Merendas con contos: “Unha de ratos na biblioteca”

MerendasMerendas con contos con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. A actividade desta semana xira arredor de "Unha de ratos na biblioteca".

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 7 de xaneiro ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (Rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o venres 30 de decembro.
Martes 10 de xaneiro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1, baixo). Convites desde o sábado 7 de xaneiro.
Mércores 11 de xaneiro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 7.
Xoves 12 de xaneiro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 7.
Venres 13 de xaneiro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 7.
Sábado 14 de xaneiro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 7.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Letras, ovos e galiñas”

"MerendasMerendas con contos con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. A actividade desta semana xira arredor de "Letras, ovos e galiñas".

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 10 de decembro ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (Rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 3.
Martes 13 de decembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1, baixo). Convites desde o sábado 10.
Mércores 14 de decembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 10.
Xoves 15 de decembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 10.
Venres 16 de decembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 10.
Sábado 17 de decembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 10.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Viaxe a África”

"MerendasMerendas con contos con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("A ratiña presumida") son: "Pequeno azul, pequeno amarelo", de Leo Lionni, e "No te preocupes, Pepe", de Taghrid Ao-Jajjar.

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 12 ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (Rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 5.
Martes 15 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1, baixo). Convites desde o sábado 12.
Mércores 16 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 12.
Xoves 17 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 12.
Venres 18 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 12.
Sábado 19 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 12.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono fotográfico 2011: exposición “Os últimos días de Sulukule”, de Joan Alvado

martes, 8 novembro 2011, 9:45 | Category : bibliotecas, exposicións, fotografía
Tags : , ,

DoJoan Alvado mércores 9 ao mércores 30 de novembro
Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n.)
De luns a venres de 09:00 h a 21:00 h. Sábado de 10:00 h a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Outono fotográfico 2011, exposición "Os últimos días de Sulukule", coas fotografías de Joan Alvado. Situado no centro de Estambul, no distrito de Fatih, Sulukule é un dos asentamentos xitanos máis antigos do mundo. O barrio é ademais coñecido en Turquía por ser un foco cultural de referencia para a comunidade xitana, centro de formación de músicos e cantaores. Pero en 2007, tras coñecerse a designación de Estambul como capital da cultura europea 2010, o destino de Sulukule cambia drasticamente ao verse afectado por un Plan de Renovación Urbana, que prevé a demolición íntegra do barrio. A totalidade de veciños, uns 3.500, pasan a estar afectados baixo ameaza de desaloxo. A deconstrución do barrio lévase a cabo durante os seguintes dous anos e medio, desembocando na demolición do barrio enteiro co conseguinte éxodo masivo de centos de familias de etnia Rom. Séculos de cultura e tradición xitana foron erradicados de raíz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “A ratiña presumida”

"MerendasMerendas con contos con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("A ratiña presumida") son: "A ratiña presumida", conto popular, e "Nadarín", de Leo Lionni.

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 29 ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (Rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 22.
Mércores 2 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 29 de outubro.
Xoves 3 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 29 de outubro.
Venres 4 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 29 de outubro.
Sábado 5 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 29 de outubro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Merendas con contos” na Biblioteca Municipal do Castrillón: “Os Ratapón na Galicia das Marabillas”

Xoves Bibliotecas Municipais18
Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n.)
12:00
Entrada con convite a recoller na propia Biblioteca desde o sábado 13 de agosto.

Sesión das "Merendas con contos": "Os Ratapón na Galicia das Marabillas", da Compañía do Trinke trinke.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Merendas con contos” na Biblioteca Municipal do Castrillón: “Os Ratapón na Galicia das Marabillas”

Xoves Bibliotecas Municipais14
Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n.)
12:00
Entrada con convite a recoller na propia Biblioteca desde o sábado 9 de xullo.

Sesión das "Merendas con contos": "Os Ratapón na Galicia das Marabillas", da Compañía do Trinke trinke.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “O xenio da lámpada”

"MerendasMerendas con contos con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("O xenio da lámpada") son: "iEsto es mío!", de Michel van Zeveren e "Os tres desexos", de A. R. Almodóvar, e serán interpretados pola Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 14 ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (Rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 7.
Luns 16 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 14.
Mércores 18 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 14.
Xoves 19 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 14.
Venres 20 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 14.
Sábado 21 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 14.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Voluntariado de préstamo a domicilio nas Bibliotecas Municipais

