O blog A Coruña Cultura recibiu máis de catorce mil visitas no mes de xaneiro

luns, 1 febreiro 2010, 11:00 | Category : internet, noticias
Tags : ,

14325 foron as visitas que acadou en xaneiro o blog de información cultural da cidade, superando en catro mil as obtidas no mes de decembro. Máis de catorce mil visitas que consultaron en total case setenta e catro mil páxinas, unha media de 2400 por día, cifra que mellora nun 15% os datos de decembro.

O progresivo aumento de lectores do blog ten paralelismo co éxito da nosa conta en Facebook, que a finais de 2009 chegou ao máximo de amigos que permite ter o sistema, cinco mil. Foi por iso que abrimos este novo espazo en Facebook, que é onde agora deixamos mensaxes coas últimas novidades da cultura na Coruña. Máis de 1300 persoas fixéronse "seareiras" da nosa páxina en apenas un mes. Dúas razóns, o blog e Facebook, para sentírmonos ben satisfeitos. Grazas a todas e a todos polo voso apoio!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google