Museo de Belas Artes: obradoiro de escrita creativa a cargo de Antía Otero, organizado pola AELG

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio de CEDRO, crea a Escola de Escritoras e Escritores da AELG con este "Obradoiro de Escrita Creativa" dirixido a persoas a partir de 16 anos, impartido pola escritora Antía Otero durante oito semanas (unha sesión de dúas horas cada semana de 18:00 a 20:00) os seguintes días: 13, 19 e 26 de outubro e 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro. É de balde ata completar matrícula. Será no Museo de Belas Artes (Rúa Zalaeta, s/n – A Coruña). A unha das sesións asistirá outro escritor/a para contar a súa experiencia creativa.
O obradoiro, botando man de imaxes literarias e artísticas, achegará chaves interdisciplinares para descubrir e explorar elementos importantes nas creacións como son a imaxinación, a escoita, o tempo, o espazo, os personaxes, as escenas, os diálogos... Unha alternativa ás aulas propiamente académicas ao redor da experimentación, da comprensión e do diálogo persoal co feito literario e coa arte en  xeral.  O obxectivo é proporcionar estratexias básicas para a escrita,  destacando que para escribir hai que desenvolver a capacidade de observación, no propio interior e na relación que mantemos coa
realidade circundante. O prazo para anotarse comeza hoxe e remata o luns 10 de outubro e pode facerse enviando un correo electrónico a  oficina at aelg.org ou chamando por teléfono ao 981-133233.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: obradoiro “Percorrer o ollo da arte”, a cargo de Antía Otero, desde o 18 de outubro

luns, 3 outubro 2011, 9:30 | Category : obradoiros
Tags : , , ,

Do O ollo da artemartes 18 de outubro ao martes 31 de xaneiro de 2012
Sala de Cubo de Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
Todos os martes de 19:00 a 21:00 (30 horas en total)
Prezos: 35 euros membros da comunidade universitaria, 55 euros público xeral
2 créditos de libre elección.

O obradoiro "Percorrer o ollo da arte", a cargo de Antía Otero (Licenciada en Historia da Arte, actriz, escritora e docente na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto), permitirá coñecer, descubrir e valorar o feito contemporáneo e a creación artística actual a través dunha mirada propia. No "ollo da arte" percorrerase (valéndose de nocións teóricas e propostas prácticas ) os novos comportamentos artísticos, motivando que @s participantes propoñan e fagan visibles as súas propias ideas, asi como o traballo e o debate en grupo. Este obradoiro realizarase (con nivel iniciación) no primeiro cuatrimestre, podendo continuar tod@s aqueles/as que o desexen nunha segunda parte prevista para o segundo cuatrimestre.
Na segunda parte de "O ollo da arte", prevista para o segundo cuatrimestre, afondaranse en conceptos, plantexarase nova materia e ofrecerase a posibilidade de desenvolver unha vía de traballo artística personalizada e dirixida para cada participante.

O prazo de matrícula comprende desde o día 30 de setembro até o día 17 de febreiro. A matrícula farase na oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar s/n. planta baixa. Campus de Elviña. Eventualmente pódense recoller as follas de pagamento en NORMAL. Para calquera aclaración, pódense consultar as dúbidas existentes no teléfono 981167000, extensións 1975, 1954, e 1962, ou no correo electrónico cultura.coruna@udc.es.

from Antía Otero on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: VI “Encontro de Escritoras/es Novas/os: Da tinta á pegada dixital”

SábadoESCRITORESNOVOS6_prog1-723x1024 17
Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
Entrada libre até completar capacidade.

