Palexco: exposición “Natureza! Estás soa?”, de Álvaro Negro

xoves, 10 novembro 2011, 18:51 | Category : Arte, exposicións
Tags : , ,

DoNatureza! venres 11 ao mércores 30 de novembro
Sala Municipal de Exposicións Palexco
De luns a domingo, de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición individual de Álvaro Negro (Lalín, 1973), "Natureza! Estás soa?", supón o último paso na obra dun artista que evoluiu desde un desenvolvemento conceptual da pintura abstracta até investigacións noutros medios como a fotografía, xirando arredor do seu proxecto "Monteagudo", un traballo iniciado hai tres anos e que supón unha reflexión sobre o conxunto escultórico que o alemán Ulrich Rückriem realizou na terra natal do artista lalinense.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

V Encontro de Escritores/as novos/as ante vellas preocupacións

O sábado 6 de novembro, no Palacio de Exposicións Kiosko Alfonso da Coruña, terá lugar o V Encontro de Escritores/as novos/as ante vellas preocupacións, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, co patrocinio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), a Deputación Provincial da Coruña e a Concellaría de Cultura da Coruña, e que pretende amosar o que se está a facer a día de hoxe na literatura. O programa está formado por:

10:00 a 11:30 h.
Mesa redonda: Que ten a poesía que ninguén a le pero todos a precisamos.
Con Celso Fernández Sanmartín, Óliver Laxe e Álvaro Negro.
Coordinación de Antía Otero.

12:00-14:00 h.
Mesa redonda: MAIS tan importantes son os premios literarios?
Con Ledicia Costas, Olalla Cociña e Lucía Novas.
Coordinación de Francisco Castro.

17:00-18:30 h.
Mesa redonda: Recóllote i érgote no verbo inteiro. A literatura galega de hoxe ante o seu idioma.
Con María Lado, Olalla Tuñas e Xosé Daniel Costas.
Coordinación de Marta Dacosta.

19:00-20:00
Recital e clausura.

Toda a información está disponíbel neste enlace á páxina do V Encontro. O acceso será libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de libro no MACUF

mércores, 9 decembro 2009, 9:54 | Category : presentacións
Tags : ,

Hoxe mércores 9 no Macuf (Avda. de Arteixo 171) preséntase o libro Abro a xanela e respiro aire fresco da fin do mundo, de Álvaro Negro. Intervirán Celso Fernández Sanmartín, Chus Pato e Carlos Negro. O acto comezará ás 20:00 e a entrada é libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google