venres, 6 maio 2011, 12:23 | Category : bibliotecas
Tags : ,

O Bibliotecas Municipaispasado 28 de abril, na Biblioteca do Castrillón, informouse do programa de voluntariado das Bibliotecas Municipais da Coruña para préstamo no domicilio. Con el ponse en marcha un servizo que permite recibir libros, revistas, cd, dvd, no propio domicilio daquelas persoas que teñan reducida a súa mobilidade de forma temporal ou permanente. Deste xeito, o voluntario colabora na eliminación dunha situación de discriminación actuando de intermediario entre a biblioteca e as personas con problemas de mobilidade, facilitándolles que podan utilizar a biblioteca de forma regular e gratuíta: proporciona información sobre servizos e fondos; chega e recolle documentos; recolle información sobre os intereses dos usuarios; fai recomendacións; prepara guías de lectura e leva a lista de novidades.
Con isto téntase conseguir a colaboración voluntaria da cidadanía para construir unha cidade habitable e solidaria para todas as persoas, complementarse con outras entidades, compartir recursos e rendibilizar esforzos e contribuír á creación dunha grande rede solidaria de cidade.
Se estás interesado/a, podes contactar coa Biblioteca Pública Castrillón (Praza de Pablo Iglesias s/n), teléfono 981-184390 ou no correo electrónico  bcastrillon at coruna.es.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Ras e princesas”

"MerendasMerendas con contos con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("Ras e princesas") son: "El sapito vegetariano", de Elisa Ramón, "Ranilda", de Mar Pavón, e "Ronsel de Poesía", e serán interpretados pola Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:

Sábado 30 de abril ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o luns 25 de abril.
Martes 3 de maio ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 30 de abril.
Mércores 4 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 30 de abril.
Xoves 5 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 30 de abril.
Venres 6 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 30 de abril.
Sábado 7 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 30 de abril.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Eu amo ler: programación de lectura na nosa cidade do 25 de abril ao 30 de maio de 2011

Eu amo ler

As Bibliotecas Municipais teñen a seguinte programación de lectura na nosa cidade do 25 de abril ao 30 de maio, baixo o nome de "EU AMO LER": porque estimula a creatividade, a fantasía, agudiza o enxeño, crea pensamento e sobre todo permite soñar outros mundos...
O programa completo pódese descargar neste arquivo: Eu amo ler actividades nas Bibliotecas Municipais en abril e maio 2011, e está composto por:

ACTIVIDADES PARA ADULTOS NAS BIBLIOTECAS
- "Entre o universo e a tinta". Xoves 28 de abril. Biblioteca do Fórum. Recital e coloquio literario con proxeccións en vídeo, por Estíbaliz Espinosa.
- 17 de maio. Día das letras Galegas na Biblioteca Os Rosales. Espazo expositivo de Galicia Móvese: LOIS PEREIRO. No espazo expositivo Virtual: Unha proxección do artista e a súa obra. No espazo físico: Mostra bibliográfica (libros, documentais, etc.).
- Espazo expositivo de Galicia Móvese: MACUF. No espazo expositivo Virtual: Unha proxección a modo de documental / entrevista sobre o Macuf. No espazo expositivo físico: Unha mostra de catálogos e obra bibliográfica sobre os artistas que durante este ultimo ano expuxeron neste museo. Biblioteca dos Rosales: luns 23 de maio.
- Visita guiada á exposición "Frecuencias" do MACUF. Biblioteca: Os Rosales. Martes 31 de maio.
- Club de lectura. Reúne periodicamente a grupos de persoas amantes da lectura, para comentar e valorar un libro proporcionado polas Bibliotecas Municipais e coa axuda dun coordinador/a. Bibliotecas: Castrillón, todos os mércores de mes; Fórum: todos os martes de mañá e os mércores pola tarde; Monte Alto: todos os martes de mes.
- Obradoiro: "Érase unha vez o cine...". Ciclo de introdución á historia do cine en seis sesión, no que se levará a cabo un achegamento ao nacemento e ao desenvolvemento da súa linguaxe narrativa, a través do visionado comentado de fragmentos de películas. Biblioteca: Os Rosales, até o sábado 11 de xuño.
- Presentación do libro "Vivir, unha aventura irrepetíbel". Trátase da biografía de Mª do Carme Kruckenberg realizada por Mercedes Queixas Zas e editada por Galaxia. Participan no acto Francisco Castro, editor, a autora Mercedes Queixas e Mª do Carme Kruckenberg. Biblioteca: Estudos Locais, o luns 25 de abril.
- "Unha tarde con Lois Pereiro". Mercedes Queixas, autora do libro "Lois Pereiro, a urxencia poética dun futuro alleo" falará sobre a obra e vida do autor. Concerto de Manu Clavijo con poemas musicados de Lois. Biblioteca: Estudos Locais, o venres 20 de maio ás 20:00 h.
- Mostras bibliográficas e exposicións:
BIBLIOTECA CASTRILLÓN: "Preparados, listos, lede". ATÉ O XOVES 30 DE XUÑO.
BIBLIOTECA CASTRILLÓN: "Libros con premio". ATÉ O XOVES 30 DE XUÑO.
BIBLIOTECA ESTUDOS LOCAIS: "Lois Pereiro e o postmodernismo coruñés". MES DE MAIO.
BIBLIOTECA ESTUDOS LOCAIS: "Conmemorando a Valle Inclán e Castelao". ATÉ O XOVES 30 DE XUÑO.
BIBLIOTECA FORUM METROPOLITANO: "Tomates verdes libros". ATÉ O LUNS 9 DE MAIO.
BIBLIOTECA INFANTIL E XUVENIL: "BD A nosa banda". ATÉ O VENRES 20 DE MAIO.
BIBLIOTECA MONTE ALTO: "Xapón". ATÉ O LUNS 30 DE MAIO.
BIBLIOTECA MONTE ALTO: "Viaxa coa túa biblioteca". ATÉ O LUNS 30 DE MAIO.
BIBLIOTECA ROSALES: "En Semana Santa...atréveste?". ATÉ O LUNS 30 DE MAIO.

