Biblioteca do Fórum: “Descubrindo xuntos: programa para bebés”

venres, 25 marzo 2011, 11:23 | Category : bibliotecas
Tags : ,

Sábado 2 de abril
Biblioteca do Fórum Metropolitano
Horario: 17:30
Entrada: inscrición previa, convite a recoller o sábado 26 de marzo.

"Descubrindo xuntos", programa para bebés de 0 a 1 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Fagamos teatro”

"Merendas con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. O conto sobre o que xira a actividade desta semana ("Fagamos teatro!") é "O galo engancha", e será interpretado pola Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 19 de marzo ás 18:30 h. Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 12.
Martes 22 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 19.
Mércores 23 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 19.
Xoves 24 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 19.
Venres 25 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 19.
Sábado 26 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 19.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: concerto de Jane Joyd

mércores, 9 marzo 2011, 11:14 | Category : bibliotecas, concertos, música
Tags : , ,

Xoves Jane Joyd10
Biblioteca do Fórum Metropolitano
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto de Jane Joyd, que mostrará as súas novas composicións de música acústica, folk e americana co seu característico pouso de delicadeza compositiva, recollida melancolía e sutileza emocional. Preciosas narrativas que só necesitan esa sorte da boca a boca para estourar definitivamente no panorama estatal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Datos da Biblioteca do Fórum Metropolitano en febreiro

sábado, 5 marzo 2011, 9:28 | Category : bibliotecas
Tags :

A Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano conseguiu nos 19 días en que estivo aberta durante o mes de febreiro 23.399 visitantes, 8.178 préstamos, 349 novos socios, demostrando unha importante aceptación por parte de toda a cidadanía.
En 2011 a media diaria de visitantes subiu até 1231, frente aos 992 do 2010; os préstamos ascenderon a 430 de media frente aos 325 do ano pasado; mentres que a media de novos socios é de 18 no 2011, cando en 2010 era de 7 diarios.
Unha excelente nova que remarca o interese que suscitan para todos os públicos os servizos e actividades da Biblioteca do Fórum, tras reabrir o pasado 4 de febreiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Entroido”

"Merendas con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. En Entroido converterémonos en ratiños e ratiñas coma a nosa familia Ratapón. No noso obradoiro realizaremos esas "orellas" tan características que teñen os ratos e tamén nos pintaremos o nariz e os bigotes para escoitar un contacontos onde os protagonistas serán os ratos, despois teremos un agasallo ben rico de cor rosa. Como sempre, estas actividades realízanse grazas á Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 5 de marzo ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 26 de febreiro.
Luns 7 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 5.
Mércores 9 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 5.
Xoves 10 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 5.
Venres 11 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 5.
Sábado 12 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 5.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: Contos de maxia, por Chrystyan Magic

Sábado 5
Biblioteca do Fórum Metropolitano
12:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Contos de maxia", espectáculo de Chrystyan Magic para todos os públicos, dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: obradoiro de graffiti express, por Leonardo López García

Venres Biblioteca do Forum4
Biblioteca do Fórum Metropolitano
17:30
Entrada con inscrición previa na propia Biblioteca.

"Obradoiro de graffiti Express", impartido por Leonardo López García, para todos os públicos, con inscrición previa, dentro do ciclo "De banda", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: conferencia “Mulleres galegas e ciencia”, por Iolanda Fernández Casal, en “Para saber +”

Luns 28
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade, para público adulto.

Conferencia "Mulleres galegas e ciencia", por Iolanda Fernández Casal. Cada vez son máis as mulleres dedicadas con éxito a todos os campos da investigación e Investigadoras galegas pretende visibilizar isto a través do testemuño de cen expertas nos seus respectivos campos. Porén, os atrancos que atopan as mulleres na carreira científica seguen sendo moitos. Dentro de "Para saber +", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: obradoiro de arrolos, co grupo Mamá Cabra

xoves, 24 febreiro 2011, 12:01 | Category : infantil, museos, obradoiros
Tags : , ,

Sábado 26
Biblioteca do Fórum Metropolitano
12:00
Entrada con convite a recoller na propia Biblioteca.

Obradoiro de arrolos co grupo Mamá Cabra, dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: “Obradoiro de iniciación ao Cómic”, por Luís Sendón e Álvaro López, en “De banda”

Venres Biblioteca do Forum25
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada con inscrición previa na propia Biblioteca.

"Obradoiro de iniciación ao Cómic, impartido por Luís Sendón e Álvaro López. (A partir de 12 anos), dentro do ciclo "De banda", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: “Festival de Banda Desghreñada”, en “Son do Forum”

Xoves 24
Biblioteca do Fórum Metropolitano
Hora efectiva de inicio da actuación: 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

"Festival de Banda Desghreñada", festival no que cómics e ilustradores se unen nun vaivén de decibelios para mover os lapis a ritmo de rock´n roll. coa participación dos grupos "Mano de Obra", "Hongo" e "Ursus", dentro de "Son do Forum", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: “Do audiovisual á literatura: proxección de curtas”, por Mr. Misto, en “De película”

Mércores Biblioteca do Fórum23
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Do audiovisual á literatura: proxección de curtas, por Mr. Misto". Proxección das curtas "Dous homes e un suicidio", unha comedia de Iria López; "O soldadiño de chumbo", de Virginia Curiá e Tomás Conde e "A flor máis grande do mundo", de Pablo Etcheverry, baseada no relato de Saramago. As tres pezas serán presentadas brevemente polos seus directores, e ó fin do visionado o público poderá entablar conversa con eles para charlar acerca do audiovisual e a súa relación coa literatura. Dentro de "De película", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: conferencia “O porto da Coruña e a emigración de mulleres”, por Dores Tembrás, dentro de “En feminino”

Martes 22
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia "O porto da Coruña e a emigración de mulleres. Intertítulos para tres historias", por Dores Tembrás, no que se xunta historia e narración para acceder á verdade, dentro de "En feminino", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: conferencia de María Casar sobre “Territorios literarios. A Coruña de Luísa Villalta”

Luns Outlook21
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade, para público adulto.

Conferencia de María Casar sobre "Territorios literarios. A Coruña de Luísa Villalta". As relacións entre o mundo da creadora e o mundo representado na súa obra. Faremos un percorrido pola Coruña reflectida na obra poética de Luísa Villalta tratando de atopar as claves que, como lectores, podemos anovar desde a nosa perspectiva, dentro de "Para saber +", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta". María Casar é a presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos, e coordinadora do Roteiro Fiz Vergara Vilariño. No acto participará tamén o violinista Manu Clavijo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: obradoiro de baile do grupo Pesdelán, “Na punta do pé”

venres, 18 febreiro 2011, 11:14 | Category : bibliotecas, danza, obradoiros
Tags : , ,

Sábado 19
Biblioteca do Fórum Metropolitano
12:00
Entrada libre até completar capacidade.

Obradoiro de baile co grupo Pesdelán "Na punta do pé" (Todos os públicos), que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta". "Na punta do pé" é un libro-cd-dvd que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego, portugués e mirandés, dun xeito divertido e participativo. Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este grupo musical pretende que o público -cativos e maiores- se poña a cantar e a bailar.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google