A VI edición do Encontro de Escritoras/es Novas/os, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, situaranos ao redor da palabra á escoita das ideas e proxectos dos nosos autores e autoras máis nov@s. Unha oportunidade de achegarnos ás novas linguaxes, tecnoloxías e pegadas dixitais que os tempos nos presentan, abríndonos outras posibilidades na comunicación e no diálogo necesario. O programa é o seguinte:
- 10:30 h. Conferencial inaugural: "As revistas literarias na era dixital. Alternativas", por Tati Mancebo.
- 12:00 h. Mesa 1: "Crear desde a ventá", coordinada por Antía Otero. Relatoras/es: Estíbaliz Espinosa, Leo Fernández Campos e Ana Cibeira.
- 16:30 h. Mesa 2: "As revistas dixitais en Galiza: pasado, presente e futuro", coordinada por Elvira Riveiro. Relatoras/es: María Xesús Nogueira, Montserrat Pena Presas e Gaspar Domínguez.
- 19:00 h. Recital poético con Andrea Nunes Brións, Berta Dávila e María Rosendo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: “Cita a dous”, encontro de música e poesía con Manu Clavijo e Estíbaliz Espinosa

martes, 28 xuño 2011, 10:32 | Category : coloquios, música, poesía
Tags : , , , ,

Mércores Cita a dous29
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Cita a dous" é un encontro entre dous creadores chegados de diferentes disciplinas artísticas, a partir dun pequeno manual de instrucións, na busca dun verdadeiro diálogo a partir do coñecemento artístico e persoal. Para iso, a parella convidada (en que unha das partes pertencerá sempre ao mundo da literatura) contará cun tempo previo á data sinalada para se mergullar na obra do outro, para entrar nela e facela súa… permitindo que, unha vez chegado o día da cita, non só xurda o encontro senón tamén o diálogo, a retroalimentación e a experiencia compartida. Nesta segunda cita contaremos cunha parella formada por música (Manu Clavijo) e poesía (Estíbaliz Espinosa), que porán voz, diálogo, proceso compartido, vivencias e experiencias a este encontro íntimo que busca falar, non só das obras finais que se mostran, senón tamén da relación que estas teñen con outras artes e daqueles diálogos e procesos compartidos que, a maior parte das veces, quedan ocultos. Coordina Antía Otero.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ágora: actos do Día das Letras Galegas

Martes Canción do náufrago 3 Lois Pereiro Apuntamentos17
Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n. Ao lado do IES Agra do Orzán)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Con motivo do Día das Letras Galegas, presentación de dous proxectos en proceso que asumen este día como unha pausa aberta ao público para compartir coa cidadanía o proceso de traballo:
- Por unha banda Carlos Neira e Antía Otero están a desenvolver con actores (Roi Fernández, Laura Fandiño, Olaia Tesouro e Estevo González) un exercicio escénico e performático titulado "Corporal (je t'aime)" partindo de textos e da figura do autor monfortino.
- E, por outra banda, Iago Martínez e Alexandre Cancelo realizaron un documental sobre Lois Pereiro titulado "Contra a morte". O dito documental está en proceso de finalización pero será presentado polos autores proxectando unha serie de fragmentos e de partes do documental.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe, VENTO LOIS na Coruña

A Concerto_Carcere_A3seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde: lectura de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro… Se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar –bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición: "quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)". Na web de Lois Pereiro está habilitado este espazo onde se recollen todas as iniciativas.

Na Coruña terán lugar, o día 12 de maio, estas actividades dentro do VENTO LOIS, todas elas con entrada libre até completar capacidade:
- No Antigo Cárcere Provincial, a partir das 21:00 horas: Concerto Expansivo coa música de Ulträqäns e Loretta Martin; e un recital poético a cargo de Antía Otero, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xulio López Valcárcel. Presentan Manuel Rivas e Xurxo Souto.

- No Salón de Actos do Museo de Belas Artes, ás 20:00 horas, terá lugar a lectura do Manifesto Loisista, a proxección de varios videopoemas de Pedro Ramos sobre a obra de Lois, e un recital coa participación de Andrés Ibáñez -perfomance cos textos ¿Que é Galicia? e Narcisismo-, Olga Patiño, Tiago Acosta, Juan García e unha performance de Uxía Vázquez a partir de Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos.

