A. C. Alexandre Bóveda: conferencia “Historia do Reino da Galiza”, por Xoán Bernárdez Vilar

Martes Xoán Bernárdez Vilar28
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia de Xoán Bernárdez Vilar sobre "Historia do Reino de Galiza", con motivo do seu 1600 aniversario.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: conferencia de Uxío-Breogán Diéguez sobre Alexandre Bóveda

Martes 2Alexandre Bóveda1
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo de conferencias en conmemoración do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda, Uxío-Breogán Diéguez falará de Bóveda e a cuestión estatutaria.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: conferencia sobre o pensamento de A. Bóveda, por Francisco Rodríguez

Xoves Alexandre Bóveda16
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo de conferencias en conmemoración do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda, Francisco Rodríguez falará da vixencia do seu pensamento na actualidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: conferencia de Xosé Antonio Pena Beiroa sobre A. Bóveda

Xoves Alexandre Bóveda9
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo de conferencias en conmemoración do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda, Xosé Antonio Pena Beiroa falará da obra económica e fiscal de Bóveda na actualidade. Houbo un cambio na orde das conferencias, e esta semana terá lugar esta, quedando para o día 16 a prevista inicialmente para o día 9 con Francisco Rodríguez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición fotográfica “Pensamentos”, de Román Montesinos, na A. C. Alexandre Bóveda

mércores, 1 xuño 2011, 11:01 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

DoRomán Montesinos Pensamentos xoves 2 ao xoves 30 de xuño
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
De luns a venres, de 16:30 a 20:30 horas
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición de fotografías de Román Montesinos (A Coruña, 1952) : "Pensamentos". A inauguración terá lugar no salón de actos da entidade o xoves 2 de xuño ás 20:30 horas. O autor, catedrático de Escola Universitaria da área de Paleontoloxía da Universidade da Coruña, é un experto en fotografía metafórica. Emprega obxectos e a linguaxe visual (metáfora fotográfica - poesía visual) para expresar ideas ou situacións con matices irónicos ou humorísticos con ideas nas que poden subxacer frecuentemente dobres sentidos. Autor de varias exposicións en Oviedo, A Coruña, Culleredo e Lugo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación dun vídeo e publicación sobre “A recuperación microtoponímica da Península da Torre”, na A. C. Alexandre Bóveda

Martes A. C. Alexandre Bóveda31
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º).
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación dun vídeo e unha publicación sobre "A recuperación microtopónimica da Península da Torre". Na realización destes traballos tiveron especial importancia o percebeiro Emilio Mariñas e Xurxo Souto, xunto coa axuda da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Representación de “Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda”, no Colexio Calvo Sotelo

Venres Vida, paixón e morte27
Colexio Calvo Sotelo (Rúa Mr. Archer Milton Huntington)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Representación de "Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda", polo Grupo de Teatro da Asociación Alexandre Bóveda. Esta obra é unha adaptación teatral a cargo do director do grupo de teatro, Xoán Carlos Mejuto, da coñecida obra do mesmo nome de Xerardo Álvarez Gallego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: charla de Xabier P. DoCampo no ciclo “Unha película, unha canción, un libro”

Xoves Xabier P. DoCampo26
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda prosegue o ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta ocasión o escritor Xabier P. DoCampo compartirá as súas vivencias nestes campos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro “Transgresión e fraxilidade”, de Miguel Mato, e programación especial en CUAC FM sobre Lois Pereiro

Martes capa_27810
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro", de Miguel Mato, publicado en Laiovento. No acto o autor estará acompañado por Xavier Seoane e Roberto Catoira.

Ese mesmo día, 10 de maio, haberá unha programación especial de en CUAC FM, arredor da figura de Lois Pereiro:
- De 17:00 a 18:00 horas, programa de radio "A fume de carozo" realizado polos alumnos dos Escolapios da Coruña (Lois foi alumno dos Escolapios de Monforte) en homenaxe a Lois Pereiro.
- De 19:00 a 20:00 horas, programa de radio "Recendo", realizado pola A. C. Alexandre Bóveda en homenaxe a Lois Pereiro, coa presenza de Miguel Mato.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Maratón de lectura e charla de Xosé Neira Vilas, na A. C. Alexandre Bóveda

Venres Xosé Neira Vilas6
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
Das 17:00 ás 20:00 h. maratón de lectura.
A partir das 20:00 h. conferencia de Xosé Neira Vilas.
Entrada libre até completar capacidade.

