Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, con Ainhoa Arteta

Domingo Ainhoa Arteta1
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 9’30, 14’70, 18’50 e 27’20 euros.

Cerre de tempada de luxo a cargo do titular da Orquestra Sinfónica de Galicia, Víctor Pablo Pérez, quen presenta un programa centrado nas capacidades expresivas da voz. Neste sentido, dous son os compositores escollidos para evidenciar a emotividade, beleza e calidade vocal da soprano guipuscoana Ainhoa Arteta, gran protagonista da velada: Richard Strauss (1864-1949) e Giacomo Puccini (1858-1924). Do primeiro, destacamos a herdanza dos instintos musicais do seu pai (Franz) que ben o puideron ter conducido a ser un neno prodixio, ao estilo de Mozart. Pero non foi así: en Múnic recibiu unha boa educación xeral que se habería de traducir nunha traxectoria artística de grande empaque que o converteu, segundo a opinión do público, no compositor máis grande do mundo e un dos directores mundiais máis reputados. Do segundo, e no terreo estritamente musical e estilístico, cabe remarcar o apropiado dos seus libretos, a lexitimidade do dramatismo que envolve os seus protagonistas e a súa capacidade de nos ofrecer cancións tenras e sensuais. Puccini alcanza naturalmente a melodía e por iso mesmo se pode afirmar que é un compositor instintivo (como apunta Harold C. Schonberg). As versións de Arteta explican o porqué do éxito da soprano que venceu nos concursos convocados polo Metropolitan Opera National Council Auditions de Nova York e o Concours International de Voix d’Opera Plácido Domingo de París, de xeito previo ao seu debut operístico, acontecido en Estados Unidos, no ano 1990.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, con Ainhoa Arteta

Venres Ainhoa Arteta29

LVIII Festival da Ópera: “Otello”, de Giuseppe Verdi

Xoves 2
Palacio da Ópera
20:00
Entradas: 15, 35, 50 e 65 euros.

Dentro do LVIII Festival de Ópera da Coruña, representación de "Otello", de Giuseppe Verdi, con Marco Berti (tenor), Ainhoa Arteta (soprano), Claudio Segura (barítono), Francisco Corujo (tenor) e Elia Todisco (baixo), acompañados pola Orquestra Sinfónica de Castela e León, o Coro da Ópera de Brno e o Coro Infantil Cantábile, baixo a dirección musical de Miguel Ángel Gómez Martínez. Organizado pola Asociación de Amigos de Ópera da Coruña. Máis información aquí.