Albert Pla en concerto no Rosalía
Mañá xoves 18 de febreiro ás 21:00, concerto de Albert Pla no Teatro Rosalía de Castro. O prezo das entradas oscila entre os dez e os quince euros en función da zona.
Mañá xoves 18 de febreiro ás 21:00, concerto de Albert Pla no Teatro Rosalía de Castro. O prezo das entradas oscila entre os dez e os quince euros en función da zona.
Os numerosos seguidores de Albert Pla terán ocasión de poder velo en directo o día 18 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro no concerto de presentación do seu último disco, La Diferencia. Desta volta Albert Pla está só no escenario, de maneira que deberá cantar mentres toca a guitarra sen esquecer controlar o son e apagar e encender os focos que colgan dunha estrutura a xeito de gaiola. É este "paraugas de luces" o que acaba por vestir unhas cancións que contan historias tráxicas e delirantes, cotiás e sorprendentes, delicadas e surreais, nas cales o verdugo é tamén vítima, a calma muda en tormenta, a comedia convive coa traxedia e a serenidade desemboca no desenfreo. Todo para facer evidente a estreita liña que separa o ben do mal, o branco do negro, o positivo e o negativo.
O concierto está programado para as 21 horas e as entradas xa están á venda a dez, doce e quince euros.