A. C. Alexandre Bóveda: exposición “Formas de ver a Bóveda”

Do xoves 7 de xullo ao mércores 31 de agosto
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
Entre 16:30 e 19:30 horas de luns a xoves.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición multidisciplinar "Formas de ver a Bóveda" está composta por obra gráfica, pintura, escultura e manuscritos de artistas, escritores e escritoras de todo o país (estes últimos en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que acudiron á chamada da Asociación Cultural para expresar como ven eles, 75 anos despois do seu asasinato, a figura de Alexandre Bóveda. Os artistas participantes son: Ánxeles Penas, Sonia Esturao, Magaly, Deli Sánchez, Jose Luis Busto, Berta Ares, Ana Martínez, Sara Garrote (Chuca), Sabela Baña, Alfredo Constela, Nito Davila, Óscar Carballo, Maria Braxe, Nando Pereiro, Maribel dos Anxos, Iglesias Diz e Nolo Suárez. A listaxe dos autores dos manuscritos está conformada por: Xavier Queipo, Francisco Castro, Olga Patiño, Ana Arias Saavedra, Alberto Suárez Figueiras, Xosé Vázquez Pintor, Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Piñeiro González, Xosé Neira Vilas, Rafael Lema, Afonso Álvarez Cáccamo, Fina Casalderrey, Concha Blanco Blanco, Felipe Senén, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Salvador García-Bodaño, Xoán Xosé Fernández Abella, Lucía Novas e Adolfo Caamaño Vázquez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: conferencia de Uxío-Breogán Diéguez sobre Alexandre Bóveda

Martes 2Alexandre Bóveda1
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo de conferencias en conmemoración do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda, Uxío-Breogán Diéguez falará de Bóveda e a cuestión estatutaria.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: conferencia sobre o pensamento de A. Bóveda, por Francisco Rodríguez

Xoves Alexandre Bóveda16
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo de conferencias en conmemoración do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda, Francisco Rodríguez falará da vixencia do seu pensamento na actualidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: conferencia de Xosé Antonio Pena Beiroa sobre A. Bóveda

Xoves Alexandre Bóveda9
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo de conferencias en conmemoración do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda, Xosé Antonio Pena Beiroa falará da obra económica e fiscal de Bóveda na actualidade. Houbo un cambio na orde das conferencias, e esta semana terá lugar esta, quedando para o día 16 a prevista inicialmente para o día 9 con Francisco Rodríguez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Día da Galiza Mártir: Homenaxe a Alexandre Bóveda

domingo, 15 agosto 2010, 23:08 | Category : homenaxes
Tags : ,

Luns 16
Paseo de Alexandre Bóveda (zona Catro Camiños)
20:00
Asistencia libre.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a Real Academia Galega, realiza unha homenaxe á exemplar figura de Alexandre Bóveda, con intervencións institucionais e ofrenda floral ao pé do monumento a Bóveda a cargo da Concelleira de Cultura do Concello da Coruña, María Xosé Bravo, Roberto Catoira, presidente da Asociación Cultural, Xosé Luís Axeitos, secretario da RAG, e Xosé Luís Bóveda. A seguir haberá unha leitura poética a cargo de membros do grupo de teatro da Asociación, actuación musical e reparto de flores, dípticos e bandas deseñadas sobre Alexandre Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Alexandre Bóveda

luns, 17 agosto 2009, 10:00 | Category : homenaxes
Tags : ,

alexandre-bovedaA Concellaría de Cultura organiza hoxe unha homenaxe a Alexandre Bóveda, intelectual galeguista executado polas forzas franquistas o 17 de agosto de 1936. Alexandre Bóveda desempeñou unha importante actividade política durante a Segunda República e foi unha figura esencial na consolidación do Partido Galeguista nos anos trinta.

O acto celébrase en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e terá lugar ás 20:00 na Praza de Catro Camiños, na rúa que leva o seu nome.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google