Palacio da Ópera: concerto da Banda Municipal de Música

Domingo 27
Palacio da Ópera
Horario: 12:15
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto da Banda Municipal de Música, adicado á música rusa, baixo a dirección de Marcel van Bree, co seguinte programa:

- "The young lady & The Hooligan", por Dmitri Shostakovich.
- "Unha noite no monte pelado", de Modest Moussorgski.
- "Final da Cuarta Sinfonía", de Piotr Tchaikovski.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades de homenaxe a Lois Pereiro

Achegamos o programa de actos de homenaxe á figura de Lois Pereiro, o poeta falecido na cidade no ano 1996 e ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2011:

- Domingo 20 de marzo:
* 12:30-12:50 h. Pasarrúas desde a Praza de María Pita pola Rúa Rego de Auga até chegar ao Teatro Rosalía de Castro, coa actuación da Banda Municipal de Música.
* 13:00 h. Teatro Rosalía de Castro. Recital espontáneo con poetas e aberto a toda a cidadanía que queira asistir á actividade. No acto repartiranse octavillas cunha escolma que Manuel Rivas fixo de Lois Pereiro e escoitarase a palabra cantada de Manu Clavijo e outros cantautores. O mantedor do acto será Lino Braxe.
Para a lectura no Teatro Rosalía chámase a toda a cidadanía para ler textos, que poden ser versos de Lois, versos de poetas/autores que lle gustaban a Lois ou poemas escritos para a ocasión, e darlle deste xeito a mellor das homenaxes, a voz e o recoñecemento común de todos nós.

- Xoves 7 de abril. Teatro Rosalía de Castro. Espectáculo escénico "Mundo Lois", ideado por Antón Reixa e dirixido por Lino Braxe, co que se pretende difundir a través da imaxe a obra de Lois Pereiro.

- Asimesmo desde a Concellaría de Cultura estase a traballar nunha pequena publicación que incluirá un roteiro que nos levará por aqueles lugares da cidade que foron importantes na vida de Lois Pereiro. Este roteiro está sendo preparado por Inés, a súa irmá.

- Pola súa banda, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas chamaron á participación nun concerto de música a celebrar en varios lugares. Animan a todo aquel que estea interesado en musicar a obra de Lois Pereiro a informarse e anotarse na páxina web dedicada ao autor, onde tamén se poderán enterar de todas as novidades do ano Lois. Esta actividade é realizada en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (A.E.L.G.), Pen Club, Asociación Galega de Editores (A.G.E.) e Real Academia Galega.

Deixamos aquí esta escolma da "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", de Lois Pereiro, preparada por Manuel Rivas:

Loita, furia, humor... Amén!

"Xa entendes o que quero dicir:
non cambiar de señores, senón non ter ningún"
Bertolt Brecht

