Igrexa da Orde Terceira: concerto de Ángeles Dorrio e Sergio Delgado

Venres A. C. Alexandre Bóveda4
Igrexa da Orde Terceira da Cidade Vella
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Primeiro concerto do 6º Ciclo Concertos de outono –Jazz no ano Bóveda- da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, coa actuación de Ángeles Dorrio e Sergio Delgado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: Coro “Sisters in the house”, por Ángeles Dorrío

mércores, 8 xuño 2011, 12:06 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Xoves Sisters in the house9
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 3 euros).

Concerto do Coro "Sisters in the house", organizado por Ángeles Dorrío, dentro do Ciclo Espazo Aberto 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Son 2009 remata cun gran concerto final

Mañá sábado 28 de febreiro ás 20:00 no Paraninfo da Universidade da Coruña (edificio do Rectorado, na Maestranza) terá lugar o concerto final co que remata a edición 2009 do obradoiro de cancións A Coruña Son, dirixido polo cantante e compositor Santiago Auserón e organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña co obxectivo de fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego. O concerto estará conducido pola cantante Uxía Senlle e nel intervirán os creadores e creadoras das dez cancións seleccionadas: Sandrísima (canción Tic-Tac), Sergio Zearreta (Fincapé), Fracasados de antemano (Menezes), Pulpiño Viascón (Quérote na praia do Orzán), Magritte (Alpinista), Supersound (Onde estás), Marisol Manfurada (Instinto básico), Maus vizinhos (Gira caindo), Ángeles Dorrio (O cativo) e La pelvis (Psicomuiñeira). As dez finalistas e todas as cancións que se presentaron ao certame poden ser escoitadas e descargadas na web do certame. A entrada ao concerto é libre até completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google