Gala Solidaria por Palestina: Festiclown 2010-2011

Venres 74802_146226938757041_100001092082034_226406_5127908_n5
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregad@s: 3 euros).

Case dez propostas artísticas darán forma a este espectáculo solidario co festival que Pallasos en Rebeldía prevé realizar entre este ano e o que vén nos territorios palestinos ocupados. O Mago Teto, Pedro Brandariz, A compañía do ruído, …As 3, Carlos Sante, Sue Moreno, Gustavo Pernas (Áncora Producións) e Ángela Blanco son as e os artistas que van actuar por Palestina no Fórum. Ademais hai que sumar a presentación de Isabel Risco, a intervención de Iván Prado, director do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e a proxección de trailers documentais sobre Palestina.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Colgados de Áncora Producións, esta fin de semana no Rosalía

venres, 27 novembro 2009, 11:00 | Category : teatro
Tags : , ,

ColgadosBn

En épocas de crise hai moito colgado. Homesoga é un colgado profesional. O Concello da Coruña convídao a facer unha demo no Rosalía este fin de semana. Que tes un problema grave, pois el cólgase por ti. En fin, se precisas dos seus servizos, vén os días 27, 28 e 29 de novembro ao Teatro Rosalía Castro a gozar co espectáculo que presenta Áncora Producións, Colgados. As funcións do venres e o sábado son as 20.30 h.; a do domingo, ás 19 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google