- Na Biblioteca González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n), ás 20:00 h., espectáculo de teatro con música en directo "Poesía última de Lois Pereiro", por Fantoches Baj.

- No Centro de Formación Profesional "Tomás Barros" (Rúa Ramón María Aller, 10, entrechán), a partir das 12:30 horas, os alumnos e profesores súmanse ao VENTO LOIS coa ventisca do Manifesto Loisista, seguida do vendaval participativo de poemas de Lois a cargo do alumnado; para dar paso a unha breve brisa biográfica con protagonistas monfortinos; e estoupar cun furacán musical de melodías domésticas. O acto estará aberto a todo o público que queira acudir.

2011-05-12 Biblioteca González Garcés Lois Pereiro

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

VENTO LOIS na Coruña

A Concerto_Carcere_A3seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde: lectura de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro… Se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar –bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición: "quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)".
Na web de Lois Pereiro está habilitado este espazo para que anotar as iniciativas de cada localidade, e así organizar xente, propostas e esforzos. Xúntase tamén unha proposta de escaleta. As dúbidas ao enderezo oficial  loispereiro2011 at gmail.com.

Na Coruña terán lugar, o día 12 de maio, estas actividades dentro do VENTO LOIS, todas elas con entrada libre até completar capacidade:
- No Antigo Cárcere Provincial, a partir das 21:00 horas: Concerto Expansivo coa música de Ulträqäns e Loretta Martin; e un recital poético a cargo de Antía Otero, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xulio López Valcárcel. Presentan Manuel Rivas e Xurxo Souto.

- No Salón de Actos do Museo de Belas Artes, ás 20:00 horas, terá lugar a lectura do Manifesto Loisista, a proxección de varios videopoemas de Pedro Ramos sobre a obra de Lois, e un recital coa participación de Andrés Ibáñez -perfomance cos textos ¿Que é Galicia? e Narcisismo-, Olga Patiño, Tiago Acosta, Juan García e unha performance de Uxía Vázquez a partir de Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos.

- Na Biblioteca González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n), ás 20:00 h., espectáculo de teatro con música en directo "Poesía última de Lois Pereiro", por Fantoches Baj.

- No Centro de Formación Profesional "Tomás Barros" (Rúa Ramón María Aller, 10, entrechán), a partir das 12:30 horas, os alumnos e profesores súmanse ao VENTO LOIS coa ventisca do Manifesto Loisista, seguida do vendaval participativo de poemas de Lois a cargo do alumnado; para dar paso a unha breve brisa biográfica con protagonistas monfortinos; e estoupar cun furacán musical de melodías domésticas. O acto estará aberto a todo o público que queira acudir.

2011-05-12 Biblioteca González Garcés Lois Pereiro

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: “Cita a dous”, encontro de danza e poesía con Rut Balbís e Dores Tembrás

martes, 3 maio 2011, 11:52 | Category : danza, poesía
Tags : , , ,

Mércores Cita a dous4
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Cita a dous" é un encontro entre dous creadores chegados de diferentes disciplinas artísticas, a partir dun pequeno manual de instrucións, que pretende buscar un verdadeiro diálogo a partir do coñecemento artístico e persoal. Para iso a parella convidada, na que unha das partes convidadas pertencerá sempre ao mundo da literatura, contará cun tempo previo á data sinalada para bucear na obra do outro, para entrar nela e facela súa… permitindo que unha vez chegado o día da cita, non só xurda o encontro senón tamén o diálogo, o feedback e a experiencia compartid. Por iso as posibilidades son infinitas e cada proposta é un mundo. Esta primeira cita contará cunha parella formada pola danza e a poesía: Rut Balbís e Dores Tembrás porán voz, diálogo, proceso compartido, vivencias e experiencias a este encontro íntimo que busca, non só falar da obras finais que se mostran, senón da relación que estas teñen con outras artes e daqueles diálogos e procesos compartidos que, a maior parte das veces, quedan ocultos. "Cita a dous" está coordinado por Antía Otero.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: Obradoiro “Percorrer o ollo da arte”, por Antía Otero

