culturais e toda persoa interesada. Queres colaborar?

-Mesa software libre: asociacións, colectivos, empresas e toda persoa interesada. Queres colaborar?

-Mesa audiovisual: creadores, produtoras, distribuidoras, programadores e toda persoa interesada. Queres colaborar?

Se queres colaborar na organización de AchegArte, podes facelo nas seguintes seccións:

-Secretaría e información.
-Sala de prensa.
-Reparto publi dentro e fóra de Palexco (programa de actividades)
-Coordinación sala proxeccións.
-Coordinación entradas e saídas escenario.
-Coordinación comezo e final obradoiros.
-Coordinación de salas.
-Levantar acta de cada mesa de traballo.
-Coordinación de voluntarios.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte: cartaz da feira da cultura galega

luns, 2 novembro 2009, 15:00 | Category : feiras
Tags :

pantalla para presentacion

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte: a feira da cultura galega en 2009

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google