Xoves
3
Biblioteca da Sagrada Familia (R/ Antonio Pereira, 1)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.
Prosegue o ciclo de "Os xoves na Sagrada" coa banda "Los Eternos", unha formación musical nacida no 2003 como un proxecto musical baseado no máis simple "gozar facendo o que máis nos gusta, Rock&Roll". Os seus cinco compoñentes son vellos coñecidos do panorama do Rock and Roll; tanto xuntos como por separado pasaron por diversas formacións, como Os Maruxa, Los Limones, Rock A Hulas, Guru Deva, etc. Tres dos seus compoñentes, Cudi, Chewis e Mecha, tocaron xuntos durante moitos anos en Os Maruxa. Álvaro Lamas, pola súa banda, ten unha amplísima traxectoria musical, xa que tocou e colaborou cunha lista interminable de grupos, destacando entre outros Los Limones, Los Secretos, Antonio Vega... A discografía de Los Eternos está composta por tres cd's con estilos que van desde o máis puro Rock&Roll ao máis contundente Power Rock. O pasado novembro sacaron á luz o seu terceiro traballo discográfico, máis orientado ao Country Rock, "Back on the Road", editado e distribuido por Warner Music / Miña Terra Galega, gravado en Aboryginal Records e masterizado en Memphis (USA), e que non pasou desapercibido no panorama musical, obtendo unhas inmellorables críticas e varios recoñecementos, destacando entre outros as súas oito nominacións aos "XV Premios da Música" e a súa cualificación como quinto mellor disco do ano pola revista musical Mondo Sonoro.