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUENOS
- Merendas con Contos. Fuco Ratapón e a súa familia convídannos a degustar unha suculenta merenda nas Bibliotecas Municipais. O menú, como non: CONTOS... de aquí e de alá, de antes e de agora, que lle contaron ou que ten lido.
BIBLIOTECAS:
INFANTIL E XUVENIL: O SÁBADO 14 DE MAIO.
SAGRADA FAMILIA: O MARTES 3 E O LUNS 16 DE MAIO.
MONTE ALTO: OS MÉRCORES 4 E 18 DE MAIO.
CASTRILLÓN: OS XOVES 5 E 19 DE MAIO.
OS ROSALES: OS VENRES 6 E 20 DE MAIO.
FORUM: OS SÁBADOS 7 E 21 DE MAIO.
- Os nosos contos
Dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 11 anos que visitan habitualmente a biblioteca do Forum Metropolitano. Biblioteca: Fórum. Venres 20 de maio.
- Bebeteca:
OS ROSALES. "BBENCONTRO": OS SÁBADOS 30 DE ABRIL E 21 DE MAIO. FORUM: "SOMOS AZUIS"; "SOMOS LILAS"; "SOMOS VERDES"; "SOMOS NEGROS". SÁBADO 30 DE ABRIL, SÁBADOS 14 E 28 DE MAIO E 4 DE XUÑO.
- Caramuxo teatro: "Glub, glub".
Unha montaxe para pequenos de seis meses a tres anos acompañados por adultos. "Glub, glub" conta a historia de amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce aos máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para gozar cos fillos e fillas da primeira viaxe polo mundo do teatro. Biblioteca: Os Rosales: o mércores 11 de maio ás 17:30 e ás 19:00 h.
- Mostras Bibliográficas e Exposicións:
Fórum: "De Dragóns e Heroes". ATÉ O SÁBADO 30 DE ABRIL. / Infantil e Xuvenil: "O libro lembra". ATÉ O LUNS 25 DE ABRIL.
- Obradoiro de escritura creativa:
Obradoiro para mozos e mozas maiores de 14 anos que se queiran introducir no mundo da creación literaria. Biblioteca: Infantil e Xuvenil: os luns 2, 9, 16, 23 e 30 de maio.
- Xuntos por Xapón:
Acto solidario con Xapón na Biblioteca dos Rosales. Ven facer grúas de papel, estas figuras de origami, e xuntos deixaremos voar os nosos desexos até Xapón. Biblioteca: Os Rosales. Xoves 5 de maio ás 18:30 h.
- Club de Ciencia e Investigación (CCI):
No CCI reúnense rapaces e rapazas de entre 9 e 13 anos que teñan espírito aventureiro e curiosidade científica. Este ano conmemoramos o Ano Internacional da Química. Biblioteca: Fórum: o sábado 7 de maio; Infantil e Xuvenil: o sábado 14 de maio.
- 3º Concurso de Contos Os Rosales:
No marco das festas do barrio e en colaboración coa Asociación de veciños, celebraremos a terceira edición do concurso de contos para nenos e nenas. Entrega de premios o luns 30 de maio na Sala Infantil. Biblioteca: Os Rosales. Xoves 5 de maio ás 18:30 h.

ESTAMOS DE FESTA!
- Festa do libro:
Organizada pola Agrupación de Libreiros da cidade do 13 ao 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez. Achégate a mercar o teu libro e gozar das actividades!
- Os libros saen á rúa:
As bibliotecas levan os libros a outros espazos, estarán o mércores 27 de abril na estación de autobuses e na estación de ferrocarril de 11:00 a 19:00 horas.
- Caseta de Atención Primaria:
As Bibliotecas Municipais terán un consultorio lector na Festa do Libro para atender todas as doenzas relacionadas coa literatura. Consellos para mercar o libro máis acaído, a importancia da lectura… e todo o que queiras preguntar.