mércores, 9 marzo 2011, 10:58 | Category : obradoiros
Tags : , , ,

Martes, desde o 15 de marzo
Normal (Paseo de Ronda, 47)
De 19:00 a 21:00
Inscrición: 55 euros público xeral, 35 euros membros da Universidade da Coruña (neste caso a segunda matrícula é de 30 euros). A matrícula farase na oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar s/n. planta baixa. Campus de Elviña. O teléfono de información é o 981-167 000, nas extensións 1975, 1954, e 1962. Prazo de matrícula até o luns 14 de marzo.

"Percorrer o ollo da arte" é un obradoiro que camiña polos diferentes estamentos que a ollada debe transitar para coñecer, descubrir e valorar o feito e a creación artística contemporánea a través da multidisciplinariedade. Está impartido por Antía Otero, licenciada en Historia da Arte, creadora, actriz, escritora e docente na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto. Iníciase o martes 15 de marzo ás 19:00 h., cun total de 30 horas e un máximo de 20 persoas. Están solicitados 2 créditos de libre elección á Universidade da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: “Operatorio”, performance de Antía Otero e Carlos Neira

xoves, 3 marzo 2011, 12:05 | Category : cinema, teatro
Tags : , , ,

Venres Operatorio4
Normal (Paseo de Ronda, 47)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

Valéndose dun exercicio de metateatro e metacine e do espazo trans que ambas disciplinas deixan entre elas, Carlos Neira e Antía Otero crean "Operatorio", unha performance onde o discurso ficticio e real entrelázase para falar da veleidade, do desexo de ser alguén, de estar dispostos a facer o que sexa preciso para sair da soidade profunda que provoca o anonimato… e onde o espazo trans convértese en vital para tratar temas comúns a calqueira cultura e que van dende: o pouso vital e irrevocable coas distintas cerimonias deixan na sociedade, o fetichismo natural pero constantemente ocultado, a busca de presupostos estéticos coa fin de sentirnos únicos, orixinais e diferentes… até a identidade como punto de chegada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: ciclo “De película”, os mércores de febreiro e o 2 de marzo ás 19:30 h.

Todos Forum para blogos mércores do mes de febreiro, con motivo da reinauguración da Biblioteca do Fórum, e dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta", terán lugar estas conferencias, baixo o título xenérico de "De película", todas elas dirixidas a un público maior de 14 anos e con entrada libre até completar capacidade (na do 2 de marzo será precisa inscrición previa):

- Mércores 9. 19:30 h.: "Encontro co director de cine Oliver Laxe", xa recoñecido internacionalmente a pesar da súa xuventude.
- Mércores 16. 19:30 h.: "Sempre nos quedará o Fórum. Números do negocio cinematográfico", por Martin Pawley. "Agora que algúns se empeñan en recitar coma un mantra que a crise é por culpa da piratería. O caso é que en Francia 2010 foi o mellor ano en número de espectadores dos últimos corenta anos en Italia viviron o mellor ano da década, en Finlandia duplicaron a venda de entradas, en Arxentina foi de fábula... e noutros países non, claro.  Falar diso, dos novos espazos de negocio, os visionados online, explicar como en Francia tamén as salas comerciais "programan", ordenan ben as proxeccións para fidelizar o público".
- Mércores 23. 19:30 h.: "Do audiovisual á literatura: proxección de curtas. Mr. Misto." Proxección das curtas 'Dous homes e un suicidio', unha comedia de Iria López; 'O soldadiño de chumbo', de Virginia Curiá e Tomás Conde e 'A flor máis grande do mundo', de Pablo Etcheverry, baseada no relato de Saramago. As tres pezas serán presentadas brevemente polos seus directores, e ó fin do visionado o público poderá entablar conversa con eles para charlar acerca do audiovisual e a súa relación coa literatura.
- Mércores 2. 19:30 h.: "Obradoiro: No ollo da arte. Un xeito de entender a literatura a través da arte", por Antía Otero. Con inscrición previa. Obradoiro destinado a tod@s @s interesad@s na arte, na literatura, na expresión, na ollada, na linguaxe... dunha maneira lúdica e interdisciplinar.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IV Encontros Milpedras: recital conxunto de poesía, música e arte