"Vivimos malos tempos para a reflexión e a resistencia neste imperio zombie de Microsoft mental.
¿E de que parte estaba eu? Da parte dos que intenten dalgún xeito non contribuír a que esa roda opresiva e maldita (unha historia da infamia que xa non nos permite ser inxenuos) continúe a xirar eternamente, perpetuando, cun cíclico cambio de papeis de amos ou escravos, a mesma situación ata que a terra estoupe de noxo e perversión, farta de nós.
Se alguén non o sabía xa é que estaba cego: non queremos ter amos.
Pode que xa nos atopemos a poucos metros da nosa extinción, pero o sentido do humor pervivirá sempre, e o sentido crítico deixa un rastro detrás, con mans, sen elas, cos miolos no cranio ou espallados polo chan. Volveremos á terra, e aos outros elementos primordiais. Como dicía Zeca Afonso: "Camaradas de armas dos catro elementos!..."
Agora aínda teño liberdade de opción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo. Por iso podo decidir militar na miña propia lingua, "porque me peta e quero e dáme a gaña...". Moitas culturas crúzanse no meu espírito e no meu corazón non hai fronteiras. Ninguén me impediu nunca ser máis crítico e sarcástico co que eu sinto máis meu, propio e herdado.
Se me permite seguir axudando á defensa que non procura dominar nin agredir, seguirá a ser unha loita compartida por min: da tropa dos vencidos. Terra, Lingua, Cultura, Dereito á diferenza. Mente aberta ao mundo... e nada máis.
Defendámonos, logo, caladamente, con furia, ou con humor tibetano, pero non transixamos cunha soia agresión máis.
Sempre haberá novas vías para resistir, para opoñernos e non ser submisos, como a estratexia humilde e provocadora de Bartleby, o gris e lúcido escribente de Melville, que para non someterse sen máis ás ordes arbitrarias, dicía simplemente, sen ira, pero teimosamente: "Preferiría non facelo".
A reflexión, as ideas, a creación ou as palabras. A arte e a cultura é sempre o que me salva da tentación da morte e me anima a reiniciar.
A verdadeira poesía nunca minte, por ferinte que sexa. Quen crea algo sen intencións perversas é inocente da súa posible perversión. Bernhard, Beckett, Cioran, Genet, Celan, Valente, Shopenhauer, Pound, Carver, Poe... tiñan razón, temos razón. E tiñan razón Yeats, Dylan Thomas, Eliot, Joyce, Homero, Dante... temos razón tamén a un tempo, como todos os atormentados ou felices pintores da Beleza e das tebras que cohabitan comigo o meu cerebro, discutindo sen pausa dentro da miña alma...
E a verdade é que "na miña vida nunca vin máis que tolos e enfermos” (Bernhard); que "Morrer é ben doado; vivir é o difícil" (Maiakowski) e tamén que "Vivir é fácil. Arduo sobrevivir ao vivido" (Valente).
O obxectivo ha ser sempre un Universo que se expande.
A dor, a escuridade, o mal tamén existen por nós e contra nós, pero axudan a que a beleza e o pracer sexan aínda máis brillantes. Por iso non debemos evitar, para aforrarnos sufrimento, a parte máis escura en cada cousa, porque produce a lucidez e o horror de seu coñecemento.
Aprender é unha vitoria. Dubidar é unha loita continua, e a Crítica nunca hai que desterrala.
Porque se non hai dogmas nin bandeiras que nos guíen estamos obrigados a escoller as cousas e as ideas máis dignas do noso nivel de ética e de xenerosidade, sen o inxenuo optimismo escarmentado, e sen un pesimismo opaco e ben alimentado que nos deteña e nos permita unha indiferente neutralidade falsa.
Xa non imos ser cómplices do que nos indigne ou nos avergoñe. Nada é inmutable. Todo se transforma. Amén."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Banda Municipal de Música

Domingo 13
Palacio da Ópera
Horario: 12:15
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto da Banda Municipal de Música, baixo a dirección de Marcel van Bree, co seguinte programa:

I

- "Wedding dance", de Jacques Press.
- "Hungarian Folkdance suite", de Leo Weiner.

II (Música de Cine e Musical)

- "Highlights from Chess", de B. Ulvaeus e B. Andersson.
- "The polar express", de Alan Silvestri.
- "Robin Hood", de M. Kamen.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Banda Municipal de Música, baixo a dirección de David Fiuza

Domingo 20
Palacio da Ópera
Horario: 12:15
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto da Banda Municipal de Música, baixo a dirección de David Fiuza, co seguinte programa:

I

- "Orient et Occident (Gran Marcha)", op. 25 de Camille Saint-Säens.
- "Fantasía eslava", de Carl Höne (arr. e trompeta solista: José Rodríguez Ramos).
- "Der Rosenkavalier (suite do ballet)", de Richard Strauss (arr.: Jan Cober).

II

- "Gran Fantasía española (para piano e banda sinfónica)", de Ricardo Villa, arr.: Frank De Vuyst, piano solista: Alejo Amoedo Portela.
- "Fantasía en do", de David Fiuza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Banda Municipal de Música

venres, 28 xaneiro 2011, 12:05 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Domingo 30
Palacio da Ópera
Horario: 12:15
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto da Banda Municipal de Música, baixo a dirección de Marcel van Bree.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Banda Municipal de Música e Odaiko

Domingo 23
Palacio da Ópera
12:15
Entrada libre até completar capacidade.