Maratón de lectura en conmemoración do 50 aniversario da publicación do libro Memorias dun neno labrego por Xosé Neira Vilas, entre as 17:00 e as 20:00 h. Posteriormente, o autor dará unha charla sobre a súa actividade literaria.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición colectiva de gravado na A. C. Alexandre Bóveda

mércores, 4 maio 2011, 11:05 | Category : Arte, exposicións
Tags : ,

Do A. C. Alexandre Bóvedaxoves 5 ao martes 31 de maio
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
De luns a venres de 16:30 a 20:30 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición colectiva de gravado organizada pola A. C. Alexandre Bóveda en colaboración co Taller de litografía e galería Milpedras. A inauguración terá lugar o xoves 5 de maio ás 20:30 h. no Salón de Actos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de gravado de Manoel Bonaval na A. C. Alexandre Bóveda

Do A. C. Alexandre Bóvedaxoves 7 ao sábado 30 de abril
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
De luns a venres de 16:30 a 20:30 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición de gravado de Manoel Bonaval (Santiago, 1961), organizada pola A. C. Alexandre Bóveda en colaboración co Taller de litografía e galería Milpedras. A inauguración terá lugar o xoves 7 de abril ás 20:30 h. Manoel Bonabal estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo da súa cidade e complementou a súa formación no estudio de escultura do seu pai Manuel Barreiro Moratalla. Entre 2007 a 2010 imparte talleres de Mail Art (arte postal) e promove as convocatorias e exposicións. Obtivo o 1º premio de votación popular no "I Roteiro de Creación Contemporánea" de Santiago, dedicándose profesionalmente a pintura e gravado desde hai máis de vinte anos. É compoñente do grupo de artistas do gravado Ravar.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Emisión especial do programa de radio “Recendo” desde a Real Academia Galega

Martes 5
Sede da Real Academia Galega e Casa Museo Pardo Bazán (Rúa Tabernas, 11, 1º andar)
De 19:00 a 21:00
Entrada libre do público interesado até completar capacidade.

"Recendo", o programa de radio da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 h. en Cuac FM (103.4), emitirase desde a Casa Museo Pardo Bazán e a Real Academia Galega, dentro das conmemoracións do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda. Este "Recendo" especial terá dúas horas de duración, de 19:00 a 21:00 h. e estará dividido en varios bloques:
* Historia e actualidade da Real Academia Galega coa participación do seu secretario D. Xosé Luís Axeitos.
* Charla sobre a situación da lingua galega con Francisco Xosé Rei García e Xosé Ramón Freixeiro Mato.
* Charla sobre a participación da muller na literatura galega con Xulia Santiso e Dores Tembrás.
* Charla sobre Lois Pereiro con Miguel Mato e Miguel Anxo Fernán-Vello.

E ademais de todo isto, música galega baseada en letras compostas por académicos actuais da Real Academia Galega ou homenaxeados nas Letras Galegas, fragmentos do curso de galego "Isto é galego" realizado pola emisora CUAC FM, falarase sobre Alexandre Bóveda, a Rede estatal de Medios Comunitarios e a propia emisora CUAC FM, que cumpre no 2011 15 anos. Lembremos que para escoitar o programa existen as seguintes posibilidades:
- Neste caso, asistir en directo á emisión.
- Pola radio, en CUAC FM no 103.4 na comarca da Coruña.
- Por Internet, na páxina da emisora.
- E se non puideran escoitalo en directo, na páxina Recendo.posdcast están todos os programas xa emitidos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: charla de Francisco Cerviño no ciclo “Unha película, unha canción, un libro”

Xoves 31
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda prosegue o ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta ocasión falará o doutor e político, Francisco Cerviño González, que falará das súas vivencias nestes campos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Gala Verbas pola Igualdade”, da A. C. Alexandre Bóveda

Xoves 17
Fórum Metropolitano
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Con motivo do Día Internacional das Mulleres terá lugar a celebración da "Gala Verbas pola Igualdade", organizada pola Comisión da Muller da A. C. Alexandre Bóveda. Na mesma participaran nun recitado poético Olga Patiño e Emma Pedreira, ademais da realización a cargo da actriz Lía Pichel do espectáculo "Melmeniñas". Ao comezo do acto todos os asistentes terán a oportunidade de deixar escrita unha mensaxe pola igualdade de xéneros nun panel habilitado a tal efecto e que posteriormente exporase até finais de marzo no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google