Venres Foto Milpedras17
21:00
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

No Taller de Litografía Milpedras desenvólvese a cuarta edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Antía Otero, Chelo Suárez, Eduardo Estévez e María Lado, en paralelo á música de Manu Clavijo e a creación pictórica de Manoel Bonabal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

V Encontro de Escritores/as novos/as ante vellas preocupacións

O sábado 6 de novembro, no Palacio de Exposicións Kiosko Alfonso da Coruña, terá lugar o V Encontro de Escritores/as novos/as ante vellas preocupacións, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, co patrocinio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), a Deputación Provincial da Coruña e a Concellaría de Cultura da Coruña, e que pretende amosar o que se está a facer a día de hoxe na literatura. O programa está formado por:

10:00 a 11:30 h.
Mesa redonda: Que ten a poesía que ninguén a le pero todos a precisamos.
Con Celso Fernández Sanmartín, Óliver Laxe e Álvaro Negro.
Coordinación de Antía Otero.

12:00-14:00 h.
Mesa redonda: MAIS tan importantes son os premios literarios?
Con Ledicia Costas, Olalla Cociña e Lucía Novas.
Coordinación de Francisco Castro.

17:00-18:30 h.
Mesa redonda: Recóllote i érgote no verbo inteiro. A literatura galega de hoxe ante o seu idioma.
Con María Lado, Olalla Tuñas e Xosé Daniel Costas.
Coordinación de Marta Dacosta.

19:00-20:00
Recital e clausura.

Toda a información está disponíbel neste enlace á páxina do V Encontro. O acceso será libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

World Slam Title: regueifa poética entre Antía Otero e Dores Tembrás

venres, 30 xullo 2010, 9:10 | Category : poesía
Tags : , ,

Domingo 1
13:00
Café Bar O'Delito (rúa Tabares, 1)
Entrada libre até completar capacidade.

Como cada primeiro domingo de mes, dúas poetas loitarán usando as súas palabras, alternadamente, para conseguir o "World Slam Title". O 1 de agosto serán Antía Otero e Dores Tembrás serán as encargadas de manteren esta regueifa poética.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Encontro poético” no Kiosko Alfonso

Sábado 24;
De 18:00 a 21:00;
Kiosko Alfonso.

Dentro do programa de actividades da Feira da poesía terá lugar un "Encontro poético" no Kiosko Alfonso. Trátase de propiciar o encontro dos lectores cos poetas para que podan conversar e se o desexan mercar poemas ou mesmo confeccionar a súa persoal antoloxía no momento. A un prezo dun euro cada un, o público poderá mercar poemas autografiados polos poetas e ilustrados polos artistas presentes e facer a súa propia antoloxía. Haberá ademais recitais poéticos e música en directo.
Contaremos coa presenza de Francisco Xosé Fernández Naval, Estíbaliz Espinosa, Lois Diéguez, Paloma Calvo, Eduardo Estévez, Antía Otero, Xavier Seoane, Eva Veiga, Alberte Suras, Ánxeles Penas, Olga Patiño, Chelo Suárez, Begoña Paz, Xosé Abeal, Eli Ríos, Diana Varela Puñal... Ademais, participarán os seguintes ilustradores pertencentes a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI): Idoia de Luxán, Manel Cráneo, Yago García Rodríguez, Carlos Arrojo Naya, Almudena Aparicio Andión, Víctor Boullón Gómez, Diego Ogando Vidal, David Rubín, Saray García Rúa e Iván Rodríguez Castro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google