A. C. Alexandre Bóveda: “A faceta musical e coralista de Alexandre Bóveda”, por Xaquín Vales

Venres A. C. Alexandre Bóveda2
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia sobre "A faceta musical e coralista de Alexandre Bóveda", a cargo de Xaquín Vales, membro e estudoso da Coral de Ruada, que ven de publicar un estudo sobre a faceta musical de Alexandre Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: mesa redonda “O xogo das cadeiras e outras invisibilizacións”

Xoves A. C. Alexandre Bóveda1
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

En conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, terá lugar unha mesa redonda baixo o título "O xogo das cadeiras e outras invisibilizacións", en que participarán Mercedes Queixas, Ana Pontón, Pilar García Negro e Ana Rúa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “O complemento preposicional en galego”, de Xosé Manuel Sánchez Rei

Xoves Xosé Manuel Sánchez Rei19
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro de Xosé Manuel Sánchez Rei "O complemento preposicional en galego. Análise desde a gramática de valencias". Acompañará ao autor Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa do Libro, actividades do sábado 14 e domingo 15 de maio

ProsegueFesta do libro esta nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o fin de semana: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

* Sábado 14. "Baixo as estrelas. Celebración do Día Internacional dos Museos":
- 18:00 h.- Obradoiro didáctico Encaixas. Para nenos e nenas de 1 a 10 anos.
- 18:00 h.- Brancas: Itinerario Escénico Urbano.
- 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo no Kiosko Alfonso.
- 19:00 h.- Concerto do Grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña.
- 20:00 h.- Actuación do Centro Coreográfico Galego: "Fragmentos" (30 minutos).
- 22:00 h.- Proxección do filme "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero", de Ramón Sáiz de la Hoya. En colaboración co CGAI.

* Domingo 15:
- 12:00 h.- Obradoiro "Creación dunha personaxe: Golfiño", realizado por Fausto Isorna. A partir de 6 anos. Diante do Kiosco Alfonso.
- 12:30 h.- Presentación de "Agullas de ironía", documental sobre Lois Pereiro feito polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. No Kiosco Alfonso.
- 13:30 h.- Sinatura de exemplares por parte de Fausto Isorna. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:00 h.- Presentación do libro de ilustración de Pinturero "Rapazas, las pin-up de Pinturero" (Editorial Dibbuks). No Kiosco Alfonso.
- 18:00 h.- Sinaturas do libro "A Frecha Azul do Teixo" por parte de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior Edicións. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:30 h.- Sinaturas de Diana Varela Puñal do seu último poemario "Animalabismo", publicado en Espiral Maior Edicións. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00 h.- Sinaturas dos libros do ilustrador Mariano Casas Gil "A historia xamais contada", "La mancha negra" e outras obras do autor. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00 h.- Presentación da revista "Fiz" (Retranca Editora), por Kiko da Silva. No Kiosco Alfonso.
- 20:00 h.- Presentación do libro de Miguel Mato "Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)",  publicado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, con Alberte Ansede, Roberto Catoira e o propio autor. No Kiosco Alfonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo”, de Mercedes Queixas

Venres 13
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo", de Mercedes Queixas, acompañada por Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: Gala homenaxe a Lois Pereiro

Mércores Canción do náufrago 1 Lois Pereiro Apuntamentos11
Fórum Metropolitano
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, a Gala homenaxe a Lois Pereiro comporase dun recital poético de compañeiros de Lois Pereiro no grupo "De Amor e Desamor" e un concerto de Manu Clavijo versionando obras do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia sobre arte gráfica, por Alberto Cartón, na A. C. Alexandre Bóveda

Martes A. C. Alexandre Bóveda3
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia sobre arte gráfica por Alberto Cartón, organizada pola A. C. Alexandre Bóveda en colaboración co Taller de litografía e galería Milpedras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: charla de Xulia Santiso no ciclo “Unha película, unha canción, un libro”

Xoves 28
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda prosegue o ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta ocasión falará a directora da Casa Museo Pardo Bazán, Xulia Santiso, que falará das súas vivencias nestes campos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Charla “Un libro, unha película, unha canción”, con Consuelo Bautista

Venres 28
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda comeza un ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros da nosa cidade desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta primeira ocasión falará a popular xornalista e locutora de Radio Coruña, Consuelo Bautista.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición fotográfica “50 anos de Brasília”, na A. C. Alexandre Bóveda

Do A. C. Alexandre Bóvedaxoves 13 de xaneiro ao domingo 6 de febreiro
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
De luns a venres de 16:30 a 20:30 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "50 anos de Brasilia", do Arquivo Público do Distrito Federal de Brasília. Participará Carlos Jorge Mota, directivo da ONG "Mares a navegar", coordinadora da exposición. A inauguración terá lugar o xoves 13 ás 20:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “A cidade sen roupa ao sol”, de Marga do Val

Venres 17
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro de poemas A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Miguel Anxo Fernán-Vello e Carme Fernández-Pérez Sanjulián.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro “Antón Moreda. Memória do exílio”, de Uxío-Breogán Diéguez e Antom Santos

Martes 14
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Antón Moreda. Memória do exílio", de Uxío-Breogán Diéguez e Antom Santos, editado pola Asociación Galega de Historiadores. No acto participa, ademais dos propios autores, Antom Santamarinha, ex-presidente das Mocedades Galeguistas (1953).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Obradoiro de canto “Para desfrutarmos cantando”

Todos os venres
Asociación de Veciños da Agra do Orzán (rúa Entrepeñas, 38).
Desde as 20:30
Entrada libre e de balde.

Desde o venres 1 de outubro a A. C. Alexandre Bóveda, en colaboración coa Asociación de Veciños da Agra do Orzán, organiza un obradoiro de canto a cargo de Ricardo Seixo Fernández, "Para desfrutarmos cantando". Ricardo Seixo, ben coñecido no mundo da música tanto pola súa grande afición ás cancións e ás músicas tradicionais, como por ser vocalista da, tamén, ben popular, Tombalobos Orquestra, será o profesor do obradoiro e o autentico impulsor desta actividade, que busca desfrutar do canto e axudar a recuperación ou cando menos ao non esquecemento das cancións tradicionais galegas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro “A néboa amarela”, de Rubén Ruibal

Venres Rubén Ruibal3
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Rubén Ruibal presenta o seu libro "A néboa amarela", editado por Biblos, coa participación, ademais do propio autor, do editor Tucho Calvo e de César Candelas. A obra orixinal na que se basea "A néboa amarela" é unha canción titulada Black Diamond Bay, escrita xusto na metade da 2ª metade do século pasado por Bob Dylan e Jacques Levy. Tamén é unha obra de teatro, malia que fora pensada nese caso para ser cantada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de pintura “Campos lineais”, de Maribel dos Anjos

mércores, 1 decembro 2010, 11:07 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

Do xoves 2 ao venres 31
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
De luns a venres, de 16:30 a 20:30 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición da obra pictórica "Campos lineais", de Maribel dos Anjos, inaugúrase o xoves 2 ás 20:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google