Obradoiros nas bibliotecas

Todos os luns a partir do 2 de marzo na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga vaise celebrar un obradoiro de creación artístico-literario dende a rede impartido por Antía Otero e Eduardo Estévez. Dirixido a rapaces e rapazas a partir dos 14 anos que queiran descubrir o mundo da escrita e da arte en xeral dun xeito lúdico, o obradoiro propón un achegamento aos video-poemas, os blogs, a música, a imaxe, os audiovisuais, etc. Para inscribirse deben contactar coa Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (r/Durán Loriga, 10), no teléfono 981 184388 ou neste email.

Na Biblioteca Pública Miguel González Garcés (Miguel Glez. Garcés, 1) mañá mércores 4 terá lugar un dos Obradoiros con Iria (con invitación, chamar ao teléfono 981 170218). A actividade de mañá, deseñada para rapaces e rapazas de 7 a 12 anos, é a elaboración dun organizador de escritorio con elementos reciclábeis. O obradoiro comeza ás 18:30.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google