Taller de Litografía Milpedras: presentación de “Versos fatídicos”, de Alfredo Ferreiro

Venres Alfredo Ferreiro16
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do poemario "Versos fatídicos (1994-2010)", de Alfredo Ferreiro, publicado en Edicións Positivas. No contexto deste acto terá lugar unha intervención do Grupo Surrealista Galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

III Encontros Milpedras: recital de poesía, música e arte en directo

Venres 41800_153994754644830_7418823_n19
21:00
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

No Taller de Litografía Milpedras desenvólvese a terceira edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Iria Pedreira, en paralelo á música de Rubén Barros e a creación artística de Inma Doval.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación (tamén) na Coruña do libro 55 mentiras sobre a lingua galega

O libro 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinado por Xosé-Henrique Costas, preséntase hoxe venres 5 de febreiro ás 20:30 na Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande (a entrada é pola Rúa da Estrela). Participarán Pancho Pillado, Martin Pawley, Mercedes Queixas e Alfredo Ferreiro. O acto forma parte da multipresentación organizada por ProLingua para dar a coñecer o libro. Haberá presentacións en 69 localidades de todo o mundo, en Galicia e fóra de Galicia: ao tempo que o libro se presenta na Coruña, en Vigo, en Guitiriz ou en Verín haberá tamén actos en Madrid, Barcelona, Vitoria-Gasteiz, Trintxerpe, París, Londres, Copenhague, Tübingen, Nova York, Madison, Bos Aires, Saraievo, Belén e Nablús. A presentación de Vigo poderá verse ademais online a través de Internet.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"POESÍA + CIENCIA" na II Mostra de Ciencia e Cinema

Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro un recital co título POESÍA + CIENCIA no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Alfredo Ferreiro presenta o seu poemario Metal central

Hoxe venres 5 de xuño na Galería Sargadelos da Coruña (Real, 56), ás 20:00, terá lugar a presentación do poemario Metal central (Espiral Maior), de Alfredo Ferreiro. O autor contará coa presenza de Xosé María Álvarez Cáccamo (autor do prólogo) e Miguel Anxo Fernán Vello (editor).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google