OUTRAS ACTIVIDADES
- Salas de Exposicións:
* "O DESEMBARCO DOS 80". A actividade cultural na Coruña dos anos oitenta. A revista La Naval e Homenaxe a Lois Pereiro. Sala de exposicións da Casa do Concello.
* "ELOS". Corenta e sete fotografías en diálogo coa palabra, de Paula Gómez del Valle. Sala de exposicións Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
* "DE LIBROS E DE ARTISTAS". Inauguración: Sábado 14 de maio na Galería COLECCIONan ESPACIO DE ARTE (Travesía do Orzán, s/n.)
- Teatro:
* Teatro Rosalía Castro: "LA VIOLACIÓN DE LUCRECIA", de William Shakespeare. Do 29 de abril ao 1 de maio.
* Forum Metropolitano: "A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ". Teatro del Andamio. Día 14 de maio ás 19:00 horas.
- Concertos:
* CONCERTO EXPANSIVO EN HOMENAXE A LOIS PEREIRO. Duplo Son e Loretta Martin. Xoves 12 de maio no cárcere ás 21:00 h.
* CONTOS DO MUNDO: HISTORIA DUN HOME FELIZ (creación musical de Aram Khachaturian, Komidas e Ara Malikian). Sábado 7 de maio no Teatro Rosalía de Castro.
- IV Encontro Cidade da Coruña:
CHARLA DE ANTONIO GAMONEDA: "DA NATUREZA E A XERACIÓN DO PENSAMENTO. LINGUAXE POÉTICA". Venres 29 de abril ás 20:00 horas na Real Academia Galega. Organiza a AELG.
- Poetas di(n)versos::
Recital de peche do ciclo Poetas di(n) versos que se ven celebrando nos últimos meses na Casa da Cultura Salvador de Madariaga. Poetas: Carlos Marzal e Ana Romaní. Luns 23 de maio ás 20:30 horas.
- Cinema no Fórum:
CICLO CINE E LITERATURA. A partir do 24 de abril, na Sala Marilyn Monroe.
- Concurso de fotografía "VER UN LIBRO":
As fotografías deben reflectir unha recreación, unha impresión, unha escenificación, dun libro ou dun fragmento dun libro de ficción, dun personaxe, dunha situación, dun diálogo ou calquera outro aspecto dunha obra literaria. Escolle a túa obra preferida, popular ou non, de calquera orixe ou época, e pona en imaxes. Convocatoria do 23 ao 30 de abril. Prazo de envío das fotografías, do 1 de maio ao 5 de xuño do 2011. A publicación das persoas gañadoras farase do 13 ao 19 de xuño do 2011. Entrega de premios na semana do 20 ao 25 de xuño nunha biblioteca ou local anunciado con antelación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais

"Merendas con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("O esquío Ñoto, un amigo especial") son: "Non é fácil, pequeno esquío", de Elisa Ramón, "Ladrón de gallinas", de Béatrice Rodríguez, e "La pequeña oruga glotona", de Eric Carle, e serán interpretados pola Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:

Sábado 2 ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 26 de marzo.
Martes 5 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 2.
Mércores 6 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 2.
Xoves 7 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 2.
Venres 8 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 2.
Sábado 9 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 2.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Fagamos teatro”

"Merendas con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. O conto sobre o que xira a actividade desta semana ("Fagamos teatro!") é "O galo engancha", e será interpretado pola Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 19 de marzo ás 18:30 h. Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 12.
Martes 22 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 19.
Mércores 23 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 19.
Xoves 24 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 19.
Venres 25 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 19.
Sábado 26 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 19.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Entroido”

"Merendas con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. En Entroido converterémonos en ratiños e ratiñas coma a nosa familia Ratapón. No noso obradoiro realizaremos esas "orellas" tan características que teñen os ratos e tamén nos pintaremos o nariz e os bigotes para escoitar un contacontos onde os protagonistas serán os ratos, despois teremos un agasallo ben rico de cor rosa. Como sempre, estas actividades realízanse grazas á Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 5 de marzo ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 26 de febreiro.
Luns 7 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 5.
Mércores 9 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 5.
Xoves 10 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 5.
Venres 11 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 5.
Sábado 12 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 5.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos: “Unha festa para Lupiña”

"Merendas con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("Unha festa para Lupiña") son: "¡Sal, Bebé!" de Fran Maushkin, "El mundo al que vienes" de Carmen Queralt e "La mejor familia del mundo" de Susana López, e serán interpretados pola Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:

Sábado 19 ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 12.
Martes 22 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 19.
Mércores 23 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 5.
Xoves 24 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 19.
Venres 25 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 19.
Sábado 26 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 19.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google