Pecha a exposición dedicada ao grupo Brais Pinto

A finais dos anos 50 un grupo de estudantes e traballadores galegos de ideoloxía esquerdista formou en Madrid o grupo denominado Brais Pinto. Dentro del convivían, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Bautista Álvarez, Ramón Lourenzo, César Arias, Herminio Barreiro, Aleixandre Cribeiro, Manoel María e "Ben-Cho-Shey". A Casa Casares dedicoulle ao grupo unha exposición que pecha mañá sábado 27 de febreiro as súas portas. O horario do recinto é de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00.