Iníciase o Ciclo de Concertos "Inverno 2011", a cargo da Banda Municipal da Coruña. Con tal motivo, a Banda convidou o ensemble de percusión Odaiko Percussion Group que, conxuntamente coa Banda, interpretarán música na que os instrumentos de Percusión son os protagonistas. Marcel van Bree, titular da BMC, presenta un programa con obras de Thomas Grange, Ferrer Ferran, Adrián Saavedra e do propio emsemble Odaiko, destacando sobre todo a estrea absoluta de "Kallah Pallah", de Adrián Saavedra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto homenaxe a Roxelio Groba

Domingo Roxelio Groba12
Auditorio do Palacio da Ópera
12:00
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto de homenaxe a Roxelio Groba. Colaboran a Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba Otero, fillo do compositor, e o "Obradoiro Coral A Vila", grupo coral de Ponteareas dirixido por Alberto Abal. Na primeira parte actuará a Banda Municipal da Coruña, dirixida polo seu titular, Marcel van Bree, que interpretará "Intres lalinenses" (Ciclo étnico-galaico para Banda Sinfónica) e "Cruñesas" (Díptico sinfónico). Na segunda parte actuará a Orquestra de Cámara Galega, que interpretará "Danza de alba", "O fauno" e "Cantigas do mar" (nesta última obra cantará o Obradoiro Coral A Vila xunto á Orquestra).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Banda Municipal de Música

venres, 19 novembro 2010, 10:57 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Domingo 21
Palacio da Ópera
Horario: 12:15
Entrada: libre até completar capacidade.

Concerto da Banda Municipal de Música, baixo a dirección de Marcel van Bree.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Banda Municipal de Música

venres, 12 novembro 2010, 12:08 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Domingo 14
Palacio da Ópera
Horario: 12:15
Entrada: libre até completar capacidade.

Concerto da Banda Municipal de Música, baixo a dirección de Marcel van Bree.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas do Ventorrillo: actuación da Banda Municipal e o Trío Vaamonde, Lamas e Romero

venres, 8 outubro 2010, 11:00 | Category : concertos, festas, música
Tags : , ,

Sábado Vaamonde, Lamas e Romero9
Rúa Alcalde Salorio Suárez (xunto ao Centro Comercial do Ventorrillo)
21:30
Entrada libre.

Actuación, dentro das Festas do Ventorrillo, da Banda Municipal de Música da Coruña e o do Trío Vaamonde, Lamas e Romero.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto da Banda Municipal de Música

mércores, 22 setembro 2010, 11:14 | Category : concertos
Tags : , ,

XovesBanda Municipal de Música da Coruña 23
Praza da Fonte de San Andrés
19:30
Entrada libre.

A Banda Municipal volve á "súa" Fonte de San Andrés para ofrecer un concerto dirixido polo seu subdirector, José Luis Represas, que propón un programa monográfico dedicado ao ponteareán Reveriano Soutullo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto da Banda Municipal de Música

mércores, 15 setembro 2010, 11:25 | Category : concertos
Tags : ,

XovesBanda Municipal de Música da Coruña 16
Praza da Fonte de San Andrés
19:30
Entrada libre.

A Banda Municipal regresa á "súa" Fonte de San Andrés para ofrecer un concerto no que o director titular, Marcel van Bree, propón un atractivo programa con obras de P. Marquina, S. Hyldgaard, J. Barnes, B. Appermont e J. Serrano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendido o concerto da Banda Municipal de Música para hoxe xoves

xoves, 2 setembro 2010, 9:15 | Category : concertos, música
Tags :

O concerto previsto para hoxe xoves da Banda Municipal de Música na praza da Fonte de San Andrés ás 19:30 h. foi suspendido.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2010: actividades do sábado 28 e domingo 29

Sábado 28
Festival de Electrónica Coruñés, concerto de música electrónica con: Ivan Smoka, Subsotano, Frances Lerouge, Diego Villa, Parasit VJ, Pablo Cubeiro e Roi.
Parque de Santa Margarida
Desde as 18:00

Interurbano de Música: Mendetz, Misterioso viaje a Holanda e Shine
Xardíns de Méndez Núñez
20:00

Orquestra Sinfónica de Galicia
Praza de María Pita
21:30

Domingo 29
Concertos de: Banda Municipal (12:00 h.), Coral Cantares Gallegos (13:30 h.), Banda de Gaitas de Narón (18:00 h.), Tumbalobos Orquestra (20:00 h.), El Combo Dominicano (22:30 h.)
Parque de Santa Margarida

Concerto da aula de Jazz da Escola Municipal de Música
Praza de María Pita
21:30

Todos eles con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2010: actividades do xoves 26

Xoves 26
Rúa Marineda: Concerto da Banda Municipal
Praza de San Andrés
20:00

Interurbano de Música: Triángulo de Amor Bizarro, Spinning Jenny e Bastards of Parade
Xardíns de Méndez Núñez
20:00

Concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia
Praza de María Pita
21:30

Concerto da Orquestra Chaston
Sagrada Familia
22:30

Todas elas con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google