40 Feira do Libro: actividades do sábado 6 de agosto
Estas son as actividades previstas para o sábado 6 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:
- 12:00 h. Feira infantil. "Como nace un personaxe". Obradoiro de ilustración realizado por Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración do GALIX.
- 18:30 h. Presentación de "O señor Don Nicanor", un texto infantil de Ana Fernández - Abascal, ilustrado por Flavio Morais e publicado no selo Faktoría K, coa participación da autora e un representante da editorial.
- 19:00 h. A pintora e ilustradora Isabel Pintado asina exemplares dos libros de poesía para nenos "Parece unha rosa", de Rosalía de Castro e "Cantiga do Mazarico", de Emilio Pita, ambos publicados por Edicións Espiral Maior na colección Lúa Lueira.
- 19:30 h. O poeta e videoartista Antonio Nieto Rodríguez, presentará o seu libro "La voz del escorpión", publicado por Sial Ediciones. Xunto co autor, participarán no acto José María Paz Gago, Catedrático da Universidade da Coruña, Olga Patiño, poeta, profesora do I.E.S. Fernando Wirth, da Coruña, e Basilio Rodríguez Cañada. Editor e presidente do Pen Clube de España.
- 20:00 h. O escritor Mario Regueira asinará exemplares do seu libro "Lois Pereiro. Unha persecución", publicado por 2.0 Editora, na colección Folcsonomías.
- 20:30 h. Presentación do libro "El viajero del tiempo", publicado por Imagine Ediciones. Participarán no mesmo José Carlos Somoza, Patricia Esteban Erlés e Félix Palma Macías, coordinados por